A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O CONCELLO DE VIVEIRO ARRUINADO?
Os politicos da esquerda de Viveiro, durante as dúas décadas que estiveron na oposición, non se cansaban de dicir que o Concello estaba arruinado. Durante a campaña que os levou ó poder un dos seus eixos principais foi dicir que o Concello estaba arruinado. E cando acadou a alcaldía, segueu co mesmo conto. A calquera que lle entraba pola porta o primeiro que lle decian é que o Concello de Viveiro estaba arruinado.
O peor do asunto é que era certo, tanto o casi alcalde perpetuo Cesar Aja que todo o mandaba e ordenaba como os distintos concelleiros de facenda non foron quen de sanear as contas do concello, houbo incluso advertencias dos organismos da Xunta, pero erre que te erre, os déficits eran abrumadores, contratistas e suministradores do concello tardaban ata media ducia de anos en cobrar as deudas.
Chegou o bipartito con apoio de IU e tamén o “boom” da construción, entraban no concello cartos a esportas,- non se fixo un plan de saneamento real-, para mais inri, non se fixeron , casi os presupostos, subéuselles ós funcionarios todo o que quixeron e mais, gastouse en festas e parrandas barbaridades, pero entón chegou o “comandante” da crise da construcion e o Concello de Viveiro, que a pesar do mal que se fixeron as contas repiteu concellal do gremio, recaudou o ano pasado mais dun millon de euros menos do previsto. Gastar ségueuse gastando a esgallo e asi as cousas , ainda sin presupòsto augurase unha situacion economica tan catastrófica como co PP. Xa non cobran os suministradores, xa non teñen cartos para os gastos compremetidos e “O que che rondarei morena.
¿Será que o Concello non ten cartos?. Será que os proveedores non cobraban cunha relativa regularidade? Cando menos voltase a xerar unha alarma de falta de pago como o PP deixou hai 6 anos. Será que o Concello ten unha cantidade de débedas que non poida asumir? O Consello de Contas de Galiza, que é o máximo órgano fiscalizador dos concellos, puxo ó Concello de Viveiro, nos ultimos anos do PP como exemplo do que non se debe facer co economia municipal, ¿Volveráse a repitir agora coa esquerda?.
É esta a situación dun "concello arruinado"? Nós, que aínda entendemos algo de números, quizas por eso somos eso que agora se chama “emprendedores” cremos que non. A que se debe logo tanta insistencia? Se cadra o alcalde está convencido de que cando unha mentira se repite cen veces convírtese en verdade. Pero todos sabedes que unha mentira repetida cen ou mil veces segue a ser unha mentira.

Non temos por costume entrar a comentar chascarrillos sen importancia se non tivera un trasfondo de extrema gravidade. Ao longo de toda a súa carreira política o Sr. Roel e o señor Rafael Amor non se caracterizaron por estar fortes en contas e en números, precisamente. E para facer unha xestión eficaz dos cartos no Concello hai que ter rixe e control: hai que saber algo máis que contar polos dedos e andar ós contos nas corredoiras.

E imprescindible facer un presuposto real, aterse ás consecuencias do ciclo económico Se non o fan será única e exclusivamente por responsabilidade súa. E que non lle queiran cargar o morto a outro “Todos os grupos son conscientes de que o primeiro problema dos concellos é o financiamento”, Actualmente, os concellos só teñen cinco impostos, dos cales só dous acadan fundamentalmente a capacidade recaudatoria, ademais das aportacións do Estado por número de habitantes, eso é que temos, de aí é de donde se teñen que sacar os cartos para o funcionamento do concello, si estiramos mais o brazo pasa o que pasa.

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-05-2008 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Co PP presentábanse os presupostos. Co PSOE levamos desde o 2006 sen presupostos. Os comunistas nunca souberon xestionar os cartos públicos porque traballan coa idea equivocada de que os cartos de todos non son de naide e así poden facer e desfacer ao seu antoxo sen rendire contas a ninguén.

Estamos nunha situación tan de tolos que tiveron que ampliar a concesión con Aquagest pra ter 180.000€ cos que pagar as festas, porque van ir pra as festas e non pra a Semana Santa como dixeron. Hipotecaron as xeracións futuras xa que a ampliación do contrato é dende o 2018 ao 2030. É una vergoña o que están a facer o dueto comunista Roel-Amor... cando se vaian ou os boten os cidadáns ninguén vai querer ser alcalde dun pobo que vai quedar coma un deserto económico. Por riba de todo andan complicándolle a vida as empresas que se queren instalar no municipio, e gastan o que non está escrito en avogados e arquitectos mercenari#blgtk08#os pra que lles dean saida aos seus trapicheos. O que está a pasar en Viveiro, nin con Aja, Regal, nin con Aja...por moita tirria que lle teñas e por moito que os intentos poñer no mesmo saco. Un polo menos xestionou cousas pra Viveiro, inversións, infraestructuras e empresas que deran traballo... o que temos agora só gasta, mete ao concello en líos que pagamos todos e non fai nada de nada...leva cinco anos de Alcalde e só pode presumir na prensa de que puxo uns montículos horribles na carretera que está encantado con que lles chamen Melchoritos. Foi un fracaso este home, un fracaso que nos vai levar á ruina.

Hai que darlle caña, Viveiro é o único organismo que non presenta contas nin presupostos... o que pasa que no PP andan de parranda e LEAL e compañía non se enteran de nada...traballan pouco e así Roel pode presumir da calle Lavandeiras e dos melchoritos, monumento á cutrez que nin se quera están ben feitos.
Comentario por unquepasabaporaqui (05-05-2008 16:15)
2 Coa chegada de turistas ás nosas vilas no verán, os cidadáns das mesmas sufriremos o nulo dimensionamento das infr#blgtk08#aestruturas. Un crecemento no controlado, un ¿modelo? urbanístico inexistente, unha economía de ladrillo e plaia.
Comentario por Antonio (06-05-2008 08:36)
3 Creo que vai sendo hora de que os cidadáns se dean conta de que un concello de cerca veintemil habitantes merece uns representantes locais cunha capacidade suficiente para que isto non ocorra e se absteñan de votar proxectos políticos, co#blgtk08#n muhos tratos de favor e no que a igualdade dos cidadáns se ignora, aínda que veñan de seu mesmo cor.

¡¡ Viveirenses, xa vai sendo hora de espertar e votar a un alcalde que saiba algo máis que descargar sacos de cemento!!.
Comentario por xesus (06-05-2008 08:38)
4 VIVEIRO necesita unha planificación municipal propia, máis respectuosa co medio ambiente, máis comprensible, adaptada as súas peculiaridades e as súas necesidades urbanísticas para paliar no posible as aberracións feitas ata agora. Abrímo-los espacios para construír máis e mellor, ampliámo-lo solo urbanizable para evita-#blgtk08#la especulación e apostamos polas zonas residenciais dotadas de tódolos servicios para obter unha mellor calidade de vida. Construiremos as infraestructuras necesarias para ampliar os núcleos rurais como razón de supervivencia das nosas parroquias, para que poidan gozar dos mesmos beneficios cos veciños do núcleo urbano.
Comentario por covas (06-05-2008 14:55)
5 Non e cert Aja foi moito peor, e en vinte anos no#blgtk08#n foi capaz nin de facer un poligono industrial.
Comentario por Covas (07-05-2008 12:13)
6 Macá, covas... non sei se Aja sería capaz de facer un polígono industrial, pero o que ninguén discute é que gracias a il en viveiro está a empresa que máis factura da provincia, VESTAS, que ten máis de 250 empregados, e deixou os terreos para o polígono industrial de Landrove cunha empresa que fai acumuladores que é outra empresa das que máis factura da provincia.

Namentras o inefable Roel leva cinco anos anunciando que vai convertir os terreos de Landrove nun polígono industrial, que lle ronca o carallo que tarde cinco anos neso que quedou todo feito; e anda facendo o parvo póndolle paos nas ro#blgtk08#das ás empresas de Viveiro a ver se fuxen todas pra outros municipios. ¿Temos en Viveiro algunha industria gracias a Roel? En viveiro só temos un manto de desgracias con este atrevido que fala moito e non fai nada... en Celeiro no saben ben o que se lles veu encima se pensan que Çroel vai solucionar o do Celeiriño.

Por outra banda Roel non presenta presupostos, iso non se veu en ningures... dous anos falando e falando pero sen presentar presupostos, un exercicio de transparencia questa retroesquerda que nos mal goberna nin sabe nin quere facer... así gastan todo en festas, festas e máis festas.
Comentario por marujo mallo (07-05-2008 16:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal