A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VOLTA A FALAR DAS ESTRADAS
Os chamados temas de interese local, e a información que xeran, teñen por estas terras do norte unha característica curiosa que ten bastante que ver co fenómeno tan de moda das lendas urbanas. O ramal dende A Espiñeira a San Cibrao da autovia do Cantábrico que un dia cansada de ver mar virou á esquerda na Espiñeira e foise a Villalba, a chamada vía rápida San Cibrao- Ferrol , o porto comercial e a autoridade portuaria, unha estrada axeitada na Gañidoira, a circunvalación de Viveiro e a seguinte que a pago eu.
Sinto ser tan duro e tan sarcástico con administracións que non son precisamente malos exemplos de administrar, pero as cousas son como son, e unha cousa é ir administrando máis ou menos e outra facer política, no seu sentido orixinal (tentar os solucionar problemas da xente), non no que se fai por estos lares (resolver os problemas da clase política).
Un problema que afecta unhas 80.000 persoas, os viciños desta contorna en concreto, é o do tráfico dende Ribadeo ata viñedo e mais alá, si cabe. Que un veciño dunha aldea de Ourol tarde en levar o neno ó hospital de Burela tanto como tardaba el no coche de liña en chegar a Lugo cando estudiaba, ou que a unha residente en Covas tanto lle teña ir traballar a Alcoa como As Pontes, poño por caso.
Para resolver o problema, algúns alcaldes ,non todos, porque algúns están moi ocupados noutros asuntos e para outros eses problemas prodúcense alen de ultramar, reclaman unha serie de actuacións, sen dúbida necesarias, que se resumen en facer máis estradas. Non vou ser eu quen discuta a necesidade de máis estradas, porque simbolizan en Galicia o progreso desde finais do século XIX e por riba non son alcalde, nin falla que me fai. Pero non hai nin dez anos que algúns, non todos, precisamente faltaban os que agora se manifestan polo mesmo, manifestémonos pidindo esas mesmas estradas. Ou sexa que temos “A maldición do xitano”, e digoe sin animo de insultar a nadie nin caer en racismos ou similares, que consiste en que “si gobernan os meus non pido, estou caladito, como os da procesion, e si gobernan os outros pido, dia si e dia tamen o que por certo non foron capaces de facer os meus. Pois ven aló van 10 anos, e xa estamos como estabamos.
Por min, veñan vías, pontes, rondas e pistas de lanzamento, pero se a xestión municipal sigue consistindo en proporcionar lugares onde construír ós promotores inmobiliarios e facer centros veciñais que estan casi todo o ano a velas vir, ó tempo que se reclaman máis carreteras ás administracións superiores, estaremos todos –gobernantes, cidadáns e medios de comunicación- nas mesmas cada catro anos.
Por decilo claramente: Nun lugar da Unión Europea onde viven apiñotados 80.000 persoas que teñen unha calidade de vida polo menos media e pagan impostos, ter as corredoiras que teñen e o sistema de transporte público que aquí temos é como para inhabilitar para cargo público a todo aquel que tivo algún nos últimos vinte anos. Que un usuario de coche de liña teña tantas paradas entre Viveiro e Ribadeo que dende Lugo A Barcelona, que a unica vía ferroviaria que hai sirva para pasear turistas ou como posibles solares, desto teremos que falar un dia destes, é , cando menos de Xulgado de garda ou polo menos de PURO CACHONDEO.
Teñamos cuidadiño porque se un dia destes a UE se lle ocurra pedir que lles devolvamos as millonadas que nos deron para transporte e gastamos en rotondas e xardinciños, paseiños maritimos e bailes de salón.,ímosche amañados.
Sinceramente, moita modernidade, moito futuro e moito servicio ós cidadáns, pero, no fondo a política local non deixa de ser un “remaike” do clásico caciquismo rural que se repite constantemente dende o seculo XIX “a ver se desta vez nos poñen o lavadeiro”.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-01-2008 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Outra vez éste sábado viña de VIlalba de xantar cun amigo, ia a eso das 9 e media baixando a gañidoira unha besta morta i un coche escarallado, Ceqais estease esperando a que morra alguén para colocar un valado o longo da estrada coa fin de que as bestas non pasen a estrada, as sinais que puxo#blgtk08# a Xunta son moi bonitas a besta diante i o poltro a atrais, Pois a min pareceme que as bestas son os nosos politiquiños que non lle poñen remedio a éste problema que xa deixou mais dunha familia jodida con xente nuha silla de rodas.
A ver si espabilades que para algo vos pagamos o soldo,
Comentario por marroqui (21-01-2008 16:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal