A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FALANDO DO OLFATO.............................
Fai tempo que non falo dos sentidos, quero decir deses cinco, do sentidiño comun....que xa saben vostedes que e o menos comun dos sentidos falo casi....casi todolos dias......
Soio decir que vexo mal...levo gafas dende os 11 anos, oio non moi ben pero o do fuciño...o ulir.....son un "Xenio"...vou pola rua ou pola corredoira e xa digo a señora Maria esta facendo guiso de bacallaou.....na casa do Castro van a comer fritura de zorza.....a Lurdes ta facendo un roscon......
Os olores.lin nun bloc de Akurion a proposta de facer un catálogo de olores blogueros donde "los participantes simplemente deberan publicar en su blog una lista de al menos diez olores tan descriptiva como les sea posible y evitando las repeticiones", tamen suxere incluir ao menos un link a otro blog participante no catalogo.

Penso eu que o olfato e o sentido con mais poder ebocador de todos, non se pode provocar pero cando nos xurde un olor, a min, e supoño que a vostedes disparanseme todolos sentidos dos recordos.....
Aporto eu eiqui....si alguen me quere seguir admitoe de boa gana.....aver si teño mais sorte que co pesqueria das BARBADAS....os olores que a min me traen recordos mais fermosos...

# O olor a pan recén feito, ainda quentiño....

# O olor a xamon cando se corta, e non ten porque ser pata negra...un dos que cria e afuma miña nai en Nois.....

# O olor a libro vello

# O olor a madeira (castaño, carballo, pino...)

# O olor a bosque húmedo, sobre todo no outono.

# O olor a herba recén cortada

# O olor a café recén feito....e recen moido

# O olor dos meus netos reén bañados

# O olor a salitre nun día de galerna

# O olor a algas podridas na ria.

Ademais tamen me gusta o olor a xente xunta, contenta e feliz....
¿E a vostedes, qué olores se amontonan tras os seus recordos?
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-10-2006 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 claro que sí........
Tamén o olor a polvo, al amor a, #blgtk08#a incienso, dunha noite ou maná de reconciliación.Un biquiño
Comentario por tua compañeira (30-10-2006 19:30)
2 bienvenido(a) al catalo#blgtk08#go de olores, saludos.
Comentario por akurion (21-03-2007 22:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal