A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O ABAIXO ESCRITO E UN ARTICULO QUE FIXEN CO MOTIVO DE UNHAS XUNTANZAS ENCOL DO URBANISMO::::FALTA DE ESPACIO E OUTRAS ARGALLADAS IMPIDIRON A SUA PUBLICACIO:::SALEU UN REMENDO:::::DO QUE E MELLOR NON OPINAR::AGORA O DEIXO EIQUI COMPLETO::::::

ARQUITECTOS E URBANISMO DE POR AQUÍ.
Mentras en Ribadeo os “popes” da cultura arquitectónica despotrican contra a realidade urbanística desta franxa costeira á que algunhos lles deu por chamar a Mariña, non confundir con A Maliña, parecense..pero son diferentes os conceptos, sen que se lles caia a cara de vergoña porque son precisamente arquitectos, pertencentes a colexios de arquitectos, moitos deles alumnos deses mesmos profesores que agora pontifican nas veiras do Eo, quenes firman semellantes bodrios urbanísticos e arquitectónicos, señores del Llano e compañía, se non houbera compañeiros e alumnos seus que firman eses desvaríos estéticos e funcionais, estes non se producirian.
Non estaría de maís que vostedes mesmos fixeran unhas normas éticas e morais para os seus colexios profesionais, ahí está a cuestión, os políticos, a sociedade, a incultura estética, visual, pero vostedes son os que firman e tachan como Manuel Carracha.
Dase a casualidade de que a Xefa do asunto da vivenda, que mostra as mellores intencións para mellorar o asunto, era hasta fai catro dias a presidenta do Colexio de Arquitectos, ou sexa a representante de todos eses indocumentados que firmaron e cobraron os plans de todos eses bodrios que nos asulagan mariña adiante dende Vicedo hasta Ribadeo.
Tamén é certo que existen, a imensa MINORIA de bos arquitectos, profesionais honrados e creativos, pero siguen sendo os menos.
Teño oido de boca dun prestixioso arquitecto catalán que estivo por estos andurriales, un consello adicado a un xoven arquitecto galego "Espero que os novos arquitectos non acaben facendo mala arquitectura para facer bos negocios", o consello debía quedar para a posteridade grabado a fogo nos dinteles das escolas de arquitectura.
Tamén traio eiqui o dito por outro profesional “Dende a miña época de estudiante manteño a crítica ós profesores que en vez de adicarse con amplitude ós seus alumnos están na clase mirando de reollo o reloxo para irse correndo á sua oficina.
Sólo lembramos o evidente, verdades de Perogrullo, tan sinxelas como no outro extremo o plano inclinado do fácil autoengaño que conduce ó parasitismo social.
Para solucionar estes desvaríos que afectan, de formma irremediabel a este PURO NORTE GALEGO, tamén pedimos á Administración Pública que se poñan ó servicio dos ciudadáns. Que seña respetuosa e honrada, respetable, pero que se poña tamén ó nivel dos tempos, astucia, ambición., axilidade, eficacia. Sen esquecer que o seu é procurar que a vila, pobo ou cidade seña alegre, limpa, fermosa, feliz, non porque deba competir no circuito dos pobos-mercancia senon polos nenos. E, sobre todo que mostren esa coraxe necesaria para promover as condicións para que xurdan as iniciativas, proliferen grupos, comunidades, empresas, artistas, de favorecer no seo da sociedade unha capacidade técnica e organizativa autónoma.
Sólo pedimos que a Administración, arquitectos e a todo aquel que esteña vinculado ó urbanismo na Mariña, se aplique a sí mesmo, esixencia, vixilancia crítica, estimule a creatividade dos funcionarios, que asuman, asignen e reclamen responsabilidades: que se neutralicen os chorizos. Non estaría de maís lembrar que “ O autismo é a enfermidade senil da burocracia, que a máis tempo de tramitación, máis ineficacia máis corrupción e que todo remata sabéndose, os que ocultan e miten son os únicos engañados.
OTERO REGAL
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-08-2006 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal