A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A RELIXION FORA DA ESCOLA
Mandaromo e eu secundoe e publicoe:
Somos un grupo de docentes de todos os niveis educativos que estamos moi preocupados polo baixo nivel cultural na nosa sociedade, os altos índices de fracaso escolar e a proliferación de telelixo.

Para saír desta situación queremos traspasar os muros das escolas, os institutos e as universidades, levando a cultura e a educación a ámbitos nos que ata a data estivemos ausentes, nos que o noso desleixo privou moitos cidadáns do dereito universal á cultura.

Como primeiro paso, queremos chegar a un acordo coas autoridades eclesiásticas para que nos cedan un dez por cento do tempo das misas co fin de que profesores especialistas nas distintas disciplinas poidan chegar máis doadamente aos crentes mediante breves intervencións didácticas.

Estamos estudando cál sería o momento idóneo para inserir nas misas contidos científicos e culturais, talvez inmediatamente despois da consagración ou xusto antes do pai noso.

Está claro que algúns fregueses podrecían, con razón, obxectar que eles non teñen porqué aumentar os seus coñecementos nin a súa cultura, xa que acoden a misa co só fin de orar e escoitar a palabra de Deus.
Para solucionar este problema, e aínda que puidese parecer inconstitucional, á entrada á igrexa fariámolos encher un formulario para que manifestasen a súa preferencia pola relixión ou a cultura.
Unha vez identificadas estas persoas, poderían abandonar no momento axeitado a nave principal da igrexa e reunirse nas capelas laterais, a cripta ou o salón parroquial. Co fin de evitar agravios, estas persoas poderían recibir durante ese anaco charlas de carácter non cultural nin educativo pero moi relacionadas cos contidos que se estean a impartir nese momento ao resto dos fieis dende o altar.
Por exemplo, os fregueses que non queiran repasar a táboa periódica, estudarán os efectos perniciosos dos colorantes alimentarios, os que non queiran facer exercicios de educación física poderán ver un documental sobre a obesidade, e os que non queiran repasar os verbos irregulares ingleses poderían estudar estatísticas sobre a importancia de falar idiomas no mundo moderno.

Os bispos adiantáronnos que non habería problema en computar o tempo de calquera destas actividades como tempo equiparable ao dedicado a escoitar a palabra de Deus, á oración, á contemplación, a penitencia ou á caridade e en ningún caso poderá discriminarse o acceso á salvación eterna aos fieis en razón das súas preferencias relixiosas ou educativas.

Tampouco puxeron a máis mínima obxección á aparente contradición derivada de que o contido das misas estea baseado na fe e as crenzas, en contraste coa natureza científica e académica dos contidos que habitualmente impartimos nas aulas.


Nun primeiro momento, as clases impartiríanse só durante as misas obrigatorias dos domingos e festas de gardar, para máis adiante estenderse a outros actos relixiosos de asistencia non obrigatoria como bautizos, vodas, comuñóns, funerais, exercicios espirituais, ordenacións sacerdotais e mesmo cerimonias de canonización ou beatificación.
Pero, ¿de onde sairía o diñeiro para pagar o profesorado que traballe os domingos? Sen dúbida ningunha dos donativos que os fieis depositan nos cepillos, da porcentaxe de impostos destinados ao sostemento da Igrexa Católica ou, en xeral, dos presupostos da Igrexa.

Para garantir a calidade das ensinanzas impartidas, a nosa asociación xestionaría directamente o diñeiro achegado pola Igrexa e con el contrataría profesores de sólida formación pedagóxica e científica que se encargarían de impartir as clases durante as misas.


Naturalmente, dado o carácter eminentemente laico das clases, non dubidariamos en despedir fulminantemente aqueles profesores que non mantivesen unha coherencia laica entre a súa vida profesional e persoal facendo cousas como casarse pola igrexa, acudir a misa semanalmente ou participar en calquera tipo de actos relixiosos.
Finalmente, levaremos as nosas negociacións ata o mesmo Vaticano, coas autoridades do cal asinariamos un concordato que garantise a continuidade da nosa nobre tarefa docente nas igrexas durante os anos vindeiros.
¿Paréceche un disparate? ¿Paréceche difícil de conseguir? Non é tan disparatado nin tan difícil. Aí temos o exemplo dos acordos entre a Igrexa e o Ministerio de Educación en torno á materia de relixión e a súa alternativa.
Ao final conseguiron o que ninguén crese posible.
Entre tanto, pode facer chegar a nosa proposta educativa a docentes, pais, alumnos, políticos, sindicalistas, medios de comunicación e mesmo ás autoridades eclesiásticas. Talvez así contribuamos a que se entenda mellor o que está a acontecer en relación co ensino da relixión nos centros sostidos con diñeiro público.
Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-12-2008 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
17 Comentario(s)
1 Xa hai tempo que debería de estar fóra dos centros educativos algo tan persoal como é a educación relixiosa, non se pode andar sacando das aulas a l@s alumn#blgtk08#@s que non dan materia de relixión coma se fosen renegad@s, cando é a materia de relixión a que debería saír da escola para impartirse en lugares axeitados.
Comentario por Covas (04-12-2008 13:51)
2 Yo también he recibido el informe de Europa Laica, aunque ya conocía su contenido. Habla de “conciencia” y te diré que la religión y la conciencia no suelen ir juntas más que muy excepcionalmente. Cuanto más religiosa es una persona, menos conciencia tiene, o tiena una “conciencia hipócrita”. Tienen la mala costumbre de considerar equivocado a todo aquél que no cree lo mismo que ellos. Mientras que los no religiosos, generalmente pensamos que el creyente debe tener sus motivos para creer, y no intentamos convencerlos#blgtk08# de lo contrario. Esa es, realmente, la diferencia entre ellos y nosotros.

Otra cosa es que se considere “políticamente incorrecto” luchar por que respeten nuestras ideas, igual que nosotros respetamos las suyas. Sabes que a mí, como a tí, me apasiona la política. Pero esta cuestión me desagrada profundamente. ¿No piensas que, si realmente existiera un dios a quien tuviéramos que agradecer lo que somos -o lo que no logramos ser- él querría, sobre todas las cosas, que nos respetáramos todos,como iguales?
Comentario por Marisa (04-12-2008 13:53)
3 La sabiduría es prudencia. La ignorancia, osadía. La progresía española es relativismo y atrevimiento. Todo vale.
La verdadera izquierda vive de pirineos para arriba y sabe lo que es la prudencia y el respeto a las raices cristianas que hicieron posible la europa que somos.
En España, por el contrario, se habla de oidas, triunfa el cotilleo, la habladuría y el analfabetismo. Aquí muy pocos leen y de los pocos que leen muy pocos entienden lo que leen. Así nos va. No creamos nada porque aquí no hay formación ninguna. Como #blgtk08#buenos ignorantes que somos, nos pasamos todo el tiempo cuestionando lo que no somos capaces de comprender ni entender en su alcance y en su dimensión. Tampoco tenemos personalidad ninguna, picoteamos de aquí y de allá, pero sin criterio fundamentado. Así somos lo que somos. El admerreir de medio mundo, que ante los retos que se nos vienen encima, ve como nos entretenemos en meter el dedo en el ojo al pensamiento mayoritario, a ver si ya que no podemos cambiar lo que de verdad podemos y debemos cambiar, por lo menos nos autodestruimos.
Comentario por La sabiduría nos persigue, pero somos más rápidos. (04-12-2008 17:18)
4 Regal, yo no estoy de acuerdo en que cuando más religiosa es una persona menos conciencia tiene. Lo de la religión entra en el universo de las creencias sobre el más allá, y entre los religi#blgtk08#osos hay de todo como en botica… Otra cosa es la Iglesia católica, su jerarquía y su poder: Ahí no tengo ninguna duda. La hipocresía es tanta como el poder que todavía ejercen en este país.
Comentario por Berta (04-12-2008 19:08)
5 Non coincido en asbosluto cos implícitos que detecto no discurso:

1) "a escola ha de ser reflexo da sociedade" é o primeiro e máis potente. De ser así a escola de princpio de século debera ser analfabeta. E os profesoers e profesoras analfabetas como os pais e nais.

2) A función da escola non é transmitir unha orde de valores socialmente aceptada, para iso está a familia, o pobo|vila, etc. etc... a función da escola é contribuír á emancipación dos suxeitos pola vía do coñecemento ¿E como se consegue iso?

Por un lado, liberando a escola do proteccionismo moral ao que o queren someter a Igrexa e algúns sectores conservadores e fomentando o espírito crítico dos alumnos. Por outro dotándoa de recursos e do prestixio social que merece, desarrolando políticas educativas que permitan que a escola camiñe cara ao rigor e cara á democracia, e finalmente con#blgtk08#fiando na liberdade e profesionalidade dos mestres e mestras.

3) Para entender a defensa dunha escola laica hai que ter claro o concepto de cidadanía, isto é, o do ser humano como suxeito de dereitos civís. Esa visión é algo que a igrexa non ten porque concibe ao ser humano como "fregués". Toda a sociedade occidental moderna está edificada sobre esa visión do cidadán como suxeito de dereitos e iso relegou, na práctica, á relixión a un lugar privado, pero a Igrexa Católica española négase a admitilo, e bota de menos o nacionalcatolicismo. De feito, aquelas partes da igrexa (que as hai... e eu coñézoas) que entendien perfectamente esta distinción entre o cidadán e o crente, que entiednen a relixión como unha experiencia privada e non como a ferramenta de dominio, admiten e defenden a necesidade dunha escola laica.
Todo isto sen acritude pero con contundencia. Un saúdo.
Comentario por Antonio (04-12-2008 19:12)
6 Creo que hai que aclarar unha cousa importante: Unha escola dem#blgtk08#ocrática non pode ser tal se non é unha escola laica. É básico
Comentario por Mirian (04-12-2008 19:13)
7 Dedicado a quen firma como "La sabiduría nos persigue, pero somos más rápidos"
Son católica de nacemento. Fixen a primeira comuñón porque tiña ganas de meterme no vestido branco prometido e porque me interesaba recibir regalos. Logo confírmeime porque era o que a xente facía á miña idade e porque o organizaban dende o colexio. Cando tiven mais criterio decidín non me casar pola igrexa nin gastar a prata nunha festa.

Púxome incomoda recibir un "manual de oracións" do colexio de Rosa, a miña filla. A que as intencións son boas pero hai que preguntarse porque nun país onde cada vez hai mais persoas que pertencen a outros grupos relixiosos, os colexios insisten en dar clases de relixión? Ao facelo, non están a excluír unha cantidade grande de nenos e meténdolles o catolicismo, sen querer querendo. Falo do catolicismo porque a nivel de institución é o que impera neste país, e bo, porque todas as oracións do "manual" en cuestión son católicas. (E logo quéixanse que #blgtk08#os xudeus son sectarios! Pois como non! se a educación que se imparte aquí neste país é católica. Dende o xardín infantil!)

Creo que nos toca aprender a diferenciar entre relixión e espiritualidade. Aquí tendemos a equiparar a unha coa outra. Non son unha experta no tema e a verdade hai unha cousa moi fodida e conflitiva dentro min (son das que a feita a bendición cando vai despegar o avión para logo maldicir facelo), pero a que repetir como loros o rosario ou os misterios gozosos non che fai unha mellor persoa.

Dende xa nos poñemos na busca de colexios para Rosa. A decisión sobre a institución á cal lle imos entregar á nosa filla non é unha que se poida tomar por riba. .... e creo que de entrada, un dos requisitos é que non teña ningunha afiliación relixiosa.... veremos cantas nos queda logo de pasalas polo coador...

Dáme curiosidade por saber como é a experiencia doutros pais, neste ou noutros países? Que opinan sobre o tema?
Comentario por Rosa a nai de Rosa (04-12-2008 19:21)
8 Non vou argumentar dicindo que todas as relixións deberían ser tratadas do mesmo xeito.
Non vou argumentar recordando baixo qué réxime volveu este país dar "clases" de relixión católica.
Tampouco creo que sexa necesario insistir no feito, de sobra coñecido, de que respecto aos "profesores" de relixión, a igrexa propón e dispón, e o Estado pon (o diñeiro).
É algo tan simple como o seguinte: ¿Que pinta un membro do clero nun instituto? ¿Acaso me pagan a min para ensinar trigonometría en misa?
Cada un na súa casa, e Deus nas igrexas, que son as súas. Mirade por certo cantas ten, debe estar forrado. E algunhas non exentas de luxosas obras de arte. ¿De onde sacará tanto diñeiro?

Esta entradilla vén a conto de que o #blgtk08#outro día asistín a un espectáculo bochornoso no meu propio centro. Convocouse aos alumnos de dous grupos de 4º da ISO a asistir a unha charla sobre enfermidades de transmisión sexual. Aproveitando as instalacións do instituto, e tempo de clase de varias materias, entre elas a miña, unha profesora e unha amiga súa, que afirmaba ser pediatra, intentaron -cónstame que con pouco éxito- convencer os alumnos de que NON debían usar o preservativo nas súas relacións sexuais, e de que o modo correcto de previr as E.T.S. é gozar destas relacións cunha soa persoa durante toda a vida.

Nin que dicir ten que nesta charla había moitos alumnos que non elixiran a "materia" de relixión católica; e a pesar diso tiveron que soportar un discurso desa calaña.
Comentario por Ferrol (04-12-2008 19:26)
9 Hay religión en las aulas porque los padres demandan enseñanza de religión para sus hijos. No es obligatoria. Los que no quieren religión, que todavía son muchos menos que los que la quieren, tienen una alternativa (por cierto, un cachondeo porque el gobierno laico no es capaz de preparar un programa serio para la alternativa). El debate este es una pantomima de la izquierda come curas que sigue queriendo imponer sus postulados minoritarios a los deseos mayoritarios de la población. Repito, hay religión en las aulas porqu#blgtk08#e los padres mayoritariamente deseamos que nuestros hijos tengan enseñanza religiosa. Repito, no es obligatoria y hay una alternativa. Cuando ZP consiga que la religión musulmana sea la mayoritaria en España, habrá enseñanza musulmana en las aulas y espero que siga habiendo una alternativa. Por cierto, el catecismo del PSOE llamado Educación para la ciudadanía no tiene alternativa y es obligatorio y computble. Eso sí que es una verguenza porque media España no quiere que se manipulen las mentes de nuestros hijos. Saludos.
Comentario por libertad (04-12-2008 20:22)
10 A pregunta non é porqué dan clase de relixión senón de cristianismo... Relixión é extenso e ogallá desen clase de relixión para ver a diversidade de culturas que hai no mundo e poder empezar dende ahi o tema da tolerancia e o respecto, pero no col#blgtk08#exio do que falas están é dando clases de cristianismo... agora, suponse que ao matricular un neno nun colexio un matricúlase co credo que profesan alí... talvez debes revisar e acordarte se eles falaron da súa relixión, neste caso o cristianismo.
Comentario por Viveiro (05-12-2008 08:07)
11 A palabra laica provén do grego Laos = pobo|vila; ao igual que o concepto "secular" do latín seculum = do século ou do tempo, fan alusión ao "non relixioso", léase ao mundano, ao civil, etc.

O laicismo na educación responde ás necesidades dos pobos|vilas, que aspiraron a asegurar a liberdade de conciencia, a afianzar, mediante a educación, unha forma de goberno e un sistema de vida democráticos nos que se exprese o pluralismo social e político do país; e a respectar plenamente as garantías individuais e os dereitos humanos de toda persoa. A educación laica é unha condición do desenvolvemento libre dos individuos, pois asegura a liberdade de conciencia de#blgtk08# todas as persoas, tanto a dos que adoptan algunha relixión como a dos que non o fan. Ante o estado e ante a lei estas persoas son iguais.

Ademais, o laicismo na educación, fixo posible a superación de conflitos sociais que noutras épocas dividiron profundamente cidadáns e puxo a salvo dos devanditos conflitos ás comunidades escolares ao respectar a liberdade de crenzas dos e as nenos (ás) e dos seus pais. Por outra banda, comprendeuse a necesidade de recoñecer a diversidade e de respectar os dereitos das minorías. O laicismo na educación fai seus estes dous principios democráticos e con eles garante o principio de igualdade xurídica de todos ante a lei.
Comentario por Anonimo (05-12-2008 08:12)
12 A educación laica non debe supoñer nin a carga antirreligiosa nin a neutralidade. Se ben é clara a separación absoluta entre os contidos escolares e calquera culto relixioso, non debe negarse aos educandos unha elemental e ben graduada información sobre a historia das relixións e a súa presenza no mundo contemporáneo. Iso forma parte da historia da cultura e da xeografía humana actual. A mundialización dos c#blgtk08#oñecementos que esixe a nosa época implica que, en igualdade de circunstancias, se expoña ante os estudantes o mapa relixioso, antigo e actual, e que cada unha desas opcións sexa tratada con respecto e obxectividade. Significativamente, a mellor prevención contra calquera visión globalizadora arrasante e avasaladora é o coñecemento das historias e as razóns nacionais e locais, incluídos os cultos e crenzas.
Comentario por Un cura xoven (05-12-2008 08:14)
13 A Edición do ABC de hoxe volve calentita con Roel. Agora é polo acouso ao enxañeiro, que coma todo o mundo sabe, estaba diretamente relacionado cos informes negativos que facía contrariando os desexos urbanísticos de Roel. Destápase o cachondeo urbanístico de Viveiro con Roel ao frente. ¿Terá valor pra volvere a apresentarse ás eleccións municipais? ¿Estará xa encargando os billetes #blgtk08#de avión pra se largar a Urguay e non volver pisar viveiro?
¡qué decepción, Roeliño, qué decepción! Eu nas primeiras voteiche e non pasa un só día que non me arrepinta delo, porque non coñeco político que me defraudara máis... cecais porque eran demasiadas as espetativas que despertache en moitos cidadáns, inmerecidas polo que se ve.... e agora a dececión é moita, moi grande.
Comentario por Pîrixel, paraiso natural (05-12-2008 09:41)
14 Otero Regal ti es un Troll da Internet porque o que fas cós teus comentarios é desviar a atención do que en realidade está a ocorrer no concello de Viveiro có teu apoio dende o principio aló polo 2003 e para que non teñar que estruxar os miolos e#blgtk08#iquí tes dous enlaces moi significativos.

http://www.abc.es/20081205/galicia-galicia/roel-acoso-tecnico-municipal-20081205.html

http://www.abc.es/20081205/galicia-galicia/viveiro-ejemplo-claro-urbanismo-20081205.html
Comentario por a realidade (05-12-2008 11:52)
15 e outro enlace moi interesante

http://www.abc.es/20081204/gal#blgtk08#icia-galicia/policia-judicial-atribuye-alcalde-20081204.html

Comentario por a realidade (05-12-2008 12:21)
16 Los "artistas" progres o titiriteros son así, ¿tú también lo eres verdad Alfonso Otero Regal?

http#blgtk08#://www.libertaddigital.com/sociedad/una-imagen-demuestra-que-la-cupula-de-barcelo-se-esta-derrumbando-1276345411/
Comentario por lo que hay que ver (05-12-2008 22:02)
17 Muy bien hecho e interesante el reportaje de La Voz de Galicia sobre ti. Ana Cuba es una muy buena redactora que ha sabido captar parte de tus esencias. Las palabras cuando llevan buenas intenciones siempre suelen alcanzar lo que pretenden.
Los que te conocemos y te apreciamos, a#blgtk08#unque no siempre coincidamos con tus planteamientos, sabemos que tienes un gran corazón, a pesar de que muchos de los que no te pueden ver intenten proyectar una imagen de ti totalmente distorsionada.

Un saludo y enhorabuena por ese paríso que supiste crear en Xunqueira.
Comentario por Un amigo (06-12-2008 09:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal