A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UNHA DE AREA PARA VIVEIRO
En Viveiro levamos 20 anos sen Plan Xeral de Ordenación Urbana, e o que che rondarei morena, ata fai pouco seguiamos rexéndonos por normas dunha época socioculturalmente superada, 1987, pero que foron moi útiles nos tempos que corren e moi propicias para especular artellando modificacións puntuais en función dos intereses do momento, marxinando os intereses xerais como se pon de manifesto nos convenios urbanísticos, mansardas que por arte de maxia se converten nuha “planta” mais, autorizacións de recheos na ría, utilización do litoral como lugar de asentamento de industrias molestas e contaminantes, carencia total de polígonos industriais e proxectos de estradas que suporán a demolición de núcleos rurais.
A pesares das directrices e dos fondos económicos recibidos pola Unión Europea, o saneamento inda non chegou a tódolos habitantes de Viveiro. A Estación Depuradora de Augas Residuias Urbanas non esta en funcionamento e os alcantarillados seguen facendo periódicamente verquidos á ria poñendo en risco a saúde da poboación e os xacementos naturais de marisco, moluscos e peixes da Ensenada da ria de Viveiro.
Ó mesmo tempo, empréganse cuantiosas sumas de diñeiro de fondos públicos para levantar edificios con supostos fins sociais que, ademais de permanecer valeiros de contido durante a maioría dos días, semellan efímeros monumentos ó narcisismo caciquil que nos mergulla por todas partes.
En época de contratos precarios no mundo laboral, neste concello apróbase a renovación da concesión da Aguagest por 30 anos, feito que se convirte na seña da identidade das privatizacións dos servicios públicos.
Viveiro, con tódalas súas contradiccións económicas, sociais e políticas, é unha vila asentada nun lugar privilexiado, tan importante que non é patrimonio exclusivo dos viveireses.
A Unión Europea ten recoñecido legalmente o espacio da desembocadura e cauce do rio Landro, como Lugar de Importancia Comunitaria i está incluído na Rede Natura 2000 como zona a conservar.
A este feito ten que corresponderlle a esixencia dun novo comportamento, dunha nova ética dos cidadáns baseada na obriga de conservar por riba de todo o espacio natural para exercelo dereito a disfrutalo e aproveitar a riqueza natural por medios exclusivamente tradicionais.
As autoridades de Viveiro, que teñen a obriga de garantir o dereito prevalente da conservación do medio ambiente, tal e como establece o noso ordenamento xurídico, permiten que o estuario do Landro e a propia ria de Viveiro estean nun proceso interesado de degradación rápida, para convertir as suas cualidades nun negocio privado de altísimo rendemento económico.
En Viveiro parece non ter vixencia a Lei de Costas, parece que os dereitos dos cidadáns semellan dádivas das autoridades nunha práctica cotián e permanente que trata de impoñer un estado de sumisión intolerable.
Dende aquí quero chamar a atencion os cidadans para que impidan que Viveiro, non seña convertido nuha esterqueira, un suburbio marxinal, ou mellor dito, nun paraiso da especulación.

Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2008 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 A DE AREA FOI A DO ACOSADO, ESTA E A DE CAL?
Por certo Señor Regal, a extrema dereita de Aja, O Señorito e compañia calquer dia #blgtk08#o liquidan como fixeron os seus ancestros no 36, teña cuidadiño e ande por o sol, xa que as sombras ameazan con liquidalo, ¡Que tropa¡
Comentario por Foz (14-04-2008 10:31)
2 E moi sospeitoso o partecido de este articulo a o comunicvado do PP de antonte, ¿Non se pasaria vostede o enemigo? ou e o medo as amenas que ahora publica n#blgtk08#este sitio, por certo ¿Porque ahora as publica e anters non?
Non estaria de mais que algunha vez contestase os post que os seus lectores lle mandan.
Comentario por (14-04-2008 10:35)
3 O que sucede co PXOM de Viveiro revela a incultura territorial, a oligarquía planificadora e a falta de ética social e ambiental dos sucesivos Gobernos Municipais, dos grupos de presión económica, lease propietarios das terras e constructores. A consecuencia é un monstro urbanístico que am#blgtk08#eaza o tecido económico, o patrimonio natural, a equidade social, o patrimonio cultural e os sinais de identidade de Viveiro. A xestión irresponsable da Xunta de Galicia permite que este monstro siga vivo e vaia ser sometido a unha nova aprobación provisional polo Concello dentro de anos.
Comentario por Arquitecta (14-04-2008 14:49)
4 Un plan xeral ten que facerse con debate, con a debida valoración do territorio e respecto pola historia e pola personalidad#blgtk08#e plural de Viveiro. Que realize a debida xestión do seu patrimonio ambiental, paisaxístico, social, cultural e identitario.
Comentario por ANO NOVO (14-04-2008 14:51)
5
No concello de Viveiro, se un quere facer algo, sexa o que sexa, precisa de bos amigos. Os que teñen un carguiño no concello pensan que poden facer o que lles sae da gana. O trato que recibe a xente e pé#blgtk08#simo, a menos que teñas certos apelidos ou boas amizades alí... a ver se van todos fora nas vindeiras eleccións, que alí fai falta unha boa limpeza.
Non hai quen traballe, pero abonda quen cobre.
Comentario por O Conde da Sal (14-04-2008 14:55)
6 Sempre e cando non anden mangoneando os de sempre....que en viveiro xa #blgtk08#sabemos quen son: os novos aspirantes, que por desgracia sempre os hai .
Comentario por Covas (16-04-2008 10:38)
7 Pois a ver si non se siguen dando casos como hasta ahora que dependendo do teu apellido podias facer ou #blgtk08#non facer certas obras, e con respecto a fachada maritima xa todos vemos as desigualdades que hai a hora
Comentario por Eu (16-04-2008 10:39)
8 "Vivir en Viveiro, que bonito é andar de parranda e dormir de pé". Viveiro tiene buenas playas, bonito casco hi#blgtk08#stórico, pero necesita más servicios. Si se quiere un equilibrio entre turistas y calidad hay que trabajarla.
Comentario por Santiago (16-04-2008 10:42)
9 A día de hoxe gran parte das vivendas existentes no concello están deshabitadas , e no inverno a cosa empeora moito. Realmente a finalidade don plan xeral é paliar a falta de vivenda ou solo é negocio para as constructoras? Que medidas se toma#blgtk08#ron para garantizar que esas vivendas van ser accesibles e ocupadas por xente que busca vivenda coma os xoves por exemplo, e que non vai ser máis inversión de diñeiro negro en ladrillo vacío? Porque ladrillo vacío xa hai moito neste concello.
Comentario por A (16-04-2008 14:09)
10 Eu queria saber por que uns poden contruir na zoa das Sirenas e beneficiarense economicamente desta situacion nun luga#blgtk08#r donde a o mismo lado esta prohibido edificar.sabedes se a situacion de esta zona vai a cambiar ou vai seguir igual.
Comentario por Covas (16-04-2008 14:11)
11 Forza rEGAL!! , seguidelle dando caña e pra min o roteiro de#blgtk08#sta vai ser misal , non vai quedar unha festa sen catar!!!
Comentario por CALAITO (18-04-2008 14:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal