A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VOLTAMOS A VOTAR EN MARZO
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, confirmou onte o que xa se viña especulando desde hai tempo, que non é partidario de que as eleccións autonómicas do 2009 coincidan cos comicios europeos de xuño, pero reafirmou a súa vontade de "esgotar a lexislatura", co que avanzou que considerará "no seu momento" unha "modificación técnica" para que a cita electoral galega se adiante. Desta forma, Touriño dá por feito que as autonómicas se celebrarán en marzo, xa que a lexislación electoral estipula que nun territorio non poderá haber máis dun proceso electoral no período comprendido entre os noventa días anteriores e os 90 posteriores.

"Os cidadáns galegos merecen que cando se lles convoque ás autonómicas o fagan en clave de país", resumiu o xefe do Executivo galego, que participou onte, na Casa de Galicia en Madrid, nun almorzo con xornalistas no que avogou porque os galegos poidan "escoller en termos unívocos".

Como sinalou nas últimas semanas, non quere falar de eleccións porque queda moito tempo e proxectos por desenvolver, de forma que non se produza un "clima preelectoral" xa agora, ó que non pensa contribuír, porque pese ó "morbo" deste asunto, non debe crearse "artificialmente".

En todo caso, Touriño enmarcouno o adianto electoral a marzo nunha cuestión técnica e insistiu en que a súa vontade é a de "acabar a lexislatura", que pretende finalizar co maior impulso lexislativo da historia da autonomía e co Goberno "máis lonxevo", en referencia a que non houbo ningunha substitución nos membros do Consello da Xunta.

Nese sentido, dixo sentirse "orgulloso" do Goberno de coalición que preside e, de feito, insinuou que prevé seguir gobernando co BNG tras as eleccións autonómicas. Así, subliñou que a tarefa dos socios do bipartito é "de longo percorrido" e fixo fincapé na "alianza forte e estable" que forman socialistas e nacionalistas.

"Hai un longo treito no que estou seguro de que debemos colaborar as forzas de progreso", salientou Touriño. En todo caso, tamén explicou que aspira a que o PSdeG logre "unha maioría ampla" en Galicia que o converta "cada vez máis no eixe vertebrador do cambio", de tal forma que sexan os cidadáns os que decidan cos seus votos "a intensidade" da colaboración cos nacionalistas. Así, incidiu en que é normal que aspire a pedirlles ós galegos o maior apoio posible e dispor así de maior autonomía, aínda que "sen excluír a ninguén". Nesa liña explicou que vai o relatorio marco do próximo congreso do PSdeG, que considera que a formación "está en mellores condicións" que PP e BNG "de levar a Galicia á modernidade".

En canto á posibilidade dun pacto entre PPdeG e BNG, indicou que é "lexítimo", aínda que o enmarcou na "procura angustiada" por chegar á Xunta do presidente popular, Alberto Núñez Feijóo, ó que lle advertiu de que "ás veces o camiño máis curto acaba sendo o máis longo". Ve "forzado expor unha aproximación" entre o PP e o BNG debido ás súas diferenzas e advertiu de que se "á dereita lle ía custar entendelo, xa non digamos ó nacionalismo". "O electorado galego non entendería esa mestura", cre
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2008 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 El Partido Popular venció en las últimas cinco elecciones en Galicia por mayoría absol#blgtk08#uta cuatro de ellas, la primera vez en 1989, cuando alcanzó la cifra de 38 diputados.
Comentario por pepero (03-06-2008 08:52)
2 Xa o dixo Fraga: El PP tiene que ganar para no dejar Galicia en manos de "locos", dic#blgtk08#e Fraga ... Así, apeló a una Galicia que será "una vez más madre y maestra de todos"
Comentario por O TOLO (03-06-2008 14:41)
3 Voy a ofrecer en primer lugar una muestra de la cifra de votantes del PP y Psoe en Galicia, tomando como referencia los resultados en las elecciones generales, autonómicas y municipales de los últimos años.

Elecciones generales. PP-Psoe : 1996 - 827.405/574.491, 2000 - 888.092/389.999, 2004 - 865.460/682.684, 2008 - 770.764/684.009.

Elecciones municipales. PP-Psoe : 1995 - 757.724/421.875, 1999 - 710.324/395.189, 2003 - 695.422/453.157, 2007 - 655.640/478.024.

Elecciones autonómicas. PP-Psoe : 1993 - 763.839/396.416, 1997 - 793.789/298.313, 2001 - 745.944/320.283, 2005 - 704.202-509.340.

Omito los votantes del BNG ya que tiene una base estable, alrededor de los 300.000 votos y su posible variación se estima reducida.

Todas estas cifras nos ofrecen las siguientes conclusiones:

1ª El Psoe ha llegado a un techo en Galicia, a pesar de permanecer en el gobierno gallego no ha sid#blgtk08#o capaz de superar sus votos de 2004 en las generales del 2008. El PP ha perdido en estas elecciones 95.000 votos con respecto al 2004.

2ª A nivel local, es decir, municipal, el PP sigue teniendo una gran ventaja sobre el Psoe, aunque éste ha ganado 25.000 votos en las municipales de 2007 con respecto a 2003, el PP ha perdido 40.000 votos en el mismo periodo.

3ª En las elecciones autonómicas el Psoe tuvo un gran aumento de votos en el 2005 con respecto al 2001, este crecimiento no ha continuado en las siguientes municipales y generales celebradas.

En definitiva podemos constatar el techo alcanzado por el Psoe, la pérdida de parte de los votantes del PP que pasaron a engrosar la abstención y la estabilidad conseguida por el Bng.

Como conclusión puedo realizar una estimación de escaños que formarían el nuevo parlamento gallego según los datos ofrecidos.

PP (38-35), Psoe (27-24) y Bng (13).
Comentario por Grajan (03-06-2008 14:44)
4 Mucho debe mejorar la intención de voto Alberto Nuñez Feijoo, visto lo visto nos quedan otros cuat#blgtk08#ro años de disputas entre los socios de gobierno y el atraso cada vez mayor de nuestra comunidad.
Comentario por anonimo (04-06-2008 07:56)
5 Esperanza Aguirre se presentara a las elecciones del PP y ganará, Rajoy vendrá#blgtk08# a Galicia a presentarse a la Xunta, a Alberto lo dejaran en un segundo plano.
Comentario por Rapel (04-06-2008 07:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal