A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DENDE LOGO, POÑEN MEDO
Desde logo, un levantase pola mañaciña e esta cheo de medo, lendo os papeis, escoitando a radio, vendo o televexo todo é medo, medo a o terrorismo, medo á ruptura de España, medo a descomposición da familia, medo a evolución da economía, medo a que nos deixen sin carreteras neste norte nordesio , dende logo algúns explotan o medo e chegan incluso a dar autentico medo, Non me volvo a cama por aquelo de que un ten que gañarse a merluza e os grelos co sudor da sua fronte, que se non.
O certo é que estamos na época da globalización, o medo, dende logo, tamén é global, dende Tokio, Hong Kong e Shanghai a Bos Aires e Sao Paulo, pasando por Frankfurt, Londres, París e Madrid, as bolsas sufrirón un severísimo desplome.
Din os que entenden desto dos cartos que a cousa debese a o escepticismo xeneralizado ante as medidas que pode adoptar o Goberno de Bush para afrontar o que parece unha inminente recesión económica en Estados Unidos, un país tan grande, tan grande que representa un cuarto del PIB mundial. A causa de fondo e a profunda incertidume probada no sector financieiro mundial pola crise das hipotecas baratas en Estados Unidos.
¿Aguantará Europa? ¿E acertada a obsesión pola inflación do Banco Central Europeo ou debería, polo contrario, baixar os tipos de interés para estimular a actividad económica? E asi de paso , por este norte tan alexado deses mundos do gran capital, poderiamos afloxar un pouquiño o cinto a hora de pagar as hipotecas.
Como ante cualquier epidemia de gripe destas que nos están amolando, navegarán mellor pola crise as economías que teñan as defensas máis fortes. Por exemplo, un superávit das contas públicas axudará... e moito. Asi que tomen nota os nosos concelleiros de facenda e alcaldes varios e non gasten todo en festas e foguetes e aforren para o dia de mañá.
É certo que nos últimos meses apareceron nubeiros no económico e estase traducindo en maiores dificultades para chegar a fin de mes dos que menos teñen, sobre todo. A maioría dos problemas, digámolo claramente, veñen de fora: subida do petróleo, subida dos alimentos, … Outros elementos, en cambio, son internos, e moi en particular o feito que mais nos afecta e mais nesta bisbarra, o feito de que a burbuxa inmobiliaria estase deshinchando dende fai meses.
Duas reflexiones personaes: 1.- Cas cousas de comer non se xoga. a oposición debería ser moitisimo máis responsable en materia económica, non convertirse en un entusiasta voceiro do catastrofismo.
2.- Como dixo non sei que santo, en tempos de zozobra e mellor non facer mudanza. E a bon entendedor, con poucas palabras bastan.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-02-2008 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Iso e parte das crises ciclicas do capitalismo, e xa está a dereita coas mensaxes apocalipticas e discursos faciles que teñen unha gran aceptación e calado da xentiña incapaz de ter unha mínima capacidade de crítica coa inestimable axuda da Igrexa Católica.
Por certo, en vez de atizarlle tanto a concelleira de cultura, sobre algo que ningu#blgtk08#én escoitou, tamén podrías aclarar se foi verdade que un concejal do PSOE foi increpado na rúa polo pai dunha concelleira dereitista, porque para darlle caña os de esquerdas xa temos o Viveiro debacle, O mundo,A razón, o ABC, e a Cope.
Non o digo só polo maltrato o concejal, senón que un atropello deste tipo, tamén é un atropello ó pobo.
Comentario por REBELDE (07-02-2008 17:04)
2 O gran atropelo, querido rebelde, estao facendo este desgober#blgtk08#no dende hai cinco anos a todo o pobo mal que che pese a ti.
Comentario por GARROTE VIL (08-02-2008 18:07)
3 Por certo e sen ánimo da polémica do anterior Artigo e so como aporte etimolóxi#blgtk08#co, no meu barrio e incluso na parroquia o peor insulto é chamarlle a un listo.
Comentario por Alvarez (09-02-2008 12:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal