A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NON PERMITIREMOS A Utilización do blog A MALIÑA DE LUGO para difamacions e insultos
En vista de recentes acontecementos no blog A MALIÑA DE LUGO, o administrador do blog , quere expresar o rexeitamento do uso deste medio de comunicación para crear odio, para crear inimizade, para facer dano, para difamar, para inxuriar, para insultar, para enganar e mentir descaradamente.
Rexeitamos
A suplantación de identidade no blogs e en Internet en xeral como medio para desprestixiar unha persoa e sementar a desconfianza entre as súas amizades e lectores.
O uso do correo electrónico e dos blogs como medio rápido de desprestixio das persoas, facendo circular en masa e indiscriminadamente mensaxes cheas de acusacións das que en ningún momento se presenta proba ningunha, pola pura intención de facer dano alguén con quen exista unha inimizade persoal.
O uso dos posts e dos comentarios como instrumento impune de mentiras, insultos, calumnias e difamacións sen o menor escrúpulo.
Apoiamos
Un modelo de blog no que por suposto se defenda a xustiza, pero no que tamén se cultiven sobre todo a amizade e o bo ton e a cortesía entre os que participen nel dun modo ou outro.
Un modelo de blog limpo de insultos, de odio e de xoio, e en consecuencia apoiamos o dereito absoluto do administrador do blog a suprimir e a rexeitar calquera comentario que se deixara coa soa intención de facelo dano ou de facer dano a terceiros impunemente.
Para impedir os insultos no blog a primeira medida a tomar é que o administrador impidira que entre os seus comentarios saia publicado algún con ofensa cara a alguén. Máis efectivo imposible.
Otero Regal
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-02-2009 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 Como sabedes pola prensa o Xulgado contenciosos administrativo de Lugo ven de condear ao concello de Viveiro polo acordo tomado pola xunta de Goberno Local (PSOE-BNG) no que se lle daba por silencio administrativo una licencia de edificación no Coído a construccións Furadiña. Ademáis A Maxistrada envía todo o expediente ao fiscal por se Roel e os membros desa xunta de goberno poideron incurrir en feitos delictivos ao tentar considerar coma unha solicitude de licencia o que non era máis cunha solicitude de información urbanística. O concello terá que pagar as costas (é dicir, tódolos viveirenses imos pagar os desvaríos do alcalde).
Este asunto estivo muy ben documentado nun artigo de Viveirodebate baixo o título de "Prestidixitación urbanística"... un artigo do que se fixo eco ata o mismísimo diario ABC.
Para os que querian saber máis de cómo foi todo, eiquí teñen os enlaces:

http:/#blgtk08#/viveirodebate.blogspot.com/2007/05/prestidigitacin-urbanstica.html

http://www.abc.es/hemeroteca/historico-24-05-2007/abc/Galicia/la-prestidigitacion-urbanistica-de-viveiro_1633291199214.html

Ao final haille que recoñecer a Viveiro debate un traballo periodístico serio e riguroso que desmontou tódalas tropelías e incongruencias de Roel e o PSOe de Viveiro... un medio dixital libre e sen ataduras nin intereses económicos que fai envermellecer o periodismo pesebreiro do diario La Voz de A Mariña.
Lamentablemente non sabemos porqué deixáronnos horfos do seu bon facer e xa só nos queda comprobar como se van comprobando un a un os seus artigos de investigación.

Un saudo Regal e a ver se polo menos ti non decaes e deixas que este espazo sega a ser a última fronteira de liberdade pra os que aínda soñamos cun periodismo responsable e combativo cos excesos do poder.
Comentario por un fan de viveirodebate (07-02-2009 15:41)
2 De acordo, pero debes tomar en conta que o internet é un espazo moi aberto e dalgunha forma sen censura.

Moitas veces isto pódese prestar a situacións como as que mencionan, non é que estea ben, pero é normal. o home ao sentirse completamente libre (polo menos neste medio) esaxera esa liberdade.
Despues de todo, non creo que se po#blgtk08#ida facer moito con protestar, é o modo natural da Rede. E non podes condicionar a alguién a tomar certas medidas cando entre ao teu blog, porque o estarás a censurar e lle darás un toque máis cadrado e cerrado á túa páxina.

Digo que estou a favor do respecto, a honestidade e a xustiza que manexas, pero dubido que iso sexa posible aquí.
Comentario por Covas (07-02-2009 16:07)
3 Eu estou de acordo, os blogs non son para difamar nin facer maldade#blgtk08#s. Os blogs son para contar boas anécdotas, curiosidades...
Comentario por Eu (07-02-2009 16:09)
4 Anticípoche que verás de todo porque detrás de cada blog hai unha persoa e per#blgtk08#soas as habemos de todas clases.
Por aqui atoparémonos.
SAÚDOS,
Comentario por Viqueira (07-02-2009 16:10)
5 regal es moi hábil ó poñer este artigo o mesmo día que na prensa sae o que moi ben di o fan de viveiro debate no comentario número 1
cada día te pareces máis a pepiño branco esquivando as tropelías da esquerda máis incapaz da historia
#blgtk08# e como non as tuas ovellas mais fieis séguenche senón mira para covas que en vez de comentar as tropelías urbanísticas que se fixeron e se fan por covas nos sae con non sei que da liberdade na rede
hai que ser máis serios e menos fanáticos
Comentario por non vos escondades (07-02-2009 19:54)
6 A sentencia e demoledora, e o comprador do solar querra cartos O FURADIÑA DE PONFERRADA), xa o dixo antes, pero ademais esto da a razon de demolición do outro edificio construido o lado da igrexa, cos parabens da curia e concello, #blgtk08#unha desfeita. Os alcaldes da democracia en Viveiro ademais de ineptos, chorizos e borrachos son unha desgracia.
Perdon Regal: presuntos chorizos, o demais o de borrachos e ineptos sabemolo todos, alguns son tamen ludopatas.
Comentario por Uxio (08-02-2009 10:23)
7 Estou completamente de acordo contigo, hai que acabar con todo aquel #blgtk08#gilipollas que insulta en internet.
Felicítote polo teu blog.
Comentario por Rolon (08-02-2009 10:24)
8 Hai anos que persoalmente, pido a creación dun "DNI" Virtual. Para poder identificar quen se esconde detrás de cada nick. Non ten que ser publico este DNI, polo menos que a policía de Internet poida atopar doadamente os difamadores en caso de denuncia. Confunden criticar, insultar e difamar. Din que hai liberdade de expresión pero a liberdade de expresión ten os seus limites. Critícaa é licita publicando cousas en internet ou en calquera medio publico, pero non se pode ace#blgtk08#ptar que por estas publicacións se reciban acusacións non fundadas por non dicir puras mentiras. critica o que digo, o que fago pero non te metas coa miña persoa. Critícaa construtiva é moi interesante, pero a difamación gratuíta é unha cancer en Internet que se debe resolver de forma intelixente. Os mesmos dereitos que temos na nosa sociedade deben ser reflectidos na rede. Polo menos así penso e así o expreso.
¿Que vos parece a idea dun DNI Virtual?
Saúdos.
Comentario por Anton (08-02-2009 10:26)
9 A gata e#blgtk08# moñoña?
Comentario por Galdo (08-02-2009 10:28)
10 #blgtk08#
Comentario por Uxio (08-02-2009 14:01)
11 A ver qué os parece estos enlaces a Regal y sus seguidores más acérrimos cómo Covas:

http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2009/02/08/0003_7515370.htm
#blgtk08# /> http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2009/02/08/0003_7515371.htm

¿No iban a acabar en la cárcel todos?
MENTIROS, CALUMNIADORES, eso es lo que sois.
Comentario por Casco Antiguo (08-02-2009 14:06)
12 Tralo que vimos hoxe na prensa onde o xulgado archiva nas dilixencias previas as acusacións de Roel contra o PP, eu penso que hai moitos que teñen que pedir perdón polo dano feito a esta xente. Haille que pedir perdón a Marta Pérez por querer linchala públicamente dicindo que se quedou cos cartos dun reloxio. Haille que pedir perdón a Aja e tódolos demáis por culpalos de todo tipo de cousas sen proba algunha que o sostivera.
Todo archivado polo fiscal, nin un só xuizo... é moi forte todo o que se dixo desta xente durante estes anos pra que ao final todo remate arquivado sen xuizo. Desculpas e dimisións é o que tiñan que pedir e facer todos estes sinvergoñas do PSOE de Viveiro polo dano indigno e gratuito causado a xente inocente.
Regal pide que non se insulte no seu blog... eu tamén pido que non se insulte e vexe públicamente a xente só pra acadar o poder, e unha vez que se #blgtk08#descubre o pastel, repudiar enérxicamente a todos os que converteron a política local nun estercoleiro de enfrontamentos só coa intención de eliminar á oposición e perpetuarse indefinidamente no poder.

A páxina web ppviveiro.com ven con todo detalle o que teñen que dicir os agraviados despois do calvario sofrido por culpa do incendiario de Roel.

Por certo, eu tamén boto de menos viveirodebate, unha páxina web que animaba o debate político en Viveiro aportando artigos ben documentados que poñían negro sobre branco a gran mentira e o gran fraude que é o goberno de Roel. Un sindicalista axitador adicado en corpo e ialma a dividir á sociedade viverense coma nunca se vira... Roel e Amor, uns indignos da política que fracasaron rotundamente no que era o seu gran proxecto: Meter a Aja e os seus concelleiros no cárcere.... alí, con toda probabilidade, acabarán iles.
Comentario por pola dignidade na política (08-02-2009 20:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal