A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A POLITICA EN UN POBO PEQUENO
Parafraseando a Canosa vamos a esbozar a situación politica en Viveiro duas semans despois das eleccions, donde o PP, que segue no dia a dia liderado por Cesar Aja Mariño voltou a ser a forza politica máis votada, gañou por goleada en Celeiro, a pesares da marea de axudas e millóns que o bipartito regalou dende as consellerias do BNG e PSOE, e en Viveiro, donde a pesares de que Melchor Roel segue a facerlles a pelota ás forzas vivas estas non lle fan poñetero caso. En Covas a cousa estuvo mais igualada , pero soio en Xunqueira e Galdo gañou o PSOE.
Asi as cousas teremos que formularnos a manida pregunta de ¿E ahora que?. Pois ben por parte do PP as cousas estan moi revoltas, nas filas de Leal existen duas excisions unha a senadora Gueimunde e o outro Celestino, que van por libre e soio aceptan como dono e señor do partido en Viveiro a Cesar Aja, uns e outros lévanse como o can e o gato, os de Aja din que logo era mellor ter dous concellais sós que tantos e tan ineficaces e tildan a Leal de “compañeiro de viaxe” de Melchor Roel.
Por parte do PSOE a cousa esta igual de revolta, Viveiro e a unica localidade galega donde non se renovou a agrupacion local do partido trais o “Afaire” protagonizado por Guisasola e “Peanso” , o primeiro, parente cercano de Ricardo Varela, quer volver a area poltica a pesares que xa foi candidato a alcalde, por certo o de peores resultados para o PSOE nos anos de democreacia, rodeado de vellas glorias e algun despistado, seique intentouse chegar a un acordo entre os dous candidatos, pero a Melchor Roel sublevouselle Rafael Amor que xunto a Guisasola queren seguir adiante en busca da poltrona, no goberno municipal seique Amor e Cal nin se falan e o alcalde e o concellal de facenda casi o mesmo, os demais actuan de “comparsitas” como na canción, asi as cousas Melchor Roel, que decia que se ia para casa e non repitia de candidato, e incluso chegou a nomear heredeira a Maria, pode que se quede e volta a disputar a alcaldia a Cesar Aja Mariño, que si non lle dan un “choio” en Santiago, seique aspira a unha direcion xeral,din os rumorosos, voltara a querer ser alcalde.
O BNG segue sin amarras e dentro de unha nordesia, o “Mitas”non sabe nin contesta, segue a mandar o que foio socio meu en aventuras do papel impreso, “Paco Luis” que e o que lle fai a “Mitas” os cominicados e mocions varias, segue a perder votos, seguen a ser catro e a caixa, casi os mesmos que fai 25 anos, e asi non se vai a ningunha parte, claro esta que si dentro de dous anos o PP non ten a maioria faran falla os seus votos, e esta vez , com menos folgazoneria e eficiencia pode voltarse a subir.
Queda EU, ou o partido de Orlando, que segue a ser o unico concellal deste partido na provincia, deciase que a media lexislatura ía a dimitir e deixar paso o numero dous o neto de Gabeiras, pero non se ve crara a cousa, mais ainda eu creo que si non volta a ser el candidato EU desaparece do mapa politico local, segue a apoiar a o seu antiguo “Camarada” o que lle resta critica e facer valer do seu decisivo voto.
Asi as cousas dentro de dous anos o tempo darame ou sacarame a razon, como sempre.
Comentarios (19) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-03-2009 08:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
19 Comentario(s)
1 Pois a dicir verdade Regal, hai que recoñecer que desta volta tés moita razón.
Alégrome que caias da burra coma moitos outros que viron mesías e salvadores onde só hai incapaces e igñorantes resentidos.
Desmárcate deles que che irá millor e poderáseche ver como unha persoa independente cousa que ata a data de hoxe non fuche nunca.
A análise que fas da política municipal é unha radiografía exacta do que estamos a padecer os viveirenses dende o ano 2003 (non nos esquezamos), quero dicir con isto que os males non comezan no 2007 como a veces queres facer ver, senón aló polo 2003 cando os 3 partidos da oposición apartan ó PP do goberno municipal a pesares de que o PP gañou as eleccións moi craramente. Estos 3 partidos nin sequera tiñan unha idea de goberno nin un programa definido, nin xente capaz para desenrolar as distintas concellerías, e pouco despois de comezar xa se puido ver isto coa dimisión dunha edil por discrepancias có alcalde e os seus camaradas, e que pasaron por enriba con "razóns persoais" cando en realidade a forma de entender o urbanismo foi a razón.
Pero o tempo foi pasando con enganos na prensa escrita e nas tabernas e con promesas incumpridas e con falsedades e mintiras levadas incluso ante os xuices, ............
E agora xa a penas teñen apoios.
O PSOE está roto porque o deixaron en máns dos resentidos máis ultras que se recordan por estes lares. Roel, Amor, O Moro, Cal,... e os froreiros de adorno.
Por certo, no caso de O Moro, eran "razóns de saúde" o que aludiron no momento da dimisión pero isto non lle colou a ninguén, digamos que foron "razóns de falla de confianza" posto que o seu lugar o pasou a ocupar Cal formando o cuarteto Roel-Amor-Cal-Orlando otrora Partido Comunista de Viveiro e O Moro ó verse arrinconado decidiu irse pero deixando craro que o proxecto do cuarteto tamén era o del pero que ó non formar parte non continuaría dando a cara (que a dicir verdade tivo, ten e terá moita).
En canto ó BNG dicir que apenas existe porque pagaron a coalición cós anteriores nun goberno amigo e có único obxetivo de apartar ó PP do poder.
Acaballe de pasar o mesmo na Xunta.
Isto é o precio que se paga p#blgtk08#or ter ambición de poder un partido minúsculo e sen forza composto por catro gatos con pancartas e sprais para pintarraxear paredes e sinais de tráfico.
Pero non nos enganemos nen nos esquezamos de que si fixeran falla os votos en Viveiro, Santiago ou noutros lares para facer un bipartito ou tripartito que apartara de novo do poder ó partido que gaña craramente as eleccións (léase PP) voltarían a apoiar ó PSOE coma corderiños, e volta ó mesmo.
En canto a IU, que queres que che diga que non saiba todo o mundo, incluso o medio millar de votantes de Orlando "o gran adalid do progreso e do saber estar". Estou seguro que este tipo por non saber non sabe nin onde ten a man esquerda e da man dereita non quer oir nin falar. E se o sustitue o de Gabeiras pois máis do mesmo, pero este xa non creo que consiga os votos suficientes e de seguires así as cousas, rematará no PSOE có seu pai adoptivo e alter ego que non é outro que Cal.
E agora vou có PP, máis lles vale que aparten de ahí a Leal, O Pata, os floreiros (que tamén os tén) e que se comece de cero con ou sen Aja, pero creo que vai ser con el posto que voltará porque a ruptura é evidente habendo dous bandos moi definidos, os que queren facer oposición para chegar a gobernar de novo e os que se deixan levar polos enganos dos progresistas-nacionalisas-comunistas.
Os primeiros encabezados por Aja e moitos dos anteriores concelleiros que son os que de verdade están traballando para sacarlles a máscara a estos incompetentes que nos malgobernan. Fano polo ben de Viveiro pero tamén polo seu ben (faltaría máis) posto que intentaron votarlles moita merda enrriba con falsas acusacións que calaron no populacho e con denuncias que se levaron ante os xuices e que agora se está a demostrar que foron froito do rencor e o odio e que de ilegalidades na de na.
E os segundos encabezados por Leal e seu escudeiro máis fiel O Pata que únicamente serven para lucirse en actos públicos e para asentir ante a esquerda sen facer oposición ningunha e o que é pior, sen defender para nada a laboura levada a cabo polo seu partido en 16 anos de maiorías absolutas ainda que formaran parte delas como no caso de Leal.
ISTO É O QUE HAI.
Comentario por un máis (16-03-2009 11:45)
2 Moi bó o analise da politica e politicos do poleiro de Viveiro, dende logo mereces un aplauso, po#blgtk08#r certo dixerome hoxe que ti eres a persoa mais odiada de Melchor Roel, quiza mais ainda que Aja
Comentario por Un de Viveiro (16-03-2009 15:54)
3 "pueblo pequeño in#blgtk08#fierno grande". ...
Comentario por Alcoa (16-03-2009 15:55)
4 Temos máis partidos que na capital. Para min é unha vergoña porque son demasiados políticos para tan pouco#blgtk08#s habitantes. A min non me van facer cambiar o voto. Eu vou sempre cos que din a verdade.

Comentario por Anxo (16-03-2009 15:58)
5 ¿La política en un puebl#blgtk08#o pequeño es agradecida?
Comentario por Gilda (16-03-2009 16:00)
6 Nun pobo pequeno varios feligreses co cura e o alcalde compinchanse para darlle un susto ao maesto que era un comunista moi ateo. Deciden disfrazar o alcalde de Jesucristo e darlle un escarmento,o alcalde ponse unha tunica manchada de vermello, píntase os estigmas, pon barba postiza, o cura estalle axudando e cando vai a ponerlle a coroa observa que non pode por ser pequena e a pesar de intentarlo teñen que a romper e a atala cunhas cordas á#blgtk08# fronte... e chega a noite... toca na porta do mestre co disfrace e o cura detrascon unha lanterna facendolle efectos de luces....con voz grave dille ao mestre que estaba medio durmido: -Vin a por ti...!! -Deus meu,Dios meu, Señor, perdoa non haber creido en ti e perdóame todos os meus pecados sobre todo estes meses atras que estiven tirandome á muller do alcalde... e... Interrompe o aparecido...: -Joder!! con razon non me entraba a coroa !!
Comentario por Un simpatico de un pobo pequeno (16-03-2009 16:08)
7 Qué alegría cuando me dijeron que había ganado el PP!
#blgtk08#> Ya está brindando el Caudillo con champán con San José.
Comentario por X (17-03-2009 08:04)
8 Pois tra-los aplastantes resultados das eleccións, só queda asumi-lo que hai...
O PP gaña por olgada maioría absoluta as eleccións autonómicas galegas.
Pero non coma antes, agora contarán co pobo para gobernar, porque saben que Ga#blgtk08#liza non é súa, que en calquer intre poden caer, e farémosllo constar, dende a rúa.
Porque todo o mundo vota, pero non todos temos o mesmo compromiso político.

Galegos, ahí tedes o que queredes, moita palla e pouco leite.
Comentario por San Roque (17-03-2009 08:24)
9 Eu creo que no PP de Viveiro equivocáronse poñendo a Leal de candidato. O tipo o da política non é o seu... non sae por ningures... rodeuse de mediocridade: Raqueliña (pra sere a número dous, non se lle ve moitas iniciativas), O Pata (falar fala moito, facer fai pouco...), O diretor de maestría (un desaparecido), a rapaza que#blgtk08# traballa en CCOO (un traballa onde pode, pero a unha concelleira do PP, polo menos un pouco de coherencia: non se pode dicir misa e estar repicando na campá). A senadora e Celestino son os únicos que se lles ve algo.

O PP ten que pensar seriamente en que por este camiño, van facer a Roel alcalde eternamente.
Comentario por Aznar (17-03-2009 09:04)
10 De boa tinta Regal: Aja xa se entrevistou con Feijóo en Santiago a pasada sema#blgtk08#n, xa ten o choio mais cerca, asi que o PP terá que fichar a outro ou a outra.
Comentario por Galego (17-03-2009 10:44)
11 Este "UN MAIS" e mellor que o fiches sito, enche mais a paxina que ti, vaia dialectica que ten o rapaz, e encima querete fichar para a causa, non ten idea de como eres #blgtk08#, como dixen en outra ocasion "Un acrata confeso", por certo ¿ainda non rompiche o carnet do PSOE? Si non e asi apurate a darte de baixa, un dia de estes chimpate fora.
Comentario por Un amigo (17-03-2009 10:48)
12 Esta mensaxe vai para "Un amigo" e para Regal.
Eu non pretendo fichar para ningunha causa a ninguén, non me dedico a intentar convencer a ninguén de nada, cada un que obre como lle veña en gana pero vouvos dicir algo a volos dous. Deberiades de ter máis coidadiño e non caer en contradiccións tales como falar de ser "Ácrata confeso" e por outro lado dicir que existe un carnet do PSOE, é dicir unha militancia política.
¿Cómo se come iso?
Os ácratas son os partidarios da acracia ou o que é o mesmo, son partid#blgtk08#arios da supresión de toda autoridade defendendo con uñas e dentes unha sociedade sen goberno algún.
E si se forma parte dun partido político, pois... o obxetivo será que ese partido goberne en tódalas administracións (local, provincial, rexional, nacional, europea).
E ainda que xa non forme parte do PSOE ou incluso ainda que nunca o fixera, dicir que Regal é un ácrata me parece que non é certo porque non defende para nada a Acracia.
Hai que acrararse, "OU ARRE OU SO".

Saúdos a ámbolos dous.
Comentario por un máis (17-03-2009 13:15)
13 Moi boa a il#blgtk08#ustración .
Comentario por Grafista (18-03-2009 07:56)
14 Amence que non é pouco, como o título da película española dirixida por José Luis Cuerda de corte surrealista como este absurdo de vida que estamos a levarna politica de Viveiro, sen ning#blgtk08#ún rumbo, perdidos como os africanos en Jaén en busca da peonada.
Pasa que nos pasamos de listos uns máis que outros e todo se paga.
Pero como sempre xustos por pecadores.
Comentario por Un de Viveiro (18-03-2009 08:11)
15 Enténdote perfectamente. Tal e como vai o mundo, ten que dar preguiza afrontar a misión de arranxalo, que diso trata a profesión dos políticos, ¿non?

Debe ser a pertinaz c#blgtk08#rise de valores. Vivimos cegados por un mundo de ostentación e aparencia, perseguimos o poder e a riqueza. E descubrimos tarde ou nunca que a felicidade non estaba alá onde a buscabamos.
Comentario por Anxel (18-03-2009 08:12)
16 Eu son dos que non saben nada, pero só che diría que todos temos dereito a meter a pata de cando en vez. O que hai que facer despois é recoñecelo e pedir desculpas, e os poli#blgtk08#ticos, tu fas un repaso a todos os partidos que tedes en Viveiro, tamen teñen ese mesmo dereito, ademais moderador si che faltan os politicos , ¿De que coño vas a falar aqui?
Comentario por Foz (18-03-2009 10:25)
17 Vergonza para o PP, que unha concejal dese partido esteña traballando en CCOO; menuda bi#blgtk08#cefalia ideolóxica se gasta a mulleriña, polo menos debería ter a dignidade de dimitir.
Comentario por Calidade (18-03-2009 10:42)
18 Cada un é responsable das suas opinións e feitos sexan máis o#blgtk08#u menos do agrado do que as lea, na variedade esta o gusto.
Comentario por Otero Regal (18-03-2009 13:47)
19 Parece mentira... Eu, que non escribín neste blog nunca ata hoxe, pero que o leo habitualmente, estaba agardando este momento con inquietude, para ver a actitude de Otero Regal ante uns posibles resultados electorais adversos. E, vaia, ese momento chegou. De verdade, defraudoume moito. Pensei que antes de nada habería unha felicitación para os gañadores (máis da metade dos diputados galegos serán do PP) e algún tipo de autocrítica... pero non. Cal políticos en activo, esta persoa permítese as licencias que se poden leer estas ultimas semanas Non filliño, non. Para eso xa está a oposició#blgtk08#n "real". Quen comenta dende a barreira non precisa esas eses consellos. Precísase cultura democrática: asumir e felicitar. Todo o que non sexa iso é deslexitimar un resultado e, peor aínda, chamar ignorantes ós electores (léase o pobo). Digo ignorantes como podía decir outra cousa. Deixa o teu tufillo intervencionista radical e aprende a dar parabéns a quen, democráticamente, vai dirixir Galicia durante os próximos 4 anos. Eso, sempre que quede algo na caixa co que poder investimento algún... que non o teño eu tan claro. Unha aperta a todos e todas.
Bos días, e boa sorte.
Comentario por Para Otero Regal (18-03-2009 13:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal