A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O HOME DO MALETIN...............
O HOME DO MALETIN
Nun lugar da Mariña, nome do cal non quero lembrarme, vivía un empresario do sector do ladrillo, entendase promotor e constructor, dos de cartos no banco a esgallo e edificios feitos e a facer a montons, miola antigua, aiga potentote e corredor Una ola de algo más vaca que carneiro, lantellas os venrres, algún “marisquito” de egadididura os domingos,. Frisaba a edade do noso protagonista cos 60 anos. Era de complexión recia, seco de carnes, enjuto de rostro, gran madrugador y amigo das camiñatas. Tiña un sobrenombre, que non bamos desbelar, Pero esto importa pouco para o deenrrolo do noso conto, basta que na narración dél non salga un punto da verdade.
O noso bon home, tiña problemas con algun dos edificios que estaba a medio construir, dera alturas a esgallo sin ter enconta as normas bixentes de protección do patrimonio, cos cambios na politica a nivel local e autonomico, as cousas cambiaran un pouco e como decian os da nova troba cubana “Chegou o comandante e mandou parar”, tiña o bon home que desfacer parte do que fixera o que a nivel de cartos lle estaba a causar unha boa dor de cabeza.
Nin corto nin perezoso o noso protagonista lembrou bellos tempos e seguindo a masima de “Todo home esta no mercado….o unico que cambia entre uns e outros son os cartos que pidan”, tiña el boas e amplas experencias o respeto en tempos pasados, preparau a estratexia, pideo unha entrevista co politico de turno que el pensou podia arranxarle o problema , e o dia pactado aparecu no despacho do mandamais vestido con chaqueta e cun maletin na man, fixeronlle pasar e cando entrou saludou o politico e indicoulle que queria solucionar o entorto, e de seguido fixolle senales o politico co mao e dixolle espere, sacou de debaixo da chaqueta u folio de cartulina donde en letra ben grande podia lerse : 60.000 EUROS PARA BOSTEDE E 30.000 PARA O PARTIDO, todo elo en silencio, sin despegar os labios, desta forma non podian grabarlle, non fora o demo, que o fixeran e a cousa fora a peor, o politico quedou estupefacto, acolloado e casi lle da un patatus, cando se repuxo , alporizado berrou, saia de eiqui agora mersmo, larguese ¿Pero vostede que se cre? E outras lindezas varias, o noso home gardou o letreiro colleu o maletin e saiu como si nada.
A semana seguinte pideu outra entrevista co politico para tratar outro tema, e o politico xa pensaba que ia a voltar a insistir, pois non, chegou saudou tratao o tema en question como si a pasada semana non pasara nada. O noso home entendeu de esta forma que non todolos politicos son iguales, quizabes parecidos pero non iguales e recordaba que outros que tratara e cos que negociara ao mellor lle dirian “Dobla a proposta e despois cha falaremos fulano”. De todasa formas algunha noite de so difícil tamen lle barrexaba na cabeza a pregunta de ¿E si en vez de ofrecer 75.000 euros fora o doble ou o triple? Sempre acababa as suas meditacions co de “Si este non come habra outro que xa comera”
Un dia cando iba de andaina voltou a encontrar a aquel outro empresario, quizabes o empresario mais raro da vila, que tamen era moi andarin e co que tivera algunha conversa, e preguntoulle ¿ Ti crees que todo home ten un precio?, o interlocutor, quedouse pensando e dixolle: “Quizabes un precio non, pero si todo home ten un costo”.
Otero Regal
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-09-2006 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 eu sei de quen lle dou planchazo a un dstes empresarios do l#blgtk08#adrillo, o que non sei e canto tempo máis poderá resistirse
Comentario por ana (30-09-2006 12:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal