A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O MATON DA ESCOLA.......
O MATON DO COLEXIO
O matón do colexio sempre ten quen lle suxeite a carteira mentras patea ó infeliz de turno, nunca lle falta ó matón, un coro de voceiros para tocarlle as palmas e animalo mentras que lle rompe as gafas a ese crio que ten a desfachatez de ter boas notas, si algunha vez alguen osa levantar a voz airado por tanta inxustiza que se prepare, que ainda que no no escoite en vivo e en direto o matón correrán como lebres cobardes os seus sicarios a contarlle a osadía do rebelde, mientras outros cantos aprobeitan para meterlle medo cos consabidos “vaste enterar cando veña tal ou cal”……..
O matón do colexio nunca vai so, ten a sua corte de sicarios e pelotas revoloteando ó seu redor, mentras él, cal rei sol das ostias, das patadas, do insulto e do agravio pavonease diante de todos, dono e señor das vidas e ilusións dos seus voluntarios ou forzosos.
Siempre existe un sicario que señala as víctimas, un aspirante a inquisidor, un merlín de pacotilla para un rei Arturo de pacotilla, unha voz que susurra veleno nos oídos da sua máquina de matar a ilusión e as esperanzas que todo adolescente ou neno non debería perder nunca, pero que nosoutros os adultos deixamos que perdan para poderlles decir logo que non nos entendemos. E cando o merlín de pacotilla consegue inflamar o ánimo guerreiro do seu Arturo de pacotilla, siempre hai un corro, un corro de xente que anima, un corro de xente que cala e un corro dunhos poucos que apretan os puños e maldicen entre dentes pero calan ó fin, tan soio unhos poucos atrevense a solicitar clemencia do cesar do puñetazo e da ameaza para o reo convicto e confeso de ser víctima, e tan soio algun o suficientemente valente como para correr a avisar ós mestres
Esto, que lles conto hoxe sucedeume a min e sucede a diario nos patios dos colexios de todo o mundo, sempre hai un matón, siempre unhos lacaios e sempre un merlín de pacotilla, sempre hai unha victima, siempre hai a indiferencia dos moitos e a saña dunhos poucos, sempre hai medo e silenzo, sempre o sangre secase en silenzo, a ignominia con indiferencia, e a inxustiza con resignación.
O fin e cavo, estase xerando o modelo de sufrimento e dor da proxima xeración, hoxe en pleno seculo XXI, nunha democracia consolidada, seguimos sen darnos conta que á escola vaise a aprender a propia vida e non a dos santos, na escola vivese e aprendese a vivir, e que si non facemos nada para acabar dunha vez con este estado das cousas o único que se sigue a aprender e a malvivir e aceptar como normal este pesadelo de forza, maltrato e exclusión social, que logo, e eiqui ven o problema, de adultos repetirán convirtindo como sempre a sociedade e o mundo nun lugar a imaxen e semellanza do patio no que o matón campa a suas anchas rodeado pola sua corte de sicarios e pelotas, que os que fumos nenos maltratados seguimos a sufrir de adultos e vellos…sigue na vida de un tendo o matón que nunca vai soio, ten a sua corte de sicarios e pelotas revoloteando ao seu redor, mentras él, cal rei sol das hostias, das patadas, do insulto e do agravio pavonease ante todos, dono e señor das vidas e ilusións dos seus voluntarios ou forzosos, claro que as “hostias” de hoxe son doutra forma, pero doen igual ou peor.
OTERO REGAL
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-10-2006 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Non atopo o teu e-mail por ningures asi que deixoche o meu: ma#blgtk08#rinha.allegue@gmail.com

Unha aperta.
:)
Comentario por Marinha de Allegue (30-10-2006 15:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal