A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS BOS ANUNCIOS TAMÉN FAN CHORAR

Cos anos un chegou a conclusión de que o tempo manexa as súas propias contradicións. A medida que te fas maior, corre moito máis rápido, como unha centella. O verán que nunca chegaba agora está sempre á volta da esquina e o cumpleanos parece ter présa en aparecer para recordarte que cada minuto vivido empeza a formar parte do pasado.
O tempo, os anos, o ánimo, aproveitar cada anaco, ser feliz... Estou reflexivoesta mañá mentres soa a miñas espaldas o regato de Xunqueira. Non me escondo. Sobre a mesa repousan papeis, libros, apuntes, debuxos, todo forma parte da biografia diaria de un, decia o mestre e amigo ademais de compañeiro de oficio Arcadio Blasco que “Unha vez acabada a obra esta convirtese en arqueoloxia”, eso non soio pasa con as cousas do arte, a vida cando pasa tamén a recordala é arqueoloxia a o fin e o cabo.
Prefiro unha boa conversación que unha noite de copas. Son máis tolerante e teño menos medo a dicir o que sinto. Mesmo póñome triste ante o televisor. E de iso vai este artigode hoxe, despois de tantas voltas. De chorar ante a pantalla e da última historia que conseguiu facer rodar unha bágoa polo meu salón. E non foi un bico de película, nin o final feliz do 'fillo da noiva'', nin a duodécima morte de Lorcho. Nin sequera a última estatística desta crise que, unida ao ceo gris, invita a mirar cara ao chan. Foi un anuncio. Foi o relato dun ancián centenario con pouso na voz que lle di a unha recén nacida que é «un suertudo» por vivir, por seguir aquí, por poder abrazar a súa muller... «Non te entreteñas en parvadas, que as hai, e vaite buscar o que che faga feliz». Ao carallo cos que din que non é bo momento para vivir, para aproveitar un tempo que «corre moi á présa», para espertar e pensar que pode ser un grande día malia o que diga o telexornal de turno.
Foi un anuncio. Si. Un anuncio fíxome chorar. Noventa segundos que pretenden conseguir que beba máis Coca Cola. Na era do consumismo, neste tempo no que a televisión é o refuxio para centos de persoas que viven sólas no medio de moita xente, resulta curioso que nun anuncio quede un oco para recordar determinados valores e os obxectivos reais de todo isto. «Estás aquí para ser feliz». Chorei e sentinme ben.
Manda carallo con estes publicistas, que para vender ese refresco americano con cor de xurro, nos poñan tiernos, nos recorden que somos máis que un numero de DNI, un nome con dereito a voto cada pouco tempo, somos persoas vivas , con sentementos, con sensibilidade, bueno esto último non todos, pero esta é outra historia.
Comentarios (21) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-03-2009 07:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
21 Comentario(s)
1 Gústanme moito as túas reflex#blgtk08#ións, son moi substanciosas.
Comentario por Sanxenxo (23-03-2009 14:02)
2 Gústame o teu rollo sensible e tenro Regal. Pero, ás veces, para o meu gusto, pásaste un pouco . Se leo só este artigo, douche a razón ao 100% man. O que pasa é que a tua linea vai case sempre polo mesmo camiño. De cando en vez ha#blgtk08#i que distribuír un pouco o xogo. Do cotrario vas perder frescura e vas rematar encasillandote e, o máis probable, cansando o persoal. Gustoume moito o do analise politico de Viveiro. Outro corte. Outra perspectiva. Outra visión.
Comentario por Foz (23-03-2009 14:06)
3 Ese anuncio é XENIAL, "e asegúroche que o único que non ch#blgtk08#e vai gustar da vida é que che vai parecer moi corta"...XENIAL...
Comentario por Maria (23-03-2009 14:07)
4 Perdime o comentario de Federico e dígoche que estou daCORDO CON QUE É O ÚNICO QUE NON SE VENDE por algo o cepillan os curas por que non lles vai na corda.
Sito, acordaste un día na piscina en Viveiro a noite que a rapaza puxo a Cope e ti saiches feito un demo, si home fai memoria, hasta lle quería#blgtk08#s pedri a FOLLA DE RECLAMACIONS por que dicías que te estab a ofender, so por poñer a COPE claro ti erás mais da SER.

A VER SI NOS DEIXAMOS DE RSENTIMENTOS I O ANUNCIO DA COCA COLA TA MUI GUAPO. PERO E UN ANUNCIO os americanos saben moi ben coma face las cousas.

unha aperta.
Comentario por marroqui (23-03-2009 17:30)
5 Dades pena, canto máis maiores máis bizcochones, ¿en que jodido mundo vivides os da Mariña? Malia non #blgtk08#ser diabético non soporto tanto azucre, aínda que ma rebaixedes con lagrimucas e coca cola (tampouco a ligth)
Comentario por Xose (23-03-2009 18:56)
6 EU TAMBIEN CHOREI CON ESE ANUNCIO... AS 4 PRIMEIRAS VECES QUE O VIN,
SI!!!
#blgtk08# /> FACÉMONOS MAIORES E HAI QUE GOZAR,e afastarse DOS MALOS ROLLOS.

UN SAÚDO
Comentario por SONIA (23-03-2009 18:59)
7 Alá onde non chega o cine, nin a tele, nin a maioría do que leo, chega un anuncio da Coca Cola. Para min, é unha pequena obra mestra, dicir tanto de forma tan simple, eficaz, ben execu#blgtk08#tada e breve. ¿Talento? ¿Sentimentalismo barato?
Quito o sombreiro ante as mentes pensantes detrás deste anuncio.
Non levo sombreiro, pero quito a bufanda se é mester.
Comentario por Xela (23-03-2009 19:01)
8 O único problema que ll#blgtk08#e vexo é que anuncia Coca-Cola.
Comentario por Xove (23-03-2009 19:02)
9 Eu inclinome máis polo de sentimentalismo barato.
Ademais, o home máis vello está claro quen é, pero o máis novo? non se cada canto nace un bebé en España pero seguro que par#blgtk08#a cando o abuelete chegou a ver o bebé xa existía outro máis novo ao que sermonear nada máis nacer!
pobre bebé! sufocándoo xa con que sexa feliz se aínda non sabe nin que e
Comentario por Gaiteiro (23-03-2009 19:03)
10 Carallo co do anuncio, que vello me fai sentir...#blgtk08#
Está claro que son o público obxectivo...
Comentario por Rias Baixas (23-03-2009 19:06)
11 Para facer todos memoria, hei de dicir#blgtk08# que o anuncio da CocaCola é moi bon.
Comentario por Covas (23-03-2009 22:43)
12 O señor Rajoy e compañía quere ir pola vida de xente moderada. Así que lles sobran os michelíns, cómplices da estratexia da dereita na lexislatura anterior.Jimenez Losantos quedou varado na teoría da conspiración do 11- M. e máis en que o demo estaba na Moncloa e outras declaracións bochornosas.
Para mal anuncio, ou propaganda manipuladora, xa temos o da Conferencia Epis#blgtk08#copal porque confunden un feto cun neno, polo feito de que o goberno queira equiparar a lexislación nacional do aborto á lexislación europea.
O que non fan en Francia faranno eiquí: sair as rúas para derribar o goberno socialista.
O que é unha actitude criminal é o que foi dicir o papa a Africa: Poñer condón aínda e moito peor para frear as enfermedades venéreas.
Comentario por Roberspierre (23-03-2009 23:01)
13 Leo por internet e 'copio e pego' aquí que: "A marca de refrescos chegou a un acordo de colaboración cos Hospitais Nisa para que, baixo o consentimento dos pais, se poida poñer unha webcam cunha pantalla nos berces dos bebés, do tal xeito que os internautas en tem#blgtk08#po real, poidan ver os recén nacidos nas súas primeiras horas e lles enviar unha mensaxe de optimismo. Porque eles, mellor que ninguén, representan a faísca da vida". Así que a gozade internautas blogueros, que a vida son dous días e con Coca Cola saben mellor!!
Comentario por Paco Rivas (24-03-2009 19:03)
14 La verdad es que sí, el anuncio es superbonito y con un buen mens#blgtk08#aje de fondo que todos en los momentos bajos deberíamos recordar.
Comentario por Koldo (24-03-2009 19:05)
15 A verdade é que cada vez que o vexo me emociono, penso nos meus pais, no fillo que non vén, ... e neses momentos créache un turbillón interior que che chega moi dentro. Porque o anuncio ten toda a razón, estamos aquí#blgtk08# para ser felices e non debemos preocuparnos de parvadas porque a maioría nos afogamos nun vaso de auga.

Aínda que o anuncio sexa dunha gran multinacional, busca a sinxeleza. Simplemente, fantástico.
Comentario por Ana (24-03-2009 19:07)
16 A historia é bonita. O que me parece duro é o parto tan impersoal, cunha muller tombada e con#blgtk08# osíxeno, cunha matrona empurrando dende a tripa... e esa nena, soliña nun berce afastado da nai...
Comentario por Lula (24-03-2009 19:09)
17 "COCA-COLA DESTAPA EL MALTRATO"

Agradecemos a Coca-Cola que haya denunciado en su nuevo anuncio el maltrato a la mujer y su fina ironía al calificarlo de felicidad.

Coca-Cola acaba de lanzar una gran campaña publicitaria que destapa el maltrato a la mujer en el parto. Para ello ha filmado en tiempo real un parto hospitalario en el que la mujer se ve reducida e inmovilizada al triste papel de espectadora de su parto y es colocada en una postura (tumbada sobre su espalda) que entorpece el parto (ya que estrecha el canal del parto y conlleva a un aumento del uso de instrumental- fórceps, palas o ventosa- que podría evitarse permitiendo a la mujer adoptar la postura que le resultara más cómoda en cada momento). Pero lo más grave de este parto es que a la mujer se le realiza una maniobra conocida como "Maniobra de Kristeller" que está altamente desaconsejada tanto por la Organización Mundial de la Salud como por la SEGO (Sociedad Española de Ginecología y Obstetricia) y la nueva Estrategia de Atención al Parto Normal del Ministerio de Sanidad por los riesgos que conlleva para la parturienta y el recién nacido (hemorragias, desprendimiento de placenta, rotura de útero, episiotomía y consecuente sensación de alienación por parte de la madre hacia el recién nacido etc.) De hecho son numerosos los países europeos donde ésta práctica, de que los profesionales se pongan a presionar sobre la tripa de la mujer- en algunos casos incluso se suben literalmente encima- para que salga el bebé, hace ya muchos años que dejó de hacerse. Porque además de los riesgos para la mujer y su bebé, y de que casi siempre conlleva una episiotomía, la maniobra de #blgtk08#Kristeller suele dejar a las madres destrozadas, a veces incluso sin ganas ni fuerzas de ver ni abrazar a sus bebés.

En su anuncio, Coca-Cola nos enseña magníficamente la triste realidad de muchos centros hospitalarios de nuestro país, en los que la mayoría de los recién nacidos son separados de sus madres sin justificación médica alguna y con grave perjuicio para la salud de ambos y para el establecimiento de un sano vínculo emocional y de la lactancia materna.

Coca-Cola ha pasado a la denuncia del maltrato a los bebés al mostrarnos en tiempo real un bebé nacido en un parto intervenido, en el que a su madre se suministra oxígeno como consecuencia de un procedimiento obstétrico agresivo, puesto delante de la cámara y separado de su madre nada más nacer, para luego depositarlo en una cuna al lado de una ventana, lejos del calor de la piel de su madre, del latido de su corazón y sus pechos.

Por todo ello agradecemos a Coca-Cola que haya denunciado el maltrato y su fina ironía al calificarlo de felicidad.

Con este mensaje queremos informar y concienciar a todas las embarazadas de este país. Animamos a todas las mujeres y hombres a informarse y solicitar una mejor atención al parto y el respeto y cumplimiento del derecho a recibir la mejor atención sanitaria posible, acorde a los conocimientos más actualizados y a las recomendaciones de la Organización Mundial de la Salud y del Ministerio de Sanidad y Consumo.

Asociación El Parto es Nuestro

www.elpartoesnuestro.es

Plataforma por los derechos del nacimiento

http://www.pangea.org/pdn/plataforma.html
Comentario por www.pangea.org (24-03-2009 19:13)
18 Creo que estou emocionada grazas ao anuncio... A miña nai díxome moitas veces que a vida se lle pasou s#blgtk08#uper rápida... ten 78 anos.... TEMOS QUE GOZAR DO BO E DEIXAR A UN LADO AS COUSAS POUCO IMPORTANTES...
Comentario por Mayte (24-03-2009 19:15)
19 É un gran anuncio dunha multinacional que sempre discurre #blgtk08#moi ben para tocar as fibras sensibeis das persoas de ben.
Comentario por amante da vida (25-03-2009 09:49)
20 deíxate de trapalladas e fala da débeda municipal en pan e circo.
festas f#blgtk08#estas e máis festas
8 anos perdidos por culpa dos teus amigos da esquerda
Comentario por débeda municipal (26-03-2009 10:47)
21 El anuncio no lo han hecho los americanos, lo ha hecho una publicista española de la agencia McCann en Esp#blgtk08#aña y además es familia. Yo también confieso haber lagrimeado un poco aunque procuré que nadie lo notase.
Comentario por araceli (28-03-2009 23:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal