A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS MANDAMAIS DA CAIXA NON QUEREN REBAIXA
A Dirección subiuse os salarios un 69% nos últimos tres anos, coincidindo co cambio de modelo organizativo e de xestión posto en marcha en Caixa Galicia. Nin a crise económica e financeira convenceunos da necesidade de ser austeros.

No ano 2005 arrancaba un cambio de modelo de xestión e organizativo da Caixa de Aforros, un plan con repercusións sociais e laborais que foi denunciado en todo momento dende a CIG, como un proceso encuberto de reconversión e bancarización da Entidade. Agora podemos afirmar que co cambio, a cultura do pelotazo chegou a Caixa Galicia.

A Comisión de Dirección cobra 8.017.000 euros

En total as retribucións totais da alta Dirección de Caixa Galicia, as declaradas ante a CNMV, pasaron de 4.754.000 de euros no ano 2004, a 8.017.000 de euros no ano 2007 (1.333.000.000 das antigas pesetas), un incremento total dos salarios da alta dirección da Caixa de Aforros de Galicia dun 69% no prazo de tres anos.

Este importe é equivalente a un 12% do orzamentado para a Obra Social, 8 millóns de euros en retribucións fronte a 67 para esta última.

Nin o estoupido da crise económica e financeira no ano 2007 foi capaz de impoñerlle austeridade á cúpula directiva da Caixa de Aforros; como xa denunciamos anteriormente ese ano subíronse os salarios un 27%.

Pero a suba do ano pasado non foi excepcional, dende o ano 2004 ata o 2007 as retribucións salariais do persoal da alta Dirección subiron un 51% pasando dos 4.172.000 euros no ano 2004 aos 6.326.000 euros declarados ante a CNMV no 2007.

Maior foi a suba dos compromisos post-emprego, cun 162%. Pasaron dunha achega de 582.000 euros no ano 2004 ata os 1.525.000 euros do ano 2007. Non é posible coñecer o importe acumulado total por estes conceptos, xa que ante a CNMV non figuran declarados os mesmos.

Hai que subliñar que, mentres a maior parte do persoal da Caixa Galicia ten dereito a unha achega do 5% do seu salario para un Plan de Pensións de Emprego, a achega aos compromisos post-emprego da alta dirección sitúase no 24% anual.

Unha retribución moi superior á de Caixanova

A retribución da Comisión de Dirección de Caixa Galicia é moi superior á retribución da de Caixanova que está situada na nada desprezable cifra de 5.379.000 euros. Ainda que non é menos certo que a retribución desta última baixou significativamente dende a "xubilación" de Julio Gayoso como Director Xeral.

Gayoso actual Presidente Executivo de Caixanova, figura que non existe na lexislación galega, non recibe salarios, malia que si axudas de custe por participar nos órganos de goberno da Entidade, non foi posible confirmar si tamén as recibe por participar en Consellos de Administración de empresas participadas.

En todo caso Caixanova na súa Memoria Anual 2007 declara a existencia de contratos blindados, malia que non os declare ante a CNMV.

Cobran dúas veces por facer o seu traballo.

Se no ano 2004 non se declaraban ingresos a favor do persoal da alta dirección de Caixa Galicia por formar parte de Consellos de Administración das empresas participadas, no informe correspondente ao ano 2007 figuran 166.000 euros. Cobran 166.000 euros por representar externamente á Caixa Galicia, un traballo polo que xa reciben o seu correspondente salario.

Para que logo veñan aprobando un Código Ético de obrigado cumprimento para o persoal, familiares e achegados.
CHEGOUNOS ESTO E COMO TAMEN SOMOS CAIXAGALICIA POIS POÑEMOLO, FALTARIA PLUS.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2008 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Que cousas!. Eu pensei que estes da "al#blgtk08#ta dirección" facíano todo por jobi...
Comentario por Chousa da Alcandra (24-10-2008 22:02)
2 Xuraría que fixen un comentario hoxe á tarde sobre este post, no que me sorprendía pola falta de altruismo q#blgtk08#ue eu lles supoñía aos membros do Consello das Caixas. Cándido de min, que pensaba que o facían de balde!!!
Comentario por Chousa da Alcandra (25-10-2008 00:53)
3 Unha vergoña, en tempos de crise, paro e peche de empresas e#blgtk08#stes "listos" seguen a cobrar riñonadas por facer ben pouco.
Comentario por Anonimo (25-10-2008 08:52)
4 O caso da CAIXA GALICIA non é insólito. Endesa pagou 22,131 millóns de euros –no 2007- a administradores e directivos desa empresa. A cúpula directiva de Endesa, q#blgtk08#ue encabezaba Manuel Pizarro –máis tarde número 2 por Madrid na lista electoral do PP-, se foi forrada á súa casa ou a outras suxestivas aventuras empresariais...
Comentario por Xesus de Breogan (26-10-2008 08:26)
5 xesús de breogán non mixtures as empresas privadas coas que levan c#blgtk08#artos públicos para sair das súas crises
non tés nin idea
Comentario por nin idea (26-10-2008 21:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal