A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O NENO TRISTE A AZUL
Érguese ás sete e na maioria dos casos súa nai, xa lle ten preparado o almorzo e a equipaxe. E é que cando sae de casa, Manolo, de oito anos, parece que marcha de expedición a Madagascar. Menos mal que a tía lle mercou polo seu cumpre a mochila con rodas (as tías sempre regalan o que os pais lles din -e os fillos non queren: roupa, complementos,... Nada de xoguetes-). E é que a mochila pesa. E tanto que pesa...

Manolo é un deses nenos que, como tantos hoxe en día, convértese en escravo das frustracións dos seus pais. Porque papá é un tío normal, que goza tomando cañas e vendo a tele. Cun bo soldo, pero sen demasiadas pretensións. Pero o '' Manolo non será así. Manolo vai a un colexio de pago ,
despois do xantar ten clase de inglés antes da lección da tarde. Ao saír, queda no adestramento deportivo, pero tense que ir antes porque non chega ao Conservatorio para o solfeo, outros dias da semana compatibiliza as tardes coa piscina e o atletismo. Antes da cea fai os deberes e métese na cama ben axiña. Xa chegará o fin de semana para descansar... Éso se as clases de judo, o partido de futbol, a piscina e o curso de outra cousa calqueira déixanlle un anaco.

Pero Manoloo ten libre o domingo pola tarde, día no que papá, como premio, lle deixa enchufarse catro horas á 'Game Boy'. Nese ratiño, a avoa interrógalle e Manolo, que non fai moito caso. A avoa insiste e, esta vez, pregúntalle cal das actividades extraescolares lle gusta máis. «Non sei, pregúntalle a papá», responde sen apartar os ollos da pantalla mentras mata “marcianitos” a esgallo.

Quizaves nuns anos, Manolo quede parado mirando a súa mochila nalgunha das costas de Viveiror. Verá os libros, o balon de futbol, o traxe de judo, a pa para o tenis, a frauta, a 'Game Boy', a toalla, o bañador... E pode que se pregunte por qué narices se apuntou a todo iso. E o peor é que só se lle ocorrerá buscar respostas en Internet...

Pero acolloante; porque a ser super Manolo non se aprende nun día. e esta sociedade de valores esixe ser super Manolo para sobrevivir. E ademais, normal e ledo . Seguro que o pai que invento, recreo e describo é un paquete de tics nerviosos. Porque tampouco é parvo. Pero ten que finxilo.

A xustificacion deuma a nai do conto: “ Si é certo que non podemos adicar a os nosos fillos tanto tempo como quixeramos, o traballo fora da casa no lo impide, e por eso que os temos que ter ocupados en actividades, que pode que non sirvan para nada, pero asi alguén no lo cuida mentras non chegamos a casa.
Otero Regal
Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-12-2008 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
16 Comentario(s)
1 Os nenos séntense apresados polas esixencias, ás veces excesiva dos pais-nais que, sen sabelo, están á súa vez apresados#blgtk08# por ideais de saberes, de rendemento, de produtividade, de status e de consumo, e premen os nenos para que os alcancen.
Comentario por Unha mestra (15-12-2008 07:55)
2 Para algúns, as actividades extraescolares (idiomas, deportes, música, danza, etc.) poden resultar placenteras e teñen dispoñibilidade para iso. Pero cada un ten a súa singularidade e están os que sen contar co desexo propio, van porque os meu#blgtk08#s pais queren" e rematan desbordados por unha realidade que non poden afrontar. Tamén poden estar a atravesar situacións que os desestabilizar emocionalmente, dificultades ambientais, familiares e/ou escolares, que os distraen da aprendizaxe.
Comentario por Vilagarcia (15-12-2008 07:56)
3 Nun mundo cada día máis vertixinoso, os nenos son empurrados polos adultos a saltar etapas. Teñen, como nós, unha nutrida axenda de actividades. Chegan cansados#blgtk08#, como nós, a esta etapa do ano. Fáltalles, como a nós, contención e comprensión, familiar e social.
Unha pregunta para Ana: ¿cal é a cuestión de fondo?
Comentario por Covas (15-12-2008 07:57)
4 Os meus fillos chegan fresquiños como unha leituga.
Van á mañá están en 3º e 4º ata agora fáiselles doado,.
Como#blgtk08# obriga extra teñen idiomas e tamén a levan ben.
Gozamos o finde, xogase moito, dórmese máis e a esperar as vacacións.
Comentario por maria (15-12-2008 13:44)
5 Nun mundo cada día máis vertixinoso, os nenos son empuxados polos adultos a saltar etapas. Teñen, como nós, unha nutrida axe#blgtk08#nda de actividades. Chegan cansados, como nós, Fáltalles, como a nós, contención e comprensión, familiar e social.
Comentario por Emilio (15-12-2008 13:46)
6 É mellor ter menos actividades e gozalas plenamente que andar sempre á présa dunha actividade a outra e sufrir de estrés. Como pai faga unha lista de todas as actividades en que queren participar, sexa individualmente ou en familia. Decida a importancia de cada actividade e considere os beneficios que brinda e o que custará (non só en diñeiro sen#blgtk08#ón en tempo e tensión). En familia, escollan unhas tres ou catro actividades e decidan que unicamente participarán nesas. Non é necesario que fagan "un pouco de todo" e vostede non ten por que sentirse culpable se di que non.
Ademais imaxinese que todos os nenos que se apuntan a musica en Viveiro chegaran a musica, terian copado o asunto.
Comentario por (15-12-2008 13:50)
7 Aínda que as actividades extraescolares teñen as súas vantaxes, xa que poden ser un medio para complementar a formación e favorecer a socialización nun contexto non curricular, tamén ten os seus inconvenientes, sobre todo se pretendemos cubrir todos os ocos que aos/ás nenos/ás quédanlles libres, e que son necesarios para o desenvolvemento da súa creatividade.
<#blgtk08#br /> Este afán porque os pequenos aproveiten todo o tempo non deixa marxe para algo tan importante como é xogar, divertirse, estar cos seus amigos e amigas ou coa familia. Os nenos séntense presionados...¿que estase a buscar en realidade? Polo tanto, hase de intentar que as actividades quiten tempo de televisión en vez de quitalo de xogo ou de convivencia familiar.
Comentario por Baixo presion (15-12-2008 19:26)
8 Dende o inglés ata as clases de tenis, karate, informática ou pintura, pasando pola catequese, o conservatorio ou o apoio dun profesor particular para reforzar aquelas materias nas que flojean os seus fillos, a maioría dos pais buscan estes días un quefacer (ou varios) para que os pequenos teñan as tardes ben ocupadas durante todo o ano.

Todos os experto#blgtk08#s coinciden en destacar a conveniencia de que os nenos empreguen o seu tempo en realizar actividades lúdicas, para compaxinalas con aquelas que están relacionadas coa aprendizaxe.

Unha axenda escolar repleta de actividades pode provocar nos nenos ansiedade ou estrés infantil, ante a imposibilidade de dar unha resposta axeitada ás súas esixencias cotiás.
Comentario por O mestre (15-12-2008 19:29)
9 Aceptando o reto do dito polo Regal,eso si con mui mala leite e moita sorna + humor e retranca eu opino que é posible que existan demasiadas actividades extraescolares pero creo que iso é comprensible.
Vivimos nun mundo sometido a unha feroz e inxusta competencia entre nacións, cidades, xeracións ou habitantes, e os pais o único que desexamos é que os nosos fillos estean o mellor preparados.
Por iso os "apuntamos" ao inglés, para que estean "preparados para moverse polo mundo mundial". E comprámoslles dende pequeñitos un pc para que non sexan "analfabetos dixitais". E como queremos que vaian "seguros" pola rúa, apuntámolos a karate. E como queremos que non teñan a barriga que algúns#blgtk08# lucimos apuntámolos a...
É dicir, que é a proba evidente do desexo e do esforzo paterno porque a preparación dos nenos sexa a máis completa para a vida que se lles aveciña.
Claro que logo pasa como cun anuncio de fai algun tempo en que se vían a tres mamás co seu neno no seu carriño cada unha.
E vai unha e di "pois o meu neno vai ir Harvard e vai facer logo un Master".
E a outra contéstalle "pois o meu vai ir a Cambridge".
E a outra responde no mesmo ton "pois o meu vai a estudiar...y vai a ir.....". (Poñede o que querais)
E ao final os tres bebes repoludos e pelones oen ás mamás e póñense a chorar como feras.
Pois iso...
Saúdos
PEPE
Comentario por PEPE (15-12-2008 19:34)
10 Las actividades extraescolares son guays (yo voy a natación y a pintura)pero si te apuntas a demasiadas son#blgtk08# una pesada carga,de hecho,a mí me quitan mi tiempo libre
Nuria 6ºB | Mi padre me dijo que opinara.
Comentario por Nuria (15-12-2008 19:36)
11 Acabo de leer el artículo en papel y ahora que puedo opino aqui sobre las conclusiones de Regal acerca del exceso de actividades extraescolares en los niños.

Según los psicólogos, desarrollar demasiadas actividades además de la escuela puede causar estrés en los niños, al sentirse agobiados y sobreexigidos.

Los padres debemos ser cautelosos con este tema, pues indican que hay niños que incluso pueden llegar a sentir ansiedad y depresión ante una agenda repleta de cursos y tareas.

Música, piano, ballet, gimnasia, todas pueden ser actividades muy constructivas y útiles siempre que a tu hijo no le resu#blgtk08#lte un agobio, sino un placer.


Especialmente, lo que aconsejan los especialistas es que los niños deben reservar un rato al día al juego, que también es aprender.

Me refiero a los juegos tradicionales , leer cuentos y aquellos que estimulen la creatividad y la imaginación. No me refiero por supuesto a las videoconsolas, sino a recuperar los juegos tradicionales como las escondidas, la mancha.

No queremos para nada tener personas estresadas desde la infancia. Que ya tendrán bastante para preocuparse en el futuro.

Así que mejor que los niños se preocupen de jugar que es lo suyo.
Comentario por Alcoa (15-12-2008 19:39)
12 Esta e a mellor "foto" d#blgtk08#e as tres que puxeches.
Comentario por loiro (16-12-2008 12:07)
13 Os pais terian que entender qu#blgtk08#e os fillos non son maquinas.
Comentario por Xenio (17-12-2008 08:26)
14 hay que defender moito#blgtk08# ós nenos do celeiriño
Comentario por os nenos do celeiriño (18-12-2008 00:57)
15 Os horarios, os madrugons, os deberes e as novas e serias responsabilidades respecto a#blgtk08#os seus estudios|estudos exercen unha presión extra na vida do neno...

Comentario por MªLuisa Ferrerós (18-12-2008 14:50)
16 Un párrafo de la maravillosa novela de Murakami “Kafka de la orilla” describe en forma magistral los riesgos de las exigencias excesivas a los niños talentosos. “Con niños que tienen talento y justamente porque lo tienen, los adultos que los rodean les van poniendo el listón cada vez más alto. Y suele pasar que esos niños, agobiados por los problemas reales que les plantean, van perdiendo gradualmente el entusiasmo y la alegr#blgtk08#ía lógicas ante la meta superada. Los niños que se encuentran en esos ámbitos pronto acaban encerrándose en sí mismos, escondiendo sus emociones genuinas. Y hace falta mucho tiempo y esfuerzo para lograr abrir de nuevo sus corazones. La mente de los niños es muy maleable y se puede moldear de muchas maneras. Pero una vez que se ha moldeado y endurecido cuesta mucho volver atrás. En la mayoría de los casos es casi imposible”.
Comentario por Fe (18-12-2008 14:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal