A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OUTRA SEMANA SANTA

Xa a piques de pechar as celebracións da Semana Santa, cada vez menos santa e máis ociosa que outra cousa. chega un a plantexarse que o mundo soio ten interés en tirar adiante, de abaixo para arriba , a publicidade segue marcando as pautas do comportamiento colectivo. Cada un sabe do seu. As axencias de viaxes, de a pé ou dixitais, organizaron tamén esta semana a estilo laico, e decir, sin feiras nin festexos cristians, xudíos ou musulmáns, preparando unha escapada para compensar a forza do santo, en terras de moito sol e exotismo, en prais abigarradas e en hoteis supercheos.
A Semana Santa, en Viveiro actúa como fenómeno atraente para distribuir traballos moi ben estandarizados., porque os de abaixo coñecen a sua misión, teñen oficio. A música sacra da banda, e o rebumbio das cornetas e tambores , actúa de catalizador para conducir as masas que se trasladan en clave de “bulla” a algunha parte. Familias enteiras dos barrios do boom inmobiliario que voltan en esta Semana Santa ao seu lugar de orixen para recuperar as señas de identidade que lles arrancou a emigración e un mellor nivel de vida, ainda que polo camiño perderan o valor do contacto familiar e da vida compartida nas cantinas e beirarrúas, porque viven en estado de alerta nos novos adosados que nin sequiera teñen parroquia ao lado, blindados pola inseguridade ciudadan.
Coa excusa da “Semana Santa”, da sua cofradía de toda a vida, volven para recuperar soio por unhas horas, as súas tendas, os seus colexios, as suas prazas, as súas rúas de sempre, onde se facía eso, a vida. E decir, os seus días laicos, as súas semanas laicas, onde soio ten sentido ese Xesús da agonía que era a fe dos seus maiores, como decía Antonio Machado.
Esta semana as ruas de Viveiro, funcionan como soporte de interaccións sociais vendo as procesións. A un sempre lle gustou crer que Xesús de Nazareth, no seu ataque continuo de humildade, cansabase, como calquera outra persoa, e durmiese, cando estaba feito polvo, no cabezal do barco. (Mc 8,23). caladiño.
Seña un crente ou non, dunha relixión ou doutra, agnóstico ou ateo, parece indudable que Xesus existeu e para moitos dos nosos veciños a sua vida e morte foi como dicen os evanxelios, seña ou non seña o creador e redentor da Humanidade.
Intentando entender o valor de cada dia laico e o que costa vivir tranquilo cun mesmo e cos demais, un dase de conta que o importante e seguir construindo unha nova forma de ser no mundo, en cada segundo, minuto, hora, día, semana e rua, laicos.
Foi Steven Jonson quen dixo que “O qué teñen en común formigas, neuronas, e cidades e casi nada: intelixencia compartida”.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-03-2008 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal