A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AO ALCALDE DE FOZ
O alcalde de Foz, José María García Rivera (PSdeG-PSOE), reiterava ontem que cedia o local do antigo hotel Bahía para abrir um jardim de infância, «nom uma galescola». O concelheiro do BNG, Xoán Carlos González Basanta, reafirmava a necessidade da «galescola» para avançar na normalizaçom lingüística, sem que isto signifique «que outros idiomas nom sejan admitidos e respeitados».
Ata eiqui a noticia........manda carallo con Don Xose Rivera....eu nacin en Nois parroquia do concello de Foz fai mais de medio seculo...ou sexa un neno de aldea....que os 10 anos foi para o colexio Martinez otero de Foz, facer o bachillerato, a capitalidade do concello, ou sexa a vila....e os fillos dos señoritos de Foz cansaronse a rirse de que eu falaba galego ou con moito esforzo unha especie de castrapo.....a razon de aquelo era que meus pais non me chamaran de pequeniño niño, bebe, Alfonsito, senon Alfonsiño, neno neniño etc etc ....Miña nai ainda oxe costalle moito chapurrear o castelan...e galega falante, labrega e por certo Don xose votante sua...pois ela soie decir que e socialista porque o mamou.....son un neno que tivo o galego como lingua materna...logo estudei e cando andaba polos 17 castrapeaba que daba xenio verme...e foi en Barcelona, donde fun a estudar donde me din conta que eu tiña unha lingua, coma eles, unha musica, coma eles, unha bandeira coma eles e unha cultura diferencial coma eles........Pero esa e outra historia.....Soio decirlle que como neno de aldea pertenecente ao concello de Foz, xa sabe ustede aquelo de que "A unica patria do home e a sua infancia" que decia Rilke, lle pido que faiga posible que os nenos de Foz que sexan galego- falantes seus pais ou queiran selo, poidan ter unha "GALEGO ESCOLA" ou como se chame, os que non queiran xa teñen garderias abondo donde lles falan outro idioma...que tamen se pode aprender e outros mais...o saber non ocupa lugar.....Mire o peor do asunto e o que me sucede a min co meu neto maior...Vive en Santiago...vai a escola publica, por convicion,quizabes a unha zoa humilde como VITES, el que tamen lle chamaron neniño, Leonciñño, meu ben.....ten como maestra a unha señora que se nega a falar en galego o neno e que ademais solta na crase un mitin donde fala do seu deus, enseña a sua relixion e enderriba dicelle o pequeno que os pais teñen que estar casados para ter fillos...e que seus pais viven en pecado....eso si que e un delito Don Xose, o outro non, o outro e facer pais, e dicello alguen que e todo menos nacionalista radical....unha aperta.
Otero Regal
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-10-2006 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Eu tampouco acabo de entender esta nova postura de Rivera, porque cando aceptou sabía perfectamente en que consistían os proxectos de Galescola (nos que por certo non#blgtk08# se vai a discriminar a ningún neno porque fale castelán).
De tódolos xeitos se a rexeita hai máis concellos na Mariña que seguro que a reciben de bon agrado.
Comentario por A Randeeira (25-10-2006 14:21)
2
Comparto a caraxe¡¡ eu tiven un pouco mais de sorte cando ía á escola en foz , tiven moi bos mestres e a meirande parte deles galego falantes . Agard#blgtk08#o que as cousas non mudaran muito no colexio público , enfín e de Rivera...son de agardar estas saídas comezando por unha paxina web do concello en castelán...
Comentario por arrigadeira (25-10-2006 18:57)
3 Parece mentira que en pleno seculo deci...vintaun h#blgtk08#axa xente coma esa mestra. En fin.
Un saudo.
Comentario por paideleo (25-10-2006 19:38)
4 Esta caste de reaccións estáse a debullar paseniño un apartheid lingüístico no que compre xustificar permanentemente cada aceno, cada paso, no exercizo dun dereito civil básico como é educarse e vivir con normalidade no i#blgtk08#dioma pròprio do país que, no noso caso, se acha nunha situación de desavantaxe obxetiva alarmante. Fico pasmado ante a pasividade das institucións, da sociedade civil, dos profesionais da educación e dos valedores varios
Comentario por krauzer (25-10-2006 21:23)
5 Se as opinións d@s do outro lado da ría valen Galescola Xa!!!.
Emocioneime cando falaches de Ri#blgtk08#lke ainda que pareza unha cursilada é certo.

Unha aperta e agradezo a visita.
:)
Comentario por Marinha de Allegue (26-10-2006 00:27)
6 Contobos...que lle mandei o escrito por email o señor alcalde de#blgtk08# Foz...espero que o leera.....polo de agora non contestou......
Comentario por Otero Regal (26-10-2006 11:05)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal