A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A CONCELLEIRA QUE ERA DE FERROL...
Conta a quen queira oilo por Galicia adiante un titiritero adicado os xogos de maxia, moi popular, que na sua estancia en un concello de esta bisbarra, para marcarse unha actuación de maxia, a concelleira de cultura dirixeuse a el neste senso: "PERDONA POR NO HABLARTE EN GALLEGO PERO ES QUE YO SOY DE FERROL" As argalladas dos que oien o mago escoitanse ata sete leguas.....¿Quen seria a concelleira? ¿De que concello se trata?...¿Quen nombrou a tal señora para tal fin?.....
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-01-2008 07:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Como? Que me contas? E logo os de Ferrol son estranxeiros? Tal parece que estea a dicir a señora concelleira. Ademais, para máis inri, a señora concelleira é de Cultura. É para rir a esgalla se non fose grave. Que autoridade cultural pode ter alguén que é incapaz de falar na lingua de Galiza para porse á fronte dunha Concellaría de Cultura?
#blgtk08# /> Que iso aconteza en Viveiro manda truco, manda chover na Habana. Porque mira que ocupar tal cargo e dicir tal cousa parece incompatíbel en calquera país que prece de valorar a súa lingua. A cultura en Viveiro dirixida por alguén que di semellantes cousas. Que país...! Que goberno local...!

Saúdos viveirenses e haxa paz e sentidiño.
Comentario por Belarmino (29-01-2008 09:43)
2 Iso é malo e gracioso, non cabe dúbida....pero outras cousas que fai e non fai son muito piores e moi pouco gra#blgtk08#ciosas. Os sociolistos de viveiro levan unha carreira de carallo ¡Vaia lexislatura nos espera con esta tropa!
Comentario por un que pasaba por aquí (29-01-2008 12:34)
3 E non dixeron á prensa que ían transmitir os plenos por internet (en vídeo)? E cando pensan comezar?

Na miña opinión, deberían modificar, e moito, grande parte das súas políticas, especialmente a de cultura. A biblioteca pública de Viveiro de#blgtk08#bería ser realmente unha biblioteca PÚBLICA se realmente queren que o acceso á lectura sexa libre, e máis tendo en conta a distancia de Viveiro a outros lugares con boas bibliotecas, etc. E debería haber unha radio funcionando en serio dunha vez por todas.
Comentario por Belarmino (29-01-2008 16:49)
4 non me parece acertado iste comentario alfonsito habería que saber o contexto no que pronunciou isas palabras claro que sempre che gostou sacar todo de contexto e así che vai ti es do que vai cos da feira e torna cos do mercado sempre que haxa cartos de por medio #blgtk08#e subención vai e subención ven fareiche unha pregunta e contestaa si tes valor ¿cantas subencións te xestionou Aja? e non lles mintas ós teus seguidores que senón vou dar datos e datas en Viveiro Debate que alí mos deixarán por sen ningún problema
ata logo
Comentario por eu mesmo (30-01-2008 23:38)
5 Hoxe sae esta concelleria nun especial na Voz de Galicia falando de que o programa cultural de viveiro non ten parangón na historia. A súa foto no Teatro Pastor Díaz serve pra ilustrare esta orxía cultural questa señora pon en marcha e que ten a Viveiro sumido nun desenfreno intelectual que nunca tal se v#blgtk08#ira.

Parafraseando a un poeta: ¿e istes do prisoe pregúntannos que é propaganda?... propaganda son eles sen dúbida algunha.

Machiños, Viveiro vai de carallo con esta xentiña. Menos mal que están eles pra dicirense a eles mesmos o ben que o fan. Son uns onanistas caralludos.
Comentario por marujo mallo (31-01-2008 16:03)
6 Regal, esquecín preguntarche se sabes de alguén que poida ter unha gravación do "PERDONA POR NO HABLARTE EN GALLEGO PERO ES QUE YO SOY DE FERROL". Sabes de alguén qu#blgtk08#e o poida ter? Quizais algún medio de comunicación gravou aquilo? É digno de figurar no álbum de maiores disparates ditos ou feitos na Mariña.

Saúde.
Comentario por Belarmino (31-01-2008 16:33)
7 Ei, Regal, actualiza!#blgtk08# Botámosche de menos!
Comentario por Alba (03-02-2008 14:22)
8 La concelleira en cuestión es parva integral. ¿Desde cuando hay que pedir #blgtk08#perdón a alguien por expresarse en la propia lengua? Progres del carallo
Comentario por Sin perdón (10-02-2008 16:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal