A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

....A TRABALLAR, COÑO! de JUAN JOSÉ MILLÁS
JUAN JOSÉ MILLÁS
A traballar, coño!

JUAN JOSÉ MILLÁS 27/03/2009 en "EL PAIS" E TRADUCIDO.

No que a acción política ten de relato, comeza a dar mostras de esgotamento insoportables. Non se pode ofrecer aos espectadores (a iso quedamos reducidos os votantes) o mesmo guiso narrativo, requentado ao microondas, durante dúas semanas (véxase, por exemplo, o asunto de Kosovo). Póñanse vostedes, os actores (a iso quedaron reducidos os políticos), nos zapatos dun cidadán no paro que leva escoitando sete días que se Kosovo si, que se Kosovo non, que se as formas, que se o fondo, que se agora estamos de acordo, que se agora discrepamos. E así un día e outro, unha hora e outra. Parece unha serie de TV atascada, unha serie de repetición, unha merda. Se iso acontece nun asunto no que están de acordo, que tortura non inflixirán cando disentan? Non hai nada peor para un relato que a previsibilidade e son vostedes máis previsibles que un mal chiste.
Tan previsibles son que nos acaban de confirmar o que sospeitabamos: que de 350 deputados só 34 teñen dedicación exclusiva (o resto vai cando hai votacións). Polo visto, corenta e seis millóns de cidadáns non merecen 350 representantes a xornada completa. Resulta que o escano é unha chave para abrir portas, para sacarse un sobresoldo. Iso si que é un escándalo, iso si que merecería dúas semanas de debate. Aí teñen a Michavila forrándose, a Pizarro forrándose, a López-Amor forrándose, a Anxo Acebes forrándose... Comprende un que lles falte tempo para construír o noso benestar, que (falando de incompatibilidades) é incompatible co seu. Pero vostedes coñecen a situación? Están ao tanto do que nos pasa? Teñen idea do que é o medo a quedar sen traballo, o pánico á cola do paro, o terror a que o caixeiro automático che devolva a tarxeta de crédito? Xa está ben, coño, póñanse a traballar
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-03-2009 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 A traballar... pero de dep#blgtk08#utado, non noutras cousas
Comentario por Xa (27-03-2009 19:55)
2 ¡Qué curioso! No se dice nada de Leire Pajín, que cobra 20.000€ al més. Una mujer que no se sabe que haya hecho nada, ni título universitario, ni trabajo en eninguna empresa privada y que cobra 20.000 eurazos al mes por ser una vividora de la poítica. Curioso cómo la retroizquierda ataca a trabajadores como Pizarro que han#blgtk08# demostrado un m´´erito y una excelencia personal más que sobrada y que si ganan mucho dinero es porque han currado mucho (Pizarro es abogado del estado en en excedencia), mientras que se proteje a toda la mangantería tipo Leire Pajín...
el problema de este país es ese, que no se sabe separar el grano de la pajín.
Comentario por separar el grano de la paja (27-03-2009 20:11)
3 Respecto ao artigo: para que Sus Señorías se puxesen a traballar, deberiamos poñer no seu lugar persoas brillantes en vez da estes cuxa máxima preocupación é evitar que a#blgtk08#lguén brillante poña en perspectiva a auténtica grandeza dos nosos políticos. En vez diso, votamos ao PP ou ao PSOE como autómatas, igual que poderiamos votar á cocacola.
Comentario por Anxo (28-03-2009 09:01)
4 Ser político en España é ter un sobresoldo, unha oportunidade para obter contactos, unha forma de gañar diñeiro... Así normal que os que gobernen o fagan dunha forma tan incompetente.

Este podería ser o resumo da vida dun político: levantarse, ir ao seu despacho a ver que traballos ten, chamar a algún contacto seu feito grazas á política para facer un gran negocio que lle reporte unha gran cantidade de diñeiro, irse a comprar traxes que os pagará o Estado porque os xustificará necesarios para ir ao Congreso dos Deputados, asomar a cabeza polo C#blgtk08#ongreso para quedar con alguén para ir a comer, irse de comida (pagada por todos nós claro porque o xustifica como dieta), facer unha sobremesa con algunha que outra copichuela para debater algún negocio que teña entre mans e poñer a parir ao partido contrario a el, volver á súa oficina para ver que tal foi o día e entrar en internet ao MARCA,ELMUNDO,ELPAIS,LIBERTAD DIXITAL, para ver que pasou no mundo, ir a algunha reunión do seu partido político, cear e durmir (na súa casa ou nalgún hotel pagado por todos nós porque se encontra fóra da súa vivenda habitual)
Comentario por Ser politico aqui (28-03-2009 09:03)
5 Que gran frase:
"Polo visto, corenta e seis millóns de #blgtk08#cidadáns non merecen 350 representantes a xornada completa. "
Comentario por Covas (28-03-2009 09:04)
6 Ao oir o berro de A traballar, coño! os deputados machos acudiron ao puticlub máis próximo a 'traballar coños'. As de#blgtk08#putadas femia, non obstante, acudiron ao ministerio de igualdade para denunciarlles a que se referiran como 'coños'.
Comentario por estudiante con humor (28-03-2009 09:06)
7 ¿onde están as persoas brilantes?
Creo que a ninguén se lle ocorre que estes incompetentes que están, os incompetentes que que#blgtk08#ren estar e o resto de cagabandurrias fagan nada para facilitarnos a tarefa.
E seguimos así, anos, lustros, décadas, etc. etc.
Comentario por Foz (28-03-2009 09:06)
8 As pelexas de patio de colexio é a súa forma de facer ver que traballan, cabrean os seus simpatizantes e xa temos entretido o país. Van ao congreso e empezan cos " e ti mais " sucede igual aqui no teu bl#blgtk08#og amigo Regal, e con iso e facer as cousas a contagotas xa se gañan o soldo. Logo van á cafeteria e cos rivais políticos póñense a charlar sobre futbol ou Fernando Alonso e que tal a familia e o finde.
Comentario por Un amigo (28-03-2009 09:09)
9 Que se poñan a traballar, pero pouco a#blgtk08# pouco, non vaia ser que se estresen.
Comentario por Vieiro (28-03-2009 13:45)
10 temos o que merecemos#blgtk08#. Nin máis nin menos.
Comentario por Maria (28-03-2009 13:46)
11 Trabajar, trabajan. ¿Habéis visto como han dejado la costa de constru#blgtk08#cciones en 10 años? No lo digo yo, lo dice Bruselas (anti-patriotas).
Comentario por Alcoa (28-03-2009 13:47)
12 Asústanme os políticos que se chotean da xente. Irrítame a burla subvencionada. E sublévame que uns cantos cobren un soldo para propoñer que co meu soldo se financie un #blgtk08#soldo para os que non dan un pau á auga para conseguir un soldo. Ademais de decencia, o mínimo que deberiamos esixir aos nosos deputados é unha pizquita de sentido común.
Comentario por Rias baixas (28-03-2009 13:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal