A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A CULTURA DO ESFORZO
A CULTURA DO ESFORZO
Eu quixen ser médico, pero asustábame o sangue e as tripas fóra do corpo. Despois agricultor, pero o de dobrar o espiñazo e mirar ao ceo non ía comigo. Futbolista, pero no patio do colexio Martinez Otero puxéronme no meu sitio. E tamén toreiro, estaba de moda “El Cordobes” mariñeiro, cura misionero e inclus bispo, navegante, profesor, cociñeiro, cantante, ... Un pouco de todo, coma os nenos de entón e supoño que tamén de hoxe en dia. O normal cando a un lle preguntan e aínda non lle saíron pelos na barba. Logo xa estaba o adulto correspondente para falarche das saídas, dos soldos, das carreiras, ... Y para tí a saída era o timbre da clase, os soldos eran pagas de vinte pesos e as carreiras, aquilo de haber quen corre máis.

Recordo todo isto porque cando observo os alumnos da miña compañeira ,escoito as conversacións dos que ás once teñen toque de queda, teño a sensación de que algo cambiou. ''As nenas xa non queren ser princesas'', canta Sabina. Dio polas nenas de Madrid, pero ás de Viveiro vailles ben a viaxe. Agora nenos e nenas (algúns, por sorte) dubidan entre converterse en bailarins de Fama, cantantes de operación Triunfo, superviventes de illa ou habitantes da casa. O importante é saír na tele e que che pregunten cousas pola rúa. Porque ser cantante sen nominacións e sin que che pidan autógrafos e un fillo teu non vale.

Agora é máis importante parecer que ser. Beckhan e outros similares fixeron moito dano á sociedade adolescente. ¿Por que? Porque todos queren ser futbolistas guapos e levar o pantalón caído e a crista correspondente. Pero ninguén lles dixo que estes famosos que gañan tantas moreas de cartos adestra cada día, machácanse nos seus oficios e que non todo son doces na súa vida para ser un bo profesional.

Por iso, poñen de moda os castings (dá igual de que) e escoitas dicir unha nena de quince que o que quere é pillar cun toureiro para contalo e gañar moita pasta. E, agora, a mamá ata pon a cama e o papá págalle as tetas por deixar menos de tres no instituto, quizabes esaxere pero do que estou a falar e da epidemia que pulula entre o 90% dos pais do noso entorno que non saben ou non queren educar aos seus retoños na cultura do esforzo, que cada cousa que un quere ten un esforzo, que non caen as cousas do ceo, que o do “maná” é un conto da boa pipa..
OTERO REGAL
Comentarios (27) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-12-2008 08:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
27 Comentario(s)
1 "JUVENTUD DIVINO TESORO" dicía Rubén Darío.
A maioría daxuventude deste principios de seculo,ten a mázima da lei do minimo esf#blgtk08#orzo,gustalles que lles dean as cousas feitas,non queren preocupacións nin responsabilidades.
Quen nos vai pagar as pensións?
Comentario por un calquera (01-12-2008 11:52)
2 Precisamente toda a progresía que mal goberna este país é a culpábel de que na nosa educación non se prime a cultura do esforzo.
Na escola pública os rapaces e rapazas van facer o que queren, senón estudan non pasa nada porque só poden repetir unha vez e ao curso seguinte poden pasar con tódalas materia suspensas... non hai disciplina ningunha e se se portan mal os mestres e mestras teñen que aguantalos igual na clase porque non os poden botar fora...
Os socialistas quixeron un sistema educativo onde a mediocridade é o que se prima e non a excelencia... teñen máis derietos quenes non saben nada e no queren aprender que os que poderían aprender moito eteñen interese.

A ensinanza pública en España está totalmente d#blgtk08#esprestixiada gracias aos socialistas... por iso Pepiño Blanco ten aos seus fillos no colexio Británico. Esa é a triste realidade que non se quere ver... a hipocresía da esquerda que quere cidadáns de segunda, mentras levan aos seus fillos a caros colexios privados.

O PP tiña unha reforma educativa ben feita onde se primaba a excelencia, o esforzo e o traballo... pero a esquerda rachou con todo pra que a educación pública faiga cidadáns mediocres aos que poida manipular millor. Se un quere que o seu fillo aprenda, xa se pode ir buscando un colexio ou estituto privado nuha grande cidade. Que faiga como Pepiño Blanco, que el sí que sabe coma está o tema e por iso os seus fillos non estudan onde estudan os fillos dos traballadores.
Comentario por Peiño Blanco sí que sabe (01-12-2008 13:04)
3 Hai uns días escoitei un pedagogo, quen tamén é doutor en Filosofía, dicir que iso da cultura do esforzo é unha "chorrada" e que os estudantes non#blgtk08# teñen por que facer as cousas mediante o esforzo e o traballo, senón por propio pracer. A min paréceme moi bonito, pero non sei ata qué punto é realista.
Comentario por Covas (01-12-2008 13:20)
4 Creo que o esforzo é unha ferramenta necesaria e útil para chegar un a onde quere. En calque#blgtk08#ra proxecto hai partes que non nos gustan e é útil poder dominar a vontade nestas ocasións.
Comentario por Xose (01-12-2008 13:21)
5 "O que non traballa non come". É un lema universal que subscribiron persoas tan distintas como Santo Agustín e Lenin. A nosa sociedade non vive do aire, nin do maná, s#blgtk08#enón do traballo e do aforro", . A escola, di, "pode e debe" encargarse de sementar esta idea. "Isto non debería ser obxecto de polémica entre a esquerda e a dereita".
Comentario por Mariano Fernández (01-12-2008 13:24)
6 "a cultura do esforzo non está especialmente asumida en Galicia" onde, ao meu xuízo, "se a xente pode pasar face#blgtk08#ndo menos, faino". Pola contra, aseveró que os países escandinavos "teñen claro que hai un esforzo que facer".
Comentario por Ovidio (01-12-2008 13:27)
7 "a cultura do esforzo non está especialmente asumida en Galicia" onde, ao meu xuízo, "se a xente pode pasar face#blgtk08#ndo menos, faino". Pola contra, asevero que os países escandinavos "teñen claro que hai un esforzo que facer".
Comentario por Ovidio (01-12-2008 13:27)
8 Eu vexo a tipos coma Roel, Pepiño Blanco, Besteiro, Ricardo Varela... tipos que non deron na súa vida pau a iagua e que agora viven como Dios e explícome porque estes progres non defenden a cultura do esforzo: ¡eles non precisaron de esforzo algún pra chegare onde chegaron!
Son a mediocridade feita político, xente que se tivera que vivir da súa profesión, na vida se poderían permitir xantar onde xantan, ire nos coches con chofer nos que van, vestir os traxes que visten, viaxar onde viaxan, teren os despachos que teñen...etc, etc. Son chupócteros, parásitos que viven da política e gobernan as vidas dos máis sen ter a máis mínima capacidade nin coñecementos do que é traballar pra #blgtk08#facer algo.
Así as cousas a mensaxe dos socialistas aos raparigos é: Non vos esforcedes, facede coma nos... adicaivos á política ou liberádevos nun sindicato que o estado vos proporcionará o que co voso escaso esforzo, na vida conseguiríades.

A esquerda española e galega é incompatíbel coa cultura do esforzo, porque a cultura do esforzo implica dispciplina, traballo, sacrificio, adicación... ¡cajuen diola! se a esquerda tenlle alerxia a todas esas verbas. Así nos vai. A escola vai cara onde a esquerda quere que vaia: ao relativismo, á vidorra, ao cachondeo, ao desorden, á indisciplina, á algarada, ao desenfreno, ao todo vale, á comodidade, á festa interminábel...
Comentario por a escola é unha festa interminábel (01-12-2008 16:09)
9 A dereita que aqui berrea e como os "jabalines", que se che pillan o horto no que puxeches tánto traballo e tánto cariño, cho arrasan; e se son as nais cos seus fillos rayoncitos... ¡ ollo, coidado, !...
Como os xabarís, reproducíronse en demasía e pasaron a ocupar terreos que non lles correspondían.
Como os xabarís gustan de envorcallarse no lama, pero no da corrupción e a Mentira.
Corenta anos de ditadura foron moito tempo, sen oposición apenas, sen atrancos, ... os fillos... do egoísmo e doutros vicios, herdeiros de fortunas e privilexios conseguidos co infortunio e o sufrimento dos débiles, dos desherdados...
Hoxe consecuencia dunha transición e uns consensos mediatizados polo ruído de sabres, queren que esquezamos de onde proveñen e o que é peor queren que esquezamos de onde provimos os cidadáns deste país, queren que non recuperemos a Historia, porque eles, como vencedores xa se instalaron comodamente na súa, que non por repetida, #blgtk08#enorme Mentira é menos falsa.
Na Transición por falta de coraxe ou simplemente polo maldito posibilismo, non se lles esixiron responsabilidades, pactouse unha amnistía envelenada, que máis serviu aos seus intereses que á oposición, que se conformou con que sacasen aos preso políticos dos cárceres franquistas. Fué implicitamente unha lei de Punto Final. Volvemos ser os perdedores,... eles despois de "limpar de vermellos e masóns" este país e de encarcerar e torturado aos seus opositores, fóronse de rositas.
Isto les envalentonó e así seguen... como matóns barriobajeros.
Quizais xa non sexamos capaces de esixir xustiza no sentido material pero só por propoñerse unha Lei sobre a Memoria Histórica (de desmemoria chámana algúns), comezamos a recordar...
Estase a fraguar un movemento social que con lei ou sen ela ninguén vá a poder acalar, e por fin ao menos, esperemos que a Historia e outras Verdadades vaian poñendo a cada cual no seu sitio.
Comentario por Covas (01-12-2008 20:00)
10 Son profesora de filosfía... teñen razón os que lle botan á culpa aos socialistas de que nos centros educativos non se inculque cultura do esforzo. Os socialistas son os que na democracia española pior trataron a asignatura de filosofía. Agora inventaron educación pra a cidadanía na ESO e converteron filosofía en optativa no bachiller. É dicer, fixeron un catecismo ideolóxico pra ESO e quitaron unha asignatura incómoda no bachiller porque ensina a pensar con independencia. Estes socialistas son moi perigosos cando lle meten a man á educación e o imos pagar caro no futuro.
O dest#blgtk08#e pais co sistema educativo non se viu en ningures. Ogallá volte o PP e poña orde neste desconcerto, nesta política oportunista de tentar mellorar as estatisticas educativas facendo cos raparigos pasen de curso con tres ou catro suspensas. ¿Qué motivación poden ter así? ¿Cómo van ser responsables e asumir as consecuencias dos seus actos se por suspender non lles pasa nada? Un cachondeo.
O que esta a pasar e a consecuencia direta do que votamos nas eleccións... a educación é o que vai marcar a diferencia nun mundo globalizado e en España vamos carón ao terceiro mundo intelectual.
Comentario por Socio Educación Mediocre (01-12-2008 20:14)
11 O da burramia non é patrimonio exclusivo da esquerda, porque mirai pra o portavoz do pp en Viveiro que propón facer ¡¡¡un auditorio no Pazo de Grallal!! un tipo intelixente que nin sabe o que é un auditorio ni o que é un Pazo. Fala sen saber do que fala, pero a ignorancia é atrevida, seguro que ten un proxecto....¡co ensine carallo! ¡a ver coma se pode facer un auditorio no Pazo de Grallal!. Con esta oposición de dereitas ta#blgtk08#n ben formada e preparada teñen asegurados moitos anos na oposición senón desaparece o PP antes. Leal e tres concelleiros máis botaron peito e dixeron: coa que está caendo temos unha idea caralluda, algo impresionante, nunca visto antes, a repanocha do proxectos para o municipio: ¡UN AUDITORIO NO PAZO DE GRALLAL! ¡toma moreno! a xente do pobo quedamos "boquiabiertos"... ¡vaia alternativa a Roel tan ben preparada! ¡Incrible!
Comentario por un auditorio no pazo de Grallal (01-12-2008 20:42)
12 Regal, peganseche os de dereitas como si lles deras mel,#blgtk08# por certo, ¿Como e que casi nunca contestas a os post?
Comentario por Burela (01-12-2008 20:47)
13 "Leal también propuso al Ayuntamiento la adquisición del pazo de Grallal para dedicarlo a museo, auditorio o a otro fin sociocultural que complete el servicio que presta el recién inaugurado centro social de Covas que, según Leal, «se queda pequeno para esa poboación»" La Voz de Galicia

muy bueno lo del Pazo de Grallal para #blgtk08#auditorio... o para lo que sea, lo importante es que quepa gente dentro que el centro Socio Cultural de Covas se queda pequeño. La idea que tiene Leal de la cultura es muy profunda, se ve que el ha pisado muchos auditorios y quiere trasladar su experiencia a Viveiro.
Lo del PP de Viveiro es para echarse a llorar...¡menudo panorama!
Comentario por Un auditorio para la escula de magazos tambien (01-12-2008 22:51)
14 A que sí que parece froito deste sistema educativo tan estupendo é Cachi... O seu coa cultura, sí que é un esforzo...¿Non vos enteiráchedes do discursiño que deu na homenaxe á Chipe? ¡Váia maneira de ler! É que se o meu fillo de 11 anos lera coma ela, non tardaba un minuto en ire ao colexio de Galdo a montarlle un número ao mestre.
A concelleira de cultura de Viveiro é de vergoña allea... daban ganas de botar a correr do teatro e fuxir deste pobo. A Chipe merecía unha homenaxe con algo máis de categoría, pero é o que temos... unha concelleira que #blgtk08#non sabe nin ler e seguramente nin escribir tampouco, que dixo que non se entendía a súa propia letra. ¡qué ridículo fixo, meu deus... qué ridiculo!
Polo demáis a homenaxe foi cutre, chabacana e mal organizada... moi en plan como saben facer os socialistas estas cousas, nin puta idea. A Chipe mereecía moito máis, pero tocoulle que o organizara esta tropa e así foi todo...unha mágoa.
Por certo, Regal...¿Cando se lembrará Roel de ti pra darche a medalla de ouro que tes ben merecida polo moito que levas promocionado e traballado por Viveiro?
Comentario por Cs (01-12-2008 23:06)
15 Dámoslles máis do que necesitan e así adormecémoslles a súa vontade e a súa pauta,non valoramos o traballo que fan a diario e así atopámonos con que se abandonan e o deixan para o final". Traballar o esforzo require unha grande tarefa diaria para o profesor: "Valorar o traballo diario en clase, concretar contidos, planificar, acordar#blgtk08# co resto do profesorado sobre o que poden e teñen que facer os alumnos, adaptar o ensino ao que son os rapaces e non ao que quereriamos que fosen, valorar facer máis que recordar, potenciar o traballo cooperativo e desenvolver hábitos de convivencia podería axudar a que se desenvolvan as súas vontades,", resume como receta.Educación
Comentario por Profe de Viveiro (02-12-2008 11:08)
16 O mundo en xeral cambiou, pero neste caso considero que para mal.
Os xovenes hoxe en día esperan dos pais a tripla C, Casa, ***** e Comida.
É dicir que lle deas un lugar onde vivir, que nese lugar poida entrar a noiva e/ou a amiguita correspondente para ter sexo e que os alimentes.
Nin falar se chegan a ter fillos, con seguridade o mantemento vai parar os pais.#blgtk08#
Non che digo que todos sexan iguais, hai excepcións, porque hai novos que estudan e hai outros que traballan e estudan, pero a maioría si o son, tanto mulleres, como varóns, gústalles que lle dean todo servido, sen realizar esforzo ningún.
Si, creo que a maioría dos xovenes de hoxe non se esforzan para nada e isto é unha realidade que a vai en innumerables fogares.
Comentario por ANONIMO (02-12-2008 20:18)
17 non para nada. son mais comodos....

#blgtk08#> as cousas xa non son como na epoca dos avós!!
Comentario por Anxela (02-12-2008 20:19)
18 Bo os xovenes de hoxe non se esforzan por nada na vida porque desexan que os seus pais lles dean todo nas mans xa que moi#blgtk08#tos pais os acostumaron dese xeito.

Os xovenes de hoxe necesitan defenderse eles mesmos non depender de ninguén.
Comentario por jadis (02-12-2008 20:21)
19 Tempos pasados, aos nosos pais faltáronlles cousas cando foron educados, entón eles ao facerse pais, decidiron darlles os seus fillos, todo o que eles non tive#blgtk08#ron e máis...

Por iso agora, moitos mozos teñen tantas e tantas cousas que como tu dices...¿cómo demos lles permiten ter iso?.

Comentario por Vero (02-12-2008 20:23)
20 Entón os xovenes de agora, xa non fan nada por ter as cousas e volvéronse unhas persoas sen ideais e que todo lles vale... á fin e ó cabo, os seus pais danlles todo...

A verdade non merece un fillo que le de todo os seus pais...
eu diría, unha boa escola se, para ter unha boa educación e non ser mediocr#blgtk08#es.... pero darlles autos, tarxetas de crédito, etc.. que son super custosos.. a verdade, non pagan a pena para tanto.

Deberían os pais, de inculcarlles o gusto polas cousas caras, pero... , tamén as ganas de esforzarse, por que eles mesmos os compren, asi valorarán o artigo, envase ao que fixeron para tela.
Comentario por Vero (02-12-2008 20:24)
21 Os xovenes de hoxe son nalgúns casos mellores que os seus pais e abuelos,son mais preparados menos fanaticos dos dogmas e das tradicións corrompidas que #blgtk08#lavan o cerebro,hoy os jovenes son mais pensantes e xa non aceptan as cousas por que lles din como calquera fanatico que non sabendo o por que o acepta.
Comentario por Raul (03-12-2008 08:04)
22 Creo que a maioría dos mozos esperan todo dos seus pais e lles esixen máis do que lles dan ou poden facelo. En menor medida están aqueles que intentan conseguir as cousas por esforzo e superación propia. Todo depende da educación que recibi#blgtk08#ron e de qué xeito os estimularon dende nenos a ser autosuficientes e xeradores dos seus propios proxectos. O que todo o tivo sen facer o menor esforzo hoxe é un novo dependente e esixente, quere todo e do mellor, pero non dá nada a cambio.
Comentario por De Ortigueira (03-12-2008 08:05)
23 son cómodos,vagos,zanganos... pode que algún non,todos vólvense ao #blgtk08#racismo,e o unico que fan é criticar polo teu diñero,roupa e etc.
Comentario por Estudiante de Viveiro (03-12-2008 08:07)
24 Os novos de hoxe, non teñen cerebro e fan o que ven dende pequenos lles poñemos nas maus un movil, un ordenador portatil, un mp4, co cal silanse da calle, dos compañeiros, non necesitan a ninguén, e por suposto chupan moita tele, sobre todo series modernas dos titiriteiros de zp e compañia, non hai serie na tele que se p#blgtk08#recie que non teña, drogadicto, pai maltratador, dous gays ou duas lesbianas etc i a mais bonota e FISICA E QUIMICA da gusto ver eses anxeliños falar cos mestres, que respeto lles teñen, nos meus tempos dabanos unha ostia D Jesus o de ILDA i acabase o rollo, e ningún quedou traumatizado.

IMOS DE CARALLO.
Comentario por MARROQUI (03-12-2008 17:13)
25 Os tempos cambios antes se querias algo tenias q traballar m#blgtk08#ais, asi q non s epuede comparar, xa q as xeracións cambian
Comentario por Xente nova (04-12-2008 07:51)
26 por supuesto Amiga, cada dia la vida es mas "facil y comoda!" ajaaá!...................#blgtk08#.. antes si se partian el lomo para ser a llegar alguien o poder mantener a la familia
Comentario por Vigo (04-12-2008 07:52)
27 http://www.abc.es/20081204/galicia-galicia/policia-judicial-atribuye-alcalde-20081204.html

Alucinante. Demoledor. Roel en serio peligro de acabar en la cárcel. El urbanismo de Viveiro #blgtk08#cambió a peor con su llegada a la alcaldía. Tiene que ser la prensa de fuera la que destape sus chanchuyazos. El gran tema de debate en Viveiro es si merecemos un Alcalde tan mediocre y tan fulero.
Comentario por marujomallo (04-12-2008 09:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal