A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MANDAROMO HOXE..................................
Para publicar no teu blog,se che gusta

A mente non ten limites e a imaxinación é gratis, por iso deixa que che medren as ás........

, atrévete a deixar fluir o ser divino que mora no fondo da ialma de cada un...Soña cun mundo mellor sen matanzas de inocentes animais nin famentas terribles, nin guerras absurdas.

Se moitos millóns de persoas crean coa súa mente un mundo ideal para todos,quizaves poidamos deixarnos levar por esa purpúrea corrente cósmica facendo da nosa cotidianeidade a máis fermosa realidade, porque ó fin e o cabo, non depende dos gobernos , nin da economía nin das relacións públicas, nin da maxia nin sequera dos astros, non meu amigo,a felicidade, os logros , a paz e a satisfación que logremos alcanzar, depende únicamene de nosoutros, do que somos capaces de imaxinar.

Así, amigo, mentras tanto medrae medra a lúa,guiñando un ollo desde as alturas,hoxe un raio violeta,mañá quizaves sexa roxo ou amarelo.

Noso entorno , é o momento de arranxar o estropeado, deixemos que o corazón acepte o desafío de deixarse levar polos ventos do cambio.

Prepara os teus feitizos,queima sagrados incensos e ilumina con velas o camiño dos teus sonos, todo é posible, só debes sacalo medo da túa equipaxe. Así o camiño que conduce ó proximo abrazo ,ó seguinte bico ou á esquina dun novo sorriso estará despexado....O único pasaporte vixente nestes tempos sorprendentes é aquel que poda certificar que somos seres e que aínda podemos amar e soñar

Admiradora anónima

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-10-2006 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal