A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

POIS FALEMOS DO ABORTO
Os partidos con representación parlamentaria en Madrid traballan nas últimas semanas en ultimar unha lei de prazos sobre o aborto: Como é natural (?) as posicións de PP e PSOE están nas antípodas; o contrario, sería máis sorprendente.

Segundo o que se avanzou ata o momento polo partido do Goberno, as conclusións xiran sobre tres eixes: o aborto si é un dereito; é un dereito que as mulleres poidan exercitar segundo a súa libre vontade (de momento o prazo non foi detallado no texto pero oscilará entre as 14 e as 16 semanas) e, con posterioridade se se cumpren algunhas condicións; é un dereito que deberá garantir o sistema público de saúde.Por certo contame que en BURELA, no hospital os medicos do ramo, algun do OPUS, seique se negan sistematicamente a facer abortos.

O PP teno moito máis claro. "O aborto é malo. É malo para as mulleres e é malo para a sociedade. Non pode ser un dereito da muller algo que é malo para ela. Fronte ao aborto, máis vida". Estas palabras, pronunciadas por Sandra Moneo, voceiro do PP na subcomisión do aborto no Congreso, resumen a posición do seu partido.

Cen mil mulleres deste país sufriron a interrupción do seu embarazo no último ano (esta cifra cifra non só manéxana as asociacións antiabortistas, senón algúns partidarios da lei de prazos). Sen entrar na guerra de cifras, o dato en si xa é arrepiante. Algo grave ten que pasar cando hai tantas mulleres que decidiron interromper o seu embarazo. O sistema está a fallar nalgún punto.

A dereita oponse xunto cos seus aliados da igrexa catolica tamén, con contumaz contundencia, ás campañas de prevención do embarazo, repartición gratuíta ou semigratuíta de condóns e mesmo a formación sexual nos centros escolares. Non é de estrañar, polo tanto, que saian á luz casos como o da parella de ingleses (el de 13 anos e ela de 15) que acaban de ter un fillo e recoñecen ante as cámaras que non saben que van facer agora. ¿Sería mellor que a nena abortase? ¿Os pais deberíanse de opoñer a que nacese esa criatura que non ten a culpa da inconsciencia dos seus proxenitores?

Non sei que pasaría en España se saíse á luz unha destes casos que, por desgracia, tamén aquí se producen, segundo admiten os médicos e sociólogos que tratan como pacientes a eses preadolescentes xa pais coa súa tenra idade. Eses mesmos que agora se opoñen ás leis do aborto, son herdeiros dos que viaxaban a Londres nos anos sesenta, setenta e oitenta a abortar nas clínicas especializadas. Algo ao que só podían aspirar os que tiñan medios económicos (Cartiños) e unha posición social máis que evidente. Será por iso
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-02-2009 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 POR ESO ES NECESARIO CAMBIAR LA LEY

#blgtk08#http://comielotrodia.wordpress.com/

Comentario por Marta (21-02-2009 11:47)
2 como sempre..nunca póñense d#blgtk08#e acordo..¡qué persoaxes¡.
Comentario por Zoel (21-02-2009 13:10)
3 ¿E acaso non é malo que un neno naza nunha familia que non esta preparada para educalo? O aborto é unha decisión que unicamente deberían tomar os implicados e nin a dereita nin a igrexa teñen dereito a decidir por enriba deles. Nin apoian as campañas de prevención, nin admiten o aborto. É moi doado dicir que non#blgtk08#, pero buscar solucións xa é algo que non entra nos seus plans, parece. A ver se deixan de tratarnos como nenos, dicíndonos o que debemos e o que non debemos facer. Somos suficientemente adultos como para tomar as nosas propias decisións e vivir segun nosas crenzas, non segun as que outros tratan de impoñernos.
Comentario por Fenix (21-02-2009 13:10)
4 Se eu o día de mañá teño unha filla de 15 anos que queda embarazada por parva e non usar preservativo, e decide abortar, teño moi claro que estarei ao seu lado para que o faga, o que non vou facer é obrigala a pasar por un proceso como o embarazo que pode carrexa#blgtk08#lo problemas psicolóxicos por pasar ese proceso de forma indesexada, ou obrigala a ser nai antes de tempo cando psicologicamente non está preparada. E tampouco a obligharia a telo para entregar o neno en adopción, o que tamén podería ter consecuencias negativas.
Comentario por Covas (21-02-2009 19:39)
5 A diario danse estes casos de aborto e non sempre é pola vergonza ante a sociedade de traer un fillo non desexado tambien estan outros fac#blgtk08#tores como é non contar cos recursos economicos abondos para solucionar un familia, traer un fillo ao mundo é unha gran responsabilidade.
Comentario por Rosa (21-02-2009 19:40)
6 ¿Quedar un fillo? ¿Coma se fose un tele? Ou un traste? Hai que ter en conta que traes ao mundo un ser humano, e que#blgtk08# leva consigo responsabilidades, para o teu fillo e para ti como pai. Non é un decision que poidas tomar por riba.
Comentario por Foz (21-02-2009 19:41)
7 Eu creo que unha muller pode e debe ter a posibilidade de elixir. Olvidate da legalidade#blgtk08#. Aborto se ou non? Creo no dereito de abortar. Dentro de limites razoables por suposto.
Comentario por Clot (22-02-2009 10:29)
8 Pero pensa no que é traer ao mundo un fillo non desexado (que é diferente a non esperado). Se á túa noiva, amante ou muller a violasen #blgtk08#e para rematar a faena, sumando esa desgracia, queda embarazada que.¿Que diferencia a nivel celular crees que pode haber nese aborto?
Comentario por Viveiro (22-02-2009 10:30)
9 O aborto é algo serio, a decisión é importante e canto menos dúbidas mellor, e aí están os católicos sacándose da manga o proceso antinatural do "ensufle da alma", de almas non fai falta entender para decatarse que o ser humano é consciencia, é a capacidade de sentir, e estas capacidades derivan do substrato neuronal, do sistema nervioso central.#blgtk08#
O momento da formación deste sistema no feto, que podería darlle a capacidade de sentir dor, avanza a partir do cuarto mes para estar formado a partir do quinto...
As leis que se queren en España considéroas correctas, xa que formulan a decisión "normal" de abortar antes do terceiro mes de embarazo... considéroo un tempo razoable.
Comentario por Unha muller (22-02-2009 10:31)
10 Leo e quedo totalmente sorprendida. Cada persoa é libre pensamento e o máis importante é respectar o do proximo. Nunca me formulara estar en contra ou defendelo. Eu abortei porque no seu día a miña situación era moi dificil e non me vín capaz de sacalo adiante. Sen axuda do pai, nin de famili#blgtk08#a. Encerreime no peor cárcere, a miña conciencia. Quen diga que iso é facilísimo, perdoádeme, pero non tedes máis que iñorancia ao respecto. Hoxe por hoxe non volvería o facer nunca, pero as decisións tomanse nun momento dado (meditando profundamente) e NINGUÉN ten dereito a xulgar a ninguén.
Comentario por Tesa (22-02-2009 10:32)
11 Pido respecto, se todos nos respetasem#blgtk08#os outro galo cantaríanos. Un saúdo.
Comentario por Marica C. (22-02-2009 10:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal