A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NON A MASACRE DE GAZA
Ante as masacres sucedidas na Franxa de Gaza nos últimos días, que trouxeron como consecuencia a morte de máis de 300 civís e un millar de feridos,

O Anel Solidario de Blogs queremos denunciar mediante este comunicado as atrocidades que o goberno de Israel está a cometer contra a poboación de Gaza nestes días. Gaza atopa asediada e a aviación e a artillaría israelí segue masacrando a poboación.

Un millón e medio de civís son prisioneiros do exército israelí e están sendo privados de alimentos básicos, combustible e electricidade.

Todos os hospitais están saturados de feridos, atópanse sen medicinas nin capacidade para tratalos. Asistimos a crimes contra a humanidade e a unha violación sistemática dos Dereitos Humanos.

Non hai ningunha xustificación ante este masacre desproporcionado, cruel e infame por parte de Israel, que viola deliberadamente todas as Leis Internacionais, as resolucións da Convención de Xenebra de 1949, que defende os dereitos dos cidadáns civís en tempos de guerra.

Reclamamos á Comunidade Internacional que esixa a Israel o fin de toda violencia e sexa sancionado por violar sistematicamente os Dereitos Humanos e o Dereito Humanitario Internacional ante o Tribunal Internacional de Xustiza de A Haia, principal órgano xudicial da Organización de Nacións Unidas.

Por todos estes motivos e ante o silencio vergonzoso de La Comunidad internacional e demais organismos competentes pedimos a mobilización da blogosfera para que actúe sumándovos a este comunicado nas vosas bitácoras.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-01-2009 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Regal.e para cando se vai a sumar o PSOE con Zapatero o f#blgtk08#rente a condear no parlamento europeo o estado de Israel?
Comentario por Viveirense (03-01-2009 20:11)
2 Eu nunca lin que toda a comunidade de blogeiros esa á que fas referencia, todo o roxerío militante e a progresía titiriteira reivindicativa fixera nada parecido cando as bombas humanas palestinas masacran inocentes a milleiros en autobueses e mercados do oriente próximo e Israel.

Nótase que o rigor non é precisamente a principal cualidade de toda a retroesquerda que vai de culta neste país. A bara de medir non é mesma, e sorprende que se defenda con tanto entusiasmo a uns fanáticos relixiosos que loitan bárbaramente pra facer desaparecer aos infieis, hoxe son os xudeos, mañá seremos os cristiáns ou occidentais.

Os palestinos están nas maos de Hidbulá e Hamas, grupos terroristas que #blgtk08#empregan nenos para as súas tropelías asasinas... Jordania e Exipto firmaron a paz con Israel e non volveron a ter problemas cunha democracia que é homologable a calquera democracia europea.¿A caso a teocracia palestina é o hourizonte hacia onde nos queren levar os de esquerdas que con tanto entusiasmo defenden a estes terroristas, aos que por certo, apoian rexímenes totalitarios coma Irán e Siria?
En fin... preocupa e moito que o roxerío sen fronteiras teña estes referentes... nótase que eles viven cómodamente nas súas poltronas occidentais e non teñen que vivir preocupados porque os seus fillos suban a un autobús en Telaví onde uns fanáticos descerebrados poñan a un home suicida que o mande polos aires.
Comentario por Non o terrorismo palestino (04-01-2009 20:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal