A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

COMO SON OS NOSOS POLITICOS?
Cómo son os vosos politicos?, era a pregunta ¨dun amigo curioso que aposenta as súas posadeiras ó outro lado do triángulo dos montes que nos separan de Castela e de outras terras que están alén da “terriña”. E a miña resposta foi , non se podía esperar menos, moi retranqueira, “Son como parecen, nin máis nin menos. O meu amigo quedou patidifuso, con cara entre perplexo e parvo.
O certo é que agora que lle din voltas a teima, non o teño tan craro, aquí nestas terras do norte galego temos tamén abondosamente politicos que non son como parecen e outros que non parecen como son, a miña resposta sufreu unha maior elaboración a que lle engadin unhas “pizcas” de sentidiño común e outras de “politica incorrecta”.
A miña reflexion inclue dous apartados , o primeiro seria A APARENCIA e o segundo A REALIDADE, sáenme asá catro tipos de politicos mariñans: Os politico estrela, os políticos ásombra, os politicos fachada e os politicos de telón de fondo.
Os POLITICOS ESTRELA son os politicos que semellan ser brillantes e , de certo, sono, son politicos que saben ver as suas accións, que pensan, que escriben, que actuan e fan cousas para a mellora dos seus veciños sin mirar cores e ideoloxias dos mesmos; ademais teñen unha imaxen pública moi atractiva, en resumen, son os locomotores da maquina politica.
Os POLITICOS FACHADA son aqueles que manteñen unha excelente imaxe publica, que son coñecidos e recoñecidos, Agora ben, cando escriben, cando pensan, cando actuan ou cando falan daste conta que a sua imaxen é moito mais solida que cá realidade.
A antitese son OS POLITICOS Á SOMBRA, actores relevantes da maquinaria politica que non aparecen nos mitines, nin nas comidas organizadas, que non teñen apenas visibilidade, pero que son moi competentes. Eu distinguiria aquí dous grupos: Os que saben resolver problemas de maneira eficaz e os que crean coñecemento e ideoloxia.
Para acabar tamen temos un grupo de politicos que teñen unha imaxe publica moi discreta, que se corresponde coa realidade. Son os POLITICOS TELON DE FONDO, con frecuencia son os que demostran unha maior capacidade de supervivencia. Miras imaxes ou periodicos de fai vinte anos e ali estan eles con a cara de “panoio”sonrrente, quizabes con mais quilos e menos pelo, pero aí están, como en un telon de fondo, amarrándose ó poder no que antes tiñan silla e hora tan so lles queda unha “banqueta” pero seguen anque sexa pasando de puntiñas.
En resumidas contas o lector pode facer un exercicio para manter en forma os seus “miolos” e clasificar os nosos politicos, alcaldes concelleiros, deputados e senadores da bisbarra seguindo o parámetro que lles suxiro.
Quizabes a pregunta do millón sexa .Cal é o concepto de Democracia que teñen os nosos políticos? .Pensan que democracia é soamente que se lles vote cada catro anos?
A resposta: un día destes
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-04-2008 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Ti dis que temos os políticos que merecemos. A Mariña está en declive económica e políticamente. Rivera en Foz, Roel en Viveiro, o de Burela, o de Ribadeo... non pode haber cousa pior. Con esta xente non hai nada que facer,#blgtk08# fan bon a Roberto Álvaez. Se temos esta representación amigo Regal, é que nos temos que ser piores, porque para a política só deberíamos de elexir aos millores de entre nós. Logo estamos perdidos... triunfa a decadencia.
Comentario por unquepasabaporaquí (29-04-2008 18:48)
2 Curioso, curioso, seique os malos so son os alcaldes de esquerdas, jejeje, pois no articuliño de Regal f#blgtk08#alase no de OS POLITICOS TELON DE FONDO de alguen moi coñecido de eses que non queren nin deixan querer.
Comentario por Milongas (30-04-2008 10:51)
3 Parece que os nosos políticos durante ca#blgtk08#tro anos vivan nunha aldea minifundista
Comentario por Covas (30-04-2008 14:57)
4 Se nos damos conta ainda temos os políticos que xa estaban na época da transición, apenas hai alguén novo, salvo o alcalde de Xove, unha que a política non interesa, e outra que cando entras a formar parte dunhas siglas xa te encontras co tinglado montado, coas diferentes tendencias, que non son outra cousa que a loita polo po#blgtk08#der e de ideas nada, e tamén que sexamos sinceiros, a sociedade é corrupta, e o que se busca e un choio nunha oficina da administración.
E a política, non a entende case ninguén, porque para iso hai que coller de vez en cando un libriño as máns, e iso require certo esforzo que esta cultura que se impuxo parece rexeitar.
Comentario por rebelde (30-04-2008 15:08)
5 NESTE PAÍS ALGO FALLA. ASÍ VE#blgtk08#NDEN OS POLÍTICOS A UN POBO.
Comentario por Xesus (30-04-2008 19:28)
6 de politicos politicos non sei, pero de marionetas, que primeiro queimaban o mundo e despois no goberno fan o que mandan distintas directivas, mostras, semana santa, aquagest, inusa ou o que e mais negro, que o presidente duha empresa privada de accionistas con entrada restringuida o publico e so pra socios capitalistas #blgtk08#e que noutros tempos se acaparou do dominio publico de costas, ahora ordena a o concello de viveiro que lle rocen o campo os empregados do concello, pagados con cartos de todos como se fixo estes dias e que ningen fale nada manda timba, estou a falar do casino de viveiro, por si algun magnate non se entera

Comentario por xose (30-04-2008 21:57)
7 Ten razon Regal, TEMOS OS P#blgtk08#OLITICOS QUE NOS MERECEMOS.
Comentario por Z (02-05-2008 15:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal