A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os promotores piden edificar en liña de costa porque os turistas non veñen a Galiza
Os promotores piden edificar en liña de costa porque os turistas non veñen a Galiza "a comer pementos de Padrón"“ ¡¡¡¡¡Manda carallo na Habana¡¡¡¡
"Poñer portas ao ceo”. Descrición reivindicativa do sector promotor inmobiliario ante o novo Plano do Litoral, que establece como prohibición e delito a edificación nos primeiros cincocentos metros da costa. A Federación de Promotores de Galicia (Feproga) vén de remitir un comunicado aos medios no que se mostra moi contundente contra esta medida impulsada pola Consellaría de Política Territorial. Para eles, é unha medida “absurda”, e cren que a Xunta “está afundido ao país”.

O presidente deste organismo, Javier Garrido, considera que Galiza vai perder “grandes expectativas de desenvolvemento” en zonas como a Costa da Morte ou A Mariña de Lugo. Como xustificación ás súas demandas, botan man da comparativa: como a costa mediterránea está “demasiado saturada”, o noso país podería “absorber un novo mercado turístico residencial”.

"Para sermos competitivos temos que apostar polo turismo e pola oferta de vivendas de segunda residencia, porque a xente se vén a Galicia é pola súa costa non a comer pementos de Padrón", sentencian.

Mentres tanto, a Caride volveu ratificar hoxe que o Plano de Protección do Litoral entrará en vigor antes de maio de 2009, cando conclúe o prazo de vixencia da Lei de Medidas Urxentes que impide novas accións urbanísticas na franxa costeira de 500 metros.

Respecto diso, asegurou que o plan definirá metro a metro a protección da costa galega en función das características de cada zona, de modo que se definirá onde se pode baixar dos 500 metros e onde non, en función das características de cada lugar.
Comentarios (20) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-08-2008 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
20 Comentario(s)
1 O único que tiñan que reclamar os promotores é que en toda Galicia poideran facer como Blanquito e outros socialistas galegos que mercaron pisos e áticos nunha promoción urbansística na Illa de Arousa que está a 20 metros da praia. Como oides, ¡a 20 metros da praia!
Os socialistas predican para os demais que edifiquen a 500 metros da costa, mentras os mandamases deste partido, que tiña que chamarse sociolistos, mercan a 20 metros da praia. O alcalde da Illa de Arousa é tamén socialista e tmén mercou nesa promoción que se ten feito con Touriño de presidente da Xunta. É caralludo que teñamos que ler aos progres dar leccións aos demáis, mentras eles fan o contrario do que predican.

Blanquito é un xeta deses que pululan por esta España Nuestra... criticou a indemnización a Pizarro e dixo del cousas que non valen pra ver. Blanquito vive nun chalet na zona máis exclusiva de Madrid e os #blgtk08#seus fillos non estudan na ensinanza pública senón no Colegio Británico. Mentras o seu partido lles mete aos galegos o galego pola gorxa coma o aceite de ricino e marxina o castelán, Blanquito, que é galego, leva os seus fillos a un colexio pra que estuden castelán e inglés.
Blanquito é un socialista deses que gustan de vivir coma socialistas...por iso merca un ático na illa de Arousa pra as vacacións de 150 metros cuadrados, questá a 20 metros da praia e que lle custou máis de 360.000€ (60 e pico millóns das antigas pesetas).
Esto é o que hai amigo REgal, mentras ti predicas, os teus viven coma marajás pretendendo dar leccións de ética aos máis. Eu che pido un pouco de ecuanimidade...se os leaderes socialistas queren casas a 20 metros da praia, ¡porqué carallo eu teño que tela a máis de 500 metros! Aquí ou fodemos todos ou a puta ao río, ¿non si? Esa é a cuestión.
Saude e sorte.
Comentario por unquepasabaporaqui (26-08-2008 23:29)
2 E logo o da xente en pe#blgtk08#lotas que ten que ver?
Comentario por Xan (27-08-2008 13:47)
3 A protección da costa pode ser relativa. A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, explicou este luns que os cincocentos metros de protección do literal son “unha referencia”. Proba disto é que, segundo explican dende o Goberno, “nalgunhas partes vaise ir máis aló e noutras baixarase”.

Caride fixo pública a relatividade da norma nunha visita á Illa da Arousa. Así, subliñou que naqueles lugares de especial interese natural a protección poderá superar os cincocentos metros pero tamén deixou claro que haberá zona#blgtk08#s con condicións especiais que non terán que cumprir esta distancia e incluso outras “en contornos urbanos” que só terán que gardar unha distancia de vinte metros.

As declaracións da conselleira teñen lugar poucas horas despois de que representantes dos promotores criticaran a normativa. Segundo Caride, “cada un ten os seus intereses e os da Xunta é defender os xerais”. A máxima responsábel de Política Territorial reiterou que o compromiso é que as normas urbanísticas da beiramar estean en vigor antes do vindeiro mes de maio.
Comentario por Esto tamen.. (27-08-2008 13:56)
4 Claro gaviotero claro, que os gobernantes do PP son sinonimo de honr#blgtk08#adez, transparencia e anticorrupción, jajajjajajaja, mira isto anda:
Comentario por Covas (27-08-2008 13:57)
5 O asunto está ben claro: os políticos fan a vista gorda e trincan o que poden, os xuices fan o mesmo prevaricando de maneira noxenta...
#blgtk08#>
Os cidadáns están divididos polo medo e pola miserable propaganda: uns votan e calan, mentres que os outros preparan a resposta.
Comentario por Xose (27-08-2008 13:58)
6 Que nos queda?
PSOE, PP a mesma merda!
Agora o BNG xa está coa merda.
Eu cheo de frustracións.#blgtk08#r /> Pois non queda outra que a abstención.
É ben triste pero estamos secuestrados por esta falsa democrácia.
Comentario por rita (27-08-2008 13:59)
7 Escoitar aos promotores dame arrepíos, por non decir algo máis forte. Son auténticos ladróns e terroristas. Xa está ben de roubar. Non chegou con inflar e especular durante anos, que aínda queren máis. Teñen o morro de decir que hai que promover as segundas residencias para os "m#blgtk08#adrileños". E os galegos que non podemos nin siquera ter unha na nosa terra? Quen lles vai parar os pes a estes?
E logo saen os gavioteros de turno coa sua farandula....de momento os políticos do PP foron os mais ladróns (pero sobre todo porque sempre tiveron máis poder).
Comentario por Druida (27-08-2008 14:00)
8 O representante dos construtores díxoo claramente: nalguns países de europa mesmo se construe enriba da auga e ninguén se estraña!

Así q xa sabemos o q keren, cons#blgtk08#truir enriba da area: é a lei da oferta e da demanda. Pois eu demando q os metan no cárcere directamente, comezando polo portavoz e tras del o resto de PPaifocos q os sustentan.
Comentario por K (27-08-2008 14:01)
9 O dos "promotores" é patetico, levan anos fomentando o pan para hoxe e fame para mañan. Por cada metro de costa (e de territorio)no que poñen as suas mans, xeran un/unha emigrante. Galiza non se vende.
Temos que conquerir que en vez de facer patria na rede a fagamos na rua e no noso entorno social. Non son do BNG, teño as miñas grandes diferencias con eles, pero non é ético#blgtk08# metelos no mesmo saco co PP eo PSOE. De momento son os únicos que teñen a Galiza no primeiro posto da sua actividade política. Se queremos mudar as cousas non podemos enterrar a cabeza e quedar na casa. Temos que posicionarnos e defender as nosas ideas todos os días, non cada catro anos, e no día a día traballar coas persoas decentes e sinceiras que todavía existen no noso país.
Comentario por Chilindrin (27-08-2008 14:02)
10 Dende logo tedes gaña de darlle caña a conselleira. A conselleira, polo que eu entendín, é que non se vai construir a menos de 500 m. en todo o territorio, salvo en lugares concretos donde eso xa é imposible.

E ese imposible é nos cascos urbáns de cidades e vilas xa co#blgtk08#nsolidados, como por exemplo en Viveiro cidade, a ninguén se lle vai ocorrir prohibir construir na Avda.da Mariña que está a menos de 500 m. da costa, ou noutras vilas como Mugardos, Sada, Laxe, etc., onde as edificacións destes cascos urbáns xa consolidados están a menos de 500 m.
Comentario por Vizoso (27-08-2008 19:08)
11 o Regal puxo a xente da foto en coiros porque asi os deixaron as#blgtk08# hipotecas tras comprar a os construtores da bisbarra o pisiño.
Comentario por Viveires (27-08-2008 19:10)
12 Eu estou dacordo co primeiro comentario. Se os socialistas poden mercar a 20 metros da praia, eu tamén quero... ¿Porqué Blanquito pode e eu non? En Viveiro hai moitos sitios, Area, Covas, Celeiro... eu quero que todo o mundo seña igual ante a lei... se os lexisladores poden mercar a 20 metros os cidadáns normais e correntes tamén. Pero a verdade é c#blgtk08#os lexisladores o que queren é cos cidadáns normais merquen a máis de 500 metros, namentras que eles se reservan sitios privilexiados e fan tinglados pra viviren a 20 metros da praia. A primeira liña de praia é pra os socialistas que son quen mandan...os do BNGeee reservanse a segunda... e o resto a máis de 500 metros. Así é o progresismo leninismo.
Comentario por sociopraias (27-08-2008 23:41)
13 Podian , xa postos construir, na praza maior, total #blgtk08#xa a teñen a maior parte do ano feita un galiñeiro.
Comentario por Covas (28-08-2008 14:45)
14 Tamen podian construir na parte de diante do OMEGA, xun#blgtk08#to a piscina, asi D.Melchor quedaria sin vistas al mar.
Comentario por Covas (28-08-2008 14:46)
15 Que alguén me conte cantos metros hai de distancia domar, os chales adosados do rio de Loiba, ou do famoso hotel de mais arriba, e sen embargo nas fincas que hai entre eles non se pode nen facer un muro de cerre, pois non hai carretera de separacion entre o mar e os chales.
Na mentres que o edificio que esta o lado do cuartel parte del creo que tivo problemas. En#blgtk08# Lodeiro os edificios de colores estiveron parados a ultima fase, por posible afectación de costas, e sen embargo os da carretera de av. Ramon Canosa que estan perto da ria seguen adiante.
Cando que ali mesmo encima das penas e mais separado estan as columnas dunha casa familiar que non deixou facer costas. Todo eso pode verse. ¿Qué alguen mo explique?
Comentario por xose (28-08-2008 22:11)
16 Estache caralluda a páxina wes que fixeron os gaivoteiros. ppviveiro.com é interesante e moi ben feita. As novas tecnoloxías empregadas con intelixencia poden ser unha gran arma de difusión ideolóxica. O PP co futuro#blgtk08#...¿e o PSOE de Viveiro? estes andan co proletariado aínda e relendo a Marx, estudando a Lenin e poñendo en práctica as tecnicas de Stalin. Roel, Amor e Cal reinterpretan a historia, o futuro importalles un carallo.
Comentario por ppviveiro.com (29-08-2008 10:49)
17 seique no naseiro case lle dan nas costas ó rafaelito#blgtk08# e ó mario ¿que hai de verdade e que hai de mintira?
Comentario por falemos do naseiro (29-08-2008 23:35)
18 pois si que houbo algo diso pero eu como non taba por alí non debería de opinar posto que oin varias versios e prefiro manterme o marxe pero seria interesan#blgtk08#te que os que o viron desen as suas versios o que esta craro e que foron duas liortas e non unha soa
unha o sabado pola noite e outra o luns a tarde
Comentario por algo houbo (30-08-2008 13:21)
19 Menudas palabras lle dedican os do BNG ó alcalde de Viveiro, ó estilo Viveiro debate.
O que non tén éxito ningú#blgtk08#n é o novo blog "arde viveiro", que o debe facer tamén algún ex- miembro de viveiro debate, porque é do mesmo estilo.
Comentario por Cantalapiedra (30-08-2008 17:36)
20 Pp viveiro.com, por favor, non utilices t#blgtk08#ermos que non entendes... (Marx, Lénin..)
Comentario por son eu (30-08-2008 17:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal