A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SAN VALENTINO
Din que, cara a finais do século quinto, o Papa de turno quixo prohibir un rito pagán da fertilidade. A festa era, polo menos, curiosa. Sacrificábanse animais, arrancáballes a pel a tiras e os sacerdotes golpeaban os estériles con eses pellexos ensanguentados. Despois da cerimonia, as parellas corrían á súa casa para botar un polvete antes de que o conxuro perdese o seu efecto. O amor... Era algo parecido aos orgasmos globais que agora se organizan por Internet.
Esta celebración tiña lugar todos os 15 de febreiro. Cando o Papa a prohibiu, os pagáns simplemente disfrazárona un pouco e pasárona ao día 14, en que se conmemoraba o martirio dun novo cristián chamado Valentinus. Parece que, un par de séculos antes, o tal Valentinus dedicárase a unir en matrimonio novas parellas -non me consta se todas eran heterosexuais- desafiando así unha lei imperial que impedía que os soldados casasen (o matrimonio é unha distracción que o exército non podía permitirse). Valentín foi por iso condenado a morte, executado e santificado.
Por estes dous motivos -e algún máis que haberá- o día de San Valentín quedou asociado á fertilidade, o sexo, o amor e o matrimonio. ¡ Que bonito!
Moitos séculos despois, coa invención da mercadotecnia, alguén detectou unha oportunidade de negocio neste día. A oportunidade seguiu o proceso habitual, converténdose primeiro en oferta, despois en pedido e, finalmente, en factura. Creárase unha necesidade social e unhas formas de satisfacela. ¡ Veña, a gañar diñeiro!
Dende entón, parece que, se o día de San Valentín non lle fas un regalo ao teu cónxuxe, a parella se debilita. Publicidade, tarxetiñas de felicitación e outros obsequios absurdos (cheguei a ver nesta Mariña dos nosos sufrires e praceres, tortas en forma de corazón e de cor rosa). Non me gusta o actual día de San Valentín. Non soporto que os grandes almacéns diten cando temos que facernos regalos ou qué tipo de obsequios hai que mercar
Eu vou pasar de bombóns, roupa interior sexy ou outras dádivas. Como moito, celebrarei o día de San Valentín (para moitos, San Calentón) e volverei rememorar a Valentinus como facían os romanos, pero sen sacrificar animais, que iso está moi mal visto ultimamente.
Para máis inri, agora os reis magos chegan tamén en xuño, coas notas dos nenos. ¿Por que regalarlles xoguetes polo mero feito de aprobar? É o que teñen que facer. Se pido eu unha recompensa por aprobar en xuño nos meus tempos aínda me estarían a asubiar os oídos do sopapo. Bueno, o certo e que casi nunca aprobei todo en Xuño.
Otero Regal
Comentarios (19) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-02-2009 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
19 Comentario(s)
1 Pasando de outras cousas a data foi agridoce pero non o #blgtk08#notei porque xa dende hai tempo teño esa sensación jaja.
Comentario por Covas (16-02-2009 10:51)
2 Odio San Valentín, Odio o 14 de febreiro por ser unha simple data estratéxica comercial (pura mercadotecnia) onde se venden lenzarías finas, rosas chocolates etc..

Así mesmo polas determinadas accións que un enamorado(a) realiza por amor, cambios na súa personalidade, no seu xeito de actuar, de pensar, forma de afrontar a vida, orgullo propio e ata chegan falar cun bebe. Muah, muah, Agu Agu o meu osito lindo... bah!.

Por que odio san Valentín, por que o am#blgtk08#or logra que accedas a que che biquen na mañá co peor alento, intercámbianse gomas de mascar de boca en boca con alguén, con moito gusto explótaslle os seus granitos das costas, e o peor de todas: "Chicos, non conten comigo para o fútbol por que me vou á casa da miña sogra ".

Por estas conclusións odio San Valentín, o amor vólveche noxento, diso non hai dúbidas. Pero ao final vas e compras un presente para o teu media laranxa ou a luz dos teus ollos, a razón da túa vida.
Comentario por Pesimista raido (16-02-2009 10:53)
3 Este e un blog atipico, igual que pos os politicos a caer de un burro, sin distincion de raza,creenza ou sexo como resulta que falas de san valen#blgtk08#tin...non ten remedio señor Sito, a pesares dos anos segues a ser un neno rebuleiro....¿non che decia teu abó aquelo de "¿cando se vira o xuicio?
Comentario por Un amigo de Burela (16-02-2009 10:59)
4 "A min non me líes, que eu nunca fixen esas ridiculeces de celebrar San Valentín, nin o do regalo nin o da cea romántica nin a escapada da fin de semana, por ese motivo. Que, non coño, que iso é un invento para consumir e eu xa son moi maior para tanta parvada".

Quen isto dicía era un tipo duns 60 anos moi ben levados, pero uns 60. E, ao meu parecer, con toda a razón do mundo, expoñía por telefóno alguén que debía de ser a súa muller ou a súa noiva, que el non quería saber nada de San Valentín nin da "merda" de celebración que pretendían impoñerlle.

Este señor, que se vía que esperaba a alguén, estaba a tomar unha cervexa na mesma barra dun bar ao que entrei a almorzar -un pouco tarde- cando volvía de facerme unhas análises.

Como era moi aparente, fixeime nel. E cando lle escoitaba d#blgtk08#icir todas esas queixas, apoiáballe. Imos, que case me levanto para darlle un toqueciño no ombro como sinal de apoio.

A que estaba ao outro lado do teléfono debía de ser moi insistente e debía de estar a atallar por varios camiños para conseguir o seu propósito, porque o home dixo: "bo, bo, que como vés agora, seguimos", e colgou.

Como aos 15 minutos, chega unha muller guapa, montada nuns tacóns de vertixe e unha melena ao vento. Estupenda. Moi guapa e pisando forte como de saber o que quere.

Cando a vi pensei que "o meu amigo" non ía poder resistirse ante ese poderío. Pero ao mellor equivócome, non ao que pasaría. Ao minuto de entrar ela, eu xa estaba a pagar e estaba a marchar.

A min ocórreseme dicir que celebremos San Valentín e bótanme de casa. E viceversa, tamén.
Comentario por ¿Pero quen celebra San Valentín? (16-02-2009 13:07)
5 Yo lo que celebro es el santo oficio de san Orificio.

#blgtk08# Y soy devotísima...

http://ladydifunta.blogspot.com
Comentario por Lady (16-02-2009 13:11)
6 pois corrovórase o que veño dicindo dende hai moitos aniños
só che interesa fala#blgtk08#res de chorradas e nunca dos problemas reais da xente
xa non tes remedio alfonso
Comentario por eu (16-02-2009 15:05)
7 Pois a mi tampouco me preocupa moito este día. Fai anos que non o celebro.

Sempre me pregunto porque ten que haber un día de... ,otro día internacional de..., e o día mundial de..., non sei porque temos que ter un día especial sinalado no calendario para acordarnos das cousas importantes.

O certo é que a pesar de ser un#blgtk08#ha escusa comercial o día de San Valentín, non me digas que non fai ilusión recibir un regaliño.

Eu prefiro os pequenos detalles diarios aos grandes regalos en días sinalados. Case sempre estes últimos se fan mais por compromiso que por sentilo realmente.

E ademais, sei de sobra que a mi non me vai caer ningún regalo.
Comentario por Xose (16-02-2009 18:54)
8 Unha cousa é que digamos que é consumista, un invento, que se é unha escusa barate, etc.

Moito falar pero logo hai que demostrar se é verdade que temos detalles coa nosa parella como merece. Eu si os teño, xa sexa o día que sexa (non necesito ningunha data especial par#blgtk08#a unha escapada, por exemplo). É un pouco cínico o que din moitos de que non necesitan comprar nada, nin días especiais, e logo non son nada minoristas coa súa parella o resto de días. Quizais sexa mellor molestarse nos pequenos detalles, aínda que sexa só un día obrigado, que ningún
Comentario por Victor (16-02-2009 18:56)
9 Yo no celebro nada hasta que por lo menos dos de los tres millon#blgtk08#es de españoles que están en paro consigan un puesto de trabajo.
Comentario por Marta (16-02-2009 18:57)
10 este ano..no se veu celebracion masiva de san valentin.sencillamente porke é un dia de consumismo..y iso significa k este ano..poco consumismo hai.

sinceramente...no creo k#blgtk08# para dicir o che kero a tua parella..ou demostrarlle o teu afecto..teñamos k celabrar un sanvalentin.

san valentin,.,.para mi son todos losdias,.gracias á miña parella.:)
Comentario por MMMMM (16-02-2009 19:00)
11 Un ramo de card#blgtk08#os borriqueros.
Comentario por membrillo (17-02-2009 15:52)
12 Non entendo esta moda de que celebrar San Valentín é caer no consumismo, E que se é asi? Non merecen moitas parellas celebrar o seu amor cando lles da gana, aínda que sexa nunha data establecida? A mi é un día que me re#blgtk08#sulta tan especial como o meu cumpre ou o da miña parella. Outra cousa é que nos compremos regalos, vaiámonos cear ou de viajecillo de fin de semana. Pero un bico ou un achuchon sempre veñen ben. Mesmo en San Valentin.
Comentario por viviana (17-02-2009 15:54)
13 Cando era un adolescente, parecíame un día especial.
Agora coa madurez, creo que o importante é que se demostre cada día o amor e o respecto que se sente pola parella.
Acabo de saír do hospital, o meu ma#blgtk08#rido, o meu compañeiro de máis de tres décadas, ía todos os días verme, pediu permiso en alcoa, no traballo para poder ocuparse de mi, da casa e da miña nai que vive connosco ¿hai mellor demostración de amor que esa?
Comentario por Lola (17-02-2009 15:56)
14 non era asi?
SAN VALENTINO DO OLLO REDONDO EI DE IR ALI SI NON MORRO....
ou seria as#blgtk08#i?
SAN VALENTINO SANTO QUE NON VEVE VIÑO DAME FORZA NO CARALLO COMO O PORCO NO FUCIÑO......
Comentario por CARALLAN (18-02-2009 15:35)
15 La Audiencia Provincial de Lugo desestimó el recurso de apelación interpuesto por César Aja y confirmó el auto de 12 de diciembre del 2008 dictado por el juez del Juzgado de Instrucción número 2 de Viveiro que acordaba el sobreseimiento y el archivo de las actuaciones en base a las denuncias presentadas por el PP por la no celebración de plenos y por la obstrucción o incluso negación al derecho a la información peticionada por diversos ediles de Viveiro.
En el acuerdo de la sala, de 6 de febrero, se explica que «de la extensa documental obrante en autos, así como de la declaración de la señora secretaria del Concello, se desprende que si bien algunos plenos han sido suspendidos, otros se han celebrado, tanto ordinarios como extraordinarios, arrojando un número que evidencia una dinámica actividad que se contrapone con la esencia de tipo penal invocado que no es otra que cercenar el ejercicio de los derechos cívicos, o en el presente caso dejar inoperante a la oposición en su trabajo de control».
Con respecto a las acusaciones sobre la negativa a disponer de información, el magistrado estima que «se advierte que la forma de responder a la solicitud de información fue gestada por la secretaria (..) si#blgtk08#n que conste en ningún lugar de las actuaciones que exista denegación expresa, que habría de plasmarse, ante cualquier solicitud interesada». «No se advierte que la conducta denunciada tenga acomodo en el ámbito penal que ha de regirse por el principio de intervención mínima, ya que se trata de la última ratio, y en su caso, podría tener mejor acomodo en el orden administrativo», concluye.
El alcalde de Viveiro, Melchor Roel, valoró ayer el fallo: «El PP durante meses estuvo acusándonos de incumplimiento de la legalidad, vulneración de la Constitucion, no celebración de plenos ... hemos aguantado esta campaña que a través de la denuncia de Aja contra, fundamentalmente el Gobierno bipartito. Hemos estado tranquilos y seguimos tranquilos y confiados de que en última instancia, si es preciso, la Justicia nos tiene que dar la razón a los que actuamos con honestidad, transparencia y de manera colectiva en todas las decisiones. No hay ninguna sola denuncia de Aja, que sea de carácter firme, que condene a este alcalde». Roel acusó al PP de no reconocer su derrota electoral, cree que este partido seguirá utilizando las denuncias contra el alcalde de Viveiro y confía en que se presenten disculpas públicas.
Comentario por Un sociata (19-02-2009 12:33)
16 La Audiencia archivó las denuncias de César Aja por la negación de datos y la no convocatoria de #blgtk08#plenos

Autor:
La Voz
Fecha de publicación:
19/2/2009
Comentario por ESTE TAMEN (19-02-2009 12:34)
17 Con la desestimación del recurso del PP, quien pierde no es el PP... es la democracia y los ciudadanos de Viveiro. El ayuntamiento de Viveiro cada vez se parece más a la república bolivariana de Chávez. El comunismo puro y duro impera a sus anchas en las oficinas municipales... no se deja #blgtk08#ver ningún papel, se oculta información, los ciudadanos sometidos a los autos de Fe que proclama Roel. Quien se alegre de esta derrota para el derecho de los ciudadanos a conocer lo que pasa en el ayuntamiento, se acordará bien de lo que va a valer un peine mientras Roel siga de alcalde.
Comentario por hemos perdido todos (19-02-2009 20:42)
18 Os post de este blog son a hostia consagrada, o moderador fala de San Valentin e os comentarios do malos e perigosos que son os #blgtk08#politicos de esquerda en Viveiro, eu que son do sur, da raia, chamame a atencion este blog, por eso de cando en cando o miro....
Comentario por A Raia (20-02-2009 08:02)
19 É moi curioso que os de BNG tamén acusan a Roel de ditador e #blgtk08#de ocultar datos e demais papeis; así que cando o río sona...
Comentario por PIPO (20-02-2009 18:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal