A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A AREALONGA DE NOIS
Eu nacin no punto central do norte da provincia de Lugo un 27 de Xunio do 1952, en Nois, que e o punto equidistante entre Viveiro e Ribadeo e entre a ponte de o Barqueiro e a de Vegadeo.
Fun neno alindando as vacas e chamando o carro nas terras e montes da ladeira do Acibro, acompañei a meus pais a recoller a olga na praia de Arealonga, e tamén a pescar polvos en unhas covas que en marea baixa están nunhas penas no centro do areal, seguin as diversas obras que se fixeron no lugar para evitar os desbarramentos do vial ata o mar, algunhas moi curiosas como o de suxetar a escolleira con aramios que ó pouco efurruxaron e voltou o problema.
Xa non tan neno, a miña curiosidade recaeu na zoa central do esbarramento, ali despois dun temporal, por certo cando facia moito mar os viciños de Demoroi, dician que “bruava” o mar na Arealonga, quedaban troncos e raices de árbores ó descuberto e de cor negro, petrificados, entre eles unha mestura de terra ou barro mouro, moi plastico e tamén caolin e areas de feldespato, xa estando en Barcelona, recollin anacos daquelas terras para facer provas cerámicas con eles, e descubrir que tiñan ata un 90% de materia orgánica.
Ag ora a praia da miña infancia está tódolos dias nos papeis que din que aquelo e un depósito de restos fósiles, de 120.000 anos de antigüidade, e que despois de moitas declaracions en un e outro xeito os organismos implicados, xunta, concello, costas e universidade chegaron a o acordo que permitira protexer as turbeiras da época cuaternaria da praia de Arealonga, que se vían afectas polas obras de acondicionamento do areal que xa estaba executando Costas.
Aquelas terras negras, casi plasticas que de neno descubrin na prai da miña parroquia teñen unha grande importancia xa que son un depósito de turbas negras e grises, de orixe cuaternaria e único no noroeste de España, a través do que se pode interpretar a historia xeolóxica do litoral galego, especialmente a época de última glaciación de Würm.
Así, a intervención da Dirección Xeral de Conservación da Natureza permitiu, a pesar de que o proxecto xa estaba tramitado e iniciado, acadar un acordo que permita conservar o depósito fósil, pero quero resaltar que a miña humilde cuota que aporto cada mes a Adega tamén axudou no asunto xa que a asociación ecoloxista Adega foi quen pediu tamén salvagardar o xacemento. Os traballos de “paseo maritimo” levaranse a cabo na parte oeste da praia, respectando os cantís máis elevados da zona leste, onde está representada toda a secuencia estratigráfica do depósito.
Por fin o “sentidiño comun” que tan pouco abonda cando se fala de paseos maritimos na bisbarra ,aquí ten unha impronta, espero agora que os mesmos organismos recuperen unha liña situada entre A Rapadoira e LLAs donde debaixo de o esquelete dun chalet de novo rico se agacha un anaco dun dos mellores castros da zona.

Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-10-2008 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Boa praia e mel#blgtk08#lor xente nela
Comentario por Paco (04-10-2008 10:08)
2 O "sentediño comun Regal non creo que llles entre ahora#blgtk08# os nosos politicos, nin de esquerdas nin de dereitas .
Comentario por Covas (04-10-2008 10:09)
3 Dame a sensación de que te paras pouco a ler as anotacións, e paréceme correcto. O que non me parece tan correcto é que fagas comentarios sen entender o que poñen as anotacións.



Sinceramente, creo que hai moito que cambair na política na Mariña... pero tamén cre#blgtk08#o que habería moito que cambiar na mentalidade da xente , por exemplo, en ti. Ti, que o único que fas é atacar á xente por ser dun ou doutro partido, queres desmarcarte , pero caes na mesma guerra. Entras no xogo 'das dúas españas', pero ese é outro conto... que igual tiñas que ler un día...
Comentario por Amigo (04-10-2008 10:15)
4 Regal,dales caña y no te cortes,casi siempre tus comentarios son acertados,y ell politico de por aqui es un lobo con piel d#blgtk08#e cordero,detras del cordero no se esconde más que un trepa que nunca consiguió nada a pesar del más que palpable peloteo.
Comentario por Alcoa (04-10-2008 10:17)
5 tén un enorme interese científico, que xa na decada dos sesenta puxera de manifesto o xeólogo francés, Henri Nonn, ao descubrir a existencia de varios depósitos de turba na desembocadura d#blgtk08#o río Ouro, en Fazouro (Foz). Estes traballos de investigación son continuados polos investigadores Brosche (alemán) e G. Mary (francés) e, máis tarde, polos profesores Díaz Fierros e Saá.
Comentario por Vispo (04-10-2008 10:23)
6 Grazas aos traballos destes científicos, continuados no 2002 polo laboratorio de Botánica e Bioxegrafía da Universidade de Santiago, hoxe sabemos que o areal de Arealonga constitúe unha singular estructura xeolóxica na que podemos ver un primeiro nivel de cantos rodados, correspondente a un areal fosilizado do penúltimo período interglaciar (uns 120.000 anos), e sobre este nivel unha sucesión estratificada de turbeiras e areal, de enorme importancia para o estudo paleoclimático, paisaxístico e ecolóxico, en relación cos rexistros de toda a área de montaña que alimentaba de arrastres á zona do areal.
A pesar deste insustituible interese científico, a Dirección Xeral de Costas pretende construir un enorme muro de formigón para soster o acantilado o que implicaría a ocultación e inacesibilidade deste singular xacemento xeolóxico no que podemos ver toda a longa historia bioclimática dos últimos 120.000 anos.
Según teñen manifestado xente da Universidade trátase dun atentado contra da ciencia e a cultura que, por outra parte, non vai máis que para gastar un millón e medio de euros, pois tamén este muro e o seu paseo, da mesma forma que sucedeu co muro anterior, acabará por ser derruído pola forza do mar e o empuxe do propio acantilado. Co fin de explicar aos veciños de Fazouro e Foz os valores científicos e didácticos deste xacemento xeolóxico do areal de Arealonga, organizada pola Asociación Pomba do Arco de Foz, tivo lugar onte, día 17, ás 8:30 da tarde, no local social de NOIS,#blgtk08# unha aula informativa a cargo do profesor de Botánica da Universidade de Lugo e Director do Ibader, D. Pablo Ramil.
Dende ADEGA saudamos con satisfacción esta iniciativa e sumámonos á proposta da Universidade de solicitar de Costas e do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño a sustitución deste proxecto agresivo por outro que poña en valor este areal de Arealonga como monumento xeolóxico e como recurso cultural e didáctico-científico para a povoación en xeral, e moi especialmente para a comunidade estudantil.
Estamos convencidos, ademais, de que este Areal, debidamente posto en valor e adecuadamente promocionado, pode constituir un recurso económico-turístico de maior interese que a propia praia, e neste sentido agardamos que o concello de Foz e os veciños de Fazouro e Nois, despóis da explicación que onte escoitaron do profesor Pablo Ramil, se sumen tamén a esta iniciativa.
Sería imperdonable que un xacemento xeolóxico tan extensamente coñecido e tan especialmente valorado pola comunidade científica de todo o mundo poidese quedar soterrado baixo dun muro de formigón. En tal sentido, ADEGA ténse xa dirixido tanto a Costas do Estado como a Consellería de Meio Ambiente solicitando a revisión do proxecto para facelo plenamente compatible coa conservación e posta en valor deste xacemento xeolóxico do areal de Arealonga e para o que xa temos solicitada a declaración de Monumento Natural ao amparo do disposto na Lei 9/2001 de conservación da Natureza de Galiza.
Comentario por Adega (04-10-2008 10:23)
7 A delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente confirmou que os supostos "bloques de chapapote" que apareceron na praia de Arealonga, na parroquia de Nois (Foz-Lugo), son en realidade "turbeiras" dun gran valor ecolóxico, dado que teñen máis de 80.000 anos de antigüidade.

Aínda que aínda se descoñecen as causas que provocaron que estas formacións quedasen á vista nesa zona da costa lucense, Medio Ambiente traballa coa hipotésis de que as mareas vivas que se rexistran nesta época do ano arrastrasen unha gran cantidade de area da praia, ata deixar ao descuberto as turbeiras.

De feito, o delegado provincial de Medio Ambiente en Lugo, Eduardo Vidal Baamonde, anunciou que a consellería acordoará a zona e establecerá un sistema de vixilancia para evitar que os curiosos poidan provocar danos irreparables nestas formacións.

A aparición destes grandes bloques, de cor negra, provocaron unha importante alarma na costa de Lugo, porque os veciños do lugar pensaron que se formaron por restos de fuel do petroleiro Prestige, que as mareas arrastraran ata a praia. Algunhas autoridades locais, ao coñecer a noticia, ata se prestaron a enviar ao lugar brigadas de limpeza.

As turbeiras fórmanse logo dun proce#blgtk08#so de miles de anos en superficies onde o encharcamiento constante do chan impide a descomposición dos vexetais, que se van acumulando e crecendo en espesor, ata entrar nunha primeira fase de fosilización.

Un xacemento único
O profesor titular do departamento de Produción Vexetal do campus de Lugo (USC) Manuel Guitián é unha das persoas que mellor coñece a formación de turbeiras da costa de Lugo. Hai aproximadamente quince anos, acompañaba a Pablo Ramil, actual director do Instituto de Biodiversidade Agraria (Ibader), cando as descubriu na praia de Arealonga, de forma totalmente fortuíta.

Posteriormente, estas formacións foron obxecto de varios proxectos de investigación das universidades de Santiago e Vigo sobre os cambios na cuberta vexetal de Galicia, así como dunha tese doutoral. Guitián explicou que as turbeiras de Arealonga son en realidade grandes bloques de turba que se desprenderon por mor da forza das mareas, pero que non ven habitualmente, dado que se atopan por baixo do nivel do mar.

En calquera caso, deixou claro que non existen en toda a fachada atlántica europea formacións que acheguen unha información tan valiosa para os estudiosos como a que ofrecen as turbeiras da Mariña lucense.
Comentario por Un de Nois (04-10-2008 10:27)
8 O mundo, querido amigo será dentro de pouco #blgtk08#"Todo a Euro". etica, estetica e moralmente.
Comentario por Xose (04-10-2008 21:41)
9 Fun a Lourezá a inaguracion e non fuches. Queria falar contigo#blgtk08#, eso si contemplei a tua obra e lin o teu texto PAISAXE AZUL.
Comentario por N (04-10-2008 21:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal