A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O MAR....,AMOR PRESENTASE EN VIVEIRO
Paco Rivas e Otero Regal Teñen o pracer de invitar a Vde. á presentacion da carpeta
O MAR……., AMOR.
POEMAS DE PACO RIVAS E AUGAFORTES DE OTERO REGAL.
Acto que terá lugar o vindeiro Venres, 15 de Agosto ás 21 horas na Caseta de actos da
FEIRA DO LIBRO DE VIVEIRO situada nos XARDINS NORIEGA VARELA
Agradecendolle de anteman a sua presencia.
O MAR…, AMOR.SON POEMAS DE PACO RIVAS E AUGAFORTES DE OTERO REGAL
Rematouse de imprimir o 12 de Agosto do 2008.
No torculo dos obradoiros de REGAL XUNQUEIRA Por
Andrea Castro Abad.
Con unha tirada de 60 exemplares
Numerados do un a o 60 e firmados polos autores.
Ademais cada unha das laminas esta numerada e firmada por Otero Regal.
O MAR…, AMOR.
Así pensei en titular cada unha destas carpetas formadas ou conformadas por unhas fermosísimas láminas de Alfonso Otero Regal e por uns cantos poemas - espero que tamén vos parezan fermosos – escritos por min.
Otero Regal e eu; eu e Otero Regal, criámonos a carón do mesmo mar de Nois, rente ao mar do xogaral da Raxoa, do areal da Borneira…, bebendo sempre da brisa que nace na Orxal. Os dous somos fillos do mesmo mar. Os dous somos, polo tanto, dalgunha maneira, irmáns… Ben, medios irmáns se queredes…
Os dous somos de Nois e os dous adormecimos máis dunha vez – máis de miles de milleiros de veces-, arrolados unhas veces polas nanas que nos cantaba a brisa, outras, polo bruar do vento e das vagas que o mar espallaba – e aínda espalla -, polo Acivro, pola Barrosa, por Candín e Monte Faro.
O Mar e o Amor están ligados, que xa os fonemas son os mesmos – tan só unha pequeniña variante na colocación dos mesmos marca a diferencia (o mar/amor)-. O son é moi parecido e os dous – esta é unha teoría miña á que non hai que facerlle moito caso- nacen das ondas, das vagas, cando, con galerna ou aruxiño de nada, o mar desfaise no areal, no xogaral ou mesmo no peloural ou nos cantís, e deitase na praia ou contra os cons... Escoitade: o marrrrr… amorrrrr… ¿Soan así ou non soan así? …¡Xa volo dicía eu!
O Mar e o Amor, tamén están moi presentes na vida, e polo tanto na Obra de Alfonso Otero Regal. Tamén na miña vida. Tamén na miña Obra… Tamén nos meus versos o Mar bebe do Amor, o Amor bebe do Mar…
Ese mar que tanto nos deu a ámbolos dous – a Alfonso e a min -, ese mar que tanto nos ten quitado a todos – e que tanto nos segue a quitar ás veces -; ese mar é capaz de facer espertar os soños na ollada do artista, na ánima do pintor, do ceramista, do poeta, e mesmo de todos e todas os/as que o saben mirar.
De aí o título destas Carpetas: "O MAR…, AMOR". De aí que estas Carpetas cheiren a salseiro, a brisa maina, a galerna, ao lene asubiar do vento e a beizos de orballada. De aí que dous homes de Nois, dous homes da Mariña, dalgunha maneira fillos do mesmo mar – do mar de Nois -, xuntemos os nosos soños para presentárvolos formando ou conformando un todo, nun carabelo de soños, nun carabelo de beixos vestidos de láminas preñadas de maresía; de poemas cunha vaga de mar na ollada…
Desde este mar de Nois, desde este mar dos nosos soños – de Alfonso Otero Regal e máis os meus -, que esta Obra, ou este conxunto de Obras, sirvan, entre outras cousas, para que ao espertar empecedes a soñar - non esquezades que dormido soña calquera -, e que sintades – coma nós-, a brisa morna das auxías dun mar calmo na vosa ollada.
Sede felices…, e aínda máis.
Desde o mar de Nois no mes de agosto do ano 2008-08-04.
Paco Rivas.



Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-08-2008 07:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 A PESARES DE QUE NON SON ASID#blgtk08#UO A ESAS COUSAS ALI ESTAREI.
Comentario por covas (14-08-2008 14:37)
2 60 exemplares seguro #blgtk08#que e regalado Regal
Comentario por X (14-08-2008 14:38)
3 Manda carallo, ahora #blgtk08#tamen poñen anuncios.
Comentario por Xose (14-08-2008 20:12)
4 Hola compañeros , hace tiempo que llevo ojeando varios blog, y me han parecido temas muy interesantes. Yo me he animado a formar parte de este mundo tan #blgtk08#interesante. Mis pasos serán lentos, (espero que al principio , ) en realidad estoy aprendiendo . Bueno de momento me he atrevido que no es poco, saludos
Comentario por LOLI GALLEGO (15-08-2008 09:47)
5 Bonito post, entre literario#blgtk08# e metafísico. Felicidades.
Comentario por Diego (15-08-2008 09:49)
6 Sigues deleitandonos con os teus dibuxos fantasticos, vin as#blgtk08# ultimas ilustracions dos libros de Xoan Neira eres increible
Comentario por Maka (15-08-2008 09:51)
7 A ciudadano flaco todo #blgtk08#son pulgas literarias…
Comentario por X (15-08-2008 18:03)
8 La poesía es un arma... - Gabriel Celaya
Para Paco Rivas y Otero Regal
La poesía es un arma cargada de futuro

Cuando ya nada se espera personalmente exaltante,
mas se palpita y se sigue más acá de la conciencia,
fieramente existiendo, ciegamente afirmado,
como un pulso que golpea las tinieblas,

cuando se miran de frente
los vertiginosos ojos claros de la muerte,
se dicen las verdades :
las bárbaras, terribles, amorosas crueldades.

Se dicen los poemas
que ensanchan los pulmones de cuantos, asfixiados,
piden ser, piden ritmo,
piden ley para aquello que sienten excesivo.

Con la velocidad del instinto,
con el rayo del prodigio,
como mágica evidencia, lo real se nos convierte
en lo idéntico a sí mismo.

Poesía para el pobre, poesía necesaria
como el pan de cada día,
como el aire que exigimos trece veces por minuto,
para ser y en tanto somos dar un sí que glorifica.

Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan
decir que somos quien somos,
nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno.
Estamos tocando el fondo.#blgtk08#r />
Maldigo la poesía concebida como un lujo
cultural por los neutrales
que, lavándose las manos, se desentienden y evaden.
Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse.

Hago mías las faltas. Siento en mí a cuantos sufren
y canto respirando.
Canto, y canto, y cantando más allá de mis penas
personales, me ensancho.

Quisiera daros vida, provocar nuevos actos,
y calculo por eso con técnica qué puedo.
Me siento un ingeniero del verso y un obrero
que trabaja con otros a España en sus aceros.

Tal es mi poesía: poesía-herramienta
a la vez que latido de lo unánime y ciego.
Tal es, arma cargada de futuro expansivo
con que te apunto al pecho.

No es una poesía gota a gota pensada.
No es un bello producto. No es un fruto perfecto.
Es algo como el aire que todos respiramos
y es el canto que espacia cuanto dentro llevamos.

Son palabras que todos repetimos sintiendo
como nuestras, y vuelan. Son más que lo mentado.
Son lo más necesario: lo que no tiene nombre.
Son gritos en el cielo, y en la tierra son actos.

Gabriel Celaya.
Comentario por Poeta (15-08-2008 19:15)
9 Si todos os que leen o teu blog gratis che mercaran unh#blgtk08#a carpeta pagandoa...hoxe esgotarianche osw exemplares.
Comentario por Xose (15-08-2008 19:17)
10 Se todos os que lle lamedes o cu a regal lle mercárades a carpeta vendería nunca máis de seis ou sete porque sempre sodelos mesmos s con#blgtk08# distintos colares e cada vez menos porque a xente estase decatando do rostro que ten este tipo que xa é un clon do pernas e a sua dona.
Comentario por para Xose (16-08-2008 12:43)
11 La primera vez ,que escuche a Paco Rivas,fue en mi pueblo en san Ciprian,senti una sensacion como hacia años no habia sentido ,no vi hombre que transmitiera tanto sentimiento,al leer una de aquellas poesias con las que me conmovio,me emociono y me llego al alma,tanto en la calidad de su escritura ,como en la calidad de expresion,se nota que de esa manera quiere llegar a sus lectores, como cualquier escritor ,pero no todos lo consiguen como tu PACO RIVAS,lo escribo con mayusculas.
Emocionar,transmitir,y #blgtk08#llegar al alma del que te escucha ,no es tan facil,aunque una este receptiva para ello,solo tu sabes hacerlo,no me extraña que Ana tu mujer te idolatre,no es para menos,te lo mereces ,sigue asi.Emocionando he ilusionando.
atte:Maika.
P.D-He hido a foz ,a la presentacion de tu libro,entre Nois y Pena Orxal,como tu decias¿que hay entre Nois y Pena Orxal?toda una vida,y yo digo,de puros sentimientos,tu eres sentimiento,que dios te guarde para que sigas dandonos tan buenos momentos para tu lectura.
Comentario por Maika (02-12-2009 15:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal