A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS PULPOS E OS POLVOS
O gusto polo Pulpo e, dende logo propio de toda a terra galega, dende o interior, onde non se celebra feira que se precie sin o cefalópodo como co-protagonista dun bó trato ata a costa, donde o “bicho” sacou a mais dun e de dous da terrible fame que as bisbarras de rente o mar sufriron ó largo dos séculos, para falar desto e de outras cousas, son boas as tabernas de tertulias, ali descubrimos fai tempo que os máis vellos dicían "polbo", (pooolbo), cunha ó longa, e si acaso "polpo", Falan os bellos escritos do oficio de "polbeiras". Quizabes ese complexo de inferioridade idiomatica que arrastramos por estes lares, nas relacións co mundo da feira, cos maragatos e arrieiros varios orixinaron que o nome quedara en "pulpo", que según Felipe Senen ven do latín, "polipus"= "polpo" = "pop" (en catalán) = "pulpo"= "polbo" ou polvo que soa a “polfo” en portugues do norte, que non é máis que o galego con un grado superlativo de querencias e sensualidades.
Cando estaba eu a escribir este articuliño con motivo do dia primeiro do Naseiro, adicado ó polvo, e non e que este feito quede postergado nin prohibido ós demais dias, pois Noriega Varela xa deixou dito aquelo, “FASTE NOVICIA EN VALDEFLORES E VACANTE NO NASEIRO” adicado as nenas en edade de merecer de Viveiro e bisbarra. lin nos papeis que os “pulpos teñen seis brazos ou raxos e duas pernas, Ata ahora creiase que todos os raxos eran o mesmo pero ahora seique, mirado ben a cousa catro son para a propulsion e outros catro para manipular obxetos, mira ti por donde, igualiño que os politicos do meu pobo.
Pero os estudiosos do asunto van mais alo, os bichiños teñen unha intelixencia de carallo, distinguen as cousas e ata manipulan obxetos pequerrechos como o cubo de Rubik, pese a sua intelixencia, pasalles como a un servidor non conqueriron resolver ese rompecabezas.
Pois ben, a pesares dos nomes do bicho, das suas duas pernas e seis brazos, que parecen unha deusa indú, da sua intelixencia, nosoutros os do Finisterre de Europa, seguemos a comer nel cunhas ganas e gusto que aquel amigo meu americano e veciño do Bush, ou seña de Texas nunca entenderan, nin falta que fai, non vaia a selo demo que lle collan gusto e suba o precio do polvo igual que o petroleo.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-09-2008 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Ola, gústame o teu blog e encántame o título.
Falando do polvo, do pulpo:http://es.wikipedia.org/wiki/Imagen:Dream_of_the_fishermans_w#blgtk08#ife_hokusai.jpg

Tamén te invito ao meu blog:
www.erotomana.com
www.susanamoo.com
Saudo e noraboa polo post
Comentario por susanamoo (05-09-2008 19:03)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal