A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O QUE SE DICE POR ESOS MUNDOS GALEGOS
Unha Galiza preocupada pola crise pero que aínda non sente directamente os seus efectos. Así debuxa a situación a enquisa 'Clima Social de Galicia' da Presidencia da Xunta, controlada polo PSdeG, presentada este martes en Santiago.
“Tese Pepe Blanco”
A investigación indica que a Xunta sálvase de ser sinalada como responsábel do problema económico, que o PSdeG sería o máis votado nunhas autonómicas e que os galegos prevén que a economía e a política irán peor dentro dun ano. Datos todos eles que, en principio, aconsellarían aos socialistas adiantar os comicios galegos ao outono, tal e como especulou esta fin de semana Pepe Blanco no 11º Congreso do PSdeG e non desbotou espresamente o presidente da Xunta o luns en rolda de prensa.
O secretario xeral de Análise e Proxección, Xosé Manuel Rivera, insiste en que os galegos non ven a crise como algo propio, malia estar preocupados por ela. Así, o 57 por cento perciben a situación económica como mala ou moi mala. Os cidadáns tampouco son optimistas para o futuro, pois unha porcentaxe similar, o 54 por cento, estima que a economía do país irá a peor dentro dun ano.
Algo parecido pódese dicir da avaliación da política, o 32 por cento pensa que a situación é mala ou moi mala. Dentro dun ano, o 33 por cento estima que as cousas irán a peor.
A culpa é do mercado e do Estado
Con todo, máis da metade dos enquisados aproba a xestión da Xunta. Unha nota superior á que recibe o Executivo que comanda Zapatero, que é aprobado polo 41 por cento. Só o 1,2 por cento dos galegos considera ó Goberno de Galicia o máximo responsable da actual situación económica. As culpas van para fóra, pois o 41 por cento dos enquisados manifesta que son os mercados internacionais os que teñen máis responsabilidades fronte ó 22,3 por cento que responsabiliza ao Goberno do Estado.
“Máis presencia” do PSdeG
Outro bo dato para os socialistas galegos é que Touriño é o líder galego máis valorado, cun 5,49 sobre 10. Quintana recibe un 5,04 e Feixóo un 4,4.
En canto á intención de voto directa, o PSdeG superaría ao PPdeG en dous puntos, 23 por cento sobre 21 por cento. O BNG andaría polo 13 por cento mentres que Esquerda Unida anda polo 1 por cento. Iso si, case un de cada catro enquisados non sabe aínda a quen votaría nas autonómicas.
Xosé Manuel Rivera explica que a intención de voto directa é “practicamente igual” a de enquisas anteriores. Con todo, indica unha intención de voto “un pouco inferior para o BNG” , “máis presencia” para o PSdeG e estabilidade no caso do PPdeG.
Preocupa o paro
“A falta de traballo” é a principal preocupación dos galegos, pois sinálana o 31 por cento dos casos. “Percíbese a crise como algo xeral pero as nosas familias síntese menos afectadas na súa situación particular”, insiste o secretario sobre os datos recollidos en xuño e xullo deste ano.

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-07-2008 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 regal eu creo que sería un bon tema o da droga para intentar axudala xu#blgtk08#ventude que ten o norte perdido ainda tás a tempo de axudar a mais dun
Comentario por falemos da droga (31-07-2008 10:30)
2 Eu creo questa enquisa é unha proba más de como manipulan os socialistas cos cartos de todos. Cando non fan propaganda manipulan enquisas.

Eu digo que se cando haxa eleccións, ben en novembro ou ben en marzo, o resultado difire en moito do que marca esta enquisa manipulada, o tipo ese que a fixo tería que dimitir ipso facto e con el todo o seu equipo e quen o nomeou. En Galicia nótase, e ben que se nota, a crise. En Galicia sube o paro, a xente está cada vez máis farta do cristo que hai na sanidade... en educación só fan propaganda e logo recortan en cousas necesarias coma transporte e proximidade dos centros educaticos aos rapaces do rural, en pesaca a conselleira está facendo un dano ao sector do que tardará anos en recuperarse (o plan acuicola que paralizou e que fixo emigrar millóns de euros en inversións a Portugal), a Presidencia da Xunta e unha axencia de colocación de amigolos do PSOE (ían eliminar non sei cantos altos cargos e incrementouse o número no máis alto da historia desde que existe a Xunta)... isto a groso modo e sen entrar nas consellerías do BNG que son as maís clientelares e derrochadoras (qué dicir desa fatura de #blgtk08#máis de 1000€ en mojitos na Habana nunha feira do libro para a que a consellería de Cultura levou un séquito de máis de cen persoas a gastos pagos).
A xente sabe ben o que está a pasar en Galicia a pesar do ocultismo dos que van de goberno progresista. Só se derrocharon cartos e tentouse derribar todo o que fixo Fraga (bastante máis traballador, capaz, e con máis carisma que Touriño). Eu ríome da enquisa isa. Eu ríome por non chorare xa que é outro exemplo de como se quieman os cartos públicos. O PSOE é unha desgraza alá onde goberne. En España traen de novo outra crise económica. En Galicia non fixeron nada de nada... non teñen en catro anos nin un só proxecto co que botar peito. En Viveiro so festa e carallada.
Nin no BNGeeeee dan crédito a semellante esperpento de enquisa que está feita só para ver se poden cambiar algo a percepción dos galegos. Se hoxe houbera eleccións o PP estaría de novo preto da maioría absoluta.... e o PSOE a anos luz de ser a forza máis votada. Se teñen o que hai que ter PSOE e BNG para lexitimarse coma bipartito que se apresenten en coalición a eleccións, xa verían a patada no cu que lles ían dar ¡OS GALEGOS!
Comentario por SOCIOMANIPULADORES (31-07-2008 16:05)
3 Esto quere decir que o PP seguira na oposicion outros catro anos, ten me#blgtk08#recido unhas largas vacacions despois de tantos anos no poder absoluto.
Comentario por Xose (01-08-2008 08:37)
4 ¡Sorpresa¡ Este articuliño, que e mui interesante, resulta que casi non ten comentarios, aqui un analisis serio da situacion politica non interesa, todos os comentarios van directamente a o insulto#blgtk08# e atacar o goberno de Viveiro , ou a xente con nome e apelidos, Regal modera o asunto ou esto cada dia parecese mais a outro sitio, non censures pero borralles os insultos e as alusions persoales.
Comentario por Covas (02-08-2008 09:41)
5 A enquisa do CIS parece que contradice moito a farfullada esa que se fixo en Galicia cos cartos de todos pra darlle ao psoe virtualemnte o que non acada realmente. Os sociomanipuladores andan desatados. En todo caso se o CIS da empate téccnico é que o PP xa está por diante. É lóxico... a xente está farta de mentiras masivas coma as que contaron Solbes e Zapatero... e agora fan ministro a SEbastán un tiburón das finanzas cunha ambición desmedida que toma decisións políticas que perxudican aos cidadáns e benefician as multinacionais eléctricas. Eso son pol#blgtk08#íticas sociais, sí señor.
Por certo en Galicia, gracias ao PSOE-BNG, Fenosa xa non é galega, R vai deixar de selo, FADESA deixou de ser galega e afundiuse, Pescanova ten que levar a maior piscifactoría de producción de rodaballo do mundo de Galica a Portugal, et, etc, etc...aquí o único que fai o bigoberno é enchufar amigolos na adminstración e incrementar exponencialmente o número de altos cargos. Pero a xente xa se deu conta de todo e por iso, a pesar das manipulacións da retroprogresía, queren cambio e que volte un goberno serio e responsábel.
Comentario por unquepasabaporaqui (02-08-2008 10:30)
6 Hoy en día, podemos decir que hemos cambiado nuestra forma de consumir alcohol, pasando de un consumo moderado de pequeñas cantidades (normalmente de vino), a una ingesta elevada de bebidas de alta graduación durante el fin de semana, que en muchos casos desemboca en borrachera. En el inicio de este hábito de consumo, ejerce un peso considerable la presión del grupo de iguales, o del entorno social en el que se mueven los jóvenes y, por supuesto, la influencia de los medios de comunicación, que sólo nos muestran el aspecto atractivo de las bebidas alcohólicas. Pero también la familia tiene un papel importante, promoviendo desde la infancia la adopción de hábitos y costumbres saludables y fomentando el desarrollo personal de sus miembros.

Las personas interpretamos el mundo a través de la familia, nacemos y crecemos en familia y a través de sus reglas y las experiencias que compartimos, sobre todo en nuestras primeras etapas, aprendemos a relacionarnos con nuestro entorno; el barrio, la escuela, los amigos o la sociedad en que vivimos. Educar en materia de drogas por tanto, no es una responsabilidad exclusiva de la escuela, la comunidad o el estado. La educación desde la familia ha de ser una tarea constante, en la que todos los miembros (no solo los padres) han de implicarse, para evitar o retrasar en lo posible el consumo de drogas, tanto legales como ilegales.

La prevención desde casa se asienta en la comunicación como espacio de aprendizaje. Un espacio que apoye el pensamiento crítico, en el que se refuerce la expresión de opiniones y sentimientos, la responsabilidad personal o la autonomía y que proporcione el clima adecuado para el diálogo sobre drogas o la petición de ayuda en caso de problemas. En ocasiones puede que no compartamos las opiniones de nuestros hijos o hermanos, pero no debe#blgtk08#mos caer en la trampa de juzgarlos, menospreciarlos, o sacar conclusiones anticipadas. Es importante hacerles entender que aunque no estemos de acuerdo con su planteamiento, somos capaces de comprenderlos y de ayudarlos a buscar una solución alternativa.

Otro elemento clave para prevenir el consumo de drogas desde la familia, radica en el mantenimiento de normas y valores familiares claros, coherentes y consistentes, que transmitan la importancia de mantener estilos de vida saludables, que potencien la toma de decisiones, las actitudes responsables respecto al uso de drogas y el respeto a la libertad individual, a través de la negociación progresiva de las normas y límites, para adecuarlos a la edad y el nivel de responsabilidad de cada miembro de la familia.


El problema de las drogas no distingue sexo, edad o nivel económico y no hay una fórmula que nos garantice el éxito a la hora de prevenir el abuso de sustancias, tal vez por ello el mejor modo de proteger a aquellos que queremos, sea el compromiso. Ser padres, hermanos, amigos…comprometidos activamente en la tarea de educar, informar y prevenir en materia de drogas. Enseñar y aprender de los que nos rodean, a hacer un buen uso de nuestro tiempo de ocio, abierto a alternativas saludables que diversifiquen nuestros intereses y aficiones y que no limiten el tiempo libre del fin de semana, al ocio programado de las discotecas, los pubs y los centros comerciales, donde es más fácil experimentar con las drogas. Y finalmente, estar atentos a todos aquellos factores de riesgo que aumenten la probabilidad del uso y/o abuso de drogas, para detectar el problema en etapas tempranas y ofrecer una intervención adecuada utilizando, en su caso, los recursos que nos ofrece la comunidad a través de sus profesionales, centros o asociaciones de ayuda.
Comentario por Mª Carmen Segura Díez (03-08-2008 09:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal