A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VIAXAR E RECOMENDABLE PARA A SAÚDE
Dicía Unamuno -e, como case sempre, dicía ben- que os nacionalismos non so os perifericos tamen os da España grande e libre de Madrid, ¿Cando nos decataremos de que España é un país composto de moitas sensibilidades e ideas acerca do que significa?, se curan viaxando. Eu engadiría -con toda a ousadía que supón engadir algo ao que asegurou Don Miguel- que viaxando se curan moitas outras cousas. nacionalismos, ignorancias, males de tópicos, xeneralizacións, proverbios localistas, aldeanismos e ata danos dos miolos.

E é que na medida en que viaxo (moito menos do que me gustaría) aprendo a relativizar ao máximo as frases triunfalistas tan propias da nosa forma de ser. Si, home, esas de 'como o noso, o mellor,', 'como aquí, en ningún sitio', 'como o de aquí non o hai '... ". Que Galicia é infinita sabémolo. Que Viveiro é precioso, tamén. Que aquí se come ben, pois si. Que hai calidade de vida, moita. Pero esas afirmacións son demasiado baratas e, por desgracia, é sumamente doado caer nesas mesmas frases para xustificar o que non adorna. Non temos AVE, pero Galicia é tan bonita... Problemas económicos, pero qué mariscos...
Total, que máis dun se ensimesmou mirando á ría e se esqueceu de que ao seu arredor hai unha pequena cidade, vilas e un concello que a maior parte dás veces non funcionan, gobernen Tiros ou Troianos.

Pero é que vou máis alá. Os encantos de Galicia son únicos. Son o primeiro en presumir e en botar de menos dende a distancia. Son Galego e mariñán polos catro costados. Pero “únicos” significa que non hai dous iguais, non que non existan outros exactamente igual de únicos noutra parte. É dicir, únicos si, pero mellores non.

Se é que madurei (que aos meus case 57 teño cada día máis dúbidas), viaxar e vivir en outras terras e outros lugares comer outras comidas e beber outros viños tivo moita culpa. Por iso, probo de todo e intento aprender de cada lugar que visito algo novo. Aprender a respectar o que outros fan, aínda que sexa diferente. Porque non é mellor nin peor, é, precisamente iso: diferente.
Otero Regal

Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-12-2008 07:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
18 Comentario(s)
1 moi de acordo, moi de acordo.#blgtk08# Eu agora voume nunha viaxe ben lonxe
Comentario por felipe (10-12-2008 10:39)
2 Sempre se viaxa para vol#blgtk08#ver...
tristes tropicos.
Comentario por Xose (10-12-2008 10:40)
3 Viaxar é perigoso, foi perigo#blgtk08#so e creo que será perigoso.
Comentario por LALO (10-12-2008 10:56)
4 Cando te chimpan#blgtk08# do PSOE Regal?
Comentario por viveiro (10-12-2008 10:59)
5 Puedes viajar al otro lado del mundo, pero cuando vuelvas los problemas s#blgtk08#eguirán allí, lo mejor seria tratar de solucionarlos, saluditos y suerte.
Comentario por Koldo (10-12-2008 13:45)
6 Viaxar e coñecer axúdache a#blgtk08# apreciar a riqueza da diversidade
Comentario por Foz (10-12-2008 13:48)
7 Viaxar en persoa, si, pero tamén en mente e en alma, aprendendo novas culturas e maneiras de ver a vida. Para isto, Internet é marabilloso#blgtk08#, pois temos ao alcance dun click calquera parte do planeta. Despois, só é cuestión de quererse empapar de todo aquilo que non coñecemos.
Comentario por Rodrigo (10-12-2008 13:49)
8 Cuanto más mundo veo, más triste me pone mi Viveiriño. Somos poco viajados, por eso creemos que tenemos y somos lo que no tenemos ni somos. DE entrada que una ciudad con el POTENCIAL Y POSIBILIDADES de Viveiro tenga de Alcalde a un fulero como Roel, ya lo dice to#blgtk08#do. En cualquier ciudad del mundo civilizado Roel ejercería su profesión (portero de la Seguridad Social) y nunca podría ser alcalde de ningún sitio. Pero en Viveiro, desconocemos esas realidades y por eso nos dejamos caer en manos de cualquiera... y así nos va.
Comentario por Pe de Boi (11-12-2008 10:05)
9 Alégrome de que esteas de acordo, e de que gozaras de viaxes auténticas, que son os que inclúen, como, non decepcións.
É cer#blgtk08#to que non saber cando vai volver un engádelle outra dimensión á viaxe. Diso non se decata un ata que lle pasa.
¡ Abrazos!
Comentario por Pablo (12-12-2008 09:46)
10 Viaxar abre a mente. Viaxar alimenta a curiosidade. Viaxar activa a#blgtk08# boa sorte. Viaxar dá experiencia. Por riba de todo, o viaxeiro acha tempo
Comentario por (12-12-2008 09:48)
11 Viaja todo lo que puedas y tan lejos como te sea posible. Viajar te permitirá ver que la vida tiene muchos ángulos y que existen cientos de enfoques para observar las mismas cosas. Si hay algo a lo que uno debería consagrar la vida es a viajar. Hubo#blgtk08# un tiempo en que pensaba que viajar era una pérdida de tiempo: a la vuelta del viaje vuelves a estar en el mismo sitio y además tienes menos dinero. Estaba completamente equivocado: cuando regresas te encuentras en un lugar completamente diferente.
Comentario por Miguel (12-12-2008 09:49)
12 como era la frase? El nacionalismo se #blgtk08#cura viajando ¿no? Confirmo el dicho.
Comentario por El mismo (12-12-2008 09:50)
13 Si, creo que viaxar é moi importante. Ábreche máis a mente que todos os libros do mundo. Compróbo#blgtk08#o cada vez que falo con alguén que viaxou moito ou con alguén que apenas saíu do seu pobo|vila.
Comentario por Mercedes (12-12-2008 09:51)
14 Viaxa unha vez ao ano a algún lugar que non coñeces. Para mi é unha inxección de enerxía que me axuda a soportar a monotonía do resto do ano. Viaxar dá máis cultura case que un libro, e ábreche a me#blgtk08#nte, faiche tolerante e mesmo cando regresas decátaste de que aquilo do que te queixabas non está tan mal. Iso se, non viaxes en plan año, cargate a mochila, colle o teu guía e Á AVENTURAAAA¡¡¡¡¡¡¡
Comentario por A gañidoira (12-12-2008 09:52)
15 O que habería que pensar é en apro#blgtk08#veitar mellor o tempo que vivimos
Comentario por piñeiro (13-12-2008 11:50)
16 os galegos os mellores!!!! eu son madrileña! ... e de paso darnos co#blgtk08#nta de que o noso non é tan malo como os mesmos galegos creemos. ...
Comentario por Dende Madrid (13-12-2008 11:51)
17 pero bueno,eu creo que creemos que o noso#blgtk08# e o mellor para creer en algunha cousa.
Comentario por Rias baixas (13-12-2008 11:52)
18 Regal, ¿En que rede social estas? pois notase na promocion#blgtk08# do teu blog e os comentarios do mesmo, gustariame sabelo.
Comentario por Un de por aqui (13-12-2008 11:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal