A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RIBADEO, UN EXEMPLO A SEGUIR
O pasado venres estiven na inaguracion da exposición “6 ollada- mariñarte 08” no castelo de San Damián en Ribadeo donde os fotógrafos Diego Casado, Miguel Lorenzo, Toni Deaño, Fernando F. Paez, Pedro Rodríguez e Mariano Perez amosan un anaco da súa obra.
Dende logo o que levo predicando tantos anos no senso de que os nosos concellos teñen que apostar por unha producion propia no eido cultural en xeral e na pástica en xeral, ten eiqui un craro exemplo da man da concelleira de cultura deRibadeo: Mariluz Álvarez Lastra.
Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura,o nosa arte, as realizacions que se están a facer na nosa bisbarra no eido das artes plásticas debe ser un exemplo a seguir por parte dos concellos, que en moitos caso, unha amplia maioría limitanse a ser meros receptores de exposicions itinerantes de dubidosa calidade prestadas por caixas de aforros, fundacións ou institucions oficiais.-PERO CASE SEMPRE ALLEAS Á PRODUCCIÓN DE ARTE, CREADA NO ENTORNO MÁIS PROXIMO -
O sucedido en Ribadeo e un bo comenzo para aumentar a súa capacidade de producción propia de exposicións para o futuro. A exposición “ mariñarte 08 inicióu esta línea de actuación, que agora continúa con esta mostra que estaráaberta ata o 31 de marzo, e que, sinceramente recomendo que visiten.

Agora mesmo as institucións públicas en xeral e os concellos da nosa bisbarra en particular teñen esa materia pendente. Nunca lle deron un valor esencial a por en marcha un proxecto de comunicación ao redor dos proxectos culturais con xente que crea eiqui, que os moveran e os deran a coñecer. Con todo, o que sucede en Ribadeo e unha boa i sinal de cambio. E demostra, sin lugar a dudas que neste senso é susceptible de mellorar a dependencia do exterior. Aumentar a producción propia e colaboración con outros concellos supoñeria poder promover estas exposicions autóctonas para que poidan instalarse noutros concellos como podia ser Mondoñedo, Foz, Burela, ou Viveiro, potenciando unha dinámica cultural dos concellos medianos e pequenos, axudando a viabilidade, o éxito, e a transcendencia dun determinado proxecto ou dunha programación que vén determinado tamén pola capacidade de comunicar, de transmitir, de chegar ós destinatarios potenciais concebido como un espacio.
Para elo téñense que crear ou poñer en funcionamento espacios no que teñan todo tipo de manifestaciones artísticas contemporáneas, como as artes plásticas, a fotografía, o cine, acollendo na sua programación actividades, talleres, xornadas e conferencias paralelas ás exposicions. –DINAMIZA-LO ARTE- diria eu
É certo, tamen que nos concellos pequenos e medianos, moitas veces os gastos son moi cuantiosos e todo e sae excesivamente caro precisamente porque hai unha falta de programación e de previsión. Normalmente hai unha dispersión tal das actuacións en xeral, que iso eleva unha barbaridade os custos de promoción que de ter unha colaboración entre eles sairía mais barato e EFECTIVO- ata penso que repercutiria co mesmo nº de votos- se realmente as xetions politicas, teñen na mayoría dos casos, este TRISTE FIN.
Con exemplos como o de Ribadeo pouco a pouco, nos convirtamos nun referente nítido dentro del mundo da plástica europea.

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-03-2008 08:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Señor Regal ustede #blgtk08#predica no deserto.
Comentario por Foz (12-03-2008 15:40)
2 Ribadeo ten un goberno munici#blgtk08#pal do BLOQUE, e eso notase.
Comentario por Eo (12-03-2008 15:40)
3 En Cervo tamen se fixo algo#blgtk08# no da plastica e son do PP
Comentario por Sargadelos (12-03-2008 20:03)
4 ¿Que risa, que el arte da votos?, jua,#blgtk08# jua jua, ti seique estas tolo rapaz.
Comentario por En. (12-03-2008 20:04)
5 Que haxa unha arte galega, pero que non ten por que ser #blgtk08#pintar necesariamente vacas ou mariñeiros e labradores.
Comentario por Castro (12-03-2008 20:11)
6 A cultura non ten ideoloxías, e os que pretenden ideoloxizala o único que queren é aproveitarense dela pra conseguire os seus fins partidistas. A esquerda é quen máis se sirve da cultura para os seus fins, e logo cando gobernan olvidanse dela ou a politizan aínda máis pra beneficiar os da súa corda.

Toda a trapallada cultureta que apoyou a ZP non son máis cuns pesebreiros que agora se van cobrare a peaxe. Miguel Bosé, por exemplo é un músico acabado que non ten#blgtk08# nada novo que ofrecer... pero por sere sociata daranlle un programa na tve pra seguire vendendo discos e gañar cartos.

En España, cultura o que se di cultura hai moi pouca en tódolos sentidos... Regal so é un máis deses que sabe ben como utilizala. En Ribadeo, Xove, Burela, Cervo... téñense feito moitas cousas boas independentemente de que goberne esto ou o outro, pero REgal decátase agora de Ribadeo, cecais pra darlle nos morros a alguen de Viveiro, ¿non si?
Comentario por unquepasabaporaqui (12-03-2008 21:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal