A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O 20 TODOS A SANTIAGO……………………..
Ante a vaga de lumes que asolou Galiza e fronte ás voces que, dende
un lado ou outro, non queren ver neles máis que outro tanto do que en anos
anteriores, -agravado este ano polas extremas condicións metereolóxicos de
sequía, calor e vento-, temos que destacar os seguintes feitos:
-é certo que arrastramos dende moi atrás unha política forestal de
monocultivo de pino e eucalipto que non se soubo correxir, a pesar de que xa
no ano 1987, nun acordo por unanimidade do Parlamento Galego, se urxía do
governo a súa reorientación.
-é certo que arrastramos unha política de loita contra o lume orientada
caseque exclusivamente cara á extinción, antes que á prevención, xenerando
unha industria do lume que necesita do lume para susistir;
-é certo que estivemos ante unhas condicións climáticas de sequía, calor e
vento que favorecen a propagación e extensión rápida do lume;
-é certo que, en Galiza, os incendios tiveron de sempre unha
multicausalidade que pode estar máis ou menos presente nos lumes desta
primeira semana de Agosto;
-tamén admitimos que sempre existiron no monte galego certas máns
irresponsábeis xogando co lume;
-tamén poderíamos aceptar que a alarma social pode ter contribuído, por
efecto imitativo, a xenerar máis lumes;
pero non se pode negar, -salvo que fallen as leis da probabilidade-, que
estamos ante unha intencionalidade moi diferente: de que forma explicar, se
non, tal concentración de focos de lume localizados na parte máis povoada do
territorio, empezando case que entre as casas ou moi próximos a zonas
urbanas, onde o lume resulta máis dificil de combatir e sobrepasando moi
rapidamente toda a capacidade de calquer dispositivo contra o lume que se
poidera ter previsto?
Pero, ao tempo que reclamamos medios contra o lume,
valoramos imprescendíbel promover unha contundente mobilización social que
poidese deter as intencións criminais dos incendiarios.

GALIZA CONTRA O LUME

NON AO TERRORISMO INCENDIARIO

POR UNHA NOVA POLÍTICA PARA O MONTE E PARA O MEIO RURAL

LUMES NUNCA MAIS

(Foi extractado dun comunicado interior de ADEGA, da que son socio)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-08-2006 16:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal