A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CARTA A OS REIS MAGOS
CARTA A OS REIS MAGOS
Queridos Reis Magos. Son un neno do talle 43 con máis dunha renovación do DNI. Escríbovos dende O NORTE DE LUGO un lugar que alguns lles deu por chamarlle A Mariña. Si, ese lugar ao que custa chegar mesmo nun camelo máxico. Non volo tomedes a mal, pero este ano deixarvos de trens de FEVE e TRANCANTABRICOS e traerme un que vaia máis rápido.

Non estaría de máis unha boa variedade de picos, pas, proxectos de impacto ambiental e grúas para que as obras nas estradas de verdade -non as do coche teledirixido- rematen antes de que aos vosos paxes lles chegue a idade da xubilación. Os disfraces de superhéroe e princesas de conto están moi ben, pero, nesta ocasión, din por aí que vos pida traxes de enfermeira, de mecánico, de obreiro da construción, de pintor, de camareiro... Ultimamente hai moitos quetiveron que deixar de selo. O carbón, para os analistas, banqueiros, ministros, especuladores e para aqueles que xogaron ao monopoly con euros de curso legal. Pero, en vez de carbón, ocórreseme que caerán mellor uns barrís de petróleo dese que agora din que está moi barato e baixando...

Dime a miña nai algo da pensión, que non sei moi ben que é. Será cousa dos maiores... O dicionario de economía, para os politicos de aquí e de aló, sentidiño comun, que adeprendemos a querer e defender o noso, a conservar o medio ambiente e si cabe o ambiente enteiro.....Xa remato, que me din que os construtores vos pediron moito e non sei se quedará algo para os demais. Como é gratis, non esquezades meter no calcetín unhas pastillas de optimismo e unhas vacinas de ilusión.
Respecto a min, soio tres desexos. Non esquecer todo o que aprendín este ano nos malos momentos, a saúde ,que agora teño e iso que vós -que o adiviñades todo- sabedes que máis quero.
Recordo que cando era pequerrecho nunca pedía nada aos Reis... deixaba que eles me trouxesen o que quixesen... dicíame a miña nai que "Os Reis ten que comprar moitos xoguetes para os demais nenos e non lles alcanza o diñeiro para traerlles a todos o que queren"... eran apenas unha ou duas cousas, recordo un camion de madeira, pastillas de xabon “Heno de Pravia” unhos calcetins, ¿Para que pedirlles algo, si eles ían traer o que lles dera a gana? pero eu aferrábaas a min con tanto agarimo... foron un Nadal preciosos e entrañables que sempre estarán no meu corazón. Agora aos nenos os Reis e tamen ese gordo vestido de roxo e con barba postiza e panzón tráenlles de todo, tanto que moitos pais gardan parte do botín para ir racionando, e non dan a basto con tanta consola, tanto boneco e tanto xogo.
Estáse a perder o espírito dos Reis. Estánse a afastar moito. E dáme moita pena que é a xente que debería conservar este espírito, a que está a deixar que se vaia.
Por iso este ano pedín os Reis que sexamos todos un pouco máis xenerosos, e non cos de casa. Refírome aos millóns de persoas que necesitan un pouco dos que aínda podemos "algo", aínda que esteamos en crise.
Otero Regal
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-01-2009 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
14 Comentario(s)
1 Aínda que tarde, o presunto galego alieníxena retorna ao seu sitio.
Bo#blgtk08# ano número nove ... e date un paseo polo meu blogue nove, a ver que opinas.
Comentario por Toño Randeeira (06-01-2009 12:02)
2 Por pedir que non quede pero hai cousas que nin os Reis Magos poden traernos p#blgtk08#or moitos que pidamos o mesmo.
De tódolos xeitos, seguro que algo che traerá.
Comentario por Covas (06-01-2009 19:00)
3 Estimados Reis Magos,

A pesar de ser consciente de que a vosa existencia se limita a un lugar chamado ilusión, de que hai uns cantos anos que a que os que fan regalos son os pais, gustaríame aproveitar a ocasión para facervos partícipes dos meus desexos.

A uns miles de quilómetros da miña casa, e mediante as noticias que aparecen na televisión, a radio, os xornais e internet, se que hai moita xente inocente que sofre un ataque genocida por parte dos que foron vítimas hai uns anos dunha situación similar.

Xa hai máis de 500 mortos (asasinados) con bombas que non son capaces de distinguir entre terrorista e vítima inocente. Din que esas bombas están destinadas a acabar con redutos do terrorismo, pero eu son incapaz de entender como entón se atacan bibliotecas, mercados ou o Parlamento.

Nunca xamais se me ocorrería apoiar organizacións terroristas, pero tampouco a estados que utilizan o asasinato de inocentes, o masacre de civís e a limpeza étnica como instrumento para gañar batallas. Eles sufriron o horror dun holocausto, a ignominia de moitas persecucións por razón da súa relixión, pero ese holocausto e esas persecucións non lles serviron para negarse a usar esas mesmas armas contra terceiros. Non falo dos campos de Sabra e Chatila, xenocidio polo que ninguén pagou aínda, falo do presente.

Israel ten todo o dereito do mundo a vivir en paz, a ter o seu propio territorio, aínda que seguramente sen o cruel holocausto e o poder do lobby ju#blgtk08#dio nos EEUU, hoxe non se estaría a falar do estado de Israel, da mesma forma que non falamos do estado kurdo ou do estado palestino, pobos|vilas sen terra.

Pero ademais, a acción militar ten outras consecuencias que deberían ser analizadas, posto que as súas consecuencias son descoñecidas a medio ou longo prazo. O victimismo que está a crear Israel cunha intervención tan encarnizada e descontrolada, seguramente máis próxima ao xenocidio do que moitos poden supoñer, o que motivaría o rexeitamento á presenza de testemuñas molestas, leva a moitos desesperados a abrazar o fanatismo. Se o devandito fanatismo tivese como consecuencia a súa reclusión en templos, ninguén diría que é algo malo, pero é que ese fanatismo ataca a todo occidente, non só a Israel. O feito de que Israel bombardee e asasine inocentes provoca que a miles de quilómetros, moitos debamos sentirnos inseguros porque a irresponsabilidade duns abriu ao espita do odio noutros.

Estimados Reis Magos, todo o que vos refería con anterioridade era só para pedir o meu modesto desexo de reis: PAZ. Gustaríame que o voso poder fose utilizado para que cesen as matanzas de civís dun e outro lado, para que non caian máis bombas en Gaza, nin mísiles en Israel, para que o terrorismo deixe de ser unha escusa e pase a ser algo do pasado, para que non se repitan máis holocaustos, máis xenocidios, máis Sabras e Chatilas, para que non volvamos ver a tristura nos ollos dun neno.

Afectuosamente.

José Carlos.
Comentario por José Carlos (06-01-2009 19:02)
4 A vea zetaperil, Regal, mira que o sinto. De tódolos xeitos, aos Rei#blgtk08#s Magos hai que escribirlles con dozura, que se non pasan de longo.
Comentario por Outro mais (06-01-2009 19:04)
5 E ademais de todo o que lles deixaron aos nenos malos, o noso querido e amado presidente do goberno sr. Zapatitos déixalles o Aginaldo de Navidad. Os pobres banqueiros, mulleres, fillos, sobr#blgtk08#iños, etc, etc. non pagarán nas súas rendas o marxinal soamente o 18%. Menos mal os pobres estaban un pouco acovardados con isto dos impostos.

Feliz Nadal, sobre todo aos banqueiros.
Comentario por Caperucito (06-01-2009 19:06)
6 Brutal, xa me gústou a do ano pasado,pero na carta deste ano superachete.Permiteme que che diga que segues sendo un neno !!! que in#blgtk08#ocente es pidiedo o que pides,pudiendo pedir o ouro e o moro,por pedir que non quede! pero non era outro dia o dos Santos Inocentes?
Comentario por Celeiro (06-01-2009 19:08)
7 Este ano quero pedir o mesmo que Guille,sí xa se que hai tempo vos dixen que pedise o que pidera non me fixésedes caso,que só quería aquelas tres cousas que sempre repito e que de sobra sabéis,pero é que creo que é máis ou menos o mesmo pero #blgtk08#dito tan bonito...
Se só podo pedir unha cousa pídome ser santo,e como ao neno que lle din que elixa unha cousa na pastelaría e escolle a bandexa dos dulces,o como a santa que dicía "só Deus basta",eu igual,quero ser santo,pidomo todo.
Comentario por Xose (06-01-2009 19:14)
8 Este ano quero pedir o mesmo que Guille,sí xa se que hai tempo vos dixen que pedise o que pidera non me fixésedes caso,que só quería aquelas tres cousas que sempre repito e que de sobra sabéis,pero é que creo que é máis ou menos o mesmo pero #blgtk08#dito tan bonito...
Se só podo pedir unha cousa pídome ser santo,e como ao neno que lle din que elixa unha cousa na pastelaría e escolle a bandexa dos dulces,o como a santa que dicía "só Deus basta",eu igual,quero ser santo,pidomo todo.
Comentario por Xose (06-01-2009 19:15)
9 E logo a o teu amigo Melc#blgtk08#hor, non lle pides nada?
Comentario por A razón (07-01-2009 12:12)
10 Moi bon o teu Xose...Eu#blgtk08# tamen quero ser santo.
Comentario por Viveiro (07-01-2009 12:13)
11 Si eras tan pobre Regal..#blgtk08#...¿Como chegache a rico?
Comentario por Outro mais (07-01-2009 19:58)
12 Outra vez mais: TES MA#blgtk08#IS RAZON QUE UN SANTO.
Comentario por Foz (07-01-2009 19:59)
13 Sobre el mensaje del Rey en nochebuena, me llamó la atención esta pequeña carta que he encontrado navegando en la red y que dice así:
"Carta inversa al Rey Mago: El Rey, que sigue amortizando su intervención en el 23-F, nos pide, que tiremos del carro.
Bien Rey mío, después de 32 años tirando del carro en las repetidas crisis socialistas, tirando del carro en el mantenimiento de las 17 autonomías con sus 17 gobiernos pedigüeños, del carro de los distintos ayuntamientos corruptos, pagando los desmanes económicos por medio de impuestos abusivos, cuando se hacen regalos fiscales a banqueros y a los de a pié se le incrementan lo impuestos, cuando se derrochan los millones de euros a troche y moche en subvenciones a amiguetes y gastos suntuarios, yo, el gilipollas del trabajador ordinario, mileurista y masacrado, que mantiene a un Estado delirante y a una Casa Real cada día mas extensa, estoy dispuesto a seguir tirando de el carro que ayer se menciono, aun a pesar de que me suban, de nuevo los impuestos, el recibo de la luz, los transportes y mil cosas más.
Solo una condición. Bájense todos del carro, ajusten sus cinturones, dejen de despellejar al contribuyente con conciertos de financiación autonómica delirantes, y tiren todos de él en las mismas condiciones. Dicho de otra forma, tú delante".
No esta mal la misiva, más yo le añadiría: tiraremos del carro, cuando el carro lo construyamos entre todos, cuando podamos elegir quien lo dirige y apear a quien lo haga mal. Tir#blgtk08#aremos del carro cuando el pueblo sea el soberano, y no un sucesor designado por Francisco Franco. Todos estamos deseando tirar del carro Señor, pero para hacerlo, primero hay que descabalgar a los que nos llevan hacia el precipicio. Y lo vamos a hacer, no le quepa la menor duda, y entonces será todo nuevo y distinto.
Esta vez, las condiciones (para variar), las pondremos nosotros, elegiremos -sí elegiremos- el carruaje y la dirección hacia donde partir, y ya le adelanto que ahora, lo dejaremos todo atado y bien atado... pero a nuestra manera; con un periodo de libertad Constituyente en el que los españoles sean quienes por fin decidan que es lo que quieren, con una nueva Constitución que garantice la libertad política en España.
Ese nuevo carro del que todos nos morimos por tirar, Majestad, ya está diseñado; se llama República Constitucional, el material de que está hecho, es de primera... y lo mejor de todo, tiene un componente nuevo que hemos descubierto pensando, sí, sólo pensando; eso sí, durante años. Y es que ese material tiene la propiedad novedosa de ser incorrompible, justo lo contrario de todo lo que conforma y mantiene a su Monarquía putrefacta; por lo que me temo que, esta vez, no será usted el elegido para llevar las riendas.
En este nuevo carro hacia la libertad, su papel dinástico ya no es útil, y además sobra. Si quiere seguir acompañándonos en esta nueva etapa, tendrá que ser como dice el anónimo de la carta: delante.
¿Tiramos del carro?
Comentario por Toma carta al rey (09-01-2009 00:15)
14 Non e de extrañar que non che traiga#blgtk08#n nada, co republicano que tu eres.
Comentario por Verzas (09-01-2009 17:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal