A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DESFEITAS DE ARQUITECTOS
“O territorio que habitamos conta con paisaxes fermosas ou singulares e alberga, ademais, moitas outras formas de vida, acubilla biodiversidade. O territorio condiciona as nosas vidas, mais tamén temos unha cada vez maior capacidade de modificalo. Combinando desleixo e unha estrema ambición depredadora, levamos décadas destruíndoo e xustificámonos argumentando que é para xerar emprego, para nos desenvolver, para vivir mellor… Este uso insustentábel do territorio está destruír a paisaxe e o noso patrimonio cultural, está a empobrecer a biodiversidade, está a empeorar a nosa calidade de vida e a hipotecar a das xeracións futuras, para, como moito, enriquecer a unha minoría…Estamos a atinxir un elevado nível de destrución do territorio, mais aínda temos capacidade para reaxir. Aínda é posíbel deseñar e desenvolver unha política de ordenamento territorial guiada pola sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social: que respeite a paisaxe e o patrimonio, que nos permita convivir cunha rica biodiversidade, que mellore a nosa cualidade de vida sen hipotecar a das xeracións futuras”.
Este texto forma parte da convocatoria contra a destrucción do territorio para o 17 de Febreiro, na Alameda de Santiago co eslogan de “GALIZA NON SE VENDE”
Por outra banda , logo do éxito das anteriores edicións, a Comisión de Cultura do C.O.A.G. en Lugo organizou no ano 2007 a terceira edición dos concursos fotográficos de Acertos e Desastres Arquitectónicos na nosa provincia.
Os traballos presentados a ditos concursos deron como froitos a realización dunha exposición das fotografías seleccionadas e galardoadas que estará este mes de febreiro no Colexio de Arquitectos.
Din os arquitectos que co ánimo de seguir contribuíndo á defensa, divulgación e propagación da boa arquitectura e ca intención de que no futuro sexa máis doado atopar Acertos Arquitectónicos e que os Desastres Arquitectónicos acaden solución.
Pois ben a nosa Mariña tamen forma parte da mostra tanto para ben como para mal, e o certo e que se queda corta en ambolos sensos, por un lado no dos acertos danlle o terceiro premio á fotografía titulada PLANO DE ALZADO, entendendo que representa un acertado punto de vista de xeito que desde o mellor encadre posible subliña o mais salientable do edificio, que esta en San Cosme de Barreiros, e ten coma autor a Jesús Pardo , curioso que este precisamente nese concello que se caracteriza, xunto con outros, por ser o mais barbaro no tema do urbanismo.
No eido dos desastres tamen se premia: MAR ADENTRO, “Entendendo que establece, cunha doce representación, unha denuncia dalgunhas actitudes que non comprenden a paisaxe.” Realizada por Miguel Ángel López na praia das Areoura (Foz), nela vese toda a veira da esquerda da ensenada dese hermoso rincón con a casa que fixo , precisamente un alcalde de Burela o o sinfín de “Chalecitos” que bordean o areal.
Ós arquitectos da nosa provincia habería que lembrarlles que non son almas cándidas, e son en boa parte responsables e cómplices da absoluta desfeita urbanística na que vive a bisbarra, porque menuda urbanismo que hay na Mariña, menudos ensanches, menudas casas, menudo feísmo. E todo eso tamén o fixeron os nosos arquitectos, e o peor, si non o fixeron, firmaron a cambio de catro pesetas proxectos impresentables.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-02-2008 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 "Non estou moi de acordo con ese termo. Os edificios non son feos, senón malos. Hai xente que e fea, sen faccións perfectas, non é bonita, pero en cambio e verdade#blgtk08#ira, auténtica. Son edificios que son a expresión dunha sociedade desnortada, atrapada na especulación e o mal gusto". Cesar Portela Femández-Jardón (Arquitecto).
Comentario por fuuro imperfecto arquitecto (12-02-2008 12:07)
2 ¿Qué es realmente el feísmo?

No es solo la fachada de ladrillo sin revocar o el mal gusto de algunas edificaciones, totalmente contrarias tanto a la tradición del país como al diseño y a la técnica constructiva propios del nuevo milenio. No, hay muchos feísmos: los basureros legales en el monte, la proliferación de antenas parabólicas y de telefonía móvil, el cableado que "trepa" por las fachadas de los edificios y "vuela" por multitud de calles; por los parques eólicos, las fábricas mastondoticas enclavadas en el continuum rural-urbano, degradando el paisaje, la ría, y el medio ambiente; puentes donde importa mas la for#blgtk08#ma o la estética que la función que cumplen o, permitir el abandono de la Illa de las Esculturas de Pontevedra. También es feísmo, la especulación, ignorancia, caos urbanístico producto de la ambigüedad legal... etc.

En pocas palabras el "feísmo arquitectónico, urbanístico o paisajístico" se entiende como todas aquellas construcciones o obras humanas que degradan de algún modo su entorno.

Se agotan las explicaciones al hablar del feísmo, un fenómeno que ha transformado el paisaje de Galicia en las últimas décadas y que, curiosamente, desaparece al cruzar las fronteras que delimitan esta comunidad autónoma.
Comentario por Coruña (12-02-2008 12:08)
3 Algunha culpa terán nesta mamarrachada os deseñadores dos edificio, que están a encher Galiza de m#blgtk08#oi premiadas desfeitas arquitectónicas ante a parálise crítica dos nosos intelectuais e opinantes.
Comentario por Pedro (13-02-2008 11:00)
4 as desfeitas arquitectónicas que existen na paisaxe galega teñen moito que ver #blgtk08#coa falta de educación e de coñecemento....dos arquitectos que firman tal cousa
Comentario por chairego (13-02-2008 11:02)
5 A arquitectura contemporánea galega goza de boa saúde grazas a unha xeración de arquitectos #blgtk08#que durante o último século embeleceron a paisaxe galega con grandes obras arquitectónicas.
Comentario por Arquitecto (14-02-2008 14:18)
6 Os arquitectos son xeneralmente xente moi arrogante, creída, case deuses, pensan éles. Sentanlle moi mal as críticas e non aceptan os seus erros. Din que a xente non entende as súas manifestaci#blgtk08#óns de arte. E hai cousas (obras) que era pouco metelos na cadea directamente sin xuizo. Non vou a nombrar, pero cada un/unha de nos pode repasar o que ve polas rúas de os seus pobos e cidades
Comentario por garatusa (23-05-2008 23:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal