A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TRANSFUGAS E CHAQUETEIROS
Dise que durante a Guerra dos 30 anos (Século XVII) Europa se divide en dous bandos: os que defenden ao Papa e os que están en contra. Cada grupo bestíase distinto do outro, para diferenciarse do seu adversario. Uns levaban cruces vermellas na chaqueta e os outros, os que defendían a Reforma de Lutero, ían con casaca branca lisa.
Cando dun ou outro bando, un espelido "vía a luz", ou estaba en apuros, abondáballe con darlle volta a casaca, que era doutra cor por debaixo, para salvar a pel, sendo difícil identificalos.

Por estas terras o termo Tránsfuga é moi utilizado, para referirse ao político que tras ser elixido polos votantes na lista dun partido político, cambia de partido co fin de dar o poder a un partido da oposición. Normalmente o transfuguismo ten lugar por motivos ilegais, inconfesables e socialmente inaceptables; máis que ideolóxicos. Dende o punto de vista legal, o transfuguismo é moi difícil de impedir.

No último tempo volveuse case unha moda; políticos que a cidadanía elixiu por pertencer a un determinado conglomerado, por distintos motivos pásanse ao bando "contrario".
Ben, están no seu dereito, a lei non llos/llelos impide e calquera pode "ver a luz" dun día para outro e alegar incompatibilidade ideolóxica e de conciencia ou decir simplemente que o que creron grande parte da súa vida, era errado. Ese dereito a cambiarse de ideas ou "darlle volta a chaqueta", debe ir acompañado iso si, dunha lóxica renuncia á cámara e os seus privilexios, pois unha cousa e a legalidade e outro ben diferente a ética e a estética.
É unha ofensa ás persoas que votaron por un candidato e unhas ideas, sustentadas nun conglomerado, que significaba un voto persoal, de partido de conglomerado, que se traizoe ós seus electores. Debérase lexislar, non para impedir que alguén cambie de ideas, senón para impedir a deshonestidade cos electores.
Por aquí ten mais seguemento o de CHAQUETEIRO que paso a definir:Dígase, dise, e mesmo diriase de toda aquela persoa animal ou cousa que grazas ao seu grande intelecto considerase superior nos ámbitos da vida e opta por ser do que gañe. Este tipo de persoas caracterízanse na sua maior parte pola sua fríbola filosofía: O chaqueteiro vai co que gaña, temos abondante especimen de tes por aquí, xente que dende o BLOQUE, CDS, COALICION GALEGA, PC, IU, PP se pasou a o PSOE ou o PP e foi alcalde, diputado, concellal e o que che rondarei morena, temos incluso un matrimonio que eran do PP, seique “por un traballiño” e el foi de numero catro polo PSOE cando ainda non se dera de baixa do PP, e o consorte ahora, según saieu aquí sera o secretario de organización dos socialistas de Viveiro, e ainda non se deu de baixa oficial do PP, pero non chegaria o periódico para poñer exemplos similares por todo o largo e ancho da bisbarra.
OTERO REGAL
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2008 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
15 Comentario(s)
1 En Viveiro o partido que máis e millor acolle aos trasfugas é o PSdG-PSOE. Está claro que neste partido a ideoloxía brilla pola súa ausencia. É un partido ao que se vai ou no que se milita só por in#blgtk08#tereses.
Eu recomendo este artigo que reflexa moi ben o que pasou e pasa no PSdG-PSOE de Viveiro:
http://viveirodebate.blogspot.com/2007/11/los-comunistas-se-hacen-fuertes-en-el.html
Comentario por Sociocomunismonaciionalpopular (22-12-2008 16:53)
2 Dende tempo inmemorial sempre existiron os tránsfugas e chaqueteiros que se arriman ao sol que máis quenta. Non pretendo pois exerc#blgtk08#er de agorero e adiviñar qué cor gañará (colorados ou azulons....) o que si é seguro é que haberá cambio de cor nas chaquetas.... auguro.
Comentario por Covas (22-12-2008 19:21)
3 Como ya decía Patricio de la Escosura (1774-1855) "Parecía que íbamos a ganar los liberales pero hemos ganado los conservadores". Y es que desde tiempo inmemor#blgtk08#ial siempre han existido los tránsfugas y chaqueteros que se arriman al sol que más calienta. No pretendo pues ejercer de agorero y adivinar qué color ganará
Comentario por Alcoa (22-12-2008 19:23)
4 En tempos políticos identifícanse de inmediato. Os "chaqueteiros" (por aquilo de cambiar de chaqueta) ou castrons (que brincan dun lado a outro sen ton nin son), resulta ser complexos personaxes sen ideoloxía, credo ou filosofía ben definida, que optan por abandeirar outras causas#blgtk08# só para beneficio propio.Sedicentes políticos que non enarboran a corrente de pensamento do partido no que militan e que só se aproveitan das súas siglas e presenza para lanzarse, habitualmente por un cargo público.
O exemplo da parella de Viveiro e do mellor de esta raza.
Comentario por Xose (22-12-2008 19:29)
5 Se ben pode ser "de sabios cambiar de opinión", o proverbio aplícase só a que rectifican en aras de algo mellor e positivo dende o punto de vista ético e lóxico. Nos movementos políticos, as escisións#blgtk08#, busca de novas opcións e cambios de partido son inclusive plausibles, sempre e cando a muda de siglas, de casaca, de chaqueta ou de praieira se dea por unha opción superior para beneficio colectivo.
Comentario por Raimunde (22-12-2008 19:32)
6 A min gustoume mais o articulo encol dos da #blgtk08#chaqueta que publicache en A MARIÑA CRONICA3
Comentario por Fernando (22-12-2008 19:35)
7 A os decolorados e repentinos "CHAQUETEIROS" vénlles a pelo a definición que os dicionarios dan ao gráfico adxectivo chaqueteiro: Dise dos que cambian de causa ou partido. Chaquetea quen cambia de o#blgtk08#pinión por conveniencia persoal. Adulador. Dito dunha persoa: servil, rastreira; que cambia de ideas, especialmente políticas, por intereses propios. Acomodaticio, adaptable, interesado, camaleón...
Comentario por Eives (22-12-2008 19:36)
8 Preparate Regal, como enfermes e che toque a medica, tel#blgtk08#o craro baiche dar cicuta como o Dr. Ramos che anunciou.
Comentario por Bigaro (22-12-2008 19:37)
9 Lo sucedido con la pérdida de la Presidencia de la Asamblea de Madrid por la ausencia deliberada de los diputados del PSOE, Eduardo Tamayo y Teresa Sáez, se inscribe en una preocupante estela creciente de deserciones animadas por la “larga mano” de intereses inconfesables, aún después de suscribir todos los partidos políticos aquel Código de Conducta Política en relación con el transfuguismo en las Corporaciones Locales de 7 de julio de 1998.

El propio PSOE no ha s#blgtk08#ido ajeno a tales prácticas, y desde la perspectiva de Galicia sabemos muy bien cómo han acogido y exhibido a tránsfugas del nacionalismo, incluso en esta misma campaña. La misma demonización de IU que desencadenó el PP, y que fue acríticamente asumida por el PSOE, ha constituido la coartada perfecta para este montaje. ¡A ver cuándo se descabalga el Sr. Rodríguez Zapatero del tigre pepero, y mientras que no se queje de la misma “medicina” que conjuntamente administran a terceros!
Comentario por Un gallego en Madrid (23-12-2008 17:11)
10 Por certo Regal, ¿cando se elixen a executiva do PSOE en Viveiro, a lista que deu o Guisasola no PROGRESO e a hostia en verso, de presidente Rego, que volve como as golondrinas aquelas, o Guisasola, que foi o#blgtk08# peor candidato do PSOE en Viveiro, tamen volta, e de xefe de organizacion o marido da medica, o de Vieiro, a Maria, a filla de Peanso e o primo da senadora do PP. vamos socialistas de toda a vida e milagres.
Comentario por Un da cascara amarga (23-12-2008 17:15)
11 Tes toda a raón do mundo, pero, como ti dis, sempre existe un pero, contoume un paxariño que ti querias presentarte ben soio ou con Peanso, e mirandoe asi un pensa, calquera se pon en contra de Regal,#blgtk08# con todo o cariño e admiracion,utilizas a prensa como dardo embenenado como ninguen.
Un consello: Deixao, non te presentes a nada con semellante tropa do carallo, non ganarias para desgustos.
Comentario por Un amigo (23-12-2008 17:20)
12 Regal, ¿Non te olvidache de #blgtk08#un bo amigo teu, doctor el?
Comentario por Picaro (24-12-2008 09:35)
13 Os que gustades de leer a Regal tamen o temos aqui cada seman con outro articulo diferente en opinion: http://www.cronica3.com/
O de esta seman non ten desperdicio chamase A GUERRA ENTRE#blgtk08# AJA E MELCHOR
http://www.cronica3.com/2008/12/a-guerra-entre-aja-e-melchor/
E do do chaqueterismo e mais cañero en:
http://www.cronica3.com/2008/12/chaqueteiros-da-marina/
Comentario por Covas (24-12-2008 09:38)
14 Para Pícaro
Pues eso mismo le dije yo en un comentario extenso que no tiene bemoles a colgar porque allí se resume la vida política del mayor chaquetero de estos lares que no es otro que el Dr: Pablo A. Mosquera otrora de Unidad Alavesa, otrora del PP y ahora del PSOE aunq#blgtk08#ue no le dejaron afiliarse.
Ese comentario lo escribí ayer a primera hora y ya aparecieron otros pero el mío, que por cierto ni insultaba a nadie ni difamaba, no se atreve a ponerlo porque en este blog la libertad de opinión brilla por su ausencia.

HE DICHO
Comentario por La verdad os hará libres (24-12-2008 10:38)
15 Bígaro non veñas dar leccións de ética que tes moito que calar en canto ó do viracha#blgtk08#quetas e deixaas para o Picocho que debe de ser o único que te cree a estas alturas
Comentario por leccións as xustas (24-12-2008 11:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal