A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

20 EUROS DE FESTAS
O diccionario sácanos de dubidas e malos entendidos Festa é unha reunión de persoas como diversión, tamén pode ser unha solemnidade civil ou relixiosa en conmemoración dalgún acontecemento ou data especial, para outros simplemente é un día en que non se traballa.
Estamos de festa rachada en casi todalas localidades desta franxa costeira que chaman A Mariña, Viveiro, núcleo de poboación maís importante e numeroso celebra as suas patronais con moito fandango e bastante diñeiro, vamos a definir tamén eiqui as festas por estos lares: Actividades culturais e diversions que se celebran nunha localidade nunhos días determinados. As festas de Viveiro tal como hoxe se celebran teñen 113 anos soamente e cando se arrexuntaron nunca datas agosteiras era para “ Dar mayor realce a las fiestas concidiendo con la estancia de veraneantes y forasteros en nuestro pueblo”
Vou a dar a miña opinión encol deste tema dende a autoridade que me da o pertenecer ou presidir comisións de festas en Viveiro para dar e desexar: 9 veces facendo as de antroido, 10 veces facendo as de Nadal, dous anos enteiros de festas completas en Viveiro dende Nadal, antroido, Santo Tomás, patrón de Viveiro, que foi a derradeira vez que se fixo, 22 días de festas de Agosto…Despois de semellante esforzo, cando lle entregamos as contas do 93 a Cesar Aja dixemoslle: Ainda que do noso consello excusas, visto o visto e dende a nosa ampla experiencia che aconsellamos que o propio concello organize as patronais adicando os 5 millóns das antergas pesetas, que era o que nos dava, a facer 6 ou 7 dias de actividades, que se deixara de pedir nos negocios e nas casas, criamos, e sigo creendo que Viveiro ten suficente envergadura para deixar de facer peticións populares para organizar festas, os negocios xa soportan abondos impostos, tasas e outras aportacións económicas ó concello, e este si cree que non son suficentes, pois que as aumente, si o cree menester.
Dende fai unhos anos , fomos os ultimos “inocentes”, non ten Viveiro comision civil para organizar estes saraos, nin antes co PP, nin agora cos que se din de esquerdas, por elo ten que ser o propio concello quen organice e tamén quen pida de porta de negocio en porta de negocio os diñeiros para sufragar os 100 millons das vellas pesetas que van a gastar, según puiden ler nos papeis.
Pois ven, volvo o diccionario, Pedir: Rogar ou demandar a un que lle faga unha cousa, de gracia ou de xustiza. E tamén o refraneiro: “Contra a vontade de pedir esta a de non dar”. Ou o outro de “A cabalo regalado non se lle mira o dente”.
Todo este discurso dominical ven encol da saida nos papeis de que o alcalde de Viveiro estaba, outra vez , moi cabreado, porque un constructor ou promotor soio lle dera 20 euros para as festas, pois ven, normal, cada un da, si lle piden, o que cree que é xusto e necesario, e ahí acabase o tema, o demais son gaitas, outra vez, desafinadas. Pero seguindo coa teima, os que demos 150 euros, ¿Qué ventaxa sacamos? Ademais da do propio ego, ningunha, os construtores e promotores o que se lles ten que reprochar dende o concello e as trampas e ilegalidades que fixeron fan, e seguirán facendo impunemente, reprocharlles que soio den 20 euros para o ludico e sinxelamente fume, e fume xa ten bastente , nestas datas nesta Galicia dos nosos pecados.
Otero Regal

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-08-2006 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Cando era cativo ía con outro compañeiro, por encargo da Comisión de Festas, a pedir polas casas para as Patronais. O derradeiro ano que tiven metido nestes menesteres ós "xefes" ocorréuselles a "xenial" idea de poñer un mínimo de cartos por casa e como orde díxosenos: "se non vos dan tanto, non pilledes nada". E nos, parviños que eramos, na cuarta ou quinta casa que visitamos dixémoslle ó veciño de turn#blgtk08#o, con certo desprezo: "esa cantidade tan pequena non a queremos". Con toda a lóxica do mundo quedouse cos cartos e deunos coa porta nos fociños. Dende aquel día ficou a miña colaboración na organización de festas. E xa choveu dende aquela.
Esta historia esta basada en un conto de Gabriela Martínez escritora de Buenos Aires - Argentina, modificada e adaptada as circunstancias.
Otero Regal
Comentario por A Randeeira (13-08-2006 08:21)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal