A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

QUERO SER PARVO
Un pai pregúntalle a un fillo nunha reunión familiar que quere ser de maior. «Eu de maior quero ser parvo , papá», responde o rapaz. «Como que parvo? Anda, que queres ser de maior?», insiste o pai un pouco avergoñado de que o rapaz non escolla ser médico, inxeñeiro ou avogado. «Parvoo, papá, quero ser parvo», incide o crío. O pai, moi mosqueado, grítalle e remángase a camisa. Cando está a piques de sacar o brazo a pasear, xa que tiña a man lixeira e aínda non entrara en funcionamento o do maltrato familiar, o neno contéstalle: «Eu quero ser parvo porque ti sempre me dis: “mira ese parvo que coche, mira ese parvo que casa, mira ese parvo que rapaza, mira ese parvo como viste, mira ese parvo mandando os fillos a unha universidade privada…”».

É un conto -aínda que por escrito perde graza pero un tampouco e a chave das noces para contalo-, pero me vén ao xeito para falar das envexas e dos prezos do éxito e a iniciativa. E é que se trata dunha enfermidade moi común nesta sociedade mariñan nosa. Tal vez por ser unha bisbarra pequena, para o que despunta nela sempre hai un ‘agasallo’. Se é novo é un listillo, se ten don de xentes é un paiaso, se é divertido é un borrachín, se é intelixente é un ‘enterado’, se é moi traballador é un aburrido e se é muller -e encima guapa- nin volo conto.

Pero se pode ir máis aló. A iniciativa está moi mal vista en moitos postos de traballo. Para o que propón solucións ou ideas tamén hai ‘recadito’ (ás veces por parte dalgún xefe que ve a poltrona en perigo). Alguén me dixo fai tempo unha frase que teño apuntada na miña mesa: O que non serve de nada é o que non se fai. E ao que pretende facer algo se lle castiga. Déixaselle só, táchaselle de mal compañeiro, pónselle trabas inverosímis Todo por non mover un dedo de máis ou por non recoñecer unha idea brillante. Así, o panorama está cheo de comentaristas dos desastres dos demais que nunca achegaron a nada. Si, home, eses de «se xa o dicía eu ». Eses mesmos que teñen preparado o ‘non se pode’ ou o ‘non vai saír ben’ antes , de nin siquera , escoitar a proposta.
Pero nos últimos anos temos outra “costume típica destas terras” casi tanto como a gaita, o bombo e o pandeiro, e de que si alguén sae da mediocridade, sobre todo no tema económico, enseguida ben a acusación a man que tira a pedra e logo se esconde dicindo aquello de “Andache na droga, que o sei eu de boa tinta”.
Acabo o sermón de hoxe con outra frase: «A envexa é unha declaración de inferioridade». É de Napoleón, si home aquel, pequerracho el que sempre aparece rascásdose o baixo brazo .
Otero Regal
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-11-2008 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1
Un dos problemas emocionais máis frecuentes, a envexa adoita definirse como a tristeza polo ben alleo; un sentimento desagradable que se produce ao percibir noutro algo que se desexa e que dificulta o desenvolvemento do que o sofre e as súas relacións cos demais.

Mestúr#blgtk08#anse emocións de natureza contraditoria, por exemplo, o desexo de ter o que outro ten, a admiración polo que outro conseguiu, a dor por non telo, a indignación por considerar inxusta a diferenza que se observa ou a incerteza por non entender a que se deben as diferenzas que producen a envexa.
Comentario por Isacc (03-11-2008 11:43)
2 Xa o decia Quevedo :La envidia va tan fl#blgtk08#aca y amarilla porque muerde y no come.
Comentario por Covas (03-11-2008 11:45)
3 O conto parec#blgtk08#e de Eugenio.
Comentario por Xose (03-11-2008 15:12)
4 Donde eu traballo temos de ese que #blgtk08#non fan nin deixan facer a esgallo.
Comentario por Adolfo (03-11-2008 15:13)
5 vin desvanecerse as miñas ilusións por momentos. sentín que a impotencia e a rabia contida apoderábase de min. E case me acovardei de non superar as dificultades.sentín pena e mágoa pola xente sen escrúpulos, sen principios éticos ou morais, pola xente que mata ao mensaxeiro que lles leva as novas de solidariedade e benestar.Que difícil fala, murmura, comenta. E mánchanse a lingua con palabras de mentira, rompendo todo o que tocan, deixando nauseabundos cheiros etílicos por onde pasan.

Din que o bobo é o que menos medo ten ao ridículo. Pero hai poucos sabios e moita#blgtk08# xente con gran desenvoltura, que afirman sen saber e presumen sen ter, que falan sen dicir nada, que se aproveitan da boa xente, que ata se rodean de seguidores fieis que acaban despeñándose nun mar de confusións. Son sembradores de odios. Son nada. E danme pena.

?Obras son amores e non boas razóns?. Basta ver os que fai cada cal para coñecer o seu verdadeiro prestixio. Por que hai xente que non fai nin deixa facer? Por que eses destrutores salvaxes da dignidades humana, da honradez, da bondade? Son mortos da sociedade, o último chanzo cara á súa propia destrución.
Comentario por Xuan Carlos (03-11-2008 20:02)
6
Xeralmente o Chisme e as Murmuracions veñen acompañados da adulancion e o trafico de influencias para conseguir prevendas e#blgtk08# escalar posicións , isto e o que prostitue os meritos e adtitudes convirtindose a Meritocracia, no
bo sentido da palabra.
Comentario por Currante (06-11-2008 13:48)
7 RECHACEMOS EL CHISME, LAS MURMURACIONES, #blgtk08#LA ADULANCIA Y EL TRAFICO DE INFLUENCIA.
Comentario por Alcoa (06-11-2008 13:49)
8 falndo de murmuracions que paso con Melchor e Amor ¿s#blgtk08#eparanse?.
sei que lles anda mal o matrimonio.
Comentario por marroqui (06-11-2008 17:03)
9 Os gaivoteiros abriron aos comentarios a súa páxina web cun articuliño moi interesante sobre o desgoberno socialista en Viveiro; rematano facendo unha pregunta: ¿Cr#blgtk08#ees que Roel da a talla coma Alcalde de Viveiro?

A min paréceme que é un bon tema de debate, porque hai moitos socialistas que empezan a ter dúbidas.
Comentario por pirixel non é un sono (07-11-2008 23:46)
10 Os do PP elles mellor estar calados con o que esta caendo...Por culpa dos negocios #blgtk08#de os AJAS un cento de pisos de Lodeiro son ilegais, e no Valado pasa outro tanto.
Comentario por Covas (08-11-2008 20:36)
11 Para Pirixel, e certo Melchor e casi tan mal alcalde como aja, pero existe unha gran diferencia e que Melchor non se leva #blgtk08#nada e aja era como esas cousas vermellas que se fan con carne de cocho e pimento, en algunhas casas dinlles longaninzas.
Comentario por Un autentico sociata (08-11-2008 20:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal