A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

EMPEZAMOS DE CARALLO
O presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, utiliza dende hai tres anos o coche que a factoría PSA Peugeot Citröen de Vigo lle presta de xeito gratuíto. Feijóo non declarou o vehículo a Facenda xa que foi "un empréstito a unha institución", segundo xustificou unha voceiro do líder da dereita en Galicia.

Ao erixirse en "institución" o Parlamento, pero non os seus deputados, voceiros ou grupos-, Feijóo converteu de forma implícita en usufructuario do seu coche oficial o PP galego. A Lei sobre Financiamento de Partidos Políticos, non obstante, non recolle a aludida figura do "empréstito" e é moi estrita ante operacións como a que beneficiou ao próximo presidente da Xunta dende hai tres anos, como adiantou Público o mércores. Os requisitos que impón non se cumpriron neste caso.

O artigo 4.2 do citado texto establece que os partidos "poderán recibir doazóns, non finalistas, nominativas, en diñeiro ou en especie, procedentes de persoas físicas ou xurídicas, dentro dos límites, e de acordo cos requisitos e condicións establecidas nesta Lei". O seu articulado obriga a que as doazóns teñan "carácter irrevogable", concepto que é incompatible "co empréstito" co que se escusa Feijóo. Ademais, as doazóns procedentes de persoas xurídicas -como é a factoría Citröen de Vigo- requiren sempre "acordo adoptado en debida forma polo órgano social competente ao efecto, facendo constar de forma expresa o cumprimento das previsións da presente lei". Tampouco se fixo así.
Mercadotecnia con Feijóo

Nesta ocasión, o empréstito do vehículo que utilizou Feijóo, un Peugeot 607 -o coche que utilizan a maioría de ministros- realizouse no marco dunha "acción de relacións públicas e promoción de produto", segundo asegurou este luns a este diario un voceiro da factoría.

Este mesmo interlocutor admitiu que non mediou contrato ningún na operación. Simplemente asinouse "un papel de autorización para a utilización do vehículo". O trámite é, non obstante, bastante máis complexo. A lei especifica que "cando se trate de doazóns en especie, a efectividade das percibidas se acreditará mediante certificación expedida polo partido político no que se faga constar, ademais da identificación do doador, o documento público ou outro documento auténtico que acredite a entrega do ben doado, facendo mención expresa do carácter irrevogable da doazón". A lei de financiamento de partidos non considera, polo tanto, a opción elixida por Feijóo: o "empréstito" gratis total.
"Interese de Feijóo, non do PP"

O líder do PP galego non quixo aclarar o luns estas circunstancias. "Non imos falar máis deste tema", resolveu o seu voceiro. A locuacidade exhibida por Feijóo contra o Audi do seu antecesor na Xunta apagouse así á hora de explicar os detalles que envolven o seu vehículo gratuíto, un empeño persoal de Feijóo. Foi el quen, hai tres anos, recén elixido presidente do PP galego, mostrou o seu interese aos responsables da factoría de Citröen de Vigo para facerse cun coche grazas ao seu favor.

"Máis que o PP, foi un interese específico de Alberto Núñez Feijóo por probar o vehículo, el non expresou o seu interese por compralo", explicou o luns o voceiro da factoría. "Manifestou o seu desexo de coñecer os nosos vehículos e fíxoselle un empréstito", xustificouse. O empréstito durou máis de tres anos.

Feijóo substituíu este vehículo por un Citröen C6, tamén gratis, antes de comezar a campaña electoral galega. Este modelo -o mesmo que usa o presidente francés- é o que elixiu finalmente como coche oficial, a pesar de prometer que se serviría dun dos modelos fabricados na factoría galega. A limusina que encargou prodúcese unicamente en Francia.
Recollido de PUBLICO de hoxe.
PARA MAIS INFORMACION: http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=57589
Non ten desperdicio.
Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-03-2009 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
18 Comentario(s)
1 A ver se o entendes dunha vez Otero Regal, as Leis son de obrigado cumprimento para todos... coa "honorable" excepción dos dirixentes do PP, eles estan por enriba das lei#blgtk08#s, a súa "honorabilidade" e "honradez" exímelles do devandito cumprimento. Faltaria máis, nin que fueramos todos iguais. E como exemplo templo en viveiro con Cesar Aja.
Comentario por Viveires (10-03-2009 13:53)
2 O que non ten despedicio e que vola collades con papel de fumar con semellante xilipollez. Nótase o mal que encaixou o roxerío sen fronteiras a derrota eleitoral. Pero isto que poñedes eiquí váisevos volver encontra, porque o que fai o PP de Galicia é o mismiño que fai o PSOE a nivel nacional e en moitas outras comunidades autónomas... se cadra Pepito Blanco teña logo os mesmos problemas que Feijó, xa que anda nun cohe emprestado por LANCIA.

En todo caso, nin #blgtk08#se compara que os galegos lle merquemos a un don nadie, por moito presidente da xunta que fora, un Audi de máis de 400.000€, con que unha empresa lle empreste un coche a un candidato. ¡Ogallá a Audi lle tivera prestado o coche a Touriño e ninguén diría nada!

En fin, a progresía desatada e pouco reflexionada vai ter que traballar arreo pra atopar algo que verdadeiramente faiga esquecer os derroches de Touriño e Quintna...¡un pouquiño máis de rigor, por favor!
Comentario por qué mal perder teñen algúns (10-03-2009 17:25)
3 Pois todo indica que o que vai facer Feijoo se parece moito ao que dis: deixará o A8 aparcado (o de que o vai vender non llo/llelo cree n#blgtk08#inguén) e comprará un C6, como lle prometeu a Citroën. O de que a dilapidación é ilegal... (ou "ilagal") ¿estás seguro? Inmoral pode, ilegal...
Comentario por Eu (10-03-2009 18:50)
4 Isto de ser do PP se esta convertendo nun chollo, ao que non lle prestan o coche, regálanlle traxes, ao outro levántanlle unha casa sen po#blgtk08#ñer un duro, cando non, tócache a loteria todos os anos. Iso se que son receitas contra a crise. Un chollo, xa che digo, onde hai que apuntarse?
Comentario por Rias baixas (10-03-2009 18:51)
5 A este señorito,que seique e supernumerario do OPUS veulle de perlas o audi de touriño, grazas a iso, ás cadeiras e demais gañou as elecciones.PERO Ya verán, se é verdade que nos saca aos galegos da crise, díxoo o #blgtk08#e ¡ ¡ mira se lle crece o nariz un pouco mas¡¡¡ Xa lle creceo un pouquiño co do citroen pois non vai en feijoneta, que se fabrican en Vigo ,no, vai en c5 como sarko. é mais fino fabrícase en france. se nos vai ir.
Comentario por Foz (10-03-2009 18:53)
6 Que indignos somos e que infantiles...ahora resulta que como nos meteron un Gol co do Audi de Touriño agora imos a esta#blgtk08#r a revisar se Feijoo ten pasada a ITV.... Por favor sexamos serios e a outra cosa...que nótasenos demasiado o " E o TEU MÁIS"
Comentario por Un galego (10-03-2009 18:54)
7 Pena que Touriño e Pepe Blanco non sacaran esta informació#blgtk08#n antes de eleccións. Seguro que cambiarían o resultado...
Comentario por Lugo (10-03-2009 18:56)
8 O día da reflexión (ao que parece) o PP repartiu na provincia de Ourense un panfleto no que "avisaba" o electorado que, se votaba polo bipartido (BNG e PSOE) perdería as súas terras e as súas vivendas. Viva a democracia bourbónica e a súa liberd#blgtk08#ade de expresión!!! **** Non sei sei foi denunciado este delito electoral... *** Espero que vaia saíndo toda a merda (sen perdón) que foi botando o PP sobre o PSOE e o BNG, principarmente sobre o BNG, coa axuda da "prensa independente", como...
Comentario por Outeiriño (10-03-2009 18:57)
9 Iso de que o C6 vaia custar un ERE, desgraciadamente, ímolo ver en breve. pero de momento, o C6 "prestado" durante tres anos xa nos vai custar un C6 comprado co diñeiro dos galegos (cando, repito, este señor xa ten á súa disposición un parque móbil oficial novo, ¿que necesidade ten de comprar un coche máis?), ou sexa, que xa estamos empezando a pagalo. En calquera caso, é moi doado crer todas as difamacións que o PP soltou en campaña, das qu#blgtk08#e se fixeron eco todos os medios a nivel nacional esquecendo convenientemente que a Feijoo xa o tivemos ocupando sillón na Xunta, que se fartou de pasear nos anteriores Audis de chiquicientos mil euros da Xunta, que en 2005, como vicepresidente en funcións (despois de perder as eleccións), comprometeu centos de millóns de euros na Cidade dá Cultura, con contratos para familiares e amigos, etc. En Galicia, non obstante, xa coñecemos a súa xestión.
Comentario por Un da Citroen (10-03-2009 19:01)
10 ¿Por que ninguén pide a dimision deste señor?. Ou sexa, unha empresa regálalle un cochazo pola cara, non o declara.#blgtk08#..¿Imaxinadevos se fose doutro partido? ¿Que se diria dende CÓPE ou El Mundo? ¡ Que peste de dobre moral pepera!.
Comentario por Pepiño (10-03-2009 19:03)
11 Son de esquerdas.O goberno de Touriño equivocouse. Non se enfrontaron con firmeza a os problemas,no quixeron enfrontarse ao que o PP fixera e seguía facendo. Exempl#blgtk08#os: seguir adiante coa loucura da cidade da cultura,no contestar ás súas difamacións. O que cala, outorga. E agora ¿Que? Os de sempre volveron. ¡ Que pena e que verguenza!
Comentario por Alonso (10-03-2009 19:05)
12 O dito... Pepito Blanco pode ter un LANCIA emprestado... pero Feijó non pode ter un citroén... son cousas da xustiza social de esquerdas. Isto vaivos estalar nas máns coma o da cacería...#blgtk08#¡non aprendedes!

Por certo, ¿Feijo do Opus? por favor... xa estades poñendo a maquinaria mintireira ao servicio da causa...¡qué panda de difamadores ten o roxerío desatado!
Comentario por que mal perder teñen algúns (10-03-2009 22:00)
13 Non sei porqué empeñámonos en denunciar as corruptelas dos peperos se sabemos que ao votante tipo da dereita e aos medios de comunicación afín#blgtk08#s non lles importa a corrupción dos seus políticos. O votante tipo da esquerda si se indigna cando os políticos aos que elixiu fan trampas ou fórranse
Comentario por desencantado (11-03-2009 07:46)
14 O Partido Socialista e o BNG pediron o martes ao líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, que aclare as súas contas con Facenda, despois de que Público desvelase que goza dun coche "prestado" por Citröen que non declarou nunca. Feijóo utilizou este vehículo gratis total dende hai tres anos sen tributalo como renda en especie, nin o considerar tampouco como doazón, cos requisitos que esixe para estes casos a Lei sobre Financiamento de Partidos Políticos.

"É moi importante saber se quen vai presidir a todos os galegos ten contas pendentes coa Facenda pública", sinalou o voceiro socialista no Parlamento de Galicia, Ismael Rego.

O PSdeG esixe a Feijóo unha aclaración "antes do debate de investidura". "Se o coche foi cedido para uso de Feijóo, teríao que declarar el explicou Rego, e se se prestou para uso do PP, tamén debe aclaralo el, como máximo representante do seu partido".

O voceiro socialista considera "un pouco raro", que unha mesma empresa, a factoría PSA Peugeot Citröen de Vigo, "déselle o coche gratis cando Feijóo era presidente do PP galego, e que teña que pagalo cando sexa presidente da Xunta".

Dez días despois do peche da campaña electoral en Galicia, Rego recordou que Feijóo chegou á presidencia do Goberno rexional "cunha campaña baseada en toneladas de lixo". Agora que se coñeceu que o líder da dereita galega gozaba, sen pagar, dun vehículo de alta gama que elixiu como próximo coche oficial, o Partido Socialista esixe a Feijóo que aclare "o empréstito do veh#blgtk08#ículo e a súa relación fiscal". Rego instou ao líder do PP galego a "que diga a verdade e explique se está ou non ao corrente coa Facenda pública".
Feijóo, "a soldo de Citröen"

O Bloque Nacionalista Galego cre tamén que o líder da dereita galega debe algunhas respostas sobre a súa situación tributaria. "Se Feijóo gozou dun coche gratis total, debe dar explicacións antes de tomar posesión como presidente e presentar unha declaración complementaria a Facenda regularizando a súa situación", esixiu o voceiro do BNG na Cámara galega, Carlos Aymerich.

Os nacionalistas inciden especialmemente en que o empréstito dun vehículo de alta gama a Feijóo por parte de Citröen pon o presidente do PP ante un conflito de intereses pola difícil situación da factoría, que acaba de anunciar o despedimento de 400 traballadores da quenda de noite. "Se Citröen presenta un ERE que ten que aprobar a Xunta, ¿De que lado estará Feijóo? preguntou Aymerich ¿Que intereses vai defender "? ".

AO seu xuízo, que un presidente "teña a súa obxectividade comprometida e estea a soldo dunha empresa privada, non parece a mellor forma de chegar" á fronte da Xunta.

O BNG anunciou que pedirá "unha explicación no Parlamento ao presidente electo da Xunta, e tratará de que se depuren responsabilidades políticas, xa que entende que "á parte dos seus deberes fiscais, Feijóo incumpriu o réxime de incompatibilidades do Parlamento galego ao aceptar unha retribución en especie que, ademais, non declarou á Cámara".
Comentario por EN PUBLICO HOXE (11-03-2009 07:48)
15 A dereita , señor Regal,utiliza todo o que poida levalos un voto e quitar outro do bando contrario, tomemos nota e non lles fag#blgtk08#amos o xogo sendo mais esixentes coas opcións de esquerda que coas de dereitas, que ao final o que fan é levar o seu e o noso.
Comentario por Celeiro (11-03-2009 07:49)
16 Penso que este "señor" deberia marchar inmediatamente ao seu casa,es vergonzoso que se manipule e engane desta manera,...señores do PP xa esta ben de comedias....son vostedes servidores do engano e da estafa....y só buscan o poder polo poder....en os seus discursos só hai palabreria pero de soluciones...no dan ninguna....y#blgtk08#a sabemos que hai que baixar o paro,aumentar a productividad,mejorar a enseñanza,acabar co terrorismo,aumentar a calidade de vida dos españois... pero digan como, con que medidas especificas...no generalicen...y se hai que acabar co engano e a mentira...enpiecen polo seu casa..a quen pretenden enganar.... a lles vai o plumeiro....
Comentario por Para a casa rapaz (11-03-2009 07:51)
17 Con respecto á portavoz dos veciños de Lodeiro (unha tal Chus Pernas) dicir que xa está collendo fala por Viveiro que en realidade é unha portavoz do Alcalde o Sr: Roel e da súa incompetencia á fronte do Concello de Viveiro e que agora est#blgtk08#a portavoz quere disimular e votarlle a culpa de todo ó PP.
E para mostra, non hai máis que leer as declaracións que fai dende que ocupa ese cargo nos medios de comunicación escritos.
Que teñan coidado os veciños afectados .
Comentario por Covas o bó (11-03-2009 10:50)
18 Resentidos, sodes unha pandilla de resentidos, FEIJO GAÑOU LIMPAMENTE
UNHAS ELECIONS DEMOCRATICAS, que carallo tedes que andar de díxome díxome, Outeirño, di que o dia nates andiveron por Ourense dando e dicindo, non te acordas doq ue#blgtk08# fixo a Cadena do PSOE A SER o dia de reflexion nas elcions xerais do 2004, mira non toquedes o carallo GAÑOU O PP E AHI QUE ROELO, i o que non lle guste que mire para putro lado O POBO GALEGO OS FILLOS DE BREOGAN FALARON E DECIDIRON FEIXO.
Comentario por marroqui (11-03-2009 19:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal