A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MENOS MAL
MENOS MAL
¿Eran os Resentidos con Reixa a cabeza? O ou meu amigo Chichi Campos ,xa desaparecido, quen decia aquello de "menos mal, que nos queda Portugal". Agora alégrome de poder dicir "menos mal, que remata a campaña electoral", Tan só quedan 5 dias para a reflexión e o voto, craro que un adiantouse e xa o fixo por correo, xa que por mor do traballo na data “D” non me atopo en Xunqueira.
Qué pouco nivel amosan os políticos cando nos tratan como a meros consumidores. Durante os mitins, o orador correspondente vai dicindo que o seu partido é mellor que os demais, atribuíndose valores que automáticamente nega aos outros. Ata que un rexedor atento lle advirte de que está a saír en televisión. Imaxino que nese momento se acende unha lámpada vermella e orador empeza co seu discurso de frases feitas. Un discurso refinado pouco a pouco a base de varios anos e infinidade de tópicos. De feito, a televisión segue aos candidatos, pero eles cada día din o mesmo no momento en que o realizador do telexornal lles "pica"a luz vermella.

Non me gusta nadiña, pero que nada de nada este xeito de facer política. Unha actividade que debería ser unha nobre entrega cara aos demais converteuse na persecución dun trono (un soldo, unha rede de contactos, unha poltrona donde repousar as posadeiras...) a calquera prezo. A campaña electoral non é máis que unha colección de anuncios publicitarios. E os políticos, unha serie de colonias, coches, deterxentes ou calquera outro produto material que os publicistas intentan colocarnos. O problema é que se non estamos satisfeitos co "produto", non hai dereito a devolución: témolo que quedar durante catro anos.

Un xa reflexionou, xa ten o voto emitido, tivo que escoller non os mellores, sintoe, sinon os menos malos pero para vostede amigo lector estes dias que quedan debería reflexionar e resolver a quen votara o domingo dia 1 de Marzo. Difícil tarefa, porque, si lle pasa como a min que durante esta campaña electoral, me recordei dos ancestros de todos os cabeza de lista polo menos cinco veces. Pero non se a abteña, colla a chaqueta o carnet de identidade e encamiñese a mesa electoral cun sorriso nos beizos, ali exerza de democrata, non leve a papeletiña que o “amigo de turno lle levou a casa, nin a que recibeu por correo, cóllaa ali mesmo, métaa no sobre e vote, despois vaia a votar un grolo de viño novo ou unha caña e recorde que si o asunto nos saíu mal, dentro de catro anos acabaselles a os politicos o contrato en precario que teñen e a o mellor para aquela apareza unha clase de políticos que pensen máis en explicar o seu programa que en pactos, cargos e mariconadas varias.
Otero Regal
Comentarios (25) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-02-2009 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
25 Comentario(s)
1 LETRA DE LA CANCION SINIESTRO TOTAL - OH, QUE RARO SOY (MENOS MAL QUE NOS QUEDA PORTUGAL)

Soy un hombre honrado,
me gusta el trabajo,
pago mis impuestos
y no bebo alcohol
y si veo a un pobre
una limosna le doy.
Oh! que raro soy.

Tengo unos ahorros, quiero a mi #blgtk08#mujer
y el fútbol me vuelve loco;
y el fútbol me vuelve loco;
la sopa también me gusta
y a mí el paquete no se me nota.

Leo el periódico
practico deporte
el domingo a misa
y pago todas las multas
y yo en mi vida he ido de putas.

Oh! que raro soy.
Comentario por UN MUSICO (23-02-2009 19:14)
2 Que razón tes! Ponme enfermo que todos os partidos non teñan a máis mínima autocrítica e se limiten#blgtk08# a ser meros aparatos propagandísticos. Creo, sinceramente, que os cidadáns merecemos algo mellor.
Comentario por Giego (23-02-2009 19:16)
3 Pois iso, non acabou a campaña electoral e xa estou canso.
Estou a desexar que chegue o día de botar o papelito e que se dilucide todo, e#blgtk08# despois irme de vacacións e pasar das guerras que teñen uns e outros, e que ao final o único que pasará é que nos custará máis diñeiro a todos.
Comentario por Pepe (23-02-2009 19:20)
4 AMIGO REGAL, PENSEI QUE RAFAELITO, mELCHORCETE, cAL E COMPAÑIA ME PROPOÑERIAN PARA IR DE 5 NAS LISTAS A DIPUTADOS, POR ESO PREPAREI UNHOS DISCURSOS PRA O POBO, PARA OCASION :"O futuro esta preto e o progreso hoxe compleméntao, votenme, e veran cos seus propios ollos a forza da honestidade e o traballo"

"O avance esta preto, co teu voto imos representarche ante as autoridades para que o benestar chegue a todos os nosos habitantes"

"A consolidacion do progreso é tan facil como un voto, co teu voto, co ingreso dun papel á urna toda a situacion vai avanzar, non deteñamos o avance, fomentemoslo, e xuntos sairemos adiante, con honra, traballo, dignidade, xustiza e determinacion, NON OS DEFRAUDAREI "!

"Dar as c#blgtk08#ostas ante os problemas non é solucion de politico honesto,siempre fun á fronte e sempre con xustiza logre os meus labores, nunca darei as costas, velarei por vostedes, irmáns meus, xuntos a vitoria esta preto "!

E unha frase coa que miles de pailans como eu caimos: "Siganme, non os vou defraudar"

"Se pensan que renderme é o meu estilo, equivocos estan, se me votan me daran a oportunidade que anhelo para poderlles demostrar, que o futuro e o benestar son posibles de lograr"

"Estamos no bordo do progreso, deamos xuntos o paso adiante"

"Levantate e anda, xuntos, pola vitoria"
SON PALABRAS, PALABROS, LUCEN PERO NON DIN CASI NADA, MENOS MAL QUE OS TEUS "ENEMIGOS" NON ME PROPUXERON......
Comentario por Covas (23-02-2009 19:27)
5 su esfuerzo por participar sera recomp#blgtk08#ensada!
con un mejor gobierno.
Comentario por A VOTARRRRR (24-02-2009 09:11)
6 Estes son os meus principios, se non lle #blgtk08#gustan teño outros. (un monstro
do enxeño)
Comentario por Viveiro (24-02-2009 09:18)
7 A mi tamén me empeza a cansar o do politiqueo, aínda que curiosamente nesta campaña é o partido da oposic#blgtk08#ión o que lanza as ideas e logo o partido do goberno o que di que eles o van facer mellor.

Saúdos
Comentario por Rias Baixas (24-02-2009 09:20)
8 En vez de facer política, faise politiqueo. E en vez de traballar no Parlamento, trabállase nas comisións de propaganda de cada partido.

Boa culpa diso é da sociedade e do poder xudicial, que non denuncian que se faga campaña antes dos quince días acoutados, que acepta que os mass-media vendan coma se fose tomate a crispación, e que para colmo, permite que a Xunta Electoral Central suspenda os#blgtk08# dereitos constitucionais ao seu antollo durante os 15 días en que se perpetra o teatro da propaganda desbocada e o maratón de actos tan inútiles como baleiros de contido programático real.

Se lles caese unha boa multa por cada cartel que colgan antes deses quince días ou por cada campaña electoralista fose de lugar... pero non, aceptamos submisamente que nos vomiten lixo e enganos 364 días ao ano.
Comentario por Foz (24-02-2009 09:22)
9 Cando vexo un político na televisión pido inmediatamente que a quiten ou cambien de canle porque sei o que vai dicir. Todo está baseado na descualificación do contrario, diga o que diga, e esta política baleira e destrutiva prodúceme has#blgtk08#tío. Se a miña intuición se equivoca (cousa que neste tema non adoita pasar) xa decatareime polos xornais. Prefiro unha foto que ver ao político en acción. Creo que non merecemos isto, aínda que, "cada país ten os políticos que merece".
Comentario por Perico (24-02-2009 13:53)
10 Pero. .... a democracia é o único sistema político que existe e nel temos que estar. Permítenos, cada catro anos botar aos que están e cambialos por outros (¡ sen ningunha esp#blgtk08#eranza de que vaian ser mellores!). É unha pena que o sistema non prevexa a posibilidade de botalos a todos á vez, por exemplo cada 12 anos, renovando a toda a clase política.
Comentario por Un XOVEN DE XOVE (24-02-2009 13:53)
11 Nunca me ha tentado meterme en política, pese a que he tenido
ofrecimientos. Mi padre m#blgtk08#e enseñó e inculcó que lo más importante es la independencia, cosa que se pierde en política.
Comentario por Alcoa (24-02-2009 13:54)
12 Acrata, que eres#blgtk08# un acrata......
Comentario por Porto (25-02-2009 13:35)
13 Espero, por o teu ben qu#blgtk08#e nos votaras a nos.....
Comentario por A,Rua (25-02-2009 13:36)
14 Alcoa, eso dillo a Regal, que seique t#blgtk08#en o carnet do PSOE e anda por libre.
Comentario por Sociata (25-02-2009 13:38)
15 ¿Quién se acuerda de los nombres de los diputados y senadores a los que votó? ¿Cuántos intervinieron verbalmente y cuantos lo hicieron por e#blgtk08#scrito? ¿Se ocupan de las provincias que los eligieron? ¿Qué sienten al votar lo que le dice su jefe de grupo aunque no sepan lo que votan?
Comentario por Madrid (25-02-2009 15:28)
16 CARTA DENDE O MAIS FONDO DO MEU CORAZON PARA XENTE DE ESQUERDAS QUE SE SINTA IDENTIFICADA.
O voto é unha decisión persoal, e importante. Non debería depender das ofertas, nin dos carteis, nin da cara que me puxo o señor de Correos cando me fixen un lío coa dirección que tiña que escribir no sobre. Non é como as grandes compras nos centros comerciais. Por iso, tampouco ten período de probas, nin garantía, nin sequera podemos pedir o libro de reclamacións no momento de chegar a urna.
Se o tiveramos estaría cheo de comentarios, seguro. Habería que poñer o das promesas sen cumprir, o das decisións erróneas, o dos miles de parados e a hipoteca sen pagar, o da factura da luz que é como un atraco a man armada. Incluso o da trifulca polo debate, as horribles pancartas electorais, que nos abafan dende todos os buses e marquesiñas, o dos vehículos parlantes que berrean os eslogans. O dos coches, iates, sillas, e toda a merda que estan botando enriba uns doutros, como se unha foto fose decidir o meu voto.Nen me importa que un señor diga que vai reducir gastos en c#blgtk08#onselleiros e delegados porque eu xa pagei ben caro a súa política na Xunta de GAlicia cando gobernaron 16 anos, nen me importa unha foto nun iate xa que penso que é hipocresía, ¿ou montar en barcos é exclusivo so da dereita? Porque a campaña do PP está baseada en “minte que algo queda, e canto mais grande é a mentira mellor” .Porque a propaganda da dereita vai dirixida ao votante indeciso de esquerdas para que quede na casa e non vaia votar pero eles irán en bicicleta, ambulancia ou coma no meu pobo que lles poñen taxi pagado polo concello.
Habería que poñer iso e moitas outras cousas que non caben nun sobre. Por iso, quedei onte tan contenta e tan descansada cando, simplemente, metín a miña papeleta. Porque podía dicir moitas cousas, podía protestar moi alto, podía tomar moitas decisións. Eu o fixen, votei. Esa é a miña garantía, o meu período de probas, o meu libro de reclamacións. E volverei votar dentro de catro anos. Non só porque podo, senón porque debo. O voto é unha decisión persoal, e importante. Se non o fas o luns será demasiado tarde. VOTA.
Comentario por decorazon (26-02-2009 11:37)
17 Naqueles anos de dictadura,de os cales, a mayoria de nós temos constancia só por documentais ou historias de nosos maiores como Regal, a maior aspiración do pobo era a liberdade de expresion e a necesidade de decidir o seu propio futuro.

Para nós, estas son palabras case sen transcendencia e que usuamos gratuitamente hoxe en día. Non obstante cada 4 anos debemos recordar que foron moitos/#blgtk08#ás os que loitaron e mesmo pereceron, para que puidesen existir dias como o proximo Domingo 1 de Marzo.Un día no que o pobo ten o poder de decidir o seu propio futuro e o de xeracións vindeiras.

Por razóns de civismo e de máxima responsabilidade connosco mesmos, e por demostrar o maior dos respectos a aqueles que loitaron e lograron que hoxe vivamos nunha democracia real, EU VOU A VOTAR.
Comentario por EU VOU A VOTAR (26-02-2009 11:39)
18 O BNG aposta por unha Galicia distinta,renovada, máis forte e equiparada a Cataluña e Euskadi.Se distancia continuamente de Madrid e a súa campaña xira en to#blgtk08#rno á idea de que "cada vez máis cousas se deciden en Galicia".Sin duda,su obxectivo é o voto nacionalista e non busca un electorado indeciso e canso de PP e PSOE.
Comentario por BNG (26-02-2009 11:41)
19 Eu non votarei nas próximas eleccións.

Non o farei porque será decidir entre o cancro e o sida, entre a lepra e a sarna, entre unha infección e unha enfermidade dexenerativa. Porque nas próximas eleccións decidiremos se queremos morrer dun balazo ou mutilados. É dicir, non decidirem#blgtk08#os un coño.
Propaganda populista e demagóxica, candidatos que escorren o vulto cando se lles pregunta quen os financia, cuñitas onde os pobres son manipulados O mesmo conductismo publicitario, a mesma impostura do candidato que visita un pobo por primeira vez e cre que por iso é un heroe.
Comentario por Eu non (26-02-2009 11:48)
20 Por maricon y resentido como tu, es que este país esta como esta, si no te expresas correctamente siempre vamos a estar escoñados y tu eres corresponsable de los desastres que viene haciendo el gobierno de ZP. Lastima pero eres#blgtk08# un pobre resentido y envidioso, das pena, asi no se construye un paiscorresponsable de los desastres que viene haciendo el gobierno de ZP. Lastima pero eres un pobre resentido y envidioso, das pena, asi no se construye un pais,
Comentario por UN ESPAÑOL (26-02-2009 11:52)
21 A ver qué os parece esta carta al director publicada hoy en La Coz de Galicia:

ABSTENCIÓN

Como respuesta anticipada a la retórica de la exaltación de la “participación ciudadana” en la “fiesta democrática” que se avecina, conviene hacer una fría descripción de las instituciones imperantes: un sistema electoral proporcional, sin representantes de distrito, al contrario que en las democracias anglosajonas; con disciplina de voto, y por tanto, no representativo de la sociedad civil ni de los electores sino exclusivamente de los partidos políticos y, más específicamente, de sus dirigentes. Todo ello no puede más que redundar en la irresponsabilidad absoluta de los diputados electos ante unos electores a los que no deben cuentas: saben muy bien que sólo deben sujeción a quien los ha incluido en la lista electoral, con procedimientos que escapan a todo control democrático y solo competen a los propios partidos. Aunque la Constitución les obligue, en su artículo 6, a adoptar un “funcionamiento democrático”, están imposibilitados de facto para e#blgtk08#llo; el sistema se sostiene sobre un fraude. Y, para consumar el atropello, la ausencia de separación de poderes entre Ejecutivo y Legislativo, que pone al parlamento al servicio del gobierno y convierte al presidente -o en este caso a los dos presidentes- en dueños y señores del juego institucional: la disciplina de voto cierra el círculo del descontrol del poder y atenta, nuevamente, contra la Constitución Española en su artículo 67.2, que sanciona la prohibición del “mandato imperativo”. Un sistema como este es corrupto en su mismo fundamento, una desapasionada descripción del mismo deja al descubierto las mentiras oficiales sobre una “democracia” que dista de ser lo que aparenta: ni hay separación de poderes ni hay una representación de los electores que, como tal, exija responsabilidad alguna por parte de los elegidos durante el ejercicio de su mandato. En esta tesitura, la abstención está plenamente defendida frente a la propaganda y la retórica de un “deber cívico” que no es deber, sino derecho, y en ningún caso es cívico, sino político.

SALUDOS
Comentario por eu (27-02-2009 15:27)
22 Votar coa nariz tapada... ¡qué maneira de xustificar o inxustificábel!
O que os progres lle consinten aos partidos de esquerda nacionalista e que na vida lle consintirían a un partido de centro dereita, amosa ata qué punto teñen máis de progresía que doutra cousa.
Se coa questá caendo algún vai votar aos socialistas ou nacionalistas coa nariz tapada, amosa calgúns fan que teñamos a sensación questa sociedde está enferma. Galicia precisa un cambio... foron catro anos perdidos e en toda democracia cando os gobernantes fallan cambianse pola alternativa... En ningures en europa se oiría a expresión votar coa nariz tapada.
A devandita expresión amosa que algúns toleran a corrupción, o derroche, a vileza de enganar a uns vellos facéndolles pagar por ir a un mitin de Quintana (Caciquismo puro e duro).... son capaces de tolerar todo esto mentras o faigan os seus... se foran os outros, outro #blgtk08#galo cantaría.

Eu o teño claro, votei BNG nas pasadas eleccións pensando que xa era hora de xubilar a Fraga... pero a coalición PSOe-BNG decepcionoume moitísimo e non teñen xustificación. Eu non voto coa nariz tapada...¡négome! vou votar ao PP de Feijó que é a alternativa e se me falla, dentro de catro anos votarei a outros. Eu non levo a camiseta de ningún partido e non xustificarei na vida cousas coma as que fai Quintana ou coma as que fixo Touriño.... o fixeron rematadamente mal, non cumpliron as espectativas e nunha democracia civilizada cando paso isto hai que dar paso á alternativa. Eu votarei o domingo a Feijó sen tapar o nariz, porque son a alternativa a o desgoberno de Touriño e Quintana (cochazos, despachazos, sueldazos, amaño de oposicións...¡se o PP gobernara facendo isto o que se tería dito agora! o que fixo Quintana cos vellos, non foi quen de facelo nin Cacharro nin Baltar).
Comentario por a democracia é alternancia (27-02-2009 20:26)
23 http://www.reporterodigital.com/galicia/post.php/2009/0#blgtk08#2/27/cafines_supremo_amenazas_villa_psoe_5858#comments
Comentario por xose (27-02-2009 21:15)
24 http://blogs.periodistadigital.com/politica.php/200#blgtk08#9/02/27/tourino-favocere-constructora-sercoysa-0987
Comentario por xose (27-02-2009 21:16)
25 http://blogs.periodistadigital.com/politica.php/#blgtk08#2009/02/27/autonomias-psoe-coches-despachos-0989
Comentario por xose (27-02-2009 21:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal