A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OPINIONS EN TEMPOS DE CHOIVA
Os cambios de ideoloxía e opinión en tempos de choiva, a bilateralidade multilateral, os partidos, políticos partidos pola metade, os barons cheos de razon, os demos roxos que gañan o ceo, os outros chikilicuatres, é ben certo que teño moitos temas dos que falar aquí.
Pero hoxe eu vou facelo, parafraseando o finado Umbral veño disposto a falar das miñas cousas, ou sexa, como case sempre, do divino e human , da miña razón e a miña maneira, pero quixera eu reflexionar encol de que a batalla política actual na bisbarra non esta pola labor de escrarecer os dereitos que teñen os cidadans sinon que vai mais por quen son os que teñen dereito a ser cidadans . Para os nosos políticos de A Mariña ¿É posible facer mais fácil a vida do ciudadan?. Podian empezar os nosos mandamais en plantexar a recompensa ó traballo entre os seus compañeiros e tamén entre os funcionarios que compren cos horarios e co seu traballo, que tamén existen, a transición do “eu son o alcalde e faise o que eu digo” a unha autentica gobernanza publica, a democratización autentica da política e abrir as portas e as fiestras ó talento, ou sexa unha aportación do valor.
A economía desta bisbarra, dende Ferrol a Ribadeo estase a desperetar dun soño, unhos chámanlle desaceleración e outros crise, o que desencadea este frenazo e o fin das vacas gordas do mercado inmobiliario, aquí as casas vendíanse sobre plano, a esportas e os ricos ricos xa non son os propietarios de montes terras e moreas, agora son os promotores e constructores, os concellos decian si a todo, tiñan cartos dende o sector e deixaban facer, asi podian gastar arreo.
Ante o agotamento deste modelo, onde o precio da vivenda acercabase ó 20% anual, ahora chega a sequia de novas construcións, ata que se acabe o stock de viviendas existente, a revalorización infinita da vivenda quebrou, e os bancos pasaron en pouco tempo de promocionar calquer proxecto urbanizador a mirar con lupa hasta a última hipoteca concedida. A indixestión poñerá contra as cordas o negocio de moitos, pero no hai nada máis saudable que o sistema económico purgue as suas culpas. E digo eu, de onde van a sacar os nosos alcaldes os euros para continuar gastando? Quizais dos seus propios soldos?.

Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-05-2008 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 No último ano pecharon entre o 40 e o 50 por cento das axencias da propiedade inmobiliaria pola crise da construción e den#blgtk08#de hai seis meses percíbese nos Xulgados dos Mercantil que está a aumentar o número de empresas con problemas financeiros.
Comentario por Andres (29-05-2008 12:49)
2 A actual crise pode transformarse na máis devastadora desde a Gran Depresión. Manifesta problemas profundos #blgtk08#non resoltos na economía real que foron literalmente disimulados durante décadas por medio do endebedamento,
Comentario por Covas (29-05-2008 21:08)
3 A crise económica vai durar dous #blgtk08#anos,asi que apretade as calzas.
Comentario por xose (29-05-2008 21:08)
4 Pis non sei que vos fai gracia A crise económica e a do sector da #blgtk08#construción evidentemente privará ao municipio de investimentos,
Comentario por A (29-05-2008 21:10)
5 A degradación ambiental que sofre o noso país non é allea á crise ecolóxica global, e viceversa. Inxustiza social e degradación ambiental están estreitamente relacionadas. Os nosos hábitos teñen consecuencias locais e globais, achegadas e alonxadas no tempo. Vivimos nun mudo imposíbel, dominado po#blgtk08#r fortes tendencias (auto)destrutivas, pero as cousas non teñen porqué ser así. Podemos construir Galicia doutra forma, desde a empatía e a solidariedade, desde a sustentabilidade ambiental e a xustiza social, aprofundando na democracia participativa, exercendo a cidadanía, defendendo a dignidade.
Comentario por VERDEGAIA (30-05-2008 12:08)
6 A construción vai necesitar tres anos para camiñar a súa especial travesía do desertoDin que son tres anos os que lle vai levar volver a niveis de hai uns meses cando ese sector, co de turismo, era o motor que movía todo, tirando con enerxía inusitada de todo o aparato económico dunha nación de máis de corenta millóns de habitantes, q#blgtk08#ue constitúe unha das primeiras economías do mundo.
Pero tres anos son moito tempo para as empresas dun sector en crise, especialmente tendo en conta que a bonanza económica fixo florecer nos últimos anos milleiros de empresas que acudiron ó diñeiro fácil orixinado por millóns de persoas tentando conseguir unha vivenda.
Comentario por Xesus de Breogan (30-05-2008 12:14)
7 Desexariamos que se equivocasen de prazo, que a crise da construcción fose#blgtk08# un mal vento que cruzando o país deixase tan só a memoria dunha refolada
Comentario por A (30-05-2008 15:00)
8 ¿Quen son os da foto? ademais de ti, ¿Non sera o sector critico do PSOE en Viveiro?, non creo, s#blgtk08#oio tiveches dous votos e unha abstencion. Melchor e moito Melchor e Rafaelito o seu monaguillo.
Comentario por Sociata (31-05-2008 10:55)
9 Espero que saquen el dinero de un impuest#blgtk08#o leonino a los artesanos y ceramistas.
Comentario por madre (07-06-2008 00:06)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal