A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ESTE SERA O GOBERNO DE FEIJÓO
Os rumorosos estan estes dias de nordesia, tertulia que se precie, tasca, rua e descanso do traballo son boas ocasions para botar a quiniela de quen seran os novos conselleiros do goberno de Galicia.
Vaia pois a nosa quiniela:
Emilio García Gallego como novo conselleiro de Política Territorial. Este home, cunha ampla experiencia no mundo das infraestructuras que o levou, entre outros cargos, a ser presidente do Portos de Galicia, do ente público Gestor de Infraestructuras Ferroviarias (GIF) ou de Augas de Galicia é, ao noso entender, a persoa escollida por Feij009 para facerse cargo dunha "SuperConsellería" de Política Territorial que se ocuparía de todo o que ten que ver coas infraestructuras en Galiza (e se cadra algo máis).
A betanceira María Faraldo que obtivo para o PP a alcaldía de Betanzos tras anos e anos de goberno socialista e o do alcalde popular da Serra de Outes, o señor López Crespo, que tamén aparece en moitas quinielas.
Pola cuestión territorial, alomenos dous destes conselleiros teñen que ser das provincias de Lugo e Ourense .No tema da cuota ourensana as cousas parecen disputarse entre un par de candidatos principais entre os que, Enrique Novoa "Poly". Este home, empresario, voceiro do grupo municipal do Partido Popular e presidente da xunta local de Ourense do Partido Popular, foi xa vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Ourense, e é unha clara aporta para ocupar a Consellería de Medio Rural, outra opción ourensana, pola que como digo non aposta Xornal Aberto, é a de Rosendo Luis Fernádez Fernádez (Fernádez ao cadrado) un home cunha formación máis que axeitada para ser conselleiro de Sanidade ( licenciado en Medicina e Ciruxía, diplomado en Sanidade, Master en Xestión Sanitaria, directivo diplomado da Xunta, etc)
Canto á cuota lucense as cousas están pouco claras pero, Susana López Abella unha aposta forte por unha muller licenciada en Dereito e Empresariais que, a pesares de ir no número cinco das listas na provincia, ten moito peso no Partido Popular desta provincia galega. Din dela que é dura e ten experiencia parlamentaria abondo para poder optar a unha Consellería no novo goberno .
Pedro Arias, que xa foi candidato antes de IU e do PSOE, un trasfuga de pro, número dous da lista popular na Coruña e profesor de Teoría Económica na Facultade de Económicas da USC, é unha aposta evidente para ocupar a carteira do ramo na Xunta. Feijóo dixo que algún conselleiro non tería o carnet popular. A cousa parece clara.
Quedan dous. Unha para ser conselleira de Pesca. Trátase de Rosa María Quintana (non confundir con Ana Rosa Quintana). Esta muller, licenciada en Ciencias Biolóxicas e doutorada en Bioloxía pola USC, estivo dende o ano 1997 e ata o 2005 ocupando diferentes cargos dentro da Consellería de Pesca dos gobernos Fraga, entre eles o de directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Ten 59 anos, experiencia no sector e, segundo contan.

Pilar Rojo. É a única conselleira/o do goberno Fraga, xunto con Corina Porro, que parece clara candidata a formar parte do novo goberno (algúns falan dela como conselleira de Cultura e Deportes) ou inclusive para ser a próxima presidenta do Parlamento Galego.
Alfonso Rueda, o actual número dous popular en Galiza, é tamén unha das candidaturas claras para formar parte do novo goberno. E unha persoa cunha ampla experiencia na Administración Autonómica da que xa formou parte, durante o último Goberno Fraga, como Director Xeral de Administración Local. Podería compaxinar o seu cargo de conselleiro co de secretario xeral do PPdG aínda que, a súa excelente labor como secretario xeral podería xogar na súa contra para ser conselleiro.
Outra das aposta que parecen claras é a de Pedro Puy Fraga. Foi o coordinador do programa electoral do PPdG para estes comicios e xa ten experiencia na Administración xa que formou parte do equipo de Pita durante a súa estancia na Consellería de Presidencia. De feito, o "sobrinísimo" estivo ata os últimos momentos optando a ser número un pola lista do PPdG na Coruña..

Carlos Negreira é a todas luces outro dos "fixos" . A súa labor ao fronte da presidencia provincial do PPdG na Coruña foi clave para que o partido gañase un dos escanos cos que Feij009 logrou a maoría absoluta e iso, xunto coa súa estreita relación co futuro presidente, poden ser claves.

E Diego Calvo. Este ferrolán, que durante os últimos meses foi unha das voces habituais en canto tertulia houbo nos medios para defender as téses populares, é un estreito colaborador do presidente electo e a súa labor no Parlamento, especializada nos temas relacionados con Vivenda, o podería levar a unha carteira na que estivese presente este tema que tanto preocupa aos galegos.

Os datos foron recollidos por un bó numero de blogs e opinions varias, existen modificacion pero admitense apostas.Por certo, para disilusion de algunhos de Viveiro non entra na quiniela Cesar Aja Mariño ¿sera quizabes por o de Lodeiro, A Insua e o Pazo da Misericosdia?
Comentarios (27) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-03-2009 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
27 Comentario(s)
1 Acepto o reto Regal, eu creo que acertaras o 50%, non mais, e ademais Cesar Aja o que q#blgtk08#uere ser e DIECTOR XERAL DE CULTIVOS MARIÑOS ou similares e ten o apoio de Pescanova....
Comentario por Quiniela (12-03-2009 12:26)
2 Mar, a responsable de prensa do PP. Foi unha persoa moi próxima ó presidente electo duranto os anos duros, moi leal, e moi currante. Hai tres opcións para ela: unha hipoté#blgtk08#tica Consellería de Comunicación, a secretaría xeral do ramo se se mantivese a actual estructura, ou quedar no partido pero con posto no consello de administración da TVG.
Comentario por DENDE SANTIAGO (12-03-2009 13:01)
3 Chinny (a moza de Feijóo) que como todos sabemos estivo moito tempo como corresponsal en#blgtk08# Madrid (Feijóo durmia no 4º piso dela en sSantiago varios dias a seman, (4 exactamente)
Comentario por Pecora (12-03-2009 13:03)
4 Considero que merece ser Lópe#blgtk08#z Veiga, conselleiro de Pesca
Comentario por Celeiro (12-03-2009 13:07)
5 O novo Executivo que non será "sectario", asegurou Feijóo, a diferencia do que considera que foron algunhas das consellerías do bipartito que "miraban a cor política dos co#blgtk08#ncellos". Feijoo aposta por "corrixir" os "erros" do anterior Goberno galego, pero tamén se comprometeu a "potenciar" aquilo que estea "ben feito" da anterior lexislatura.
Comentario por Un do PP (12-03-2009 13:10)
6 O próximo goberno galego basearase "na intelixencia" e "preparación" máis que na militancia. Esas serán as columnas sobre as que Alberto Núñez Feijóo, afianzará o seu próximo Executivo. "Eu non#blgtk08# vou pedir as siglas a quen estea disposto a gobernar Galicia", contará con independentes, sempre que dispoñan de "formación" e "determinación para traballar polos intereses xerais de Galicia".
Comentario por Cadena Ser (12-03-2009 13:13)
7 Non tes nin puñe#blgtk08#tera idea Regal.
Comentario por ABC (12-03-2009 13:29)
8 Susana López Abella non é licencia en Dereito nin en Empresariais... de feito, que se saiba, non é licenciada nin diplomada en nada. Coma todo o que se conta ahí teña esta veracidade, logo non estaremos ante nada máis que a especulacións infundadas feitas na taberna ao carón dus bos trospiros. Eu esperab#blgtk08#a un pouco máis de nivel.

Dos Diputados do PP por Lugo o que ten máis posibilidades de ser algo sería Daniel Varela, moitos anos eurodiputado e que ten unha longa experiencia en Bruselas onde se cocen moitos millóns en axudas moi necesarias pra Galicia, sobre todo pra a gandería e a pesca.
Comentario por outra ronda que pago eu (12-03-2009 17:29)
9 Pois perdon... a pesares de que os datos os collin de unha paxina cercan o PP pero ahí vos vai o curriculun oficial da locutore de Chantada:
Susana Lopez Abella

Susana Lopez Abella

14/05/1967 � Chantada (Lugo)

Circunscripción: Lugo

Profesión: Colexiada en Periodismo

susana.lopez.abella@parlamentodegalicia.es

Página Web
Datos Académicos
Realizó estudios de Ciencias Empresariales en la Facultad de Empresariales de Vigo.
Colexiada en Periodismo polo Colegio Profesional de Periodistas de Galicia..
Fue administradora de la empresa familiar entre los años 1987- 1990.
Fue delegada y locutora de Radio Faro Chantada entre los años 1990-99.
Datos Políticos
Elegida Vicesecretaria Ejecutiva y portavoz de Bienestar Social del PPdeGalicia en el nuevo Comité Ejecutivo resultan#blgtk08#te del XIII Congreso en el que resultó elegido Presidente Alberto Núñez Feijóo.
Miembro del Comité Ejecutivo Provincial del PP de Lugo.
Diputada en el Parlamento de Galicia desde la VI Legislatura.
En la actual legislatura es Portavoz de Trabajo, Mujer e Igualdad del Grupo Parlamentario Popular. Vocal en las Comisiones Institucional, Sanidad, Política Social y Empleo y de Relaciones con el Consello de Contas.
Fue concejal de Cultura y Relaciones Institucionales y Teniente Alcalde en el ayuntamiento de Chantada entre los años 1999 y 2003.
Diputada en la VI Legislatura en el Parlamento de Galicia fue Portavoz Adjunta 3ª del Grupo Popular , Presidenta de la Comisión de la Juventud, Portavoz en la Comisión de Igualdad y Derechos de la Mujer, Portavoz de Empleo en la Comisión de Sanidad, Política Social y Empleo y Secretaria en la Comisión de Economía, Hacienda y Presupuestos.
Comentario por Otero Regal (12-03-2009 19:05)
10 Aclarémonos: o austero Feijoo vai ter catro coches. O Citröen C6 blindado que vai mercar como presidente, sen concurso público, e a unha empresa francesa. O Audi A6 do anterior presidente, co que vai tentar rev#blgtk08#italizar o mercado de coches de segunda man de luxo. O Citröen C4, que lle donou Citröen e que non declarou a Facenda. E un Audi A4, que mercou el hai seis anos, e co que cometeu diversas infraccións de tráfico
Comentario por Anonimo (12-03-2009 19:15)
11 Segun as noticias de hoxe xa tes un acerto Regal A #blgtk08#Pilar Rojo sei que sera a presidenta do Parlamento.
Comentario por Covas (12-03-2009 21:34)
12 Mais do mesmo duran#blgtk08#te os proximos anos
Comentario por Anxo (13-03-2009 08:10)
13 Diego Calvo conselleiro, manda #blgtk08#guevos co de Terrol terra.....
Comentario por Ferrolan (13-03-2009 08:11)
14 Asi quen o inclito ten noiva, pero en que quedamos, non era supernumerario do#blgtk08# OPUS, e ahora resulta que vive en pecado con a do 4º, como se entere Romai.
Comentario por Demo (13-03-2009 08:12)
15 O único que lle importa a Feijoo é ter un haiga, custe o que custe e míntase o que faga falta, pero poñendo por diante que o seu luxoso coche oficial non é dilapidación... nin o foi antes cando era conselleiro, durante a época Fraga.

Este será o que substitúa a Touriño, moitos dirán que este comentario no blog de Regal é porque non aceptamos a derrota e terán razón, non a aceptamos pero sabemos perder, explícome: as derrotas non se aceptan porque iso suporía "resignarse" e esa é unha actitude pasiva que non queremos os socialistas, preferimos aprender dos erros, rectificar e seguir adiante, aínda sabendo que Touriño era a mellor opción, o Presidente con pouta que os socialistas sabiamos que tiña Galicia, o Presidente que perdemos por que se pasou de responsable e prudente, o que hoxe vimos na prensa, ese é o que nos gustaba e que Galicia merecía. Pero pechada esta p#blgtk08#áxina toca mirar a noso arredor e poñernos a traballar.

Sobre todo porque chegou a hora que o PP debería temer, a hora na que se desvelen as súas mentiras e se lles peche le boca, aínda que xa se sabe que a falta de argumentos para rebater as verdades eles recorren ao ataque persoal, e porque se empeza a ver que as promesas, só son iso e á hora da verdade onde dixen digo, digo diego.

Que mentían é obvio pero que TODO era válido con tal conseguir o seu lexítimo obxectivo, Goberno da Xunta, empeza a ser claramente visible...

O importante para o PP agora é facer responsable a Touriño das súas sucias mentiras... é a súa forma de homenaxear o seu Rei, Pinocho Patrono do PP, que cumpre 70 anos no País da Fantasía; iso si aínda que Pepito Grilo se puxo á súa disposición, no Partido Popular ninguén sabe asubiar ¡ Para que ter unha conciencia!
Comentario por Chus (14-03-2009 16:20)
16 Mirade ben o que vos vou contar, para que quede clariño dunha vez:
O PP gañou claramente as eleccións do ano 2005 por moitísima diferencia numérica de escanos e de votos pero uníronse os partidos chamados "progresistas" e joderon a marrana e ben que a joderon porque deixaron Galicia feita unha merda e iso que só pasaro#blgtk08#n 3 anos e medio.
Agora no 2009 volveu a gañar o PP en número de escanos e de votos por outra gran diferencia e agora a unión dos "progresistas" xa non chega para desbancalo do poder.
Craro que ainda quedan iluminados coma vós que queren facer ver que o PP ainda e con todo non é o gañador das eleccións.
Comentario por Covas o bó (14-03-2009 16:32)
17 Preguntome si Covas e mais Covas o#blgtk08# bó, son os Covas de toda a vida.
Comentario por JUANITO (15-03-2009 11:16)
18 pan y#blgtk08# ajo
Comentario por garrotevil (15-03-2009 14:03)
19 Pois non, eu son o COVAS DE TODA A VIDA, pero estes "zascandiles" do PP deulles por utilizar o meu nome, mudei a COVAS O BÓ, peero tamen seguin a tocar os...... e asi esta a cousa seguro, que xa o pensei en utilizar PRAIA DE #blgtk08#COVAS, pero a ben seguro que seguiran erre que erre co asunto, a culpa e de Regal que non corta por o sano, por certo eu son de Covas de toda a vida e un poco da siniestra ou como decia meu abó de Vieiro "DA CASCARA AMARGA".
Comentario por O AUTENTICO COVAS (15-03-2009 17:17)
20 O parlamento galego aprobou por unanimidade, cando o PP tiña maioría absoluta, incluido o voto dol Sr. Núñez Feijoo (que era parlamentario e vicepresidente da Xunta) o plan de Normalización Lingüística que recolle nas medidas 2.1.26 a la 2.1.30 que "como mínimo o alumnado recibirá o 50% da sua docencia en galego".¿Como vai a garantizalo,¿ou as leis que el mesmo aprobo#blgtk08#u tamen vainas pasar polo forro dos collóns?,e outra millor,cando nunha clase haxa,pongamos 15 rapaces que desexen educación en galego e outros 15 en castelán,cal dos dous se imporá,ou segregaránse as clases duplicando austeramente o presuposto por clase.Imporase o castelán non teño dúbida,cando iso aconteza a ver os de Galicia "bilingue"se se botan a rúa a protestar.
Comentario por Leria (15-03-2009 17:21)
21 Vivo en el Euskadi, leo el blog de Regal ya que es mi amigo e hicimos la mili en Zaragoza juntos.Aqui todo dios siente orgullo de su id#blgtk08#ioma. Que parte de los gallegos sientan verguenza por el suyo es incomprensible.Creo que los que lo rechazan solo son unos ignorantes.
Comentario por Koldo (15-03-2009 17:23)
22 Xa é oficial,xa somos a mofa e befa de tódolo estado español,ata Buenafuente fixo coña co asunto do C6,e eu sigo a preguntarme si os do pp van pedir contas polo record de engano rápido,nun día tomoulles o pelo a todos os galeg@s.
E é certo os resultados electoráis hai que aceptalos.E aceptámolos,os que tiñan que estar que asubían son os votantes dun partido que lles prometeu austeridade e apoio á fábrica de Citroen Vigo,e a primeira de cambio lla mete doblada cun cocheciño feito en Franza e caseque tan caro,o#blgtk08#u máis co de touriño.E que en vista da que se está a montar manda outra polémica para tapar o engano os seus proprios votantes,(deixando claro que a cortina de fume é o importante e non o interese xeral do país).¿Que será o seguinte?.E ten o morro de dicir que endexamáis houbera tanta crispación polo idioma no país.
O que ten gañar unhas eleicións en base a mentiras,fochas e difamacións e que tarde ou cedo estourante na cara,pero o record de "liarla parda"nunsó día non llo quita ninguén señor feijó,non señor.
Comentario por Xavier (15-03-2009 17:25)
23 Gaseosas FEIJO#blgtk08#O. Todo espuma
Comentario por A RAIA (15-03-2009 17:28)
24 Ninguén sabe nada. Ninguén, nas filas populares, avanza -nin osan facelo- nomes sobre os posibles cargos de responsabilidade no goberno galego, ¡moitos!, pese a reducción anunciada. Todo está na "libreta azul" de Feijóo. O único que está seg#blgtk08#uro de que conta con algo, é o número dous do partido. Ou ben resulta premiado pola súa destcada xestión e cambia de aires de San Lázaro a San Caetano -ademáis dos do O Hórreo- ou sigue como está, para non perder o ritmo cara ás municipais.
Comentario por Santiago (15-03-2009 17:31)
25 Regal, leinte hoxe no Progreso o articulo que ainda non esta aqui, miña mamaiña, vas tes que pedir exilio politico en algun outro concello, como pos os politicos de Viveiro, con toda a razon e informacion que eu comparto, pero pobre de ti que che teñan que facer un fa#blgtk08#vor, telo fodido.
O certo Regal e que si existiran tan soio mil coma ti en Viveiro, outro galo nos cantaria, ahora soio lles falta que lles caia a cara de vergoña cando olean, por certo xa vin a un dos citados por a rua de abaixo co periodico diante dos ollos.
Comentario por Un amigo (15-03-2009 17:37)
26 Isto está pragado de lamecús
primeiro o "COVAS O AUTÉNTICO" que parece un neno porque hai outro que escribe con Covas ou non sei qué carallos, e resulta que cómo a pelota pensa que é de el quere collela e irse para a casa como fan os picariños.
Logo apareceu "Un amigo" de Regal que quer que #blgtk08#haxa 1000 Regais en Viveiro.
Pois xa temos 500 Orlandos e mira cómo está todo por gran culpa de Orando e quen o apoiou.
Porque eiquí fálase dos do PSOE e BNG que son verdadeiros cancros para Viveiro pero o de IU dende a ignorancia do concelleiro é case que de cárcere.
POBRE VIVEIRIÑO.
Comentario por nicomedes (15-03-2009 19:36)
27 canta razón tes meu ben querido Nicomedes, hai moito resentido neste Magno e Honorable Blog do nosos ben querido Alfonso, xa empezana dicir que o PP enganou, que o PP mintiu etc etc. deben pensar que os fillos de Breogan somos parvos, eliximos libremente o que nos petou, Touriño e Quintana estiveron 4 anos de vacaions, fichadno a mangantes para a nómina da Xunta i o pobo a pagar i a joderse, pois acabouse a sopa boba, a cola do paro de cabeza que tamen tou eu.

Inda non vin os de CC #blgtk08#OO nin os da UGT montarlle ningunha pirula a Zapatero polas listas do paro, moi ben os debe de manter, Se estivese o PP ia mandar CARALLO NA HABANA QUEN OS VERÍA POÑERLLES PILAS NOVAS OS MEGAFONOS E SAIR A RUA COMA OVELLAS con as pancartas i os monecos.
Ainda estou a espra das empanadas que quedaron sen comer nas sedes do PSOE que sei-ca foron moitas.

A la a rascalo carallo 4 anos mais prórroga.

Unha aperta GarroteVil.

ja ja ja , jajajajaaaaa
Comentario por MARROQUI (17-03-2009 17:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal