A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CÁNSANME OS POLITICOS
Na aldea donde nacin, un veciño sabio o Señor Vicente do Blanco dicía a frase de "¡ Qué canso é!", viña a decilo despois de aguantar unha parrafada parba dun mercador de gando, ou dun veciño “paliza”, no trascurrir dos anos o dito quedou aí, aparcada, ata que, onte pola noite, vendo o telexornal, sorprendinme cun: "¡ qué cansos son os políticos "! ". Saíume da alma. E, ademais, aprendín a usar unha palabra olvida e a recordar a aquel home bo e xeneroso que mais dunha vez atendeu de min na nenez e ademais aprendeume a xogar á brisca trais da lareira en noites de invernia.
Cánsanme os políticos. Todos. Os grandes e os pequenos. Os que gobernan e os da oposición. Os estatais, os autonómicos e os municipais. Os que teñen idade para ocupar cargos e os que loitan a codazos mentras que esperan ocupalos algún día. Os que falan moito pero non din nada. Os que din moito pero non fan nada. Os que din unha cousa e fan outra. Os que fan o que lles dá a gana e os que desfán o pouco que outros fixeron. Cánsanme os políticos. Todos.
Se me permitides, darei a miña visión sobre a política na nosa bisbarra, agora máis ca nunca terra de eucaliptais, concellos dirixidos por ineptos ou corruptos que, como os gobernadores romanos, aproveitan a súa oportunidade para roubar todo o roubable seguindo tamén a máxima de pan e circo, agora trasformado en comidas para os xubilados, festas, feiras e mercados entre outras cousas, si, xa o sei que existen excepcions dun e outro signo, pero como di o refran “A excepcion confirma a regra”; partidos con vocación de pastores, sacando os seus rabaños a pasear pola rúa cando toca repartir as papeletas e pedir ou mendigar o voto; satélites que fan o traballo sucio aos partidos,- un dia destes terei que sacar os dossiers dos % e de quen os cobra -; uns salóns de plenos onde se vocea e patéxase como nun estadio de fútbol; unhas verbas especializadas (iso din eles) que dán máis importancia ás palabras ca aos feitos, fomentando que os políticos invirtan máis en charlatanería que en acción política; expoliticos nostálxicos, que aínda gustan duns minutos de groria (o único xubilado a opinión do cal me importa é Cruyff)… E mentres, ¡ a casa sen barrer! Coa cantidade de cousas por facer que hai neste país, pásanse o día discutindo:
[Uns] Eu faríao mellor que ti se estivese no teu lugar. ¡ Abandona! ¡ Déixame a min!
[Outros] Pois eu creo que o fago bastante ben. Ti fixéchelo peor. ¡ De aquí non me sacan nin os GEO!
[O resto] En realidade, todos o facedes moi mal. Nós somos os mellores. ¡ Oe, oe, oeee, oeeeee!
Nunhas semanas, teremos eleccións outra vez e tocaranos soportar outra campaña electoral. Creo que vou a ter que deixar de ler xornais, de escoitar a radioe de mirar telexornais. Se non, igual me poño enfermo pola cantidade de veces que me recordo dos políticos. Non pode ser bo para a saude defecar tanto.
Otero Regal
Comentarios (20) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-02-2009 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
20 Comentario(s)
1 Tes moita razón, de todos xeitos tamén se pode pensar que a moitos lles interesa que "pase#blgtk08#s" da política para seguir facendo o que fan. Se isto ocorre podería ser peor, non crees?
Comentario por Nito (09-02-2009 11:37)
2 Tes moita razón, pero non podemos pasar #blgtk08#deles porque seguramente o farían peor.
Comentario por Nito (09-02-2009 11:39)
3 Non me estrana que andes canso da política despois de ver coma a aposta naciionalista de progreso ten sido un auténtico fraude e fracaso pra Galicia.

Touriño inmerso no luxo desmedido de novo rico mentras milleiros de galegos perden o seu traballo e vense abocados á tristura e desazon máis profunda de ver truncados os seus proxectos vitais.

Quinta traballando pra os do carnet do BNG, amañando concursos eólicos e amañando oposicións á Xunta pra que entren os seus afins e afiliados.

Melchor Roel condeado por acuso a un traballador municipal (¡Un sindicalista!), acumula sentencias contrarias ao seu proxecto de urbanismo baseado no silencio administrativo, onde ata chegou a pretender cunha solicitud de información urbanística se convertera nunha solicitud de licencia pra edificar (¡Qué interesante o artigo de viveirodebate sobre este asunto de auténtica "prestidixitación urbanística", que un xuiz do contenciosos despois de anular a debandita licencia envía ao fiscal por se ve indicios de delito penal!),
¡qué dicir do espectáculo do campo de herba artifical!. PSOE e BNG, que según parece teñen unha coalición de goberno na deputación, fan todo o posibel pra se poñeren paos nas rodas uns a outros cun Roel completamente desatado facendo ostentacións públicas pra que se vexa ben quen manda (que non goberna) no concello de Viveiro.

A fiscalía archivando nas dilixencias previas (¡nen se quera chegaron a xuizo!) tódalas denuncias feitas por Roel, o PSOE de Viveiro, o BNG e IU contra Aja e os concelleiros do PP nas que se lles acusaba de todo...(ata de quedarse cos cartos da compra dun reloxio!). Unha vergoña indigna á que os linchadores #blgtk08#profesionais se sumaron gustosos durante anos, declarandoos culpábeis moito antes de que se pronunicara o sistema xudicial. Tanto dano lle teñen feito a esta xente que agora polo menos non sei a qué esperan PSOE, BNG e IU pra pedirlles desculpas e retractarse públicamente de todo o dano gratuito e malicioso que lles fixeron. É o mínimo, unha vez que a xustiza deu o seu veredicto archivando todo nas dilixencias previas...ten narices a cousa, a consistencia das probas era tal ¡¡que nin se quera houbo xuizo!!... e que isto é moi, pero que moi forte pra un muncipio pequeno como iste, onde todos nos coñecemos. adivisión e fractura social que vive Viveiro lla debemos todita ao axitador público que é Melchor Roel.

Regal, con este panorama non me estrana que estes canso dos políticos e da política... eu tamén o estaría vendo coma a miña aposta pola tropa antes mencionada, tense convertido no que se ten convertido...¡un auténtico fraude de incompetentes oportunistas que non están na política pra melloralas cousas, senón pra beneficiarse persoalmente e tratar de eliminar como sexa ao oponente pra prepetuarse nas poltronas!
Na democracia os fraudes e fracasos páganse nas urnas... PSOE-BNG tiveron unha oportunidade que botaron por terra en catro anos, levando a Galicia ao desastre económico e social. Agora tócalles aos outros, que gusten ou non, son a única alternativa que hai e mercen unha oportunidade libre de prexuizos (¡que malo é prexuzgar á vista do exposto anteriormente!). A democracia consiste niso... os fanatismos ideolóxicos quedan pra Venezuela, Cuba, Irán, Corea do Norte, Bolivia, etc, onde ningunha alternativa é posible.

Eu non me canso, só pido un cambio.
Comentario por eu no me canso, só pido un cambio. (09-02-2009 12:00)
4 Só queria dicirche que xamais estiven tan en acordo con algo que lera. A política dos nosos días estase a converter nun reality show digno de Tele5. Cando acendo o televisor e vexo as noticias,vexo aos deputados que se tiran os trapos sucios á cara coma se fosen vulgares frikies.
Dáme vergoña que nun país que intenta estar á altura, democraticamente falando, de países como Dinamarca, Suecia, Finlandia ou Suíza, non existan máis que 2 partidos fortes onde elixir (PSOE, PP) un 3º en decadéncia como é a Esquerda e o resto de caca-partidos que intentan sacar tallada uníndose cos fort#blgtk08#es.
Está claro que os avances en calquera terreo se dan cando hai unha ampla gama onde elixir (isto vale tanto para compañías telefónicas, eléctricas, de televisión e por suposto en política)
Os dous grandes partidos políticos xogan cun 50% de posibilidades cada un de entrar no poder, por iso crense no dereito de poder montar os espectáculos públicos que montan. É como os funcionarios que teñen praza fixa e non dan pau á auga.
En fin, funme polas ramas... só che dicir que me gusta moito o teu blog aunq pensemos diferente nalgunhas cousas (na variedade está o gusto).
Comentario por Xosele (09-02-2009 14:34)
5 Non es o teu o único que te cagas, eu cágome máis. Parécenme todos reamoras aferradas ao poder politico que é o peor de todos.
Como Aznar de vacacións a ver a F#blgtk08#:Alonso a Australia a gastar o diñeiro roubado . Apostaríame unha man a que calquer politico fai iso, igual que o está a facer o Aznarin e o Agag. Que noxo de xente.
Comentario por HEDRA (09-02-2009 14:36)
6 Nunca estiven tan de acordo contigo como hoxe, fixate ti que a miña muller en canto vai asomar o fociño a Rajoy en calquera telexornal xa di "Aí está o canso".
Os nosos políticos son patéticos e penosos, nós importámoslles unha merda. Non vexo ningunha propo#blgtk08#sta construtiva, o paro e a precariedade laborais seguen aí, a vivenda segue subindo da man da corrupción, a inmigración, a delincuencia, ... etc, mentres tanto eles a manifestarse os uns contra os outros.
Eu non me cagaría neles, eu encheríalles con ácido.
Comentario por Foz (09-02-2009 14:38)
7 Ese do PP que entra tan a miudo e que enche mais a paxina que Regal e un autentico "CAN#blgtk08#SACIO" sempre poñendo a parir a Roel e Cia e defendendo o Aja. Menuda tropa do carallo
Comentario por Covas (09-02-2009 14:40)
8 O peor da campaña electoral é que empeza meses antes de que a anuncien e que boa parte dela s#blgtk08#e sufraga con diñeiro público (aínda que nos queren vendelo como melloras infraestructurais).
Comentario por Xesus (09-02-2009 14:41)
9 Covas... por eiquí todos sabemos que che cansa a verdade... ti prefires as mentiras e as manipulacións desa esquerda de Peiptos Blancos, Touriños, Quintanas e Roeles(non a verdadeira esquerda) que con tanto entusiasmo apoias. Eu a única tropa do carallo que vexo estes días é precisamente a que capitanean todo#blgtk08#s estes, vivindo como estrelas de hollywood con vicios de novos ricos a conta dos galegos. O verdadeiro socialismo non é iso nin por aproximación. Pero Covas aspira ao mesmo, a vivir ben a costa dos demáis (¡o tipico no socialismo hispano-galaico!)... cecais por iso os defende e apoia tanto. ¡maldita logse!
Comentario por ¡maldita logse! (09-02-2009 15:41)
10 ¡Carallo cómo lle arrean Aja e Gayoso a Roel en ppviveiro.com! Non ten desperdicio. O melenas ten o que merece, por falar de máis e facer #blgtk08#de menos. Por certo...¿anda andaba o flamante portavoz municipal do PP que non sae na foto? ¿non formaba tamén parte deses gobernos do PP?
Comentario por pirixel, paraiso natural (09-02-2009 16:16)
11 Vendo a toda a tropa de mangalláns que tentaron reventar a manifestación pacífica de Galicia Bilingüe e que coma todo o mundo saben están financiados polo nacionalismo fascistoide do BNG,que se negou a condear eses atentados intolerantes contra a liberdade en xeral e a liberdade de expresión en particular, nunca millor unha nova versión das famosas verbas de Beltor Brecht:

"Primeiro foron #blgtk08# por os que falaban castelan,
e eu non os defendín, porque non falaba castelán.
Logo foron por os que eran do PP,
e eu non os defendín, porque non era do PP.
Entón foron por os que eran católicos,
e eu non os defendín, porque non era católico.
Finalmente viñeron por min,
e para entón, xa non quedaba ninguén que poidera defenderme".

Comentario por ¡viva a liberdade! (09-02-2009 17:27)
12 Xa te lin o domingo no progreso...como te pasas e despois diras que non che mercan nada os alcal#blgtk08#des da mariña....¿recordas o que che preguntei un dia ¿E que sacache de todo esto? ...pois ben.
Comentario por un amigo (09-02-2009 18:36)
13 A vaca e RU#blgtk08#BIA GALEGA
Comentario por Rias baixas (09-02-2009 18:37)
14 Yo escuché en ppviveiro.com las declaraciones de los pperos sobre el archivo de las denuncias judicialies, y le llaman a Roel lo que hay que llamarle. Las denuncias se basaban en habladurías, leyendas urbanas y cotilleos de bar (lugares muy frecuenta#blgtk08#dos por todo el roelismo donde hacen alta política y pican carne sin pudor).
Viveiro no se merece todo el daño para la imagen de este pueblo que le ha hecho este sindicalista agitador que no sabe lo que significa ser alcalde de un municipio.
Comentario por picadoras de carne socialistas (09-02-2009 19:47)
15 A mín o que me cansa es ti Otero Regal e a tua apatía para falares dos verdadeiros problemas tan graves nos que nos están a meter os teus amigos da esquerda máis inoperante de Viveiro.
E qué dicir do gasto que todo isto ta a xenerar nas arcas municipais aquelas que tanto defendias noutras epocas preteritas de gobernos do PP.

Pero ti segue a falar de tonterías e simplezas que este blog xa cumpriu a sua unica funcion para a que naceu que non foi outra#blgtk08# que a de intentar denigrar os anteriores gobernos do PP viveires ainda que agora se demostra (porque o din os xuices e non charlatás de feira e aprendices de bruxo) que eran todas mentiras orquestadas dende os lobys da esquerda na que ti habitas e posto que hai eleccios proximamente non vaia a ser que pares de facer algun que outro negocio se te pasas da raia que te marcaron.

Non insultei a ninguén así que espero ver publicado o comentario.
saudos
Comentario por Covas (11-02-2009 10:45)
16 Descubrinche perdéndome en Blogoteca, indo de blog en blog e encantoume atoparte...
As túas entradas parécenme moi boas, algunhas son mordaces, outras ilustrativas, e todas, nomean as verdades que moitos non nos atrevemos a dicir, porque non é "politicamente correcto", que por certo (mecagon o politicament#blgtk08#e correcto, tes que andar con pés de chumbo no que falas ou acabas metendo a pata, ou, cagándoa (esta palabra é máis axeitada no teu blog, je je)).
Bo, que me perdo e me lío, só quería dicirche que me encanta a túa forma de enfocar as cousas, así que, aquí unha ADHESIÓN INQUEBRANTABLE.
Salutacions.
Comentario por Vigo (11-02-2009 14:53)
17 Os políticos son boas persoas, de pro e de ben e de carteiras economicamente viables, que só velan polo noso benestar e que nunca falte de ná nas farmacias, sobre todo vaselina,#blgtk08# para podernos dar ben polo cu e que a penas nos deamos conta, e así, cada catro anos, xoguen todos ao seu xogos de renovar os fíos das marionetas nas que a tantos converteron.
Comentario por Lobios (11-02-2009 14:55)
18 Realmente completo e interesante. Tes toda a razón, parece igual que cando fanáticos dun club deportivo pasan horas insultando e discutindo quen xoga mellor, que dianteiro ten mais calidade.

Acaso nos interesa se gañou, un ou outro. Creo que o mais importante é, ¿gañamos nós?, ¿farán unha polít#blgtk08#ica coherente e beneficiosa para os galegos?, ¿que opcións temos agora?.

Ata que non deixemos de comparar partidos políticos con clubs deportivos, seguiremos tendo a "democracia" ridiculamente circense que vimos estes últimos anos.

Un saúdo, e felicitacións polo blog e o artigo.
Comentario por Carlos (11-02-2009 14:57)
19 Manda carallo en Viveiro......Os 20 anos de Cesar Aja no concello son unha historia interminabel....Hoxe na VOZ aparece a ultima "historieta" de esta "xentiña"......Si a noticia fora o 28...todos pensariamos que era unha inocentada dos santos do bis...pois non, aparece oxe dia de Santo Domingo de S.....soio nos toca, aos sufridos contribuentes,...entonar a golpe de champan e turron aquelo de ...DONDE ESTA O RELOXIO.....O RELOXIO DONDE ESTA.....e eso que Aja decia aquelo de "PARA LOS AMIGOS CHAMPAN Y TURRON.....PARA LA OPOSICION LEGISLACION".....con animo de amolarme.....

Un joyero olvidó si le vendió a una edila del PP de Viveiro un reloj de oro para regalar
(Lugar: la voz | viveiro)

A instancias de la Fiscalía, Marta Pérez Lage, edila del PP en Viveiro, está imputada por haber percibido 150.000 pesetas del Concello. Cuando compareció en el Juzgado, aseguró haberlas destinado a comprar un reloj de oro para regalar a quien dirigía el Festival do Landro en 1999, como agradecimiento a su trabajo. El joyero que citó como el vende#blgtk08#dor aseguró ante el tribunal no recordar esa venta y negó reconocer su firma en el documento presentado como justificante de la compra.

Sobre la firma, la titular de la sala número 2 del Juzgado de Viveiro «aprecia que no es la misma o al menos no se parece» a la del carné de identidad del joyero. Aunque la edila declaró que el gasto no figuraba en la contabilidad municipal porque el joyero no quiso emitir factura porque estaba liquidando, éste sostiene que sus ventas las registraba en facturas que ahora debe presentar en el Juzgado.

Esto que escribiste hace tiempo, supongo que ahora, a la vista de los acontecimientos, merecerá una explicación. La voz de alicia no le ha dedicado ni una sola linea a decir que lo que insinuaba hace dos años no era cierto y que el FISCAL no ha considerado que hubiera ni una sola prueba para llevar a Juicio A Marta Pérez por este asunto.

En fin... democracia es también reconocer que uno se ha equivocado... no invocar la libertad de expresión para hundir la vida y el honor de la gente.
Comentario por todas mis disculpas a Marta y los concejales y Alc (11-02-2009 16:18)
20 Eu son da zoao Rosal, cain aqui folleando blogs en galego fai tempo, e de cando en cando leo A MALIÑA DE LUGo que e un blog pouco localista, chamame a atencion que a xente afin o PP dalle caña tremenda a o goberno de esq#blgtk08#uerdas, pero o que me sorprende e que casi naide ou naide defende a este goberno, ¿Que pasa? Os de esquerdas non teñen internet¿ ¿Non leen? ¿Non teñen naide que os defenda?
Gracias e un saudo con ALBARIÑO do ROSAL
Comentario por Rosal (11-02-2009 16:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal