A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NON E MEU PERO ESTA CARALLUDO.....................
INCENDIARIO ERES TU O DOS FREIXOS.........

Si queres chegar a presidente da JUNTA DE LA XUNTA EN RAXOI QUE DECIA RAJOI....TELO FACIL SIGUE ESTES CONSELLIÑOS DE zero vacas....

1- Envíalles unha carta aos alcaldes do teu partido para que dificulten a formación de brigadas contra o lume. A excusa: que a contratación debe ser feita a dedo, e non por un tribunal público e aberto.

2- Cando empecen os lumes, garda as motobombas nun garaxe, pecha con chave, e tira a chave ao río.

3- Pon atrancos e máis atrancos para que avións e helicópteros de extinción non poidan coller auga nos depósitos e piscinas municipais.

4- Compra uns cantos litros de gomina e faite unha foto cunha mangueira

5- Culpa á Xunta de que moitos lumes non se apagasen a tempo, pon a funcionar os teus medios de comunicación afíns, pide unha comisión de investigación, contrata cen autobuses e organiza unha manifestación.

6- Encarga 10.000 quilos de churrasco para os manifestantes.

7- Forza a dimisión do goberno, convoca eleccións e gáñaas, empregando como principal argumento que media Galicia está queimada, que as brigadas non se formaron e que había motobombas sen utilizar. Nese momento terás conseguido o teu obxectivo. Xa es un perfecto incendiario e con un pouco de sorte cartos negros e malas mañas podes chegar a SAN CAYETANO.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-09-2006 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 este si que e un bon catecismo e#blgtk08# non o que me ensinaron a min...
Comentario por mancunianus (21-09-2006 10:57)
2 Gracias pola#blgtk08# referencia
Comentario por zerovacas (21-09-2006 14:14)
3 7 puntos imprescindibeis#blgtk08# para máis dun político.
Comentario por A Randeeira (21-09-2006 15:01)
4 Falta un punto.
8- Faino soamente en Galiz#blgtk08#a que é o único sitio do mundo onde vai funcionar.
Comentario por popipopi (21-09-2006 15:51)
5 Adhierome #blgtk08#o punto 8.
Comentario por A Randeeira (22-09-2006 06:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal