A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NON ME GUSTA O NADAL
Non me gusta o Nadal. Considéro que son unhas festas enganosas e mentireiras. Non entendo, porqué me teño que ver un día, con xente, sorrirlles desexarlles boas festas , a quen normalmente, pasaría perfectamente sen ver. Se non nos acordamos, os uns dos outros, en todo o ano, que máis dá, saudarnos en nadal ou non. De feito, se un ano, non te ves, e ao final che apetece, pois chámaste e xa está.
Logo está o tema da caridade, é cando se disparan todo tipo de mensaxes sobre ongs, caridade, cando se fala de amor, paz e esas cousas. ¡ ¡ ¡ Pura demagoxia barata!!!, iso sería necesario en todo o ano, pero utilízase, isto da relixión, para lembrarnos que debemos ser "bos". E eu pregúntome. "bos" segundo quen... ¿Deus?, o que a igrexa interpreta que é Deus" ou o que interpreto eu, segundo o meu propio sentido de xustiza. Porque imos ver, se nos poñemos así, eu á xerarquía da igrexa poríalles carbón.
Así que cando máis se está a falar da pobreza e de que hai que ser xenerosos, non sei se o somos con eles, pero o que se teño claro é que o somos connosco mesmos. Poñemos ata o cu de comer. Nalgúns casos, unha comida que de tan cara, xamais, comerías noutro momento. Imos, que tal e como está o tema, igual que hai que aforrar para as vacacións, tamén hai que facelo para o nadal.
, claro que acabo de caer, en que nos pasamos a vida así. Aforramos para o verán, logo afórrase para o retorno ás clases, logo par o nadal... ¡ ¡ ¡ fáltame un trimestre!!!... ahhhh, non... faltaba a escapadiña de Seman Santa....
Pois nada, xa teño o ciclo de vida. Non só hai que sobrevivir durante o resto do ano, senón que ademais, hai que ir aforrando, para poder gastalo, nos nosos grandes fitos, a nivel xeral. Uns como máis obriga, outros, porque ter unha mesa de nadal, comendo só macarróns, dá tristura, non porque non che gusten os macarróns, senón porque, sabes que quizais tres casas máis alá, están a tomar uns lagostinosou un año, só por poñer un exemplo.
E é que eu os lagostinos, mércoos baratos, dos grandes, conxelados (así me aforro o anisaquis, ese) en verán e ¡ ¡ ¡ non sempre chega a nadal!!! Pero como xa o tomo en calquera momento, non teño esa sensación de.... navidade=langostinos....navidade= turron, navidade=capón de Vilalba, Navidade=besugo.... . O mesmo me pasa co resto. E o nadal, xérame hartazgo gastronómico, dende o momento no que empezan.
E iso, que a min, encántame regalar, encántame pensar no regalo perfecto, para cada persoa, imaxino a súa cara, cando o abran e pásoo fatal, porque son das que non aguanta, cun agasallo na man... teño que suxeitar a miña natural forma de ser, de mercalo e levalo inmediatamente.
A pesar de todo e si ustedes se encontran mellor, eu dende aquí lles desexo “Boas festas a todos”, faltaria plus.
Otero Regal
Comentarios (24) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-12-2008 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
24 Comentario(s)
1 convertéchete como os que gobernan e agora xa eres un capitalista que non defende ós #blgtk08#curritos igualiño que roel rafeelito cal o moro orlando e os que virán logo.
Comentario por currito (28-12-2008 18:14)
2 LAMENTABLEMENTE AS COUSAS IMPORTANTES SE FIXERAMOS UNHA ENQUISA, AS RESPOSTAS SERIA PARA tirarse DOS PELOS, A MAIORIA ACTUA POR MIMETISMO, FAI O QUE VAI.

PARA MOITOS O NADAL, É PAGA, BEBIDA E FESTA

COMO MOITOS SON DE ESQUERDAS, PORQUE ALGUÉN LLE DIXO QUE NON HAI NADA MAIS PARVO QUE UN TRABALLADOR DE DEREITAS. AFONDAR NAS RAICES E SABER O PORQUE DAS COUSAS, É ALGO QUE PRACTICA POUCA XENTE.

IGUALMENTE OS GOBERNOS E AS AREAS COMERCIAIS, ENCÁRGANSE DE FACER UNHA FESTA AO CONSUMO, E NON INCIDEN NA RAIZ, NIN NA ESENCIA DO NADAL, AO FINAL SÓ QUEDA ISO, UNHA FESTA SEN MAIS.

POR OUTRA PARTE, TAMBIEN DEUS E A IGREXA NON SEMPRE ESTAN CONSENSUADOS, A REALIDADE A IGREXA AXÚSTAA AOS TEMPOS, PARA ISO ESTAN OS CONCILIOS.

Ao FINAL TODO SE RESUME NUN ACTO DE FÉ, COUSA QUE SE ESTA PERDENDO, NON SEN RAZON, POLA AMBIGÜIDADE DA IGREXA, PERO ISTO É MAIS POLA DESIDIA E A FALTA DE INTERES DA XENTE.

O NACEMENTO DE JESUS, PRODUCIUSE NUN MES DE XULLO, ISO SABE

O CRISTIANISMO MARCOU COMO ANO 1 o SEU NACEMENTO, ACTUALMENTE ESTAMOS NO 2008 DESPUES DE CRISTO, E DEULLE A DATA QUE POSIBLEMENTE SE SOUBO, O SE DEU A COÑECER E SE MARCOU O 25 DE DECEMBRO COMO PODIA SER OUTRA DATA, PERO QUIZAS PESOU MAIS AXUSTAR O CALENDARIO, QUE datalo EXACTO, QUE A FIN DE CONTAS CARECE DE IMPORTANCIA. PERO SE TEN IMPORTANCIA O NACEMENTO DE JESUS E A CHEGADA DO MESIAS E TODAS AS SÚAS CONNOTACIÓNS RELIXIOSAS, QUE O CORTE INGUAS E OUTROS ENCARGÁRONSE DE QUE ESQUEZAN.

EU NON SON CRENTE, DA IGREXA, PERO CREO NECESARIO QUE TODO O MUNDO S#blgtk08#AIBA ISTO, PORQUE DENDE LOGO ACONTECEU, ISTO NON HAI NINGUÉN QUE O DUBIDE, OUTRA COUSA É COMO O EXPLICA A IGREXA, AÍ EU TAMBIEN TEÑO DÚBIDAS, PERO SÓ DÚBIDAS, JAMAS AFIRMARIA O CONTRARIO.

E DÁME PENA, QUE SE LLE NEGUE O DEREITO DE SABER ISTO AOS NOSOS NENOS, LOGO ELES COMO TODO O MUNDO CRERÁ O NON, PERO É UNHA INFAMIA QUE NON SE LLES ENSINE.

PORQUE INSISTO ISTO SUCEDEU, QUE NINGUÉN O DUBIDE.

O MESMO QUE DIGO QUE NON CREO NA IGREXA, SE QUE SE UN DIA DESAPARECE, O MUNDO O LAMENTARÁ, PORQUE SE ALGUÉN FAI NO MUNDO ALGO, POR ENSINAR CURAR OU ALIMENTAR, É A IGREXA, NON COÑEZO A NINGUÉN MAIS QUE FÁGAO.

E ESTA CORRENTE EN CONTRA DA IGREXA, VAI EN CONTRA NOSA, EU POLO MENOS DEFENDEREINA SEMPRE, POIS HAI HOMES E MULLERES DENTRO DELA QUE DEDICAN a SÚA VIDA AOS DEMAS, E ANTE ESAS PERSOAS, ME DESCUBRO E DEDÍCOLLES o MEU ADMIRACION E RESPECTO. E AS ENSINANZAS DA IGREXA SEMPRE VAN A FAVOR DE FACER BOA XENTE, E ESTA CLARO QUE PARA ISTO FAI FALTA MOITO DIÑEIRO, QUE ALGÚN NON O USE BEN, POIS Ao MELLOR, PERO EU FÍXOME NO POSITIVO, NOS QUE VEXO QUE SEN PREGUNTAR NADA, DAN DE COMER ALGUÉN QUE O PIDE. Ou LLES CURA OU ENSÍNALLES, JAMAS VIN UN POLITICO SE dedicar A ISTO, NIN DE DEREITAS NIN DE ESQUERDAS. NIN A UN CURA PREGUNTAR DE QUE RELIGION SON, AGORA MESMO HAI CENTOS DE CENTROS AXUDANDO A MUSULMÁNS, OSEA SE DEDICA Á PERSOA SEN IMPORTAR a SÚA RAZA OU RELIGION.

POLO TANTO, SINTO QUE NON SE LE DE, A IMPORTANCIA RELIXIOSA QUE TEN, QUE FOI POLO MENOS A ESENCIA DO NADAL NOS SEUS ORIGENES, A PARTE DE CONCILIAR NESES DIAS A VIDA FAMILIAR NUNHA MESA.
Comentario por XAN CARALLAN (29-12-2008 09:34)
3 A culpa é de Herodes, o moi incompetente. a mi non me escapa o rapaz

Se lle chega a pillar, agora fariamos a nosa vida diaria en suntuosas residencias con chans de mármore xaspeado, arroupados coas mellores alfomb#blgtk08#ras e e yyy duchado todos os días e cos calzóns limpos, claro, yy yy somerxidos nun mundo de praceres, de luxo de sexo, ah carallu se así é como vivo eu agora.. ben, deixemos as cousas como están que o meu xefe me esta chamando
Comentario por A (29-12-2008 09:35)
4 A pesar de que la izquierda ha declarado el pais como la#blgtk08#ico, la mayoría de los españoles se declaran católicos.
Comentario por A.M.T (29-12-2008 14:43)
5 non me gusta o nadal nin as comidas nin o ambiente nin os vilancicos nada ódioas creo que son bastante deprimentes para muchisima xente hai moitos que pensan como eu pero no meu ámbito non o entenden
nin o queren entender #blgtk08#esa é a miña forma de ver o nadal consumismo superficialidade e sorrisos tan falsas como unha moeda
pero iso non quita que o resto do mundo sexa feliz e vos felicite as festas ser felices feliz nadal a todos
marisa
Comentario por MARISA (29-12-2008 14:46)
6 Eu son dos que opinan parecido a ti; non hai q deixarse levar polo excesivo consumismo destas datas: agora pode#blgtk08#mos comprar regalos cada dia e facer comidas especiais cando se queira.
iso se, os turróns encántanme!
Comentario por Foz (29-12-2008 14:48)
7 Encántame o Nadal. Facer regalos. Ver os nenos felices. O Belen. A árbore. Céaas cos cuñados. A tarxet#blgtk08#a de crédito en números " vermello sangue ". yuhuuuu xa cuasi é Nadal, que ben.
Un saudo, Regal
Comentario por Nuri (29-12-2008 14:49)
8 A pura verdade é o que dis nestas epocas a xente ti#blgtk08#ra diñeiro ao lixo só por que uns tipos llelo din.
Comentario por Luis (29-12-2008 14:51)
9 Me encanta la Navidad, me encanta reunirme con tooooda mi familia y cenar todos juntos, me encanta jugar después a juegos de mesa y partirno de risa, me encanta ver fliparse a los niños en la cabalgata de reyes y la ilusión con la que viven estas fechas, y me gusta aún mas ver como los padres con hijos pequeños viven estos dias con tanta ilusión como sus hijos.

El problema a mi forma de ver en este planteamiento, es que "cres" que debes soportar lo que no sorporta#blgtk08#s el resto del año, asi que en este sentido las personas que odian la navidad por la falsedad, les veo igual de falsos que aquellos que en navidad promueven la paz y el amor, y el resto del año son unos cabrones :Regal Si tan poco te gustan estas fechas, no las celebres ;)

Sobre los adornos y todo lo demás, es una de las cosas que más me gustan, y en mi casa gastamos mucha luz, que le vamos a hacer, luces fuera, dentro, y a poco nos las colgamos de las orejas X-D
Comentario por Navideño y a mucha honrra (29-12-2008 14:53)
10 Tamén me encanta o Nadal. Estas festas son o mellor do ano, especialmente se hai nenas na familia.
Ver a ilusión coa que redactan a carta aos Reis Magos, o seu carita de felicidade cando ven os regalos, aparecidos por arte de maxia, as súas preguntas...
-"Mamá, ¿como fan para chegar a#blgtk08# tantos sitios en tan pouco tempo "?
-"Cariño, fan maxia, paran o tempo en cada casa, comen as galletas que lles poñemos, os camelos toman a auga, van ao baño se teñen que facelo... por iso son os Reis MAGOS".
E eu tamén serei consumista porque me encantan os regalos, abrigo facelos.
Comentario por Adegia (29-12-2008 14:55)
11 Particularmente nunca me gustaron as festas, houbo epocas que festexaba mais o nadal (era cristián nesa epoca, non digo que agora non o sexa, só que un pouco mais agnostico ,no creo en nada, en f#blgtk08#in,..., noutros tempos festejabamos na amizade o fin de ano e ao nadal nin bóla, pero vexo a mi arredor, e vexo que a gran mayoria non lles gusta, e din ..."E ahora as festas fuuuuuuuu.. ".. ".
Comentario por Covas (29-12-2008 19:53)
12 Estas festas probablemente as pase só porque acabo de separarme, déixolle a mi ex o privilexio (ben gañado) de estar cos seus (nosos) netos. Decatados da miña decisión moitos amigos inv#blgtk08#itáronme a pasar a noiteboa con eles. Esta foi a miña resposta: é unha festa familiar, a miña familia esta descomposta e non vou estar con ela, non quero pasar as festas coa familia de ninguén,
Comentario por Separado (29-12-2008 19:56)
13 Non entendo esa mania de que ao ser nadal todos temos que estar mais felices e encantados da vida, cando a angustia|apuro que provocan estas datas é enorme.
A mi tam#blgtk08#pouco me gusta o nadal, o que me gusta é xuntarme coa miña familia, facer algun que outro regaliño e ver as tipicas peliculas de Santa Claus, pero o que é o nadal da rúa, repateame
Comentario por Pega (29-12-2008 20:02)
14 Porque Regal, como esa canción, sempre leva a contra: cando se#blgtk08# supón que ten que estar contento, esta triste, e viceversa.
Comentario por Anonimo (30-12-2008 11:42)
15 Faltouche un punto moi importante polo cal odiar o nadal: Os parentes, amigos e coñecidos que che saúdan para nadal coma se foses a pe#blgtk08#rsoa que mais queren no mundo. Saúdante e por detrás falan pestes... pero é o espírito de Nadal. Iso si, non esperes un regalo deles!
Comentario por Nica (30-12-2008 11:44)
16 Os cuento lo que yo entiendo por la navidad, simple pero sincero...

Para mi, persona a la que se la "suda" la iglesia, o mejor dicho, las religiones en general (y perdón por la expresión al que le moleste aunque más tenemos que aguantar en el día a día los "antireligiosos", aunque bueno, ese es otro tema...) la navidad al igual que la Semana Santa no deja de ser una época del año donde normalmente se tiene un periódo vacacional, o de no tener suerte, se suele poder disfrutar de algún día libre para nuestro ocio... ni más ni menos.

No entiendo la navidad religiosa ni la comparto, sin embargo, al igual que de alguna manera me voy a ver "afectado" por ella por vivir en sociedad, ta#blgtk08#mbién hay que saber aprovecharse de la misma...

Me explico. Es una época donde, por ejemplo, pues con la "disculpa" navideña nos podemos juntar gente que hace tiempo que no nos vemos, podemos aprovechar esos días libres para hacer un viaje o dedicarnos a cosas, que durante el resto del año por falta de tiempo es más difícil, etc.

Yo es como veo la navidad, hay cosas de ella que no me molestan, y otras que no trago, pero creo que a una edad adulta y con cierta independencia, cada uno puede vivir la navidad como mejor le parezca...

¿¡Quién me va a obligar a una edad adulta a vivir una navidad "tipica" si yo no quiero!? Pues ni dios!! Nunca mejor dicho... Un saludo.
Comentario por Ángel (30-12-2008 16:10)
17 Eu non sei que lles pasa a todos cando se achegan estas datas. Todo o que non se fixo no ano, o queren resolver agora. Entón a túa axenda parécese á de Touriño. Hai un mes rosmabamos todos, e agora métenche catro reunións por día, ao carallo, porque non se resolve nada.

A esas cuestións laborais súmanse as reunións sociais, Eu xa empecei a ter distintos brindes. E enriba están os que se empeñan en repartir os festexos, tipo: mañá xuntámonos os da oficina e brindamos, pasado saímos os do piso, a semana que vén os de casa matriz, e dentro de dúas semanas imos á festa xeral. Pero, eu digo: ¿non se pode facer unha soa reunión para todo?!? Nin sequera me interesa brindar con todos vostedes!

E aos festexos do traballo temos que sumar os brindes con amigos. Os teu, os amigos dos teus amigos, os amigos do teu marido, os non tan amigos. Ist#blgtk08#o é un martirio...

Eu acórdome que hai algúns anos a min me gustaban as festas. Dende este ano decidín que as detesto. Porque á tortura que xa describín hai que agregar os follons de familia. Que a túa vella non a quere á túa sogra, que a túa sogra non a quere á outra nora, que a nora non a quere á túa cuñada, que a túa cuñada está tola...

A min, curiosamente, quérenme todos. Entón pretenden que me parta en 28 para estar en todos lados ao mesmo tempo. E saben que? Eu non teño ganas de estar en ningún. Iríame co meu marido a Marte, ou se se pode, máis lonxe.

Qué inxusto é isto das festas. Cando somos rapaces non podemos facer o que queremos porque temos que seguir mamá e papá. Cando somos grandes tampouco porque a mamá e papá se lle sumaron irmáns, cuñados, sogros, etc. Ao final non facemos nunca o que queremos, vello!
Comentario por Ruperta (01-01-2009 09:46)
18 Odio as festas.
Odio esta etapa do ano.
Detesto saír a celebrar (que celebramos carallo? outro ano que nos meteron o dedo en cu?

Asi poñome mais antisocia#blgtk08#ble que nunca e non che festexo nada. Paso en todas, non dou feito para poñer escusas! Menos mal que as miñas amigas xa me coñecen e non me dan bóla. Pero odio fin de ano e as festas.
Comentario por Cyn (01-01-2009 09:48)
19 ODIO AS FESTAS!!!!!!!!!!
Odio esta época do ano, odio non escusas para non ir aos "encontros", odio ter que fi#blgtk08#nxir que odio as festas...
jajajajajajja

Si, si.. son tan Pitufo Gruñón como Outeiro Regal...
Comentario por Pitufo gruñon (01-01-2009 09:52)
20 Ahhh..no non.
perdón... eu saiome do libreto.
AMO O NADAL!. E trato de vivilo como quero. encántame. asegúroche que ata pasei algún nadal só e me sentín feliz.
Claro que para iso. ELIXO CON QUEN BRINDAR.
NON VOU UN CARAllO A ONDE NON QUERO.
Claro que non ter marido, neste caso, axuda, e ter 4 cans tamen!. sabes a excelente escusa que son para #blgtk08#dicir, "NON A PODO DEIXAR SOLIñAS PORQUE SE ASUSTAN COS FOGUETES". mentira totaaaal... estas non teñen medo a nada e despues saio con elas á rúa en medio dos lumes artificiais e moven a cola felices da vida!, pero iso o sei soio eu, ja
Por iso señor Otero Regal... non odies a festas...
Por certo digo o de señor por a foto, crein que era ustede un rapaz bloqueiro
Comentario por Claudia (01-01-2009 09:56)
21 O importante é recordar o nacemento dese ser maravilo,que trouxo paz ao #blgtk08#mundo...Papá noel!!!...ou e que naceu alguén mais o 25 de decembro?...
Comentario por Gustavo (01-01-2009 09:58)
22 Gustar non che gustarán estas festas, pero eu puiden contemplarte o outro dia por a calle de abaixo be#blgtk08#n ledo con os teus netos e Fina, parecias casi o papanoel, por o menos por o que se refere a barriga.
Comentario por Viveiro (02-01-2009 13:56)
23 Aparte contaminación religiosa, para mi la navidad es la superación del ciclo y la satisfacción por conseguirlo. Los excesos (de comida, regalos,.. porque de afecto y soli#blgtk08#daridad siempre hay falta) van en esa línea, y con el deseo de prosperidad para el periodo que se inicia. O sea, totalmente sencillo, pagano y ancestral. Feliz 2009 je je.
Comentario por Foriato (02-01-2009 14:07)
24 Aparte contaminación religiosa, para mi la navidad es la superación del ciclo y la satisfacción por conseguirlo. Los excesos (de comida, regalos,.. porque de afecto y soli#blgtk08#daridad siempre hay falta) van en esa línea, y con el deseo de prosperidad para el periodo que se inicia. O sea, totalmente sencillo, pagano y ancestral. Feliz 2009 je je.
Comentario por Foriato (02-01-2009 14:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal