A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A QUE HORA E A ACTUACIÓN NAS CATEDRAIS?
Agora que a enchente turistica está de camiño ás súas vivendas habituais, mais aló da Xesta e o Xistral, o mes de Setembro é moi diferente tanto en calidade como en cantidade, e hora de contar algunhas das curiosidades que por omision ou descoñecemento protagonizan os nosos turistas de estio.
Xa contei algunha vez o presenciado por min na praza maior, acercase un grupiño de foraneos a estatua do egrexio escritor viveires e poñense a leer a placa: Pastor diaz corbelle, e de pronto o mais “listo” do grupo dille o resto: si home si este foi o fundador do Banco Pastor. Pero os veráns que un leva tendo contacto cos veraneantes , e xa son moitos, enchen unha alforcha de disparates similares ou, si cabe peores.
A Praia das catedrais é, quizaves un dos sitios que centralizan as visitas en verán, e encol dela fanse as mais peregrinas preguntas: ¿A que hora es la actuacion de las catedrales?, ¿Las catedrales pueden visitarse de noche?, En ese playa de las catedrales se oficia misa?, ¿De que siglo son las catedrales?, ¿Para ver las catedrales tiene que cogerse un barco? Vamos a ver las catedrales, eso esta en Ribadeo, o sea en Asturias, no?.
Claro que los indigenas tambien , con nuestras comedias veraniegas ayudamos en demasia a generar la confusion, La Queimada de Cervo o cosa similar que se celebra en Viveiro y casi en cada nucleo de poblacion que se precie originan el desconcierto y las preguntas curiosas: ¿Eso de la Quemada es una obra de teatro? En la queimada danzan desnudas las meigas?¿A qué hora ponen la queimada en Viveiro? ¿Podia contratar lo de la queimada con brujas y todo para una boda?? ¿Tienen un mapa donde aparecezcan los sitios donde se hace lo de las meigas?.
O da toponimia tamén ten a sua complicación, dos turistas non habituais que chegan a Viveiro pola estrada da Gañidoira o 30% acaba chegando a aldea de Viveiro en plena serra do Xistral, alguns incluso sofren un cabreo de moito cuidado pois eles pensaban que viñan a unha vila monumental, con prais e aquello son catro casas e unha casa de comidas, pero esta equivocacion non é nova. Algun ministro e tamén a algun conselleiro pasoulles o mesmo.
Os nomes das rúas ou de lugares tamen crea barullo nas mentes estresadas dos foráneos: Chove por Xove, Estaca de Barres, Fuez, La cueva de la Virgen por a cova da doncela, San Juan de Dios por san Juan de Covas.
Y otras cosas curiosas como aquel que protestaba que habia ido al monte faro y se sentia estafado porque alli no habia faro ninguno, o el que aseguraba a sus compañeros en plena cima del monte San Roque y delante de la placa que recoge el voto al santo “San Roque nacio aquí en Viveiro, en una cueva que existe debajo de la capilla”.
Claro que as confusions tamen xeneranse por parte da administracion, asociacions e malos politicos, asi despois do festorro de disfraces que alguen bautizou como mercado renacentista, alguns visitantes creian a cegas que fora en Viveiro donde desembarcara Carlos I de España e V de Alemania xunto coa sua dona cando chegaron por primeira vez a peninsula, ou aquel outro que preguntaba, ¿Dónde esta o palacio de doñaa Urraca? o el cristo que chora sangue, que supoño eu que se trata do Santo Cristo do torrellón que tan ben retratou Garcia Doriga nun longo poema. E moitas mais cousas podiamos contar encol da iñorancia e malos entendidos dos visitantes en estio, a ultima xusto de onte, Como aquí se hace mucha ceramica, ¿Dónde estan las minas de porcelana? ¿Se podian visitar?.

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2008 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 "arde Viveiro" ten moito que traballar pra lle chegar se quera aos tobillos a Viveiro Debate. Os artigos daquel blog estaban moi ben feitos e documentados. Tan é así, que estade moi atentos as vosas pantallas, porque hai un que vai ser un auténtico quebradeiro de cabeza para Melchor Roel. A fiscalía anda a investigar e ten xa datos demoledores. Roel ten razóns sobradas para andare moi preocupado porque o do Lodeiro non vai ser nada en comparanza con esto. non me estrana que ande afogando as súas penas de festa en festa... a cousa apreséntase moi crua para Roel, se os de Viveiro Debate #blgtk08#quiseran seguir cas súas pesquisas e co seu bo traballo ían recoller loubanzas a mareas, porque deron moi ben no cravo. Por sorte para Roel deixaron todo, polo que parece. Pero xa digo, alí investigaronse cousas que van dar que falar e senón a o tempo.
Por certo, hai un tal eu que non sabe quenes eran Marx, Lenin e Stalin... pois que mire algún libro de historia pra que vexa que por exemplo Stalin foi o maior xenocida da historia da humanidade. Lenín trouxo a pobreza a Rusia. Marx inspirou unha ideoloxía que alín onde se pon en pratica solo trae pobreza, desgracias e miseria.
Comentario por ollo ao que se aveciña (31-08-2008 12:42)
2 Hoxe celébrase en todo o mundo o día do blog. Parece ser que se escolleu a data do 3108 porque é a que máis se parece á pal#blgtk08#abra "blog", xustamente. Os blogueiros temos hoxe deberes: recomendar os blogs de 5 colegas e facer algún festexo especial
Comentario por Covas (01-09-2008 13:34)
3 Unha de regalo: ¿Dónde puedo#blgtk08# comprar semillas de berza?
Comentario por Xose (01-09-2008 13:39)
4 Anótalle estoutra escoitada "in situ" en Augas Santas polos ouvidos da miñ#blgtk08#a vella: "Vaya mierda catedral que no tiene ni altar"

Saúde
Comentario por Queco Jones (04-09-2008 10:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal