A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mamãe Eu Quero Mamá Dá A Chupeta
MAMA EU QUERO
O tópico, todolos tópicos son mentireiros e enganosos, din aquelo de que os galegos non se sabe si suben ou baixan cando nos atopan na escaleira, tamen se define, quizais dende dentro, ós galegos con aquelo de “Eiqui mexan por nos e temos que decir que chove”. Castelao, creo, deixou dito que “O galego non protesta, emigra” temos fama de mansos, traballadores e sumisos, repito tópico tras tópico…non temos mais que comparar os nosos terreos cos de Andalucia, donde os tópicos os din folgazáns, ali é moi difícil encontrar un metro cadrado sen cultivar, centos de hectarias recen prantadas de olivos, eiqui neste norte querido e odiado ó mesmo tempo por un, donde eu vivo os campos estan valdios, a silvas e a toxos, cando non cheos de eucaliptos, sin casi ningunha productividade………

Ben , pois Galicia, ten nos últimos anos fama de pediñós, estamos parecéndonos ós italianos, outro tópico mais, tan amigos das subvencións e dos subsidios…primeiro foi o do PRESTIGE, donde en algúns lugares como MUXIA, xa decian o de OUTRA MAIS, nunca tantos cartos correron polas ruas da bisbarra misturados co chapapote, agora o lume, unha desgracia que en maior ou menor forma se ven repitindo dende que os montes galegos deixaron de cumprir a función que tiveron perante séculos, xa non é precisa a sua leña, os seu molime, os toxos, e o mundo labrego reloce pola sua ausencia, si quedan….cando quedan son catro e a caixa e adicanse á ganderia, catro prados , pienso de millo transxenico de os USA e demais comedia e subvencións da Europa, ese é o problema, as cousas cando perden a función utilitaria desaparecen, como a artesanía utilitaria, como as festas.
Quizais teríamos que ir pensando nunha repoboación do mundo agrario, quizais en planificar queimas controladas como fan no Canada, dende logo o de agora é todo menos acertado e mentras tanto todos están a pedir…aquelo da “samba”: Mamãe, Mamãe, Mamãe Eu Quero Mamãe Eu Quero, Mamãe Eu Quero Mamá Dá A Chupeta, Dá A Chupeta Dá A Chupeta Pro Bebê Não Chorá ………parece o novo himno galego dos últimos tempos. xa sei que o que aqui escribo e políticamente incorrecto, que vamos facer, un é como é. Quizais estaria mellor invertir eses cartos, que son de todolos galegos, en labores dirixidas éticamente dende o goberno galego e non en repartir cartos casa por casa, negocio por negocio e colectivo por colectivo, que a bon seguro e moi rentable a nivel de consecución do voto, nesto o PP foi un bo mestre de ceremonias, pero, precisamente por eso xa sabemos que non funciona, que é pan para hoxe e fame para maña.
Galicia, a Galicia que eu quero é unha terra verde en todolos sensos, recordo que o verde é a cor da esperanza, que seña dona do seu, que deixe de depender dos susidios, que cree riqueza, e donde se apoie ós que tratan , realmente de creala, que se desterre dunha vez eses estigmas da mansedumbre, da desconfianza mutua, da milenaria envexa, dos atrancos a liberdade e o libre pensamento e sobre todo esa desconfianza misturada con esa malicia tan nosa..si eso é así, se todos empurramos xuntos quizais dentro de non moito, poidamos vivir do noso, sin susidios nin subvencións a esgallo. Alguen me dixo un día que unha empresa que soio aspiraba a vivir das subvencións non era empresa nin era nada.
Os galegos somos boa xente, moi hospitalarios, pero tamén bastante huraños e, o peor e que lembramosnos con máis facilidade do malo que do bo.
Otero Regal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-08-2006 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal