A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NON ATOPO O MEU SITIO
Agora que os mozos guapos queren ser tan macarras como o "Duque", que pouco importa saber que París é a capital de Francia ou Brasilia a de Brasil ou a quen se debe o nome de Praza Pastor Diaz. Agora que os ximnasios, piscinas, solariuns e similares romperon o feitizo dos bares e que nas ceas máis "chulis" só hai menú de cociña de autor, sin que o autor saiba firmar. Agora que vestir ben é cinguirse, levar pezas que brilen e lucir mensaxes construídas con palabras de pouca sonada. Agora que para ver o telexornal é necesario tradutor. Que a nosa traxedia cotidoa economia incluida é cousa do Euribor, o BCE, o IPC, a EPA, o IVE, o TAE, o FMI e a traxedia política ten como actores estrelas a Rajoy e ZP. Agora que os contratos fanse por Internet (ou asesoría externa) e os futbolistas levan a extravagancia no peiteado. Agora que os reporteiros gritan a Letizia Ortiz para que saúde coa man e as crónicas dos papeis inclúen a lista da compra, a rouba interior ou a marca de condóns dun ex Gran Irmán ou xente de similar catadura.

Agora que as únicas cartas que asoman polo meu buzón de correos levan o "logo" de Caixa Galicia ou van acompañadas dunha firma fotocopiada de alguén a quen non coñezo nin coñecerei xamais Agora que a literatura e a poesía é cousa deses catro raros que aínda mercan libros e non saben "baixarse" as estreas. Agora que as frases de amor chegan ao móbil mandando un SMS ao 5505. Agora que os que saben levan estrelas e dragóns tatuados nos cóbados , tetas, cuxas e ali mesmo e as pernas e peito depilados. Agora que os nenos abúrrense sen a Play e xa non saben xogar na rúa o marro, á pita cega, a os indios e vaqueiros. Agora que a música escóitase en MP3 e “cocíñase" unha voz sen ingredentes.

Agora que as películas só son "remakes" e xa non se ve a naide na última fila dun cine cunha moza. Agora que unha copa en o Pub de moda custa máis de mil das antigas. Agora que as nenas de A Mariña -como as do Madrid de Sabina- xa non queren ser princesas e os nenos gástanse en saldo do móbil a pasta de papá, a propina da avoa e o que conseguen sisar. Agora mesmo, e co recoñecemento de que a visión escrita aquí é un pouco pesimista, xa saben aquello de que son un pesimista irredento porque son un optimista ben informado, hai días, meses e incluso anos que xa non atopo o meu sitio.
Otero Regal
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-11-2008 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 coidádevos todos moito. E permanecede espertos, ou correis o ris#blgtk08#co de perdervos cousas. A vida non ten un botón para rebobinar.
Comentario por Xoven pero non de eses que ti dis (14-11-2008 20:32)
2 Home, se polo menos as túas palabras puidesen ser entendidas con cinismo, non sei como facendo o xogo aos malotes, aínda se podería dicir que, aín#blgtk08#da que en sentido contrario, non perdes a dirección|enderezo da realidade. Pero non. As súas palabras parecen, e son que non o dubido, sinceras.
Comentario por X (14-11-2008 20:37)
3 Moi bon o da ultima fila do cine Nem#blgtk08#esio, asi que eras dos mancos Regal?
Comentario por Covas (15-11-2008 09:01)
4 Vaia repaso fas da sociedade actual en poucas palab#blgtk08#ras, o certo e que a min pasame algo moi parecido.
Comentario por Xose (15-11-2008 09:02)
5 identifícome moito con estas frases:
Botarlle un pulso a realidade.
Practica#blgtk08#r sendeirismo pola miña propia realidade.
gustaríame a mín expresarme así.
Comentario por Zeltia (15-11-2008 09:06)
6 Como el náufrago metódico que contase las olas
que le faltan para morir,
y las contase, y las volviese a contar, para evitar
errores, hasta la última,
hasta aquella que tiene la estatura de un niño
y le besa y le cub#blgtk08#re la frente,
así he vivido yo con una vaga prudencia
de caballo de cartón en el baño,
sabiendo que jamás me he equivocado en nada,
sino en las cosas que yo más quería.

Luis Rosales (31/05/1910---24/10/1992)
Comentario por Koldo (15-11-2008 09:08)
7 Chegar a ser moderadamente feliz, e que os demais o aprecien así,é a meirand#blgtk08#e victoria que un ser humano pode acadar.

Unha aperta, Regal.
Comentario por Senen (15-11-2008 09:11)
8 A vida é así, cantas inxusticias xenera as veces, cantos casos hay de xente que loitou toda a súa vida para sair adiante, tropezando e levantandose outra vez, e cand#blgtk08#o parece que por fin vai escomenzar a vivir, cando xa solo lle queda disfrutar, chegalle a hora. Ley de vida que dicen algúns, pero para o que lle toca, merda de ley
Comentario por Carlos (15-11-2008 09:11)
9 Regal,Sempre se dixo que o importante é participar, coa vida o importante é vivila...non importa tanto gañar ou#blgtk08# perder, asi que ponte as pilas e plantalles cara a esa panda de cabritos e ineptos, o meu voto telo de anteman.
Comentario por Un sociata (15-11-2008 09:14)
10 no te vayas por los cerros de úbeda. aquí lo que nos interesa es la situación pésima por la que está atravesando nuestro (tuyo poco) viveiro desde que llegaron al poder tus íntimos
además no hables tan mal de la juventud y de sus malas costumbres puesto que tú regentaste un pub y ayudaste a introducir determinados vicios por aquí pero ese es un tema del que no te gusta que te recuerden nada así que no lo haré para no herirte p#blgtk08#or lo tanto dedícate al cuchicheo y a averiguar lo que pasó por ejemplo en la reunión del psoe local aunque estoy seguro de que lo sabes de sobra así que cuéntalo porque de eso va a depender y mucho el futuro viveiro ya que en el pp no se vislumbra oposición alguna y que decir de los socios bng e iu pues nada que aunque no estén en el gobierno son cómplices de todas las tropelías del pcoe (partido comunista obrero español) de viveiro
Comentario por cerros de úbeda (15-11-2008 11:52)
11 Leyendo el comentario de "cerros de úbeda" decir que estoy completamente de acuerdo con lo que expone en relación con la actuación de Alfonso Otero Regal (entiendo que es a él al que se dirige por la alusión al pub que supongo sería el Pub Il Gattopardo) a lo largo ya no de toda su andadura por Viveiro que comenzó a finales de los 70 creo recordar, y que bien podían ser motivo para escribir un libro, sino, más bien en relación con su actuación política de desestabilización del gobierno de turno con no pocas falsedades e insultos que en#blgtk08# más de una ocasión merecerían algo más que pasar página, hasta que allá por el 2003 llega al poder un gobierno municipal amigo suyo y todo son paños calientes hasta hoy en día ofreciendo una imagen penosa y llena de rencor y lo que es peor de apoyo a esta panda de incompetentes que nos ha tocado sufrir desde dicho año lo que desde mi punto de vista lo convierte en un cómplice de todo lo que está pasando por estos lares.

P.D.: Lo del PCOE (Partido Comunista Obrero Español), de Viveiro es genial.

He dicho.
Comentario por yo mismo (15-11-2008 20:10)
12 La comunidad de este blog siempre esta hablando cosas de este gobierno que es no se que, que es no se cuanto que es comunista pues no se yo si será o no, pues a cualquiera de nosotros o a cualquier asociación, para cualquiera subvención publica nos piden estar al día con las deudas a la administración y sin emb#blgtk08#argo, a la asociación prepotente, perdón quiero decir privada del casino de viveiro, se le pasa por alto dicha norma.
¿No será que los que nos gobiernan a los de a pie tanto antes como ahora pertenecen a esa asociación?

http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2008/11/16/0003_7318139.htm
Comentario por xose (16-11-2008 13:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal