A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ARRANXAR AS CASAS ABANDOADAS
Por fin a futura lei de vivenda que está redactando a Conselleria do sector da Xunta de Galicia, en mans do Bloque ten entre outras a finalidade de obrigar a os propietarios a manter os edificios en condicións de funcionalidade. Como xa se reflexaba nas sucesivas versións da Lei do Solo, deixa craro dunha vez por todas que a propiedade ten unha función social e a pesares de que xa existía un deber de conservación que ate agora de pouco serviu, pois outra vez demóstrase que os nosos alcaldes ou non saben ou fanse, como en outros moitos temas cotidiáns.
Parece ser que esta medida vai obrigar, unha vez mais, á rehabilitación de casi 70.000 edificios en Galicia, cálculo eu que asi por encima no norte de Lugo podían acadar a cifra de 6000 as casas que se encontran abandoadas e sin adecentar os seus exteriores, esto agrábase nos casos dos núcleos urbáns de Viveiro, Mondoñedo e Ribadeo.
Por outro lado a lei tamén vai permitir a actualización das rendas históricas, outro dos factores que fan inviable para moitos propietarios con inquilinos afrontar ningún tipo de rehabilitación a menos que se adiquen á filantropía.
Pero si esta nova non é mala, a cruz vai ser a de sempre, os encargados de velar polo cumplimento desta lei van ser os concellos, polo que casi temos asegurado que as cousas non van mudar moito, vista a pasividade destes e a inexorable destrucción dos cascos históricos. A Xunta velará nos casos de incumplimento das obligas por parte dos concellos, dende logo podemos afirmar que si é coa mesma intensidade ca no caso das ilegalidades urbanísticas vamos ben, como exemplo craro podemos votar unha ollada a varios dos edificios que se están a construir en Viveiro, donde xa a Xunta dictou normas estrictas para non continuar coa barvarie , pois séguese a convertir cumbreiras en pisos e outras lindezas polo estilo, ¿Dónde esta a Xunta?
Dende logo os alcaldes con sentidiño común , si o queren facer ben , teñen as chaves parta elo: A nova lei pode chegar a expropiacións ou expropiacions temporais que se adicarán, unha vez rehabilitadas, a cubrir os gastos coas rentas de alugueiros, retornando aos propietarios en "perfecto uso" despois de compensadas as cuantías económicas. Podemos estar falando dun mundo perfecto, e dunha administración exemplar e capacitada, dende logo algo moi alonxado da realidade. Pero bueno que por intencións non quede, deberiamos ser os cidadáns de pa pe, os militantes de partidos sin cargo, e a xente de ben quen chamemos a atención encol da desidia dos nosos administradores.
Coben recordarlles que a democracia non so e depositar a papeliña cada catro anos nas caixas de metacrilato, a democracia auténtica ten que exercerse día a día, xornada a xornada e de vez en cando recordarlles que teñen un contrato en precario que temos que renovarlles cada catro anos os cidadáns.

Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-06-2008 07:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Desde as ruínas que se estenden na zona histórica de Viveiro, Mondoñedo e Ribadeo á rehabilitación case #blgtk08#total de Allariz os cascos históricos das vilas e cidades galegas están en situacións do máis variadas.
Comentario por Covas (07-06-2008 08:39)
2 Siempre ha existido mucho incivismo por parte de nuestros gobernantes. Menudo ejemplo nos han dado...Parece que lo único que les ha importado es el ladrillo. Por eso son capaces de ir contra la ley o lo que sea!
¿Cómo pretenden q#blgtk08#ue respetemos a nuestra ciudad con esos ejemplos? Ellos son los primeros que tienen la obligación de dar ejemplo.

Confiemos que las cosas cambien y que la cultura y el civismo se consigan de una vez en esta ciudad nuestra
Comentario por Yacare (07-06-2008 19:56)
3 ¿A qué se dedican los alcaldes, alcaldesas, concejales y concejalas en todos estos ayunta#blgtk08#mientos?... Señores xestores macrocéfalos, por favor....un pouco de sentidiño común. ...
Comentario por Ros (07-06-2008 19:59)
4 eu quería ir vivir ó rural, restaurando unha vella palleira. É unha das cousas que sempre quixen facer, sendo xa moi neno tardábame por medrar para facer a miña propia casa na aldea.

Tiña pensado solicitar a cédula de rehabilitación de calidade que aprobou hai pouco a Xunta. Pero xa quedei atrancado no Concello antes de empezar, hai que levar un par de documentos do concello para iniciar o procedemento na Xunta, e xa me dixeron en Urbanismo que me olvidara. ¿Por qué? porque#blgtk08# no seu día foi unha palleira :-O
Esto só pode pasar neste país.
Teño a opción de restaurar unha casa, pero aunque a efectos prácticos en ambos casos parto do mesmo: unhos muros de pedra, resultaríame máis barato restaurar a palleira, é máis feitiña, máis xeitosiña, mellor protexida, ten a maioría das vigas de madeira sanas, e abrindo unha buhardilla nunha das vertentes da cuberta tería unhas vistas acolloantes.
Tiña pensado tamén axardinar o arredor...
en fin
Comentario por Madrid (08-06-2008 09:43)
5 el Concello debe obligar a los propi#blgtk08#etarios a rehabilitar sus viviendas
Comentario por Paco (08-06-2008 22:16)
6 só decirche que estás máis perd#blgtk08#ido que un polbo nunha garaxe.
Comentario por Celeiriño (09-06-2008 11:00)
7 El colegio de arquitectos tienen mucha responsabilidad....pero claro viendo el Concello que parieron entre todos....para colocar su#blgtk08# bodrio.....¿Qué pueden decir? Solo les interesa el negocio que tienen de la mano de los promotores sanguijuelas de esta ciudad....
Comentario por ALCOA (09-06-2008 18:14)
8 O problema do deteriodo dos cascos antigos non é un problema de axudas. Se a xent#blgtk08#e hipotécase para mercar un piso, tamén o pode facer para arranxar unha vivenda.
Comentario por marcos (09-06-2008 18:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal