A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VIVEIRO: UNHAS BOAS FESTAS
Cando estamos xa a finar Agosto, mes da sega das nosas neneces, cando os meandros do Landro, no lugar do Naseiro se enchen de barracas e un mar de plástico para dar razón ó vello poeta da montaña que decia “ faste novicia en Valdeflores e vacante no Naseiro, empeza o fin do “Rosario festivo” que tan ben glosaba Ramón Canosa, que empeza no Nadal, pasa ó Antroido, Seman Santa, e empeza o veran coa Santa Cruz de Chavin e acaba co San Miguel en Galdo, para voltar a empezar co Nadal.
Este ano, como nos últimos 12, foi o concello quen organizou as festas de Viveiro, tanto no aspecto de programación como na ingrata laboura de andar negocio por negocio pidindo a esmola para facelas, por certo soio vin a xente do PSOE, co concellal de facenda ó frente Rafael Amor pidindo, ¿Cómo é que o bipartito non funciona a hora de facer as labouras mais ingratas? ¿Non debia ser a concellalia de Cultura quen apancara coa problemática?, quizais axudada polas de deportes, comercio e turismo, todas elas do Bloque, por certo.
Ainda que é sabido que un, quizais escaldado con vellas experencias non é partidario de gastar tantos cartos en “feiras, festas e mercados” ten que recoñecer públicamente, que foron un rotundo éxito, utilizo a palabra «éxito» para referirse ás festas de veran deste ano tendo en conta a altísima participación cidadan e a numerosa asistencia de xente de fora do concello. Sin chegar ó chauvinismo de comparar as nosas festas cos San Fermins de Pamplona ou cas fiestas do San Froilan.
As festas sempre foron un remedio do “Pan e circo” romano, pero si se fan para disfrute da maior cantidade de xente, estas, dende logo foron un acerto.
Para gustos pintas cores e fanse festas, nesta bisbarra e noutros lugares, sei que dende logo, a pesares das variadas actuacións, verbenas, espectáculos, folklore e música, habera detractores que sempre buscaran algunha pega, tendo en conta que para alguns unhas boas festas son nas que non se durme, ou nas que se bebe mais alcohol que auga, na que os servicios de Urxencias sanitarios colapsanse, esto parecese mais ó Naseiro que se esta a celebrar nestas datas.
Para min, as festas foron boas en xeral, e ademais o tempo acompañou, polo tanto deduzo que foron un éxito.
Este ano a novidade do Naseiro é que tamen o Concello é quen acomete a organización do mesmo, a pesares delo o ROMAXE DO BO XANTAR vai costa abaixo e sin freos.
O certo é que esta festa, que dura de Venrres a Martes inclusive e ben recente, non ten ningun orixe mitico nin relixioso, faise dende os anos 30, e quen a fundou foi un empresario chamado don RAMON BARROS que cando a REPUBLICA dictaminara que os obreiros, el tiña unhos 120, tiñan dereito a disfrutar de 30 dias de vacacións pagadas….. el entonces discurre trampear un pouco o asunto e organiza unha comida campestre para os mesmos nos meandros do Landro, na zoa que se chamaba OS NASEIROS, unha comida de irmandade entre traballadores e amo, el pagaba comida, bebiida con gaiteiros e festa rachada…en contrapartida o luns seguente a o penultimo domingo de agosto os obreiros volvian ó traballo, reducindo drasticamente os dias de vacacións que promulgara a republica….ese é o orixe da festa declarada de interese turístico e todo……..un que ten retratos feitos no NASEIRO de cando tiña 5 anos ou sexa fai 50, comendo de mantel ali naquel paraxe…. recorda que o que hoxe se celebra non ten nada que ver con aquello, hoxe O NASEIRO mais parece un campamento de refuxiados que outra cousa, centos de cabanotes recubertos de prastico negro albergan a pandillas que beben, cantan, voltan a beber, bailan, voltan a beber, comen….e asi perante 5 dias de fin de Agosto.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-08-2006 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Non sei se me pasa a mín só pero no dou #blgtk08#lido o texto porque a foto sae derriba.
Comentario por A Randeeira (27-08-2006 21:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal